Que hai no universo

Post on 23-Jun-2015

169 views 0 download

description

Definición de conceptos básicos do Universo. 5ª E.P.

Transcript of Que hai no universo

Que hai no universo?

Estrelas: grandes esferas de gases, moi quentes, que emiten luz e enerxía térmica.

O Sol, a estrela máis próxima á Terra.

Nebulosas: enormes nubes de gas e po.

Galaxias: son grandes agrupacións de millóns de estrelas e nebulosas.

Planetas: corpos rochosos ou gasosos de forma esférica. Non emiten luz propia e

xiran arredor dunha estrela.

Planetoides: teñen forma esférica máis ou menos irregular, e menor tamaño que os

planetas.

Satélites: son corpos de diverso tamaño que xiran ó redor dun planeta.

Asteroides: corpos rochosos que poden xirar ó redor dunha estrela, dun planeta, ou viaxar polo espazo.

Cometas: son bólas de xeo, cuxas colas de vapor de auga brillan ó pasar polas proximidades das

estrelas.