Post on 18-Mar-2016
description
O NOSO COLE!
Nª 1 Revista “O noso
cole” . A Coruña. 2013
RUDOLF STEINER
Rudolf
Steiner,
creador da
Metodoloxía
Waldorf
“Meniñeiros
de Friol” un
exemplo na
nosa
comunidade
Proxectos de
prensa dixital
e webcómic
con
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 2
Sabías que..?
Hoxe en día o método Waldorf para a
ensinanza está recoñecido pola UNESCO, é
apoiado por gobernos como o de Alemaña,
debido en parte ó seu valor como metodoloxía
renovadora, e en parte, polo seu compromiso
por xerar interese nos valores universais como
educación para a paz, Dereitos Humanos ou o
exercicio da cidadanía.
Dende as súas investigación espirituais suxeriu renovar algunhas
das actividades máis importantes: agricultura, medicina, economía,
arquitectura, ciencia, filosofía, relixión, arte e o que nos acada a nós, a
educación. Así naceu a Universidade Libre de Ciencia Espiritual
chamada Goetheanum na honra de Johann Wolfgang von Goethe que
tamén fora científico, filósofo e humanista entre outras cousas, e
ao cal Steiner estudara. Este centro atópase en Basilea,
Suíza, onde asisten estudantes de todo o mundo aos seus
seminarios e talleres de distintas especialidades.
A partir desto nace posiblemente a obra máis
importante de Rudolf Steiner: a pedagoxía Waldorf,
como forma de renovación da educación. Trátase dunha
educación do neno e do mozo cara á liberdade, dentro dunha
continua renovación da sociedade.
Ademais Rudolf Steiner foi un autor prolífico, con 30 libros publicados e máis
de 6000 conferencias nas que expoñía as súas ideas por toda Europa. Estas conferencias
están recollidas en 325 libros.
R
Rudolf Steiner
udolf Steiner (1861-1925), doutor en Filosofía e
Letras austrohúngaro. Estudou tamén ciencias
experimentais e arte. Foi un dos pensadores máis
orixinais do século XX e creador dunha filosofía
espiritual chamada “antroposofía” .
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 3
BASES PEDAGÓXICAS DA
METODOLOXÍA WALDORF
Recoñecemento da natureza individual de cada neno e nena.
O plan de estudos e os métodos de ensinanza utilizados son adaptados ás
etapas evolutivas e á natureza psíquica e individual de cada nena e neno.
As materias teñen a mesma importancia curricular sexan intelectuais, artísticas ou
artesanais.
O eixo fundamental da pedagoxía Waldorf está en que os
nenos e nenas relacionen o que aprenden ca súa propia
experiencia, así mostran máis interese, énchense de vitalidade
e interiorízano, é dicir, o que aprenden fano seu. Así as escolas
Waldorf están deseñadas para desenvolver este tipo de
aprendizaxe.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 4
SABÍAS QUE…?
O centro constitúe unha parte da
sociedade, é unha peza do seu
entorno, así os vecinos das escolas
son benvidos á hora de facer
concertos, talleres artesanais, festas,
cursos ou conferencias.
AS FAMILIAS NA ESCOLA
WALDORF.
Unha escola Waldorf é un lugar onde a participación é imprescindíbel, e por iso
tanto pais e nais, coma mestres e mestras involúcranse seriamente na educación facendo
deste tipo de escolas unha especie de “asociacións conxuntas de nais, pais, mestres e
mestras”.
Por unha banda créase un “Consello de Administración” para a
xestión e administración do centro, sendo asesorado e axudado este
consello por diversas comisións de pais e nais, que ademais
asumen funcións como a creación de talleres, organización de
festas ou administración de mantemento e obras.
Por outra banda tanto mestres e mestras como nais e
pais colaboran na elaboración do programa escolar. Fan
reunións mensuais onde os proxenitores poden expoñer as súas
ideas e opcións de mellora.
Ademais nais e pais poden ir ás clases de cando en vez, e participar de forma
activa en festas e actividades de toda índole como o mercado de Nadal onde fan
preparativos e venden. Neste mercado véndense os obxectos feitos polos nenos nos
talleres desenvolvidos en todo o curso.
“Tanto pais e nais coma o
corpo docente elaboran o
programa escolar”
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 5
MESTRES E MESTRAS
WALDORF.
Para comezar con este apartado
daremos a coñecer unha das cousas máis
básicas para os docentes Waldorf: “o
mestre actúa con liberdade na súa aula xa
que é un gran coñecedor de todos e cada
un dos seus alumnos e sabe como fomentar
o seu desenvolvemento”. Isto débese por
unha banda a que o mestre titor acompaña
aos seus alumnos de 1º a 8º de Básica, e
por outra banda pola estreita colaboración
cos pais e nais dos alumnos.
A importancia das materias é relativa, é dicir, un docente Waldorf busca
una acción conxunta das aptitudes que se desenvolven nos diferentes campos da
ensinanza. Neste sentido, co programa Waldorf preténdese equilibrar a
adquisición de coñecementos con prácticas artísticas e artesanais de xeito que
estas actividades e as materias intégranse nun mesmo conxunto.
O obxectivo básico dun mestre Waldorf é o de espertar as facultades
do neno e equilibrar as tres forzas interiores:
pensamento, sentimento e vontade.
DESTACADO!!
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 6
Os mestres titores traballan por períodos de 3 a 4 semanas
unha materia na denominada “clase principal” que ten lugar
todos os días lectivos e dura aproximadamente dúas horas. Máis
tarde comezan cas clases artísticas, artesanais e rítmicas que se
dan en días estipulados de maneira continuada.
Para rematar falaremos da continua reciclaxe a que se
someten estes mestres e mestras con reunións periódicas e
cursos:
O “claustro” reúne unha vez por semana a todo o persoal
do centro, sexan docentes, administrativos ou empregados de
áreas como mantemento. Nestas sesións falan de algún neno ou
nena con problemas, de métodos pedagóxicos ou mesmo de
problemas de organización. Existen máis reunións, como por
exemplo a dos docentes das distintas áreas ou ciclos para a
creación dos programas.
O “claustro” nomea por períodos unha equipa directiva
para as funcións de responsabilidade dos aspectos educativos da
escola. O consello de administración delega nesta Xunta de
Profesores as xestións habituais.
Por último as mestras e mestres Waldorf participan unha
ou dúas veces ao ano en cursos internacionais cos seus
homólogos de outros países e de escolas tanto públicas como
privadas.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 7
HIMNO GALEGO
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 8
FABRICACIÓN
DE QUEIXO E
PAN.
A elaboración do pan:
Dende tempos ben antigos,
queixo e pan, conforman dous elementos
básicos da Humanidade. No noso concello
son exaltados cada mes de marzo cunha feira
anual, a cal se converteu nun dos certámenes
agroalimentarios máis coñecidos na
provincia e na Comunidade Autónoma.
A elaboración do pan: os
compoñentes deste produto son a fariña de
trigo ou centeo , auga e sal. O proceso
comeza co amasado nunha artesa, que
consiste en mesturar, con moito coidado, a
fariña con auga morna, sal e fermento. Unha
vez conseguida esa substancia viscosa,
comeza o verdadeiro amasado, tarefa que
consiste en remover coas mans estendidas e
logo cos puños pechados esa mezcla,
engadindo algo de fariña ata conseguir unha
masa espesa e elástica,da que logo se farán os
bolos.
Déixase repousar durante
dúas horas para que a masa levede, é dicir,
que actúen as bacterias do fermento, que
farán que se espila.Pasado o tempo de lévedo
empézase a roxar o forno, que consiste en
facerlle o lume. Os fornos soen ter na boca
unhas pedras de granito, que serven de
medidores de temperatura e , cando se
poñen blancas, enténdese que este está
suficientemente quente.Logo coa a axuda
dun rodo de madeira procédese a retirar o
borrallo e varrer o forno cun vasallo de xesta
ou loureiro.
Mentras se quenta o forno,
procédese a tender o pan, tarefa que
consiste en cortar anacos de masa dándolles
forma redonda, deixando eses bolos encima
dunha mesa para que sigan levedando. Chega
entón o momento de enfornar, é dicir,
meter o pan no forno, tarefa que se realiza
cunha pá de rabo longo para non queimarse.
Pasadas unhas dúas horas, o pan xa está
cocido e sácase do forno.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 9
A elaboración do queixo:
unha vez muxida a vaca e
coado o leite, cóllense sete ou oito litros,
engádeselles un chorriño de auga dos
queixos, e bótanse nun cazo que, quentado
encima da prancha da cociña fará que o leite
se calle e darán un queixo máis ou menos
dun quilo de peso.
Unha vez que esa mestura está
callada, vaise exprimindo coas mans para
escurrirlle o soro. Pouco a pouco váiselle
dando a forma circular propia do queixo
desta zona.Rematada a súa elaboración,
colócase nun sitio plano e átase cunha cinta
para que non se deforme.
O queixo de Friol ten forma
cilíndrica e pode consumirse fresco,
semicurado ou curado. A curación é bastante
laboriosa; debe colocarse nunha superficie
plana, nun lugar fresco e mentres non se
seca debe lavarse a diario para sacarlle os
fungos que se lle depositan na cortiza. Unha
vez curado, ten unha cortiza fina de cor
amarela. A pasta interior é de cor branca
marfil, sen gretas e con algúns ollos
pequenos, angulosos e redondeados, con
sabor lixeiramente salgado e de acidez
media.
Este queixo pertence á
denominación Arzúa-Ulloa, que ten, dende
o ano 1989, a etiqueta de Produto Galego
de Calidade.
VIAXE Á FORTALEZA. O día 9 de abril, os
alumnos e alumnas de 2º ciclo de
Primaria fomos visitar a Fortaleza de
San Paio de Narla en Xiá. Cando
chegamos recibiunos Paquita, a guía.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 10
Contounos a historia da
Fortaleza e a lenda da Cova da Serpe.
Pasamos entón a visitar a
primeira planta, onde había aparellos
que usaban labregos, criados e artesáns
e algúns dos seus traballos, como cestos
e zocas. Noutro local, unha antiga corte,
había dúas carrozas de man, varias
cadeiras de montar e cornos para
distintos usos.
Nunha pequena adega
vimos utensilios relacionados co viño
como cestos para as uvas, aparellos para
pisalas, barricas, o pelello dunha cabra
para transportalo…
Logo subimos á segunda
planta onde estaba a cociña, na que
había unha gran lareira con cambota, un
forno para cocer o pan, un banco con
capoeira e moitos utensilios para
cociñar.Nunha esquina puidemos ver un
retrete de madeira.
A continuación, vimos un
gran salón, o despacho onde o señor
cobraba aos labregos e o dormitorio
principal.
Despois fomos a planta
onde estaban as armas brancas, as de
fogo e a entrada á mazmorra.
Máis tarde subimos á torre
de Homenaxe pasando polo dormitorio
do garda onde había unha gran cama,
unha silla-urinario…
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 11
Paquita contounos que
nunha ocasión os criados e os labregos
se enfadaran moito co amo, pelexaron e
destruíron esa torre.
Por último, baixamos ata a
entrada e visitamos a Capela da
Fortaleza adicada a San Paio. Alí había
imaxes de santos, un órgano, misas en
latín…
Rematada a visita
despedímonos da guía e volvemos ao
colexio baixo unha intensa choiva.
O PATRIMONIO CULTURAL
DO NOSO CONCELLO,
FRIOL. Coa implantación da nova
Lei de Educación desenvolveuse, en
primeiro de ESO, un proxecto
interdisciplinar que baixo a
coordinación dos departamentos de
L.Galega, Bioloxía e Xeografía, e
Historia levou como título: “O
patrimonio cultural do concello”.
Ao longo do curso na
sesión semanal fóronse recollendo todo
tipo de informacións, tanto orais como
gráficas e escritas, relacionadas co
pasado milenario do nosos contorno.
Este proxecto que
pensamos seguir desenvolvendo en
cursos vindeiros estanos
proporcionando unha chea de
informacións e vainos permitir o
“reescribir” a intrahistoria do nosos
concello dende a nosa óptica de
cidadáns da sociedade da información.
Actualmente, realizamos
dúas saídas co obxectivo de recoñecer o
patrimonio que non valoramos nos seus
xustos termos.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 12
Ao mesmo tempo estas
saídas foron tamén de “investigación”
para tratar de localizar restos de outras
culturas presentes na nosa bisbarra.
Hai que agradecer o
interese amosado polos alumnos e
alumnas de 1º na procura de dita
información e dos veciños que de
diferentes maneiras colaboraron.
Estamos barallando a posibilidade de continuar o curso que ven co citado
proxecto e así, entre outras actividades, temos previsto:
a) A montaxe dun vídeo recollendo todos os elementos que consideremos
importantes para o coñecemento do pasado do concello.
b) A continuación da investigación para tratar de dar a coñecer tanto ao alumnado e
Comunidade Educativa a importancia e a riqueza dos nosos bens culturais…
c) Tratar de influír positivamente no respecto por todo patrimonio cultural e
histórico.
O martes día 3 de xuño fixemos unha
saída para visitar algunhas zonas de
importancia do noso concello.
A primeira visita que fixemos foi a
Cerracín (Vilalvite) e visitamos un dos
carballos máis vellos de Galiza, cuxo
perímetro é de 7,10 m.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 13
Despois na Muruxosa (Cotá), paramos
para ver unha anta (dolmen) que case
está completa, parece unha pequena
casiña. Ten unha altura de 1,60 m.
A continuación pasamos, de novo, á
parroquia de Vilalvite, pois fomos a
Castrodá. Chámanlle así porque hai un
castro, no que atopamos anacos de
cerámica que tentaremos clasificar.
Logo chegamos A Ferreira (Serén)
vimos a Pena do Caldeiro e unha fonte.
Dispuxémonos a subir ata unha
medorra. Despois pasamos ás Penas do
Gas e baixamos ata Guldriz pola Boleta.
En Guldriz repuxemos forzas, pois na
casa de Laura de 1ºA déronnos de
beber.
Por último fomos a Santalla da Devesa
e localizamos unha casa con dous
escudos que case non se ven e nas Casas
do Burgo atopamos
outra cun escudo.
O día 10 de xuño fixemos outra saída á
parroquia de Trasmonte.
Tiñamos que realizar unhas
investigacións para as que empregamos
uns mapas e tamén tivemos que
preguntarlle aos veciños.
O primeiro que fomos visitar foi a
igrexa de Fontao, onde vimos un
sartego do século VII. Os nenos e nenas
que tiñan algunha enfermidade eran
lavados no sartego e despois ían ata a
fonte da igrexa de Carlín para ver de
curalos.
A continuación fomos a unha casa ver
un escudo. Despois tivemos que
camiñar un pouco para ir ver unha pena
chamada Pena Bicuda sobre a que hai
unha lenda que fala dunha señora que
levaba unha pedra encima da cabeza e
que lle caeu matándolle á súa filla, polo
que lle lanzou a pedra á pena,
dicíndolle: “Pena bicuda heiche ceibar
unha pedra que te a partir do rabo á
orella” e así, ves a fenda na pena.
Tamén vimos o Pazo de Trasmonte.
Logo, preguntándolle á xente,
localizamos unha pontella romana no
río. E para chegar á pontella tivemos
que camiñar pola calzada romana.
Finalmente, o último lugar e, despois de
dar tantas voltas, foi o castro de
Trasmonte. Cando rematamos de velo
dirixímonos ata o autobús con destino
ao colexio.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 14
ACTIVIDADES CON “HOT
POTATOES” Para facer estas actividades é preciso entrar no correo persoal de
cada alumno para facelas na casa.
CRUZADA
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 15
RELACIONA
ENCHE OS OCOS
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 16
AQUÍ TENEMOS LOS MEJORES ANÁLISIS DE NOTICIAS
SOBRE EL USO DE VELO EN CENTROS EDUCATIVOS Y
MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
FELIPE RODRÍGUEZ
1. Condenan a prisión a una maestra que cortó el pelo a dos
alumnas por ir sin velo
Efe | El Cairo martes 06/11/2012 20:43 horas
Un tribunal de la localidad egipcia de Luxor, en el sur de Egipto, condenó este
martes a seis meses de prisión con suspensión de la pena a una profesora que cortó el
cabello a dos alumnas de primaria porque no iban cubiertas con el velo islámico.
La agencia oficial de noticias egipcia, Mena, informó de que el Tribunal de Delitos de
Luxor ordenó la suspensión durante tres años de la citada pena contra la maestra Iman
Kailani.
Este caso levantó cierta polémica en Egipto y el pasado 21 de octubre el fiscal
general, Abdelmeguid Mahmud, ordenó que se iniciara una investigación judicial
sobre los hechos.
El portavoz de la Fiscalía, Adel al Said consideró que este incidente supone un
crimen castigado por la ley egipcia porque es una violación de los derechos de los
menores y de su vida privada.
Poco días antes, el Ministerio de Educación egipcio decidió descontar un mes
de salario y trasladar a otro departamento a Kailani.
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 17
La maestra, que usa el 'niqab' (velo que cubre todo el rostro menos los ojos),
cortó alrededor de siete centímetros del pelo de dos alumnas de sexto de primaria a
mediados de octubre.
En una nota difundida en esas fechas, el Consejo Nacional de la Mujer de Egipto
condenó el comportamiento de la profesora, "en contra de la ley egipcia y los
derechos humanos, especialmente los de la infancia".
COMENTARIO
Ya no solo se habla de la libertad de religión, sino de la libertad en base a los
derechos, en este caso, Derechos de la Infancia. ¿Era realmente necesario que esta
“maestra” le cortara el pelo a sus alumnos por no llevar velo?, ¿no hubiera sido mejor, si
tanto le importaba, hablar con sus familias?, aún mejor, ¿porqué comportarse de ese
modo? ¿A caso sus alumnos han resquebrajado a esta sus prendas al no estar de acuerdo
con el uso de las mismas? ¿Porqué no pensar primero en los Derechos Humanos?
FERNANDA ATAPUERCA
2. levanta prohibición del velo islámico en televisión
Domingo, 2 de septiembre de 2012
Este domingo una mujer presentó una noticia en la televisión egipcia usando un velo
islámico.
Parece que esto no había ocurrido desde que se fundó la televisión estatal en
1960. Fatima Nabil, que llevaba un traje negro y un pañuelo de color crema sobre la
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 18
cara, le dijo a la BBC que la revolución por fin llegó a la televisión estatal. Nabil espera
que después de esto otras mujeres vestidas de manera similar contribuyan al
levantamiento de la prohibición no oficial que prohíbe símbolos islámicos en las
pantallas abiertas. El nuevo ministro egipcio de información señaló que dos tercios de
las mujeres egipcias usan velo, como lo hacen muchas mujeres que aparecen en otras
cadenas de televisión árabes e internacionales. El nuevo gobierno de Egipto, dirigido
por Mohamed Morsi, es de corte islámico.
COMENTARIOS
Las prohibiciones acerca del velo islámico, van más allá de nuestro país,
levantando grandes polémicas incluso dentro de los propios medios de comunicación,
aquellos que nos acercan las principales noticias sobre el tema en cuestión. Esta mujer,
que aparece en el artículo, defiende el uso del velo islámico apareciendo con él delante
de la cadena BBC para reivindicarse llamando a otras mujeres para que realicen lo
mismo, ya que otras cadenas de televisión en diversos países permiten el uso del velo.
De manera que en Egipto se ha levantado la prohibición, que parece ser, tanto
preocupaba.
MIRO PEREIRA
3. Una periodista con velo presenta por primera vez un informativo
de la televisión egipcia
Hasta ahora no se permitía la presencia de periodistas veladas
Fatima Nabil es la primera periodista en aparecer con el hiyab
El gobierno de los Hermanos Musulmanes ha dado vía libre
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 19
Fatima Nabil, con velo, presenta el informativo de la televisión estatal egipcia el 2 de
septiembreAFP/TV EGIPTO
Efe 03.09.2012
La televisión estatal egipcia permitió este domingo por primera vez en su
historia que una periodista velada presentara el telediario, dos meses después de las
elecciones presidenciales que llevaron al poder al islamista Mohamed Mursi.
Fatima Nabil, la periodista que ha marcado un hito al aparecer en pantalla con el
hiyab (velo islámico), ha asegurado a la agencia Efe que con este paso se corrige "una
situación extraña y anormal" en Egipto, donde la mayoría de las mujeres llevan velo.
"La periodista velada sufría discriminación", ha subrayado Nabil, en alusión a la
política que mantuvo la televisión estatal egipcia desde su fundación hace medio siglo
de no permitirles presentar el telediario, en consonancia con la imagen liberal que
pretendía proyectar el régimen de Hosni Mubarak.
Su aparición se produce un día después de que el ministro de Información, Salah Abdel
Maqsud, diera luz verde a esta posibilidad al afirmar en una entrevista televisiva que
varias periodistas veladas iban a salir en los telediarios.
Primera presentadora con velo
Con un velo color crema y un traje azul oscuro, Nabil presentó el informativo del
mediodía del domingo en la televisión oficial Al Ula (La Primera), junto a un periodista
copto (la minoría cristiana de Egipto). Nabil se incorporó a Al Ula en 1999 y, como por
política interna no era posible que una velada presentase el telediario, trabajaba como
redactora de los informativos. La periodista ha explicado a Efe que después de la
Revolución del 25 Enero (de 2011), que derrocó a Mubarak, se presentó a una oposición
de presentadoras organizada por la televisión y quedó en primer lugar, pero no le
permitieron presentar los informativos por el velo. Ante esa situación, se cambió de
la cadena estatal a la televisión Masr 25 (Egipto 25), de los Hermanos Musulmanes,
grupo al que pertenecía Mursi hasta su elección como presidente en junio pasado.
"Después de la llegada al poder del primer presidente elegido democráticamente y
después de la formación del nuevo Gobierno tuve la esperanza de recuperar mi
derecho", ha dicho Nabil. Por ello, presentó una petición ante el titular de Información,
A NOSA REVISTA!
Revista “O Noso Cole” Nº 1 |WEBCÓMIC 20
de tendencia islamista, para que presionara a la cadena para que le permitiera presentar
los informativos sin quitarse el hiyab. El director de los informativos en la cadena Al
Ula, Ibrahim al Sayad, ha dicho en declaraciones a la cadena catarí Al Yazira que este
cambio es "un logro de la Revolución del 25 Enero, una libertad individual y un
derecho permitido por la Constitución". Al Sayed ha quitado hierro al asunto al destacar
que aunque es la primera vez que una mujer con velo presenta el telediario, antes hubo
periodistas con hiyab en programas religiosos o infantiles de la cadena.
Según la agencia oficial egipcia Mena, otras dos periodistas aparecerán con el velo en
esa misma televisión en los próximos días, y una cuarta lo hará en otra de las
televisiones oficiales, Al Nil.
COMENTARIO
Al día siguiente del artículo anterior en la televisión egipcia aparece en el
telediario una presentadora con Hiyab. Algo que debería ser normal si consideramos
que en este país la mayoría de las mujeres emplean esta prensa y algunas eran
discriminadas por ello al igual que la presentadora. Se produce una vez levantada la
prohibición siendo la primera presentadora con velo. Podemos ver como el tema resulta
envuelto por la religión, la sociedad y sobre todo la política que siempre rodea toda
prohibición, tanto de este tema como de muchos otros.