Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto...

Post on 13-Nov-2020

1 views 0 download

Transcript of Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto...

www.sanc ibrao.es

Número 28 Boletín de información e actualidade municipal Outono 2016

O Concello de San Cibrao das Viñasrecibíu o apoio da Xunta e da Deputa-ción para acometer en 2016 novos pro-xectos de obras. A rexeneración deestradas e máis beirarrúas supoñenoutro avance na seguridade vial.

Os veciños e veciñas de Currás disfru-tan xa do novo centro social, construídopolo Concello en terreos adquiridos aoBispado de Ourense, no antigo predioparroquial. Tamén conta con un parqueinfantil e outro biosaudable.

O Concello mellora a información aoscidadáns renovando a páxina web ecunha conta en Facebook desde a quese poden acceder a comunicacións ofi-ciais, eventos e noticias de interesesobre servizos e novas municipais.

A conselleira da Xunta

Ethel Vázquez e o

alcalde, Pedro Fernán-

dez, durante a sinatura

do convenio para

mellorar a iluminación

no Polígono Industrial

“David Ferrer”

Polígono

Currás

Nova web

San Cibrao das Viñas nº 28

Páxina 2

O novo centro social de Currás, concebido

como un espazo de reunión e de lecer

O centro social de Currás é un moderno edificio concebido paraa reunión dos veciños e veciñas en actos festivos ou culturais, ecomo un lugar de lecer e de encontro, no que disfrutar dunha par-tida de cartas ou de dominó ou dunha agradable charla entreveciños e amigos. O alcalde, Pedro Fernández, acompañado porvarios membros do Goberno municipal de San Cibrao das Viñas,do cura párroco e de numerosos veciños e veciñas, presidíu ainauguración oficial, o pasado 15 de xullo. "Felicito a todas as per-soas de Currás -asegurou tralo descubrimento dunha placa con-

memorativa- por esta obra importante para a parroquia e o nosoconcello e anímoos a que a partir de agora e durante moitotempo disfruten e fagan bo uso destas instalacións".

A obra tivo un custe de 83.380 euros, aportados íntegramen-te polo Concello de San Cibrao das Viñas. Ademais, instaláronsena parte posterior un parque infantil e outro biosaudable (nasimaxes inferiores), con aparellos de ximnasia adaptados ás per-soas de máis idade. O Concello tamén realizou obras de melloradas beirarrúas que dan acceso a este novo centro social.

Parque infantil Parque biosaudable

Páxina 3

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

A Deputación e o Concello colaboran na captación de investidores

e na atracción de empresas para o Polígono Industrial

Opresidente da Deputación de Ourense, Manuel Bal-tar, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Fer-nández, asinaron no Pazo Provincial un convenio de

colaboración entre ámbalas dúas administracións quepermitirá analizar novas estratexias de captación deinvestidores e atracción de empresas para o Polígonode San Cibrao das Viñas, xunto con accións de promo-ción que levará a cabo o Concello para poñer en valoros recursos turísticos do municipio, como as rutas desendeirismo e algúns enclaves paisaxísticos, como o de

A Boutureira. O investimento total para as liñas de pro-moción empresarial e turística que achegan o Gobernoprovincial e o Concello de San Cibrao das Viñas ascen-de a 42.000 euros.

O acordo entre Deputación de Ourense e Concello deSan Cibrao contempla a elaboración dun documento querecollerá as estratexias para levar a cabo traballos deprospección de mercado, identificación de sectores clave,para os que o Polígono ofreza especiais vantaxes, e defi-niranse tamén liñas de promoción internacional. ■

Visita da delegada da Xunta de Galiciaás obras do parque infantil de Santa Cruz

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mou-teira, visitou en Santa Cruz da Rabeda as obras de rehabilita-ción do parque infantil, acompañada polo alcalde, Pedro Fer-nández, e os concelleiros Mónica Prieto e Jorge Cid. Neste pro-xecto, a Administración Autonómica aportou 26.000 euros aoabeiro das axudas da orde de Infraestruturas de Uso Público daVicepresidencia da Xunta, e o Concello de San Cibrao dasViñas, outros 14.000 euros. O obra consistiu na instalación denovas unidades de xogos infantís homologadas nunha zona quese dotou con pavimento amortecedor de parque infantil; a insta-lación de mobiliario -bancos e papeleira-; a creación dunha zonade areeiro e a rehabilitación do peche do recinto.

Pedro Fernández xustificou a necesidade de executar estasobras esgrimindo que o antigo parque infantil presentaba unhaserie de deficiencias que eran necesarias emendar para mello-rar a súa funcionalidade e adaptala á normativa vixente.

Páxina 4

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016Avance nas infraestruturas

Os proxectos de obrasaportaron un alumeadono Polígono e melloras enestradas, pistas e camiños

OConcello de San Cibrao das Viñas acometeude novo, en 2016, un importante esforzopara mellorar infraestruturas importantes e

dotar de novos servizos aquelas zonas que presen-taban algunha carencia. A iluminación no accesoao Polígono desde a N-525 e os traballos de cons-trución de beirarrúas e de rexeneración de variostramos de estradas e camiños contribúen, de paso,a mellorar a seguridade vial. Foi un esforzo conti-nuado no tempo do Concello, que contou co apoioeconómico da Xunta de Galicia e da DeputaciónProvincial de Ourense.

Ampliación do alumeado na estradanova de Ponte Noalla a ReboredoUn convenio entre a Consellería de Infraestruturase vivenda e o Concello de San Cibrao das Viñas per-mitíu investir 40.200 euros na ampliación do alu-meado público no acceso ao Polígono Industrial"David Ferrer", a través estrada OU-538 que comu-nica Noalla e Reboredo. A iniciativa partíu do pro-pio Concello, quen presentou á Axencia Galega deInfraestruturas unha memoria para a implantacióndo alumeado na marxe dereita coas mesmascaracterísticas do que xa existía na marxe esquer-da. Neste proxecto aplicáronse criterios de aforro eeficiencia enerxética, xa que as 14 farolas son debaixo consumo sobre columnas de aceiro de 9metros de alto, o mesmo que os dous proxectoresinstalados baixo o viaduto do ferrocarril.

Renovación das redes de saneamentoe de pluviais no núcleo de PicoutoA Consellería de Medio Ambiente e Ordenación doTerritorio levará a cabo unha actuación para a reno-vación da rede de saneamento e pluviais no núcleode Picouto. A conselleira de Medio Ambiente eOrdenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcaldede San Cibrao das Viñas, Pedro Fernández, asinarono convenio de colaboración polo que se executaráesta actuación en materia de infraestrutura hidráu-

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, eo alcalde, Pedro Fernández, durante a sinatura do convenioque permitíu instalar 14 puntos de luz na marxe dereita daestrada OU-538, que comunica a N-525 co Polígono.

O intenso tráfico de vehículos pesados ocasiona o degaste dacapa de rodadura no Polígono. O Concello e a Asociación deEmpresarios xestionan con outras Administracións e, nalgúncaso, con empresas a reparación dos viais máis transitados.

Non resultaba fácil o acceso ata A Boutureira con vehículosa motor, e menos aínda o estacionamento. Estes problemasquedaron resoltos recentemente coa ampliación do camiñodesde Loiro. Tamén se mellorou o acceso a pé aos muíños.

Iluminación no Polígono

Mellora de viais na zona industrial

Acceso á Boutureira

Páxina 5

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

O Concello acadou a colaboración da Xunta de Galicia paraexecutar a renovación das redes de saneamento e pluviaisen Picouto. A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato,e o alcalde, Pedro Fernández, rubricaron este convenio.

A construcción dun novo tramo de beirarrúas supón unhacontribución para mellorar a seguridade dos veciños e veci-ñas que residen e transitan por este núcleo. Tamén seampliaron recentemente en A Carballeira, Baliñas e Currás.

Como todos os anos, o Concello destina unha cantidade impor-tante do orzamento para obras á mellora da rede viaria local.Os traballos de rexeneración da capa de rodadura de estradase camiños beneficiaron a varios núcleos de poboación.

Rexeneración de estradas e camiños

Beirarrúas en Picouto

Convenio con Medio Ambientelica. O importe do convenio ascende a case 50.000euros e as obras serán cofinanciadas polo FondoEuropeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEA-DER).

Na actualidade, as tubarias que conforman arede municipal de saneamento atópanse moi dete-rioradas debido á súa antigüidade, polo que conesta actuación executaranse as medidas necesa-rias para a súa substitución, así como para canali-zar as augas pluviais que na actualidade discorrenna superficie e repoñer os pavimentos danadospola execución das obras.

Reparación de infraestruturas envarias zonas do municipioO Concello de San Cibrao das Viñas destinou 120.000euros a traballos de mellora da rede viaria nos acce-sos a varios núcleos e, nalgúns casos, nas rúas inte-riores. Este proxecto desenvolveuse durante o mesde setembro e primeiros de outubro, aproveitando afavorable climatoloxía.

Tamén se levaron a cabo, en colaboración coaDeputación Provincial de Ourense, os proxectos con-templados no Plan BASE de obras e servizos: a cons-trucción de novos tramos de beirarrúas na Carballei-ra e Baliñas, cun investimento de 82.000 euros (can-tidade aportada polo Concello e a Deputación). NaCarballeira tamén está previsto o asfaltado dun cami-ño coa colaboración da Consellería de Medio Rural daXunta de Galicia, que aporta 12.500 euros.

Outra actuación, a cargo das brigadas do Concello,foi a construción de beirarrúas en Currás cun investi-mento de 18.000 euros. A maiores, o Concello de SanCibrao das Viñas destinou outros 68.000 euros a me-llorar o alumeado do campo de fútbol de Soutopene-do, e 60.000 euros máis á adquisición do terreo sobreo que se edificará o futuro centro social de Belmonte.

Melloras nos accesos e no entornoda área recreativa de A Boutureira

A través do Plan MARCO xestionado pola Axen-cia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) efinanciado con fondos europeos traballouse namellora dun camiño de Outeiro Calvo e nos accesosá área recreativa de A Boutureira. Neste novo pro-xecto investíronse 58.000 euros.

Tamén en A Boutureira se realizaron outros tra-ballos para mellorar o acceso de vehículos e a cre-ación de zonas de estacionamento, así como aaccesibilidade a un dos muíños que existen a caróndo río Barbadás. Foi unha obra executada en con-venio coa Secretaría Xeral de Turismo da Xunta,que aportou outros 62.000 euros. ■

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 6

"A colaboración da Xunta deGalicia permitíu completar ainstalación de novas medidasde seguridade no Polígono ena zona comercial Barreirospara ofrecer mellor servizo ásempresas. Este proxecto daConsellería de Economía,Emprego e Industria permitíua instalación de 6 cámaras devideovixilancia e 26 sistemascon visión nocturna no Polígono e de 5cámaras máis no de Barreiros. O direc-tor xeral de Enerxía e Minas, BernardoTahoces, visitou as instalacións indus-

triais de San Cibrao das Viñas para super-visar o seu funcionamento (na imaxe infe-rior). Na imaxe da esquerda, o alcalde,Pedro Fernández, e a tenente de alcalde,

Marta Nóvoa, visitaron á con-selleira de Medio Rural, Ánge-les Vázquez, para recabarapoio na mellora de pistas ecamiños rurais do municipio.Outro membro do Gobernogalego, o titular de Economía,Francisco Conde (imaxe derei-ta), visitou a Asociación deEmpresarios do Polígono Ba-rreiros onde destacou que o

Plan Integrado de Emprego desenvoltoen colaboración coa CEO o ano pasadoten permitido unha porcentaxe de reco-locación do 50%. ■

Intervención do alcalde, Pedro Fernández, na exposición “O Polígono nuncavisto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Pedro Fernández agradece aos

empresarios e ás Administracións

o seu apoio ao Polígono na

celebración do 50 aniversario

Colaboración da Xunta co Concello e as zonas industriais de San Cibrao das Viñas

A exposición “San Cibrao, o Polígono nuncavisto” foi o acontecemento máis importante nascelebracións do 50 aniversario. Un acto que esti-vo presidido polo titular da Xunta, Alberto NúñezFeijóo, o presidente do Parlamento, Miguel San-talices, e as primeiras autoridades provinciais,locais e da Asociación de Empresarios.

O alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Fer-nández, manifestou sentirse “orgulloso comoalcalde do municipio no que naceu e se desen-volve cada día este enclave industrial”. Lembrou-se "dos que chegaron primeiro e viron nestesterros o lugar ideal para desenvolver a industria",e dos que seguindo a estela dos pioneiros, alópolo 1965, "teñen loitado por dotalo de servizos",coa inestimable colaboración das Administra-cións públicas e da Asociación de Empresarios.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 7

Novas oportunidades laborais

O Obradoiro “Terra de Mosteiros 2016” formaen albanelería e xardinería a 20 desempregados

San Cibrao das Viñas participa nun no-vo Obradoiro de Emprego ("Terra deMosteiros 2016"), a través do conve-

nio entre a Consellería de Economía,Emprego e Industria e a Mancomunida-de Voluntaria de Concellos da Comarcade Ourense, integrada, ademais, porPaderne de Allariz, Maceda, Baños deMolgas, Nogueira de Ramuín, Esgos,Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Xun-queira de Ambía e Xunqueira de Espa-dañedo. A delegada territorial da Xunta eo xefe provincial da Consellería de Eco-nomía, Emprego e Industria reuníronsecos alcaldes para explicarlles o funciona-mento desta iniciativa mixta de promo-ción e emprego nas especialidades dexardinería e albanelería que benericiaráa 20 persoas desempregadas.

O obradoiro "Terra de Mosteiros2016", que iniciou a súa actividade a

mediados do mes de setembro, teráunha duración de seis meses e nomesmo a Xunta investirá case 180.000euros. O alcalde de San Cibrao dasViñas, Pedro Fernández, mostrou a súasatisfacción por poder contar con estenovo obradoiro de emprego que ten "unobxectivo claro: dar formación a persoasdesempregadas para que logren reinser-tarse laboralmente". No noso municipioestá previsto que se restauren fontes elavadoiros e o acondicionamento dezonas verdes. ■

Aprobado o convenio

para a posta en marcha

do Plan de Transporte

Metropolitano

A Xunta de Galicia e os conce-llos de Ourense, Amoeiro, Bar-badás, Coles, Pereiro de Aguiar,Punxín, Toén e San Cibrao das

Viñas asinaron o convenio paraa posta en marcha do Plan deTransporte Metropolitano daÁrea de Ourense, que terávixencia ata o 31 de decembrode 2019 e contará cun financia-mento de preto de 1 millón deeuros, que sumado á achegados concellos, suporá un finan-ciamento público de 1,44 millónsde euros.

A posta en marcha desta mo-dalidade de transporte públicosupón, ademais de mellorar a flui-dez do tráfico, aforros económi-cos medios de 600 euros ao ano.A Xunta contribúe co 80% dabonificación no traxecto principale os concellos co 20% restante.

A Administración autonómicafinanciará descontos adicionaispara os usuarios recorrentes (un15% máis para os que realicenpolo menos 40 viaxes ao mes) epara os membros das familiasnumerosas (de entre o 20 e o50% en función da categoría).

A delegada territorial da Xunta,Marisol Díaz, mantivo unha reu-nión cos alcaldes dos dez muni-cipios beneficiados por este pro-grama mixto de formación eemprego que se desenvolveráata marzo de 2017.

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrialdesenvolve periódicamente cursos de formación dirixidosa persoas desempregadas (soldadura, comercio exterior,informática,...) e sesións formativas do programa integra-do de emprego. Asemade, o Polígono cruza cada semana

2.400 curriculums coas súas ofertas de emprego. Odemandante tipo é un traballador de 30 a 40 anos, conestudos de Primaria e Bacharelato. Desde 2016, a Aso-ciación facilitou a contratación de case 100 traballadoresnas súas empresas.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 8

Eleccións autonómicas e xerais en 2016

O Partido Popular volveu ser a forza política máis votada en SanCibrao das Viñas na doble cita electoral de 2016: o 26 de xuño, narepetición das Eleccións Xerais, e o 25 de setembro, con motivo doscomicios autonómicos. Nesta ocasión, a candidatura popular acadou1.885 votos (61,44%), a considerable distancia dos outros partidos:PSdeG-PSOE, 421; En Marea, 334; Democracia Ourensana, 180; Cida-dáns, 94; BNG-NÓS, 83; PACMA, 26; e o resto, 20. O índice de partici-pación en San Cibrao das Viñas foi do 73,28% (nas anteriores, en 2012,fora do 70,78%). Tralo escrutinio a nivel provincial, o PP acadou 9 depu-tados; o PSdeG-PSOE, 2; En Marea, 2; e o BNG-NÓS, 1.

Entre os novos representantes no Parlamento de Galicia figura a con-celleira de San Cibrao das Viñas Marta Nóvoa Iglesias, número 6 nacandidatura do PP pola provincia de Ourense, que compaxinará o seulabor como deputada autonómica e primeira tenente de alcalde noConcello.

Resultado das Eleccións autonómicas en San Cibrao das ViñasA concelleira Marta Nóvoa,doblemente feliz en poucosdías: primeiro, ao ser elexidadeputada no Parlamento Ga-lego en representación do PPe, pouco despois, pola súaprimeira maternidade.

Eleccións Xerais 26-J

Alta participación e apoiomaioritario ao partido de Rajoy

A victoria do Partido Popular nas ElecciónsXerais do 26 de xuño foi tamén clara en SanCibrao das Viñas, aínda que cunha porcentaxemenor que nas Autonómicas. Daquela, o PPacadara 1.619 votos (53,19), superando áscandidaturas do PSdeG-PSOE, 623 (24,47%);Podemos-En Marea-ANOVA-EU, 427 (14,03%)e Cidadáns, 268 (8,8%). Nesta ocasión, o par-tido animalista PACMA (31) superou a NÓS(BNG, 30), e a outros grupos políticos minori-tarios. A participación foi do 73,25%, casecatro puntos por riba da media provincial deOurense (69,82%).

O Partido Popular reafirma o seu dominio no concello

Cabezas de lista por Ourense

PP PSdeG En Marea DO C s BNG-NÓS

Díaz Blanco Cuña Caride PresasVázquez

Votos en San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 9

P.- ¿Cómo valora este 2016 desde o

punto de vista institucional?

Pedro.- A inestabilidade política quese respirou pola incerteza das elec-cións xerais non afectou ao funciona-mento do Concello e podemos dicirque foi un ano positivo, por canto selevaron a cabo moitos proxectosimportantes para os nosos veciños eveciñas.P.- ¿Qué destacaría?

Pedro.- A inauguración do novo localsocial de Currás cubre unha necesidadeque tiñan nesta parroquia e queremosresolver o antes posible a falta de locaisen Belmonte, para o que xa temos osterreos, e Picouto, que está na fase deadxudicación. Tamén se fixeron novostramos de beirarruas, pensando namellora da seguridade vial e se refor-maron varias estradas locais. O novoximnasio de Ponte Noalla é outro servi-zo destacado, o mesmo que iniciativasnos eidos social, cultural e deportivo.P.- ¿Algún proxecto para 2017?

Pedro.- Agardamos continuar nestaliña de traballo e de modernizacióndos servizos municipais.

Pedro Fernández Moreiras,

alcalde:

P.- Nos últimos meses completáronse os actos de celebra-

ción dos 50 anos do Polígono Industrial. ¿Qué valoración

lle merece esta efeméride?

Pedro.- En primeiro lugar, teño que confesar a miña satis-facción por celebrar este medio século do Polígono de SanCibrao e síntome especialmente orgulloso como alcalde domunicipio no que naceu e se desenvolve cada día este encla-ve industrial. P.- ¿Cal é o futuro deste enclave industrial e laboral?

Pedro.- Aínda que 50 anos parezan moitos, a consolidacióne o avance ten que ser diario e constante. Chegar ata estenivel que ten alcanzado o polígono de San Cibrao só se con-segue poñendo o mesmo esforzo e ilusión cada día que nosachegamos a el a traballar. É un proxecto que continúa notempo e que implica por igual ás empresas e ás Administra-cións públicas, co destacado papel que desempeñan a Xuntade Galicia, a Deputación de Ourense e o propio Concello deSan Cibrao das Viñas.

P.- ¿De qué forma se implica o Goberno municipal nesa

idea de consolidación e de mellora dos servizos nesta zona?

Pedro.- Sempre apostamos e seguiremos apostando polofuturo industrial de San Cibrao das Viñas. A implicación doConcello é total, no sentido de apoiar calquera iniciativaque poida xurdir da Asociación de Empresarios do Polígo-no, e tamén da Tecnópole e da Zona Comercial Barreiros,para avanzar na dotación de máis e mellores servizos. Comoexemplo temos todos os anos diferentes proxectos, e máisrecentemente, a reforma das infraestruturas viarias, a mello-ra da iluminación pública e a instalación de novos sistemasde seguridade.P.- ¿Cal é a colaboración das outras Administracións

públicas ás que se refire?

Pedro.- Tanto por parte da Xunta de Galicia como da Depu-tación ese apoio tamén é permanente. Todos os meses temosaquí a conselleiros que veñen a presentar proxectos e ini-ciativas que axudan a potenciar o noso Polígono Industrial.

“Todos os anos apoiamos diferentesproxectos para mellorar infraestruturase servizos, como a reforma de estradas,a mellora da iluminación pública enovos sistemas de seguridade.”

“O compromiso do Concello deSan Cibrao e das Administraciónspúblicas para potenciar as zonasindustriais é total e permanente”

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 10

O novo curso comezou cunnivel de ocupación semellanteao de anos anteriores, tanto nagadería infantil do Polígonocomo nas escolas de PonteNoalla e Santa Cruz. Ademaisdas primeiras letras e concep-tos básicos de convivencia, ali-mentación, tradicións e xogos,cada vez ten máis importanciao coñecemento do inglés e omanexo das novas tecnoloxías.

■ A gardería, xestionada por Escolas Infantís "Os Pequerre-chos", acolle a 80 nenos e nenas desde 3 meses a 3 anos. Paraa súa directora, Susana Doval, neste curso van "traballar máiscoas novas tecnoloxías en todas as aulas, e continuar co inglés

que xa comezamos o ano pasado". "A diferencia das garderíastradicionais -asegura-, nós o que temos é un proxecto educativo,trilingüe, con castelán, galego e inglés", o que facilita, despois, oacceso dos alumnos ao primeiro nivel de Primaria.

■ A Escola Infantil de Ponte Noalla atende a 14rapaces. Tamén aquí continúa un modelo educati-vo no que están "moi presentes as novas tecnolo-xías da información e da comunicación", comosalienta a súa responsable desde hai dez anos,Eva Peña. "Tamén desenvolvemos unha atención ádiversidade, con unha profesora de audición e lin-guaxe e outra orientadora", aspecto que destacaEva. A profesora de audio e linguaxe ten dedica-ción nas dúas escolas infantís de San Cibrao dasViñas, o que repercute en máis tempo e melloratención aos nenos e nenas. Outra iniciativaimportante para os máis pequenos é a claseextraescolar de música que organiza o Concello.

■ Na Escola infantil de Santa Cruz, CarmenAlonso considera importante "a atención indi-vidualizada a nenos e nenas con característi-cas especiais, a través dunha coidadora quenos facilita a Xunta de Galicia". O comezo docurso realizouse cun horario flexible durantevarios días para algúns dos novos alumnos,en fase de adaptación, de acordo coa dispo-ñibilidade das súas familias. Tamén o horariolectivo é flexible: en teoría, de 9 a 14 horas,pero algúns pais e nais, por obrigas do seutraballo, deixan aos fillos antes da oficial deapertura e os recollen despois das dúas datarde. A apredizaxe inclúe inglés dous días ásemana e outro optativo de relixión. Carmen Alonso

Eva Peña

SusanaDovalGardería Infantil do Polígono

Escola Infantilde Ponte Noalla

Escola Infantilde Santa Cruz

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 11

A Banda de Música, orgullo de San Cibrao das Viñas

ABanda Munici-pal de Músicade San Cibrao

das Viñas desenvolveun importante labor anivel cultural en todo oconcello, como anima-dora das festas parro-quiais, protagonista deconcertos especiais ecomo estímulo para osalumnos e alumnas daEscola Municipal deMúsica.

José Miguel Fran-queiro é o director da Banda deMúsica, que integran 25 músicos, amaioría do noso municipio. Da súaxestión encárgase a Asociación Ami-gos da Música de San Cibrao dasViñas, que coordina Nuria Iglesias, coapoio do propio Concello e axudaspuntuais de outras Administraciónspúblicas.

Ao longo dos últimos meses, aBanda de Música participou nas fes-tas de Ponte Noalla, Reboredo, Picou-

to, Currás, Belmonte enos actos litúrxicos deSanta Águeda, así co-mo no "II Encontro deBandas de Música", enPonte Noalla. Agoraprepara o xa tradicionalConcerto de Nadal.

Banda Xuvenil, naEscola de MúsicaO novo curso da Escolade Música Municipalestá en marcha desde opasado 15 de setem-

bro. Os 55 alumnos e alumnas estándistribuídos nas seccións de "Músicae movemento", para nenos de 4 a 6anos; "Vento-metal", "Vento-madeira"e "Percusión", que imparten Raúl Álva-rez, Efrén Martínez e José ManuelDopazo. Os rapaces reciben clases deinstrumentos cos que tocarán narecén creada Banda Xuvenil de Músi-ca de San Cibrao das Viñas e, despois,unha vez que teñan máis experiencia,na Banda dos maiores. ■Actuación da Banda Municipal

en Ponte Noalla, no marco do

“II Encontro”, xunto á de Xinzo.

Páxina 12

Orixinal e divertida resultou a oferta doConcello de San Cibrao das Viñas para queos máis novos poidesen disfrutar dunverán moi especial. Os que participaron noCampamento na Praia, en Cangas, viñeronmoi contentos e con gañas de repetir,sobre todo polas actividades acuáticas.Foi unha actividade organizada polo Con-cello coa colaboración da Deputación.

Desde hai varios anos, Brincacibrao reúne durante unha sema-na a moitos nenos e nenas (este ano, case 70) co desexo deque se divirtan xogando e aprendendo. O polideportivo munici-pal convertíuse nun parque de atraccións en miniatura, pero

suficiente para que todos considerasen curta esta experiencia.A festa da escuma é tamén outro clásico na clausura destaactividade e o anticipo da entrega de diplomas a todos os par-ticipantes na última xornada.

As piscinas de Soutopenedo e Ponte Noalla enchéronse durante osmeses de xullo e agosto de moitos veciños e veciñas dispostos a mitigaro calor e a disfrutar no entorno destas instalacións municipais. Os díasmáis calurosos chegaron a acoller a máis de 200 persoas, controladas entodo momento por socorristas profesionais.

Páxina 13

San Cibrao das Viñas nº 28 Outono 2016

O Concello resolve os últimos trámites para abrir o ximnasio de Ponte NoallaPouco a pouco medra a vocación deportiva de San Cibrao dasViñas e o Concello quere dar resposta a esa demanda porparte dos veciños e veciñas. O novo ximnasio construído nasCharcas da Mora, en Ponte Noalla, a carón das piscinas muni-

cipais, complemente ao que xa funciona no polideportivo muni-cipal cunha demanda cada vez maior de afeccionados aodeporte ou de persoas interesadas en introducir o exerciciofísico nun estilo de vida máis natural e saudable.

O Goberno Municipal de San Cibrao das Viñas asinou coaXunta de Galicia un convenio para o financiamento do novoximnasio de Ponte Noalla, que entrará en servizo a finaisdeste ano ou a primeiros de 2017. A obra ten un custe totalde 110.000 euros. O Concello é quen máis aporta (50.000euros), mentres que Presidencia da Xunta colabora con40.000 euros e a Secretaría Xeral para o Deporte conoutros 20.000. A sinatura do convenio celebrouse na CasaConsistorial de San Cibrao das Viñas por parte do secreta-rio xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o alcalde,Pedro Fernández, en presencia da delegada territorial daXunta, Silvia Dorado.

¿Cómo son as instalacións? O ximnasio dis-pón de 247 metros cadrados e, ademais,conta con unha sala anexa para dar clasescolectivas de pilates, aerobic, mantementofísico, etc. O edificio complétase cun local deespera ou sala de estar con máquina expen-dedora de bebidas isotónicas, refrescos,xeles de ximnasia e aperitivos.¿Cál é a capacidade? Poden estar cómoda-mente entre 70 e 80 persoas. Dispón denumerosos aparellos modernos e adaptadosás características físicas e cada usuario.¿Cómo se regulará o acceso? Haberá que serabonado, con diferentes tarifas para os empa-droados e a xente de fóra. O horario será de10 da mañá a 10 da noite, de lúns a venres.¿Cándo entrará en servizo? A finais deste anoou a primeiros do próximo, unha vez resoltosos últimos trámites por parte do Concello.

Na sala principal xa están instaladosxa todos os aparellos de ximnasia.

Ten capacidade para 80 persoas e estará aberto de 10 da mañá a 10 da noite, de lúns a venres

O ximnasio dispón de aparellos modernos e adaptados a todas as idades

Páxina 14

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Cuadrangular dCuadrangular de baloncestoe baloncesto

Éxito do Polígono naÉxito do Polígono na Copa DeputaciónCopa Deputación

Deporte e divertimentoDeporte e divertimento

O polideportivo de San Cibrao dasViñas acolleu o Torneo Cuadran-gular de Baloncesto, co obxectivode promocionar este deporte.Gañou na final o Barbadás a OBarco, mentres que o Club deBaloncesto San Cibrao impúxoseno partido de consolación aoXinzo de Limia. Estes catro equi-pos son rivais tamén na Liga Pro-vincial deste deporte. No descan-so houbo actuacións dos nenos enenas que participan nas clasesde baile que organiza o Concello.

Un dos acontecementos deportivos doano foi a participación do Polígono CF nafinal da Copa Deputación de fútbol. Moi-tos afeccionados achegáronse ata ocampo do Couto para animar aos xoga-dores que adestra Miguel Sotelo. Aofinal, a victoria foi para o Arenteiro por1-0, pero o feito de chegar á final des-pois de superar varias eliminatorias xasupuxo un éxito para o noso equipo dePrimeira Autonómica, como reflicte aimaxe dos xogadores e cadro técnico edirectivo despois de recibir o trofeo desubcampión.

Desde os primeiros días de outubro xa están enmarcha as actividades para nenos e nenas que sedesenvolven no Polideportivo do Concello e naBiblioteca Municipal. Continúan todos os venreslaborables as clases de Xadrez, para xóvenes empa-droados en San Cibrao das Viñas de 6 a 18 anos. Éunha actividade na que colabora a Deputación e quetivo un bo éxito durante o pasado curso (na imaxe,os participantes cos diplomas acreditativos xuntoao alcalde e representantes do organismo provin-cial). Tamén hai clases de fútbol-sala con dous gru-pos por idades: de 4 a 7 e de 8 a 12 anos, dous díasá semana; e de baile, tamén distribuídos segundo ograo de madurez, todos os venres no PolideportivoMunicipal.

Páx

ina

15

Un concello, San Cibrao das Viñas, que é o motor industrial e laboral da pro-vincia, pero que conserva aínda as súas raíces rurais e que o fan especial-mente atractivo para percorrer a pé ou en bicicleta. A Andaina de SanCibrao das Viñas tivo o pasado 18 de setembro un itinerario único de 17,9quilómetros, de dificultade media e configuración circular con saída e che-gada á Boutureira, despois de pasar por Vilanova, Outeiro Calvo, San Cibraodas Viñas, Rante, Currás e A Torre.

A elite atlética galega e os afeccionados, en xeral, teñen o próxi-mo 11 de decembro unha cita en San Cibrao das Viñas nunha novaedición da Carreira Popular: será a 15ª dunha proba xa clásica nocalendario galego e o 3º Campionato Provincial de 10 quilómetrosen ruta, por estradas de Ponte Noalla e Reboredo. Agárdase a

asistencia duns 850 deportistas, nas distintas categorías, desde 2anos ata os máis veteranos. A carreira longa, segundo as previ-sións da comisión organizadora, contará con máis de 600 atletas.O Concello de San Cibrao das Viñas dispón da colaboración devarias firmas comerciais que aportan diferentes agasallos.

Edita: Concello de San Cibrao das ViñasImprime: RODI Artes Gráficas S.L.

Dep. Legal: OU-16/98

Moitos dos veciños e veciñas que partici-paron nesta viaxe a Asturias xa estiverontamén en anteriores excursións organiza-das polo Concello de San Cibrao dasViñas. Uns foron para coñecer novos luga-res e outros, polo bo ambiente que se res-pira. O alcalde, Pedro Fernández, quetamén viaxou por terras asturianas, consi-dera que "é un acerto e unha iniciativa queo Concello quere continuar no futuro".

Asturias foi, do 30 de setembro ao 2 de outubro, o destinoda excursión que organiza desde hai varios anos o Concellode San Cibrao das Viñas. Máis de 50 persoas viaxaron duran-te tres días para coñecer vilas costeiras como Navia e Las-tres, a conca mineira do Nalón, a comarca da sidra e as prin-cipais cidades asturianas. En Avilés visitaron o casco históri-co e o Centro Cultural Oscar Niemeyer; en Oviedo, a literariaVetusta de Clarín, a catedral, a Gascona, as rúas cheas deestatuas e o campo de san Francisco; por último, en Gijón,visitaron o porto e a dársena e a impresionante UniversidadeLaboral, o edificio máis grande de España.

A excursión anual que organiza o Concello de San Cibrao das Viñas é unha

oportunidade para coñecer lugares de interese con atractivos turísticos,

culturais ou arquitectónicos. En 2016 o destino elixido foi Asturias.