O picudo vermello das palmeiras

6
11 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DOMAR yal1c1a O PICUDO VERMELLO DAS PALMEIRAS

Transcript of O picudo vermello das palmeiras

Page 1: O picudo vermello das palmeiras

11 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DOMAR

yal1c1a

O PICUDO VERMELLO DAS PALMEIRAS

Page 2: O picudo vermello das palmeiras

O PICUDO VERMELLO DAS PALMEIRAS Rhynchophorus ferrugineus

CICLO BIOLÓXICO

En climas mornos o picudo necesita de 3 a 4 meses para completar o seu ciclo dende ovo a adulto, presentando unha media de tres xeracións por ano.

O tempo que tarda en eclosionar o ovo é variable de­pendendo da temperatura, de 3 a 5 días. As larvas emerxidas evolucionan nos distintos estadias durante o período comprendido entre os 45 a 60 días, ata alcanzar o seu máximo desenvolvemento, a partir do cal inician a ninfosis que dura unhas tres semanas.

CICLO BIOLÓGICO (Duración eid o: 3 a 4 mese~) :

-Huevo a Sdf.l'õ

l Oa ctm Pupa ~ --

Os machos emerxidos realizan galerías de alimentación e emiten unha feromona de agregación que facilita a copulación. As femias, unha vez fecundadas, realizan na base das palmas unha serie de galerías mixtas, de alimentación e posta. A vida media dos adultos é duns dous meses.

Os adultos que emerxen permanecen ao redor da pal­meira afectada e a pesar de poder voar, non adoitan abandonala ata que se atopa totalmente seca ou podre­cida sen tecido vexetal que lles poida servir de alimento. No entanto, a súa capacidade de voo sitúase entre os 3 a 5 km.

BIOLOXÍA

O picudo vermello das palmeiras é un coleóptero da familia dos curculiónidos que se desenvolve no interior da palmeira podendo coexistir ao mesmo tempo o seu catro estados: ovo, larva, pupa e adulto.

Ovo: miden entre 1 a 2,5 mm, son de cor branca brillan­te, lisos e de forma avalada. Unha femia pode chegar a depositar entre 300 a 400 ovos nos tecidos brandos (fe­ridas recentes, zonas de crecemento, cortes de poda, .. . )

Page 3: O picudo vermello das palmeiras

Larva: de coloración esbrancuxada ao desenvolverse adquiren unha tonalidade máis escura con tonalida­des crema ou amarelada - alaranxada. O corpo ten forma piriforme, de aspecto repoludo e sen patas. A súa cabeza é de cor marrón avermellada, fortemente quitinizada, con potentes mandíbulas.

As larvas atópanse sempre no interior da palmeira da que están alimentándose podendo alcanzar un tamaño de até 5 cm.

Pupa: Unha vez finalizado o desenvolvemento lar­vario a propia larva tece unha pupa con fibras da palmeira que empregan para alimentarse. Estes lo­calízanse preferentemente na base das palmas. As pupas teñen unha forma cilíndrica e ovalada alcan­zando un tamaño de 4 a 6 cm e son facilmente visibles ao observar as palmeiras atacadas.

Os danos orixinados por este insecto son os pro­ducidos polas larvas ao alimentarse no interior da palmeira. Os síntomas visibles nas palmeiras afecta­das non aparecen até pasados varios meses desde a colonización . En moitas ocasións, cando se detectan estes síntomas a palmeira xa se atopa nun avanzado estado de infestación.

Algúns dos síntomas poden observarse nas follas novas centrais pouco desenvolvidas, con parte dos foliolos comidos e aspecto decaído. As follas afec­tadas amarelan, se murchan e desprenden con fa­cilidade. Mesmo pode observarse na base das follas galerías realizadas polas larvas ou presenza de pupas, individuos adultos e restos de fibra prensados.

Adulto: é un insecto de gran tamaño (de 2 a 5 cm de lonxitude), de coloración marrón oxidado con man­chas negras e cun rostro alargado en forma de pico.

Page 4: O picudo vermello das palmeiras

Cando os danos afectan á xema api­cal da palmeira, único punto de cre­cemento da mesma, dá lugar á morte do exemplar. En infeccións avanzadas, prodúcese un desprendemento comple­to do penacho da palmeira. Os danos producidos polas larvas poden chegar a afectar mesmo á base da palmeira, observándose galerías, larvas e botóns na cachopa da mesma.

Na palmeira datileira tamén poden ob­servarse os síntomas nos brotes, que son vía de entrada do insecto. Outros síntomas son os orifícios de saída dos adultos e exudación viscosa de cor aver­mellada no tronco, un forte cheiro e mesmo o ruído producido polas larvas ao alimentarse.

MÉTODOS DE CONTROL

• Arranque e destrución das palmeiras afectadas: no caso de exemplares fortemente atacados e que resulte inviable calquera tipo de tratamen­to, proceder ao arranque ou corte e destrución.

• Tratamentos fitosanitarios: Poderanse aplicar tratamentos químicos nas proximidades inme­diatas para impedir a propagación do organismo durante as operacións de destrución e trata­mentos apropiados ás plantas sensibles infes-

Táboa de produtos fitosanitarios autorizados

tadas. Os tratamentos fitosanitarios utilizados contra Rhynchophorus ferrugineus Olivier en palmeiras teñen carácter preventivo, xa que os tratamentos curativos estudados até agora non son efectivos, e as materias activas son as au­torizadas polo Ministerio de Medio Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que se indican na seguinte táboa:

Abamectina 1,8% EC

Azadiractin 3,2% EC Clorpirifos 48% EC

Fosmet 50% WP

SUSTANCIAS ACTIVAS Y FORMULADOS Fosmet 45% CS

lmidacloprid 20% SL

lmidacloprid 20% OD

lmidacloprid 24% OD Tiametoxam 25% WG

ORGANISMOS DE CONTROL BIOLÓGICO Steinernema carpocapsae (Weiser)

Page 5: O picudo vermello das palmeiras

RECOMENDACIÓNS DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS . PARA O CONTROL DO PICUDO VERMELLO

DAS PALMEIRAS

Rhynchophorus ferrugineus

' A aplicación de produtos fitosanitarios debe reali­zarse atendendo ás indicacións ou advertencias que figuren nas etiquetas e cumprindo cos requisitos establecidos pola normativa vixente en función das categorías ou clases de perigosidade dos produtos fi­tosanitarios e respectando o ámbito de autorización.

Dadas as variacións que se producen con frecuencia no Rexistro de Produtos Fitosanitarios recoméndase consultar as autorizacións e as condicións de uso na páxina web do Ministerio de Agricultura, Alimenta­ción e Medio Ambiente antes de realizar os trata­mentos. Os produtos actualmente autorizados son os que se indican na táboa de produtos fitosanitarios autorizados.

A aplicación do produto deberá realizarse a chorro, con caudal baixo, sobre o cogollo e parte superior do tronco, con abundante caldo para que penetre ben nas galerías interiores que o insecto puidera ter realizado na palmeira.

Recomendación de tratamento en base a produtos fitosanitarios (baseadas nas experiencias de Cataluña):

Hai que empapar ben as partes afectadas, aplicando abundantemente o caldo insecticida sobre o cogollo, de maneira que alcance e se deposite nas axilas das vainas, é dicir, nas insercións das follas, xa que é o lugar onde se fai a posta e se forman, en xeral, as primeiras galerías. Os gastos de mestura de produto por palmeira e tratamento será de 15 a 20 litros.

a) Tratamentos preventivos en palmeiras non afectadas: recoméndanse 3 tratamentos anuais: x F Mz 1 Ab Ma Xñ XI 1 Ag s o N D

Tratamento 1º 2º 3º

Sust. activa Clorpirifos 48% EC lmidacloprid 20% Clorpirifos

SL 48% EC

b) Tratamentos en palmeiras con síntomas ou recuperadas despois dun tratamento de choque: x F Mz 1 Ab Ma 1 Xñ XI 1 Ag s 1 o N D

Tratamento 1º 2º 3º 4º 5º

Sust. activa Clorpirifos lmidacloprid Clorpirifos 48% lmidacloprid Clorpirifos 48% EC 20% SL EC 20% SL 48% EC

c) Tratamento de choque en palmeiras afectadas: Momento de efectuar o tratamento Sustancia activa

1 ºtratamento: inmediatamente despois da detección Clorpirifos 48% EC 2° tratamento: 15 días despois de efectuar o primeiro Clorpirifos 48% EC A partir dos dous meses do segundo tratamento aplicaríase o establecido no punto b).

Page 6: O picudo vermello das palmeiras

Recomendación de tratamento integrado alternando produtos fitosanitarios e tratamentos biolóxicos (baseadas nas experiencias de Andalucia, Valencia e Murcia):

a) En palmeiras da zona demarcada pero sen sín­tomas visuais nin mecánicos: recoméndase aplicar cada 45 días os seguintes tratamentos, en función da época do ano:

• Dende Outubro a Maio: unha aplicación median­te baño do cogollo da palmeira con nematodos entomopatóxenos Steinernema carpocapsae en dose de 1 millón de nematodos por litro.

• Dende Xuño a Setembro: unha aplicación me­diante baño con lmidacloprid ou outro produto autorizado.

O volume de caldo a aplicar por palmeira depende­rá do tamaño da mesma. Se ten máis de 1,5 m de altura de estípite, o volume aproximado estará entre 2-3 litros. O punto de aplicación debe ser o máis próximo posible ó centro do cogollo, facilitando a impregnación de toda a masa de inserción das follas.

b) En palmeiras con síntomas visuais ou mecánicos: recoméndase aplicar cada 45 días os seguintes tra­tamentos, en función da época do ano:

• Dende Outubro a Maio: unha aplicación median­te baño do cogollo da palmeira con nematodos entomopatóxenos Steinernema carpocapsae en dose de 1 millón de nematodos por litro, e apli­carase endoterapia na palmeira, mediante inxec­cións a baixa presión con lmidacloprid.

• Dende Xuño a Setembro: unha aplicación me­diante baño con lmidacloprid ou outro producto autorizado e aplicarase endoterapia na palmeira, mediante inxeccións a baixa presión con lmida­cloprid.

Unha palmeira require unhas 4 ou 5 inxeccións, co­locadas a unha distancia máxima de 1,5 metros da valona. En palmeiras de menos de un metro de estí­pite, non será necesario aplicar inxeccións.

Uso de nematodos entomopatóxenos

Steinernema carpocapsae é un nematodo que se mostrou moi eficaz no control do picudo vermello. Trátase dun organismo microscópico que parasita as formas vivas de Rhynchophorus ferrugineus, sendo unha alternativa aos insecticidas químicos, tanto de forma preventiva como curativa .

Os nematodos son organismos que se desenvolven en ambientes húmidos como o solo. Os tratamen­tos contra o picudo vermello nas palmeiras requi­re a aplicación en zonas aéreas ás que non están adaptados, o que obriga a unhas condicións de uso especiais:

• A aplicación dos nematodos debe realizarse nas primeiras horas da mañá e últimas da tarde, evi­tando as horas de calor e alta radiación solar.

• Aplicaranse mediante sistema de bombeo a baixa presión (menos de 2 atmosferas), sendo necesaria a eliminación dos filtros existentes nos condu­tos por onde teña que circular a solución con nematodos.

• Hai que ter en conta que os nematodos deben almacenarse a unha temperatura de 2 a 6 ºC e que é un preparado con data de caducidade.