Os problemas do Ártico

11
O ÁRTICO: UN ATRACTIVO EMPRESARIAL QUE PON EN PERIGO A SÚA PERSISTENCIA

Transcript of Os problemas do Ártico

O ÁRTICO: UN ATRACTIVO EMPRESARIAL QUE PON EN PERIGO A SÚA PERSISTENCIA

O ártico é a área arredor do Polo norte da Terra. Inclúe partes de Rusia Alaska, Canadá, Groenlandia,Islandia, a rexión de Laponia, en Suecia,Noruega, Finlandia e as Islas Svalbard así como do Océano Ártico.

Os problemas do Ártico• É a zona máis vulnerable do

planeta aos cambios climáticos e a máis mínima alteración pode causar danos irreparables. Ao fundirse o xeo, deixa paso á auga, que, no canto de reflectir a luz solar, absórvese e isto provoca a fundición de máis xeo, calcúlase que para o ano 2040 estará libre de xeo (algúns outros expertos din que para o 2070).

Intereses enerxéticos• Estímase que nesta

zona existen grandes reservas enerxéticas de petróleo e gas (estímase que o 25% das reservas descoñecidas de petróleo e gas están debaixo destas augas)

•e de minerais como ouro, diamantes e outros recursos naturais.

Paso marítimo

• Isto abriría unha vía de navegación permanente polo norte e isto sería clave para países como EE.UU debido aos seus tratados comerciais. O paso do Noroeste é unha das zonas con maior interese por parte dos países implicados.

Un territorio en disputa• Actualmente é un

territorio en disputa, tradicionalmente era considerado alta mar. Non é de ninguén pero tampouco son augas internacionais. Durante a guerra fría era de gran interese xa que supuña unha zona magnífica para lanzar mísiles entre EE.UU e a URSS.

Situación preocupante• A Convención sobre o Dereito do Mar da ONU

establece que países con saída ao mar teñen dereito a estender a súa soberanía até 200 millas desde a costa. Este límite pódese ampliar si algunha nación demostra que a súa plataforma continental esta mais alá desa distancia. A Lei do Mar establecía un prazo para que, a partir de 2009, os países pedisen estender esas 200 millas.

• Hoxe en día, os países árticos están en disputa por este territorio onde os intereses principais son reflectidos a longo prazo.