Post on 06-Jul-2020
Paseando polo poboado da
Idade de Bronce que recons-
truíron en Campo Lameiro.
Metímonos dentro da casa
máis grande do poboado.
Pénsase que era a que utiliza-
ban para facer algún ritual ou
para realizar as reunións da
xente da aldea.
Vendo o petróglifo que fixeron os
arqueólogos do Parque. Este pódese
tocar e pisar. O resto xa non, porque
están protexidos; fixéronse hai uns
4.000 anos a. C.
O
Estes petróglifos xa pertencen á Prehis-
toria. Non se podían pisar nin tocar!!
Os guías explicáronnos o significado dos
gravados que aparecían nas rochas de
granito. Canto aprendemos!
Explicáronnos a diferenza entre o barro e a cerámica. Agora entendemos por que as paredes das
casas dos poboados da Prehistoria non sobreviviron ao paso do tempo.
Tamén houbo tempo para gozar da co-
mida todos xuntos dentro da cafetería.
Despois xogamos ao escondite dentro
do labirinto. O símbolo do labirinto tan
frecuente nos petróglifos inspirou a
construción deste.