Post on 29-Jan-2018
Temos máis de dous meses por diante para un ben merecido
lecer. Merecerán algúns libros que os leamos?
Desde a nosa Biblioteca coidamos que si.
É máis; coidamos que hai abondos libros que saúdan con
alegría a chegada do verán, pois así serán abertos e as súas
páxinas recibirán dous agasallos: o relax co que se pasan as súas
páxinas e a calor coa que os nosos ollos as percorren.
Coas seguintes recomendacións desexámosvos un verán cheo de descanso e pracer (tamén pola
lectura).
Lembrade que podedes levar ATA 3 LIBROS
durante o verán, e que non teñen
por que estar incluídos nas
nosas recomendacións.
E non esquezades que os debedes
coidar moi ben e que os tedes que
TRAER DE VOLTA NOS
PRIMEIROS DÍAS DE SETEMBRO.
El portal del cuervo, de Anthony Horowitz
La alucinante aventura de un muchacho, Matt
Freeman, que tiene poderes especiales y se ve obligado a luchar por su salvación y
la del mundo entero.
¡Vaiche boa!, de Paul Jennings
Unha serie de relatos curtos de ton fantástico que enganchan o lector desde a primeira ata a
derradeira páxina.
Contos populares
Dentro da narrativa, a tradición oral de relatos
breves é moi rica en Galicia. Coa lectura destes contos
podemos achegarnos á imaxinación popular dos
nosos antepasados e gozar coas súas creacións.
Una cuestión de vida y muerte o algo así, de Ben
Stephenson
Arthur Williams es un muchacho de 10 años con
una situación familiar compleja. Un día encuentra en el bosque un diario y…
su vida se vuelve del revés.
El mar de los hombres libres, de Andrés Vidal
Ésta es la historia de Christophe Marchand: corsario y soldado de Napoleón, vio su
vida marcada por un amor imborrable. Novela histórica,
de aventuras y romántica, todo en uno.
Falando Claro, de Pepe Sendón
Neste libro coñecemos a historia vital de Claro José Sendón
Lamela, un rapaz de Louro que abrazou o ideal anarquista e foi
polo mundo adiante coa intención de difundila e
defendela.
Poetas galegos do século XX, de Luciano Rodríguez
(ed.)
Este volume é unha fermosa invitación a coñecer e
apreciar a creación poética galega do século XX, que de certo merece máis atención
da que se adoita darlle.
Art Déco. Pintura y diseño
Imprescindible capítulo de la historia de las artes
aplicadas, el Art Déco es objeto en este libro de un
análisis ameno, sobre todo gracias a sus bien elegidas
ilustraciones.