Picea, abeto vermello

Post on 15-Apr-2017

280 views 4 download

Transcript of Picea, abeto vermello

Picea

Xénero Picea Unhas 35 especies. Árbores de porte piramidal de entre 20 e 60 metros de altura.

CLASEpinopsida

ORDEpinales

FAMILIApináceas

As follas, illadas, son planas ou de sección cadrada e puntiagudas. As piñas longas, colgantes, non se desfán ao madurar.

Abeto vermello

picea comúnPicea abiesPicea común

Norway spruceépicéa commun

Espruce da Noruega

Árbore de folla persistente orixinaria de Europa, desde os países nórdicos ata os Balcáns. Pode acadar unha altura de 70 m.Forma bosques en altitudes superiores aos 800 msnm.

TALOToro dereito coas ponlas horizontais, agás na parte alta que son ascendentes. A tona é de cor parda avermellada e escámase coa idade.

FOLLASAciculares, de sección transversal cuadrangular, de 1 a 2,5 cm de lonxitude, ríxidas e agudas, dispostas en espiral, e de cor verde escura brillante.

Follas da variedade enana glauca

FLORESEspecie monoica, con conos separados presentes no mesmo individuo.Os conos masculinos aparecen nas ponlas do ano anterior. Son de cor amarela-laranxa de 15 a 25 mm.Os conos femininos aparecen nas xemas terminais. Nun comezo son erectos, de 20 a 40 mm, de cor vermella ou verde.

CONOS (PIÑAS)Colgantes, de forma ovoide, alongadas, duns 10-18 cm de lonxitude, con escamas rómbicas, de cor castaña ao madurar (despois de 5 a 7 meses da polinización). Abren para soltar as sementes e caen no inverno.As sementes son negras de 4-5 mm de lonxitude, cunha á marrón clara de 15 mm.

USOSA madeira é de cor crara, doada de traballar e cun fino acabado. Emprégase para construcción, ebanistería, instrumentos musicais...É costume usala como árbore de Nadal.

Coñécense máis de 60 variedades de picea de uso ornamental, algunhas moi valoradas.

"Gregoryana" variedade enana de forma esférica.

"Nidiformis" de copa ancha e aberta, medra ata 3 m de altura.

Pazo-Mosteiro de San Lourenzo(Santiago de Compostela)-2,46 m de perímetro. Pazo de Mariñán (Bergondo)

Parque Caldas de Reis (Caldas de Reis)

Alameda de Santiago de Compostela

-1,98 m de perímetro. -2,36 m de perímetro.

Castelo de Soutomaior

Picea Old Tjikko (Dalarna, Suecia). Considérase a árbore viva de máis idade no mundo. En abril de 2008 científicos da Universidade de Umeå (Suecia) descubriron un exemplar de Picea cun sistema de raíces de 9.550 anos de antigüidade. A lonxevidade da picea débese á súa capacidade para se clonar a partir das reservas da raíz, á adaptación aos cambios climáticos, evolucionando de árbore a arbusto.

«Old-Tjikko-2011-07-19-001» de Karl Brodowsky - Trabajo propio. Disponible bajo la licencia CC BY 3.0 vía Wikimedia Commons -

MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet

Agosto 2015