Post on 03-Jul-2015
description
Con moita ilusión e curiosidade fixemos unha plantación de varios legumes, ademais dun allo e unha pataca.
Que sae dunha semente?
Ó cabo duns días, comezaron a saír folliñas verdes moi pequenas que pronto se convertiron nunhas plantas que botaron flores, e máis tarde nos froitos que veredes.
Nós e a plantación
Estas son as patacas
1º Botaron follas e raíces moi longas.
2º Pouco a pouco empezaron a crecer e a engordar as patacas. Contamos ata 5.
Estas son as lentellas
Medradron moi rápido e moi bonitas. Botaron flores e vaíñas pequerrechas.
Estes son os fabóns
Creceron moi rápido e moito. Logo de botar flores saíulle unha vaíña que medrou, medrou e medrou ata quedar así como vedes!
Estas son as fabas
2º Dunha das flores creceu unha vaíña estreita, verde e longa que conservou a flor moito tempo.
1º A plantiña saiu da terra deixándonos ver no talo a semente da que nacera.
Estas son as fabas (2)
3º Logo esta vaíña foi engordando e crecendo ata que secou na planta.
POR FIN...
OS FROITOS
Nenos e nenas de 1º de EP do CEIP de Ponte Sampaio (curso 2011-12)