Río Obi

Post on 16-Apr-2017

379 views 4 download

Transcript of Río Obi

Andrea Gondar Cacabelos IES Francisco Asorey

Xuño 2013

SISTEMA OBI-IRTICH

RÍO IRTICHNace na Alta Mongolia, entra en China, cruza Kazajstán e únese ao Obi nas chairas de Siberia.

LONXITUDE:Só o Obi: 3.650 kmObi-IrtIsh: 5.410 km (6.210 co esteiro)

SUPERFICIE: 2.972.497 km²

Rusia (73,77%) Casaquistán (24,71%) China (1,51%)Mongolia (0,01%)

CUNCA

CLIMAAo sur da liña Omsk-Tomsk (polos 55° de latitude setentrional) prevalece o clima siberiano meridional de verán cálido (máis de 25 °C en xullo) e inverno duro (-15 °C en xaneiro), con temperaturas inferiores a 0 °C de 120 a 180 días ao ano na cunca do Irtysh, de 180 a 210 días na do Obi (as temperaturas extremas poden elevarse a máis de 40 °C e descender a -60 °C). Ao norte desta zona ata o esteiro hai clima siberiano de verán fresco (+15 °C en xullo) e inverno severo (-10 °C en xaneiro), mentres que o esteiro ten un clima ártico, onde as temperaturas máis baixas acadan -32 °C en decembro e as máis altas elévanse a +11 °C en xullo.

As baixas temperaturas que dominan o conxunto da cunca fan que as augas do río se xeen durante varios meses ao ano. No curso superior, o Obi conxélase de comezos de novembro a finais de abril en Barnaoul; mentres que en Salekhard, as súas augas xéanse de finais de outubro a comezos de xuño.

CAUDAL12.500 m³/s (medio)

O Obi é o menos caudaloso dos ríos siberianos cun caudal medio de 12.760 m³/s en Salekhard. (O valor máximo rexistrado é de 42.800 m³/s, a cifra mínima de 2.000 m³/s).

RÉXIMENival, con augas altas en maio e en xuño, e baixas de marzo a abril. Ao ter réxime nival, prodúcense enormes enchentes co desxeo que deixan sen camiños enormes extensións; é o que chaman “rasputitza” ou ausencia de camiños.

Katu

n

BIJSK

NACEMENTO: Macizo de AltaiFórmase pola confluencia do Katun (cunhas augas que proceden da fusión das neves dos altos cumios), polo oeste, e o Biya (emisario do lago Teletskoye). Chámase Obi augas abaixo de Biisk.

Biya

Lago Teleckoe

NOVOSIBIRSK

BARNAUL

Tom TOMSK

Culym

Tym

Ket

Vasiugán

Vah

SURGUT

NIZNEVARTOVSK

IRTICHJANTI MANSISK

OMSK

Kazym

Sosva do Norte

PolujSALEHARD

GORKI

DESEMBOCADURA: Golfo de Obi. Forma un amplo esteiro no mar de Kara (Océano Glaciar Ártico)

Sol de medianoite

O Sistema Obi-Irtich e os seus afluentes teen uns cursos altos encaixados con vales estreitos, canóns, fervenzas e rápidos e uns cursos medio e baixo onde se perden polas amplas chairas dividíndose en múltiples brazos.

XEOLOXÍA

Gran chaira de inundación: os sedimentos acumuláronse en máis de 6.000 metros de grosor sobre capas de terreos da era secundaria. Estes extensos horizontes levan a marca das grandes glaciacións, coa presenza de numerosos rastros morénicos e terrazas fluvioglaciares.

Lago Zaysan

Lago Markakol

Cabeceiras do Biya

Cabeceiras do Katum

Lago Teleckoe

Val glaciar nas cabeceiras do Biya

FLORANa cunca aparecen formacións vexetais variadas. Ao sur, na zona correspondente ao clima siberiano meridional, atópanse prados siberianos, estepas de herbas, accidentadas con depresións salinas ou solonetz, de áreas húmidas, con bosques de bidueiros, de álamos e de piñeiros.A conca do Irtysh, sobre as súas marxes sur-occidentais e nos vales do Tobol e do Ichim, sitúase no límite do clima desértico de Casaquistán e é o ámbito da estepa sen árbores. Máis ao norte, a taiga dáse no clima siberiano de verán fresco e está salferida de marismas chamadas ourmany, precedendo esta á tundra, que ocupa a parte máis baixa do río.

FAUNAMAMÍFEROS: visón, marta, castor, alce...

Castor

AVES: máis de 170 especies de aves: gansos, patos, garzas, bicotortos petos, pita do monte...

Ganso

PEIXES: máis de cincuenta especies: esturións (Stenodus leucichthyse), (Coregonus nasuse), perca, carpa, lucio, alburno...

ESPAZOS PROTEXIDOS-Esteiro (RAMSAR)-Oktyabr'skiy -Elizarovsky -Nizhne-Tomskiy -Shavlinskiy -Montañas douradas do Altair

APROVEITAMENTOSubministro de auga, enerxía eléctrica, navegación, deportes, pesca, lecer...

O Obi é unha vía de comunicación esencial para a Siberia occidental, aínda que só sexa navegable 190 días ao ano por termo medio no seu curso superior e arredor de 150 días no seu curso inferior. Unha boa parte das mercadorías transportadas polo río seguen logo pola ruta marítima do norte a través do Ártico. O transporte fluvial actúa complementariamente co Transiberiano, que garante as conexións Leste-Oeste entre as grandes cuncas siberianas: a cunca agrícola de Omsk sobre o Irtysh e a cunca carbonífera de Kouzbass sobre o río Tom.

Aproveitamento hidroeléctrico: encoros de Novossibirsk sobre o Obi e en Bukhtarma e Öskemen sobre o Irtysh.

DATOS HISTÓRICOSA cidade de NOVOSIBIRSK, á beira do río, é a terceira máis importante de Rusia (1.500 000 habitantes). É o centro industrial, financeiro, científico e, sobre todo, de transporte de Siberia. Ao río débelle a cidade a súa orixe: foi un asentamento de traballadores para a construción dunha ponte na ruta do Ferrocarril Transiberiano. Hoxe, é a máis importante estación da ruta transiberiana e destacado porto fluvial.Desde a súa orixe (1893) ata 1925 era coñecida como Novonikoláyevsk, na honra do tsar Nicolás II.

CURIOSIDADESNa parte setentrional viven os pobos nénètse, nganasan, énètse e selkup, algúns practicantes aínda do nomadismo.

PROBLEMASContaminación por explotacións petrolíferas e de carbónPresas no curso alto.Conxelación do ríoEnchentes…

Laura Domínguez Otero IES Francisco Asorey

Andrea Gondar Cacabelos Adela Leiro, Chus García