Os Estados do mundo

Post on 02-Jul-2015

509 views 7 download

Transcript of Os Estados do mundo

OS ESTADOS DO OS ESTADOS DO MUNDOMUNDO

INDICE• 1.-O Estado:

– 1.1.-Definición– 1.2.-Compoñentes: Territorio, Poboación e Poder do Estado.2.-A diversidade dos Estados3.-Funcións do Estado4.-Estado democrático e Estado ditatorial5.-Estados laicos, confesionais e teocracias.6.-Monarquía e Republica7. Organización do Estado8. Relacións entre os Estados9. Organizacións territoriais

Definición de Estado• E a unidade política e administrativa superior que

rexe un territorio e todos os seus habitantes están sometidos a súa autoridade. Ten:– Fronteiras claras– Poboación que se rexe polo mesmo goberno e

leis.– Identifícanse co himno, bandeira, capital e

moeda.• Nación é o conxunto dos cidadáns dun Estado.

Compoñentes do Estado• TERRITORIO: o territorio esta delimitado por

unhas fronteiras que o diferenzan dos demais.• POBOACION: é o conxunto de cidadáns dese

Estado que teñen uns dereitos e obrigas. • PODER DO ESTADO: O Estado dita un conxunto

de leis que deben ser obedecidas por todas as persoas e organizacións dese Estado. E crea institucións para que se cumpran as decisións do Estado.

DIVERSIDADE DOS ESTADOS

• Na actualidade o mundo está formado por 200 Estados e diferéncianse no tamaño, poder, historia, etc.

FUNCIÓNS DO ESTADO• Manteñen a orden Pública• Defenden o territorio• Establecen relacións internacionais

(embaixadores)• Elaboran as leis.• Proporcionan servizos.• Regulan a Economía

O ESTADO DO BENESTAR

• Dicimos que é un Estado de Benestar, tamén chamado Estado Social, cando os gobernos interveñen na economía da sociedade co fin de lograr que todos os cidadáns teñan un nivel de vida digno e se reduzan as desigualdades sociais. (Educación, Saúde, subsidios, salarios mínimos…)

ESTADO DO BENESTAR: ideoloxía liberal e ideoloxía

social• IDEOLOXÍA LIBERAL: opinan que os

Estados deben intervir na economía e na sociedade só para acabar cos casos máis extremos de pobreza e desigualdade. Para eles cando menos interveña o Estado mellor pois así eles cren que se xenera máis emprego e a sociedade é máis libre.

ESTADO DO BENESTAR: ideoloxía liberal e ideoloxía

social• IDEOLOXÍA SOCIAL: defenden que

o Estado debe intervir activamente na maior parte dos problemas sociais e económicos porque consideran que se non se fai así as desigualdades acrecéntanse.

ESTADOS DEMOCRÁTICOS

• Democracia = goberno do pobo (demos=pobo, Kratos=goberno). – Os cidadáns deben participar nas decisións

mediante as eleccións e o voto.– Separación de poderes: Parlamento=poder

lexislativo; Goberno=poder executivo; Xuíces=poder xudicial.

– Estado de Dereito: as leis deben ser respectadas e hai unha máxima que é a Constitución onde se recollen os dereitos e deberes dos cidadáns.

ESTADOS DITATORIAIS

• Nas ditaduras unha persoa o grupo (exército, grupo étnico, dirixentes relixiosos…) concentran nas súas mans todos os poderes do Estado. En moitas ocasións chégase a el por UN GOLPE DE ESTADO ou REVOLUCIÓN, tomando o poder pola forza. As características:– Os cidadáns non participan de ningún xeito no goberno.– O goberno non respecta máis leis que as que el dita.– Non existen institucións que defendan aos cidadáns.– Ás veces hai falsas democracias pois os gobernantes

convocan eleccións pero están amañadas.

ESTADOS LAICOS, CONFESIONAIS E

TEOCRACIAS• Estado Laico: hai separación entre o Estado e a

Igrexa e as leis non se basean nunha doutrina relixiosa e pódese profesar a relixión que se queira.

• Estado confesional: existe unha relixión que goza de amplos privilexios e neles está permitida a práctica doutras relixións.

• Estado teocrático: existe unha relixión oficial e os libros sagrados convértense na lei e o resto das relixións están prohibidas.

MONARQUÍAS E REPÚBLICAS

• MONARQUÍA: son os Estados en que o xefe do Estado é un rei. Poden ser democracias ou ditaduras pero o rei non se escolle o seu cargo é por dereito.

• REPÚBLICAS: o xefe do Estado é un presidente. Tamén poden ser democracias ou ditaduras.

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL DO

ESTADO• O Estado organízase en unidades

territoriais:– Municipios– Provincias– Comunidades AutónomasTodas elas coas súas institucións.

TIPOS DE INSTITUCIÓNS DE

GOBERNO• Institucións estatais, son as que

teñen poder de impor as súas decisións en todo o territorio do Estado.

• Institudcións rexionais e locais só poden impor as súas decisións no ámbito territorial.

ESTADOS CENTRALIZADOS

• Nos estados centralizados as institucións locais e rexionais dependen das institucións estatais. Os alcaldes teñen poucas competencias e os funcionarios son escollidos pola administración central.

ESTADOS DESCENCENTRALIZADOS• As rexións teñen institucións propias.• O Estado mantén o poder máximo. Existen unhas

leis comúns para todos os territorios e as institucións estatais continúan tendo autoridade en todo o Estado.

• Os municipios e máis as rexións contan, en cambio, con amplos poderes nos seus territorios.

• Nas Constitucións dos Estados descentralizados defínense as materias sobre as que as institucións rexionais teñen competencia ou poder.

AS RELACIÓNS ENTRE OS ESTADOS

• As relacións entre os Estados realízanse por medio de:– Tratados– Pactos– Convenios

• As veces os conflitos entre Estados é debida a razóns económicas e militares.

ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS

• As organizacións internacionais son asociacións que os Estados crearon voluntariamente para tratar cuestións de interese común e adoptar decisións sobre eles.

• ONU de alcance mundial (dentro dela está a FAO, UNESCO, OMS, OIT).

• UE, Liga Árabe, Organización dos Estados Americanos. Agrupan a unha serie de países.

• OTAN: organización militar• OPEP: organización económica

PARA O EXAME HAI PARA O EXAME HAI QUE SABER SITUAR OS QUE SABER SITUAR OS

PAÍSES DO MUNDOPAÍSES DO MUNDO