Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto...

16
Número 28 Boletín de información e actualidade municipal Outono 2016 O Concello de San Cibrao das Viñas recibíu o apoio da Xunta e da Deputa- ción para acometer en 2016 novos pro- xectos de obras. A rexeneración de estradas e máis beirarrúas supoñen outro avance na seguridade vial. Os veciños e veciñas de Currás disfru- tan xa do novo centro social, construído polo Concello en terreos adquiridos ao Bispado de Ourense, no antigo predio parroquial. Tamén conta con un parque infantil e outro biosaudable. O Concello mellora a información aos cidadáns renovando a páxina web e cunha conta en Facebook desde a que se poden acceder a comunicacións ofi- ciais, eventos e noticias de interese sobre servizos e novas municipais. A conselleira da Xunta Ethel Vázquez e o alcalde, Pedro Fernán- dez, durante a sinatura do convenio para mellorar a iluminación no Polígono Industrial “David Ferrer” Polígono Currás Nova web

Transcript of Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto...

Page 1: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

www.sanc ibrao.es

Número 28 Boletín de información e actualidade municipal Outono 2016

O Concello de San Cibrao das Viñasrecibíu o apoio da Xunta e da Deputa-ción para acometer en 2016 novos pro-xectos de obras. A rexeneración deestradas e máis beirarrúas supoñenoutro avance na seguridade vial.

Os veciños e veciñas de Currás disfru-tan xa do novo centro social, construídopolo Concello en terreos adquiridos aoBispado de Ourense, no antigo predioparroquial. Tamén conta con un parqueinfantil e outro biosaudable.

O Concello mellora a información aoscidadáns renovando a páxina web ecunha conta en Facebook desde a quese poden acceder a comunicacións ofi-ciais, eventos e noticias de interesesobre servizos e novas municipais.

A conselleira da Xunta

Ethel Vázquez e o

alcalde, Pedro Fernán-

dez, durante a sinatura

do convenio para

mellorar a iluminación

no Polígono Industrial

“David Ferrer”

Polígono

Currás

Nova web

Page 2: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

San Cibrao das Viñas nº 28

Páxina 2

O novo centro social de Currás, concebido

como un espazo de reunión e de lecer

O centro social de Currás é un moderno edificio concebido paraa reunión dos veciños e veciñas en actos festivos ou culturais, ecomo un lugar de lecer e de encontro, no que disfrutar dunha par-tida de cartas ou de dominó ou dunha agradable charla entreveciños e amigos. O alcalde, Pedro Fernández, acompañado porvarios membros do Goberno municipal de San Cibrao das Viñas,do cura párroco e de numerosos veciños e veciñas, presidíu ainauguración oficial, o pasado 15 de xullo. "Felicito a todas as per-soas de Currás -asegurou tralo descubrimento dunha placa con-

memorativa- por esta obra importante para a parroquia e o nosoconcello e anímoos a que a partir de agora e durante moitotempo disfruten e fagan bo uso destas instalacións".

A obra tivo un custe de 83.380 euros, aportados íntegramen-te polo Concello de San Cibrao das Viñas. Ademais, instaláronsena parte posterior un parque infantil e outro biosaudable (nasimaxes inferiores), con aparellos de ximnasia adaptados ás per-soas de máis idade. O Concello tamén realizou obras de melloradas beirarrúas que dan acceso a este novo centro social.

Parque infantil Parque biosaudable

Page 3: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Páxina 3

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

A Deputación e o Concello colaboran na captación de investidores

e na atracción de empresas para o Polígono Industrial

Opresidente da Deputación de Ourense, Manuel Bal-tar, e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Fer-nández, asinaron no Pazo Provincial un convenio de

colaboración entre ámbalas dúas administracións quepermitirá analizar novas estratexias de captación deinvestidores e atracción de empresas para o Polígonode San Cibrao das Viñas, xunto con accións de promo-ción que levará a cabo o Concello para poñer en valoros recursos turísticos do municipio, como as rutas desendeirismo e algúns enclaves paisaxísticos, como o de

A Boutureira. O investimento total para as liñas de pro-moción empresarial e turística que achegan o Gobernoprovincial e o Concello de San Cibrao das Viñas ascen-de a 42.000 euros.

O acordo entre Deputación de Ourense e Concello deSan Cibrao contempla a elaboración dun documento querecollerá as estratexias para levar a cabo traballos deprospección de mercado, identificación de sectores clave,para os que o Polígono ofreza especiais vantaxes, e defi-niranse tamén liñas de promoción internacional. ■

Visita da delegada da Xunta de Galiciaás obras do parque infantil de Santa Cruz

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mou-teira, visitou en Santa Cruz da Rabeda as obras de rehabilita-ción do parque infantil, acompañada polo alcalde, Pedro Fer-nández, e os concelleiros Mónica Prieto e Jorge Cid. Neste pro-xecto, a Administración Autonómica aportou 26.000 euros aoabeiro das axudas da orde de Infraestruturas de Uso Público daVicepresidencia da Xunta, e o Concello de San Cibrao dasViñas, outros 14.000 euros. O obra consistiu na instalación denovas unidades de xogos infantís homologadas nunha zona quese dotou con pavimento amortecedor de parque infantil; a insta-lación de mobiliario -bancos e papeleira-; a creación dunha zonade areeiro e a rehabilitación do peche do recinto.

Pedro Fernández xustificou a necesidade de executar estasobras esgrimindo que o antigo parque infantil presentaba unhaserie de deficiencias que eran necesarias emendar para mello-rar a súa funcionalidade e adaptala á normativa vixente.

Page 4: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Páxina 4

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016Avance nas infraestruturas

Os proxectos de obrasaportaron un alumeadono Polígono e melloras enestradas, pistas e camiños

OConcello de San Cibrao das Viñas acometeude novo, en 2016, un importante esforzopara mellorar infraestruturas importantes e

dotar de novos servizos aquelas zonas que presen-taban algunha carencia. A iluminación no accesoao Polígono desde a N-525 e os traballos de cons-trución de beirarrúas e de rexeneración de variostramos de estradas e camiños contribúen, de paso,a mellorar a seguridade vial. Foi un esforzo conti-nuado no tempo do Concello, que contou co apoioeconómico da Xunta de Galicia e da DeputaciónProvincial de Ourense.

Ampliación do alumeado na estradanova de Ponte Noalla a ReboredoUn convenio entre a Consellería de Infraestruturase vivenda e o Concello de San Cibrao das Viñas per-mitíu investir 40.200 euros na ampliación do alu-meado público no acceso ao Polígono Industrial"David Ferrer", a través estrada OU-538 que comu-nica Noalla e Reboredo. A iniciativa partíu do pro-pio Concello, quen presentou á Axencia Galega deInfraestruturas unha memoria para a implantacióndo alumeado na marxe dereita coas mesmascaracterísticas do que xa existía na marxe esquer-da. Neste proxecto aplicáronse criterios de aforro eeficiencia enerxética, xa que as 14 farolas son debaixo consumo sobre columnas de aceiro de 9metros de alto, o mesmo que os dous proxectoresinstalados baixo o viaduto do ferrocarril.

Renovación das redes de saneamentoe de pluviais no núcleo de PicoutoA Consellería de Medio Ambiente e Ordenación doTerritorio levará a cabo unha actuación para a reno-vación da rede de saneamento e pluviais no núcleode Picouto. A conselleira de Medio Ambiente eOrdenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcaldede San Cibrao das Viñas, Pedro Fernández, asinarono convenio de colaboración polo que se executaráesta actuación en materia de infraestrutura hidráu-

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, eo alcalde, Pedro Fernández, durante a sinatura do convenioque permitíu instalar 14 puntos de luz na marxe dereita daestrada OU-538, que comunica a N-525 co Polígono.

O intenso tráfico de vehículos pesados ocasiona o degaste dacapa de rodadura no Polígono. O Concello e a Asociación deEmpresarios xestionan con outras Administracións e, nalgúncaso, con empresas a reparación dos viais máis transitados.

Non resultaba fácil o acceso ata A Boutureira con vehículosa motor, e menos aínda o estacionamento. Estes problemasquedaron resoltos recentemente coa ampliación do camiñodesde Loiro. Tamén se mellorou o acceso a pé aos muíños.

Iluminación no Polígono

Mellora de viais na zona industrial

Acceso á Boutureira

Page 5: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Páxina 5

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

O Concello acadou a colaboración da Xunta de Galicia paraexecutar a renovación das redes de saneamento e pluviaisen Picouto. A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato,e o alcalde, Pedro Fernández, rubricaron este convenio.

A construcción dun novo tramo de beirarrúas supón unhacontribución para mellorar a seguridade dos veciños e veci-ñas que residen e transitan por este núcleo. Tamén seampliaron recentemente en A Carballeira, Baliñas e Currás.

Como todos os anos, o Concello destina unha cantidade impor-tante do orzamento para obras á mellora da rede viaria local.Os traballos de rexeneración da capa de rodadura de estradase camiños beneficiaron a varios núcleos de poboación.

Rexeneración de estradas e camiños

Beirarrúas en Picouto

Convenio con Medio Ambientelica. O importe do convenio ascende a case 50.000euros e as obras serán cofinanciadas polo FondoEuropeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEA-DER).

Na actualidade, as tubarias que conforman arede municipal de saneamento atópanse moi dete-rioradas debido á súa antigüidade, polo que conesta actuación executaranse as medidas necesa-rias para a súa substitución, así como para canali-zar as augas pluviais que na actualidade discorrenna superficie e repoñer os pavimentos danadospola execución das obras.

Reparación de infraestruturas envarias zonas do municipioO Concello de San Cibrao das Viñas destinou 120.000euros a traballos de mellora da rede viaria nos acce-sos a varios núcleos e, nalgúns casos, nas rúas inte-riores. Este proxecto desenvolveuse durante o mesde setembro e primeiros de outubro, aproveitando afavorable climatoloxía.

Tamén se levaron a cabo, en colaboración coaDeputación Provincial de Ourense, os proxectos con-templados no Plan BASE de obras e servizos: a cons-trucción de novos tramos de beirarrúas na Carballei-ra e Baliñas, cun investimento de 82.000 euros (can-tidade aportada polo Concello e a Deputación). NaCarballeira tamén está previsto o asfaltado dun cami-ño coa colaboración da Consellería de Medio Rural daXunta de Galicia, que aporta 12.500 euros.

Outra actuación, a cargo das brigadas do Concello,foi a construción de beirarrúas en Currás cun investi-mento de 18.000 euros. A maiores, o Concello de SanCibrao das Viñas destinou outros 68.000 euros a me-llorar o alumeado do campo de fútbol de Soutopene-do, e 60.000 euros máis á adquisición do terreo sobreo que se edificará o futuro centro social de Belmonte.

Melloras nos accesos e no entornoda área recreativa de A Boutureira

A través do Plan MARCO xestionado pola Axen-cia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) efinanciado con fondos europeos traballouse namellora dun camiño de Outeiro Calvo e nos accesosá área recreativa de A Boutureira. Neste novo pro-xecto investíronse 58.000 euros.

Tamén en A Boutureira se realizaron outros tra-ballos para mellorar o acceso de vehículos e a cre-ación de zonas de estacionamento, así como aaccesibilidade a un dos muíños que existen a caróndo río Barbadás. Foi unha obra executada en con-venio coa Secretaría Xeral de Turismo da Xunta,que aportou outros 62.000 euros. ■

Page 6: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 6

"A colaboración da Xunta deGalicia permitíu completar ainstalación de novas medidasde seguridade no Polígono ena zona comercial Barreirospara ofrecer mellor servizo ásempresas. Este proxecto daConsellería de Economía,Emprego e Industria permitíua instalación de 6 cámaras devideovixilancia e 26 sistemascon visión nocturna no Polígono e de 5cámaras máis no de Barreiros. O direc-tor xeral de Enerxía e Minas, BernardoTahoces, visitou as instalacións indus-

triais de San Cibrao das Viñas para super-visar o seu funcionamento (na imaxe infe-rior). Na imaxe da esquerda, o alcalde,Pedro Fernández, e a tenente de alcalde,

Marta Nóvoa, visitaron á con-selleira de Medio Rural, Ánge-les Vázquez, para recabarapoio na mellora de pistas ecamiños rurais do municipio.Outro membro do Gobernogalego, o titular de Economía,Francisco Conde (imaxe derei-ta), visitou a Asociación deEmpresarios do Polígono Ba-rreiros onde destacou que o

Plan Integrado de Emprego desenvoltoen colaboración coa CEO o ano pasadoten permitido unha porcentaxe de reco-locación do 50%. ■

Intervención do alcalde, Pedro Fernández, na exposición “O Polígono nuncavisto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Pedro Fernández agradece aos

empresarios e ás Administracións

o seu apoio ao Polígono na

celebración do 50 aniversario

Colaboración da Xunta co Concello e as zonas industriais de San Cibrao das Viñas

A exposición “San Cibrao, o Polígono nuncavisto” foi o acontecemento máis importante nascelebracións do 50 aniversario. Un acto que esti-vo presidido polo titular da Xunta, Alberto NúñezFeijóo, o presidente do Parlamento, Miguel San-talices, e as primeiras autoridades provinciais,locais e da Asociación de Empresarios.

O alcalde de San Cibrao das Viñas, Pedro Fer-nández, manifestou sentirse “orgulloso comoalcalde do municipio no que naceu e se desen-volve cada día este enclave industrial”. Lembrou-se "dos que chegaron primeiro e viron nestesterros o lugar ideal para desenvolver a industria",e dos que seguindo a estela dos pioneiros, alópolo 1965, "teñen loitado por dotalo de servizos",coa inestimable colaboración das Administra-cións públicas e da Asociación de Empresarios.

Page 7: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 7

Novas oportunidades laborais

O Obradoiro “Terra de Mosteiros 2016” formaen albanelería e xardinería a 20 desempregados

San Cibrao das Viñas participa nun no-vo Obradoiro de Emprego ("Terra deMosteiros 2016"), a través do conve-

nio entre a Consellería de Economía,Emprego e Industria e a Mancomunida-de Voluntaria de Concellos da Comarcade Ourense, integrada, ademais, porPaderne de Allariz, Maceda, Baños deMolgas, Nogueira de Ramuín, Esgos,Parada de Sil, Pereiro de Aguiar, Xun-queira de Ambía e Xunqueira de Espa-dañedo. A delegada territorial da Xunta eo xefe provincial da Consellería de Eco-nomía, Emprego e Industria reuníronsecos alcaldes para explicarlles o funciona-mento desta iniciativa mixta de promo-ción e emprego nas especialidades dexardinería e albanelería que benericiaráa 20 persoas desempregadas.

O obradoiro "Terra de Mosteiros2016", que iniciou a súa actividade a

mediados do mes de setembro, teráunha duración de seis meses e nomesmo a Xunta investirá case 180.000euros. O alcalde de San Cibrao dasViñas, Pedro Fernández, mostrou a súasatisfacción por poder contar con estenovo obradoiro de emprego que ten "unobxectivo claro: dar formación a persoasdesempregadas para que logren reinser-tarse laboralmente". No noso municipioestá previsto que se restauren fontes elavadoiros e o acondicionamento dezonas verdes. ■

Aprobado o convenio

para a posta en marcha

do Plan de Transporte

Metropolitano

A Xunta de Galicia e os conce-llos de Ourense, Amoeiro, Bar-badás, Coles, Pereiro de Aguiar,Punxín, Toén e San Cibrao das

Viñas asinaron o convenio paraa posta en marcha do Plan deTransporte Metropolitano daÁrea de Ourense, que terávixencia ata o 31 de decembrode 2019 e contará cun financia-mento de preto de 1 millón deeuros, que sumado á achegados concellos, suporá un finan-ciamento público de 1,44 millónsde euros.

A posta en marcha desta mo-dalidade de transporte públicosupón, ademais de mellorar a flui-dez do tráfico, aforros económi-cos medios de 600 euros ao ano.A Xunta contribúe co 80% dabonificación no traxecto principale os concellos co 20% restante.

A Administración autonómicafinanciará descontos adicionaispara os usuarios recorrentes (un15% máis para os que realicenpolo menos 40 viaxes ao mes) epara os membros das familiasnumerosas (de entre o 20 e o50% en función da categoría).

A delegada territorial da Xunta,Marisol Díaz, mantivo unha reu-nión cos alcaldes dos dez muni-cipios beneficiados por este pro-grama mixto de formación eemprego que se desenvolveráata marzo de 2017.

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrialdesenvolve periódicamente cursos de formación dirixidosa persoas desempregadas (soldadura, comercio exterior,informática,...) e sesións formativas do programa integra-do de emprego. Asemade, o Polígono cruza cada semana

2.400 curriculums coas súas ofertas de emprego. Odemandante tipo é un traballador de 30 a 40 anos, conestudos de Primaria e Bacharelato. Desde 2016, a Aso-ciación facilitou a contratación de case 100 traballadoresnas súas empresas.

Page 8: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 8

Eleccións autonómicas e xerais en 2016

O Partido Popular volveu ser a forza política máis votada en SanCibrao das Viñas na doble cita electoral de 2016: o 26 de xuño, narepetición das Eleccións Xerais, e o 25 de setembro, con motivo doscomicios autonómicos. Nesta ocasión, a candidatura popular acadou1.885 votos (61,44%), a considerable distancia dos outros partidos:PSdeG-PSOE, 421; En Marea, 334; Democracia Ourensana, 180; Cida-dáns, 94; BNG-NÓS, 83; PACMA, 26; e o resto, 20. O índice de partici-pación en San Cibrao das Viñas foi do 73,28% (nas anteriores, en 2012,fora do 70,78%). Tralo escrutinio a nivel provincial, o PP acadou 9 depu-tados; o PSdeG-PSOE, 2; En Marea, 2; e o BNG-NÓS, 1.

Entre os novos representantes no Parlamento de Galicia figura a con-celleira de San Cibrao das Viñas Marta Nóvoa Iglesias, número 6 nacandidatura do PP pola provincia de Ourense, que compaxinará o seulabor como deputada autonómica e primeira tenente de alcalde noConcello.

Resultado das Eleccións autonómicas en San Cibrao das ViñasA concelleira Marta Nóvoa,doblemente feliz en poucosdías: primeiro, ao ser elexidadeputada no Parlamento Ga-lego en representación do PPe, pouco despois, pola súaprimeira maternidade.

Eleccións Xerais 26-J

Alta participación e apoiomaioritario ao partido de Rajoy

A victoria do Partido Popular nas ElecciónsXerais do 26 de xuño foi tamén clara en SanCibrao das Viñas, aínda que cunha porcentaxemenor que nas Autonómicas. Daquela, o PPacadara 1.619 votos (53,19), superando áscandidaturas do PSdeG-PSOE, 623 (24,47%);Podemos-En Marea-ANOVA-EU, 427 (14,03%)e Cidadáns, 268 (8,8%). Nesta ocasión, o par-tido animalista PACMA (31) superou a NÓS(BNG, 30), e a outros grupos políticos minori-tarios. A participación foi do 73,25%, casecatro puntos por riba da media provincial deOurense (69,82%).

O Partido Popular reafirma o seu dominio no concello

Cabezas de lista por Ourense

PP PSdeG En Marea DO C s BNG-NÓS

Díaz Blanco Cuña Caride PresasVázquez

Votos en San Cibrao das Viñas

Page 9: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 9

P.- ¿Cómo valora este 2016 desde o

punto de vista institucional?

Pedro.- A inestabilidade política quese respirou pola incerteza das elec-cións xerais non afectou ao funciona-mento do Concello e podemos dicirque foi un ano positivo, por canto selevaron a cabo moitos proxectosimportantes para os nosos veciños eveciñas.P.- ¿Qué destacaría?

Pedro.- A inauguración do novo localsocial de Currás cubre unha necesidadeque tiñan nesta parroquia e queremosresolver o antes posible a falta de locaisen Belmonte, para o que xa temos osterreos, e Picouto, que está na fase deadxudicación. Tamén se fixeron novostramos de beirarruas, pensando namellora da seguridade vial e se refor-maron varias estradas locais. O novoximnasio de Ponte Noalla é outro servi-zo destacado, o mesmo que iniciativasnos eidos social, cultural e deportivo.P.- ¿Algún proxecto para 2017?

Pedro.- Agardamos continuar nestaliña de traballo e de modernizacióndos servizos municipais.

Pedro Fernández Moreiras,

alcalde:

P.- Nos últimos meses completáronse os actos de celebra-

ción dos 50 anos do Polígono Industrial. ¿Qué valoración

lle merece esta efeméride?

Pedro.- En primeiro lugar, teño que confesar a miña satis-facción por celebrar este medio século do Polígono de SanCibrao e síntome especialmente orgulloso como alcalde domunicipio no que naceu e se desenvolve cada día este encla-ve industrial. P.- ¿Cal é o futuro deste enclave industrial e laboral?

Pedro.- Aínda que 50 anos parezan moitos, a consolidacióne o avance ten que ser diario e constante. Chegar ata estenivel que ten alcanzado o polígono de San Cibrao só se con-segue poñendo o mesmo esforzo e ilusión cada día que nosachegamos a el a traballar. É un proxecto que continúa notempo e que implica por igual ás empresas e ás Administra-cións públicas, co destacado papel que desempeñan a Xuntade Galicia, a Deputación de Ourense e o propio Concello deSan Cibrao das Viñas.

P.- ¿De qué forma se implica o Goberno municipal nesa

idea de consolidación e de mellora dos servizos nesta zona?

Pedro.- Sempre apostamos e seguiremos apostando polofuturo industrial de San Cibrao das Viñas. A implicación doConcello é total, no sentido de apoiar calquera iniciativaque poida xurdir da Asociación de Empresarios do Polígo-no, e tamén da Tecnópole e da Zona Comercial Barreiros,para avanzar na dotación de máis e mellores servizos. Comoexemplo temos todos os anos diferentes proxectos, e máisrecentemente, a reforma das infraestruturas viarias, a mello-ra da iluminación pública e a instalación de novos sistemasde seguridade.P.- ¿Cal é a colaboración das outras Administracións

públicas ás que se refire?

Pedro.- Tanto por parte da Xunta de Galicia como da Depu-tación ese apoio tamén é permanente. Todos os meses temosaquí a conselleiros que veñen a presentar proxectos e ini-ciativas que axudan a potenciar o noso Polígono Industrial.

“Todos os anos apoiamos diferentesproxectos para mellorar infraestruturase servizos, como a reforma de estradas,a mellora da iluminación pública enovos sistemas de seguridade.”

“O compromiso do Concello deSan Cibrao e das Administraciónspúblicas para potenciar as zonasindustriais é total e permanente”

Page 10: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 10

O novo curso comezou cunnivel de ocupación semellanteao de anos anteriores, tanto nagadería infantil do Polígonocomo nas escolas de PonteNoalla e Santa Cruz. Ademaisdas primeiras letras e concep-tos básicos de convivencia, ali-mentación, tradicións e xogos,cada vez ten máis importanciao coñecemento do inglés e omanexo das novas tecnoloxías.

■ A gardería, xestionada por Escolas Infantís "Os Pequerre-chos", acolle a 80 nenos e nenas desde 3 meses a 3 anos. Paraa súa directora, Susana Doval, neste curso van "traballar máiscoas novas tecnoloxías en todas as aulas, e continuar co inglés

que xa comezamos o ano pasado". "A diferencia das garderíastradicionais -asegura-, nós o que temos é un proxecto educativo,trilingüe, con castelán, galego e inglés", o que facilita, despois, oacceso dos alumnos ao primeiro nivel de Primaria.

■ A Escola Infantil de Ponte Noalla atende a 14rapaces. Tamén aquí continúa un modelo educati-vo no que están "moi presentes as novas tecnolo-xías da información e da comunicación", comosalienta a súa responsable desde hai dez anos,Eva Peña. "Tamén desenvolvemos unha atención ádiversidade, con unha profesora de audición e lin-guaxe e outra orientadora", aspecto que destacaEva. A profesora de audio e linguaxe ten dedica-ción nas dúas escolas infantís de San Cibrao dasViñas, o que repercute en máis tempo e melloratención aos nenos e nenas. Outra iniciativaimportante para os máis pequenos é a claseextraescolar de música que organiza o Concello.

■ Na Escola infantil de Santa Cruz, CarmenAlonso considera importante "a atención indi-vidualizada a nenos e nenas con característi-cas especiais, a través dunha coidadora quenos facilita a Xunta de Galicia". O comezo docurso realizouse cun horario flexible durantevarios días para algúns dos novos alumnos,en fase de adaptación, de acordo coa dispo-ñibilidade das súas familias. Tamén o horariolectivo é flexible: en teoría, de 9 a 14 horas,pero algúns pais e nais, por obrigas do seutraballo, deixan aos fillos antes da oficial deapertura e os recollen despois das dúas datarde. A apredizaxe inclúe inglés dous días ásemana e outro optativo de relixión. Carmen Alonso

Eva Peña

SusanaDovalGardería Infantil do Polígono

Escola Infantilde Ponte Noalla

Escola Infantilde Santa Cruz

Page 11: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Páxina 11

A Banda de Música, orgullo de San Cibrao das Viñas

ABanda Munici-pal de Músicade San Cibrao

das Viñas desenvolveun importante labor anivel cultural en todo oconcello, como anima-dora das festas parro-quiais, protagonista deconcertos especiais ecomo estímulo para osalumnos e alumnas daEscola Municipal deMúsica.

José Miguel Fran-queiro é o director da Banda deMúsica, que integran 25 músicos, amaioría do noso municipio. Da súaxestión encárgase a Asociación Ami-gos da Música de San Cibrao dasViñas, que coordina Nuria Iglesias, coapoio do propio Concello e axudaspuntuais de outras Administraciónspúblicas.

Ao longo dos últimos meses, aBanda de Música participou nas fes-tas de Ponte Noalla, Reboredo, Picou-

to, Currás, Belmonte enos actos litúrxicos deSanta Águeda, así co-mo no "II Encontro deBandas de Música", enPonte Noalla. Agoraprepara o xa tradicionalConcerto de Nadal.

Banda Xuvenil, naEscola de MúsicaO novo curso da Escolade Música Municipalestá en marcha desde opasado 15 de setem-

bro. Os 55 alumnos e alumnas estándistribuídos nas seccións de "Músicae movemento", para nenos de 4 a 6anos; "Vento-metal", "Vento-madeira"e "Percusión", que imparten Raúl Álva-rez, Efrén Martínez e José ManuelDopazo. Os rapaces reciben clases deinstrumentos cos que tocarán narecén creada Banda Xuvenil de Músi-ca de San Cibrao das Viñas e, despois,unha vez que teñan máis experiencia,na Banda dos maiores. ■Actuación da Banda Municipal

en Ponte Noalla, no marco do

“II Encontro”, xunto á de Xinzo.

Page 12: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Páxina 12

Orixinal e divertida resultou a oferta doConcello de San Cibrao das Viñas para queos máis novos poidesen disfrutar dunverán moi especial. Os que participaron noCampamento na Praia, en Cangas, viñeronmoi contentos e con gañas de repetir,sobre todo polas actividades acuáticas.Foi unha actividade organizada polo Con-cello coa colaboración da Deputación.

Desde hai varios anos, Brincacibrao reúne durante unha sema-na a moitos nenos e nenas (este ano, case 70) co desexo deque se divirtan xogando e aprendendo. O polideportivo munici-pal convertíuse nun parque de atraccións en miniatura, pero

suficiente para que todos considerasen curta esta experiencia.A festa da escuma é tamén outro clásico na clausura destaactividade e o anticipo da entrega de diplomas a todos os par-ticipantes na última xornada.

As piscinas de Soutopenedo e Ponte Noalla enchéronse durante osmeses de xullo e agosto de moitos veciños e veciñas dispostos a mitigaro calor e a disfrutar no entorno destas instalacións municipais. Os díasmáis calurosos chegaron a acoller a máis de 200 persoas, controladas entodo momento por socorristas profesionais.

Page 13: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Páxina 13

San Cibrao das Viñas nº 28 Outono 2016

O Concello resolve os últimos trámites para abrir o ximnasio de Ponte NoallaPouco a pouco medra a vocación deportiva de San Cibrao dasViñas e o Concello quere dar resposta a esa demanda porparte dos veciños e veciñas. O novo ximnasio construído nasCharcas da Mora, en Ponte Noalla, a carón das piscinas muni-

cipais, complemente ao que xa funciona no polideportivo muni-cipal cunha demanda cada vez maior de afeccionados aodeporte ou de persoas interesadas en introducir o exerciciofísico nun estilo de vida máis natural e saudable.

O Goberno Municipal de San Cibrao das Viñas asinou coaXunta de Galicia un convenio para o financiamento do novoximnasio de Ponte Noalla, que entrará en servizo a finaisdeste ano ou a primeiros de 2017. A obra ten un custe totalde 110.000 euros. O Concello é quen máis aporta (50.000euros), mentres que Presidencia da Xunta colabora con40.000 euros e a Secretaría Xeral para o Deporte conoutros 20.000. A sinatura do convenio celebrouse na CasaConsistorial de San Cibrao das Viñas por parte do secreta-rio xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o alcalde,Pedro Fernández, en presencia da delegada territorial daXunta, Silvia Dorado.

¿Cómo son as instalacións? O ximnasio dis-pón de 247 metros cadrados e, ademais,conta con unha sala anexa para dar clasescolectivas de pilates, aerobic, mantementofísico, etc. O edificio complétase cun local deespera ou sala de estar con máquina expen-dedora de bebidas isotónicas, refrescos,xeles de ximnasia e aperitivos.¿Cál é a capacidade? Poden estar cómoda-mente entre 70 e 80 persoas. Dispón denumerosos aparellos modernos e adaptadosás características físicas e cada usuario.¿Cómo se regulará o acceso? Haberá que serabonado, con diferentes tarifas para os empa-droados e a xente de fóra. O horario será de10 da mañá a 10 da noite, de lúns a venres.¿Cándo entrará en servizo? A finais deste anoou a primeiros do próximo, unha vez resoltosos últimos trámites por parte do Concello.

Na sala principal xa están instaladosxa todos os aparellos de ximnasia.

Ten capacidade para 80 persoas e estará aberto de 10 da mañá a 10 da noite, de lúns a venres

O ximnasio dispón de aparellos modernos e adaptados a todas as idades

Page 14: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Páxina 14

San Cibrao das Viñas nº 28. Outono 2016

Cuadrangular dCuadrangular de baloncestoe baloncesto

Éxito do Polígono naÉxito do Polígono na Copa DeputaciónCopa Deputación

Deporte e divertimentoDeporte e divertimento

O polideportivo de San Cibrao dasViñas acolleu o Torneo Cuadran-gular de Baloncesto, co obxectivode promocionar este deporte.Gañou na final o Barbadás a OBarco, mentres que o Club deBaloncesto San Cibrao impúxoseno partido de consolación aoXinzo de Limia. Estes catro equi-pos son rivais tamén na Liga Pro-vincial deste deporte. No descan-so houbo actuacións dos nenos enenas que participan nas clasesde baile que organiza o Concello.

Un dos acontecementos deportivos doano foi a participación do Polígono CF nafinal da Copa Deputación de fútbol. Moi-tos afeccionados achegáronse ata ocampo do Couto para animar aos xoga-dores que adestra Miguel Sotelo. Aofinal, a victoria foi para o Arenteiro por1-0, pero o feito de chegar á final des-pois de superar varias eliminatorias xasupuxo un éxito para o noso equipo dePrimeira Autonómica, como reflicte aimaxe dos xogadores e cadro técnico edirectivo despois de recibir o trofeo desubcampión.

Desde os primeiros días de outubro xa están enmarcha as actividades para nenos e nenas que sedesenvolven no Polideportivo do Concello e naBiblioteca Municipal. Continúan todos os venreslaborables as clases de Xadrez, para xóvenes empa-droados en San Cibrao das Viñas de 6 a 18 anos. Éunha actividade na que colabora a Deputación e quetivo un bo éxito durante o pasado curso (na imaxe,os participantes cos diplomas acreditativos xuntoao alcalde e representantes do organismo provin-cial). Tamén hai clases de fútbol-sala con dous gru-pos por idades: de 4 a 7 e de 8 a 12 anos, dous díasá semana; e de baile, tamén distribuídos segundo ograo de madurez, todos os venres no PolideportivoMunicipal.

Page 15: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Páx

ina

15

Un concello, San Cibrao das Viñas, que é o motor industrial e laboral da pro-vincia, pero que conserva aínda as súas raíces rurais e que o fan especial-mente atractivo para percorrer a pé ou en bicicleta. A Andaina de SanCibrao das Viñas tivo o pasado 18 de setembro un itinerario único de 17,9quilómetros, de dificultade media e configuración circular con saída e che-gada á Boutureira, despois de pasar por Vilanova, Outeiro Calvo, San Cibraodas Viñas, Rante, Currás e A Torre.

A elite atlética galega e os afeccionados, en xeral, teñen o próxi-mo 11 de decembro unha cita en San Cibrao das Viñas nunha novaedición da Carreira Popular: será a 15ª dunha proba xa clásica nocalendario galego e o 3º Campionato Provincial de 10 quilómetrosen ruta, por estradas de Ponte Noalla e Reboredo. Agárdase a

asistencia duns 850 deportistas, nas distintas categorías, desde 2anos ata os máis veteranos. A carreira longa, segundo as previ-sións da comisión organizadora, contará con máis de 600 atletas.O Concello de San Cibrao das Viñas dispón da colaboración devarias firmas comerciais que aportan diferentes agasallos.

Page 16: Revista municipal San Cibrao das Viñas€¦ · visto”, e visita do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao expositor do Con-cello de San Cibrao das Viñas en Expourense.

Edita: Concello de San Cibrao das ViñasImprime: RODI Artes Gráficas S.L.

Dep. Legal: OU-16/98

Moitos dos veciños e veciñas que partici-paron nesta viaxe a Asturias xa estiverontamén en anteriores excursións organiza-das polo Concello de San Cibrao dasViñas. Uns foron para coñecer novos luga-res e outros, polo bo ambiente que se res-pira. O alcalde, Pedro Fernández, quetamén viaxou por terras asturianas, consi-dera que "é un acerto e unha iniciativa queo Concello quere continuar no futuro".

Asturias foi, do 30 de setembro ao 2 de outubro, o destinoda excursión que organiza desde hai varios anos o Concellode San Cibrao das Viñas. Máis de 50 persoas viaxaron duran-te tres días para coñecer vilas costeiras como Navia e Las-tres, a conca mineira do Nalón, a comarca da sidra e as prin-cipais cidades asturianas. En Avilés visitaron o casco históri-co e o Centro Cultural Oscar Niemeyer; en Oviedo, a literariaVetusta de Clarín, a catedral, a Gascona, as rúas cheas deestatuas e o campo de san Francisco; por último, en Gijón,visitaron o porto e a dársena e a impresionante UniversidadeLaboral, o edificio máis grande de España.

A excursión anual que organiza o Concello de San Cibrao das Viñas é unha

oportunidade para coñecer lugares de interese con atractivos turísticos,

culturais ou arquitectónicos. En 2016 o destino elixido foi Asturias.