Post on 21-Jan-2019
Onomástica (toponimia e
antroponimia)
Ana Isabel Boullón Agrelo
GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO
2018/2019
FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
AUTORA: ANA ISABEL BOULLÓN AGRELO
Edición electrónica. 2018
ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.
1
1. Datos descritivos da materia
Nome Onomástica (toponimia y antroponimia)
Código G5051341
Tipo: Optativa
Titulación: Grao en Lingua e Literatura Galegas
Curso: 3º
Centro: Facultade de Filoloxía
Créditos: 6 ECTS
Semestre: 1º
Lingua nas aulas: Galego
Profesora: Ana Isabel Boullón Agrelo (ana.boullon@usc.es) (despacho 220).
Titorías: Mércores: 11-14, xoves, 10-11, venres, 12-2 (primeiro cuadrimestre).
2. Sentido da materia no perfil da titulación
Esta é unha materia optativa incluída na modalidade Maior plus, que ten como
finalidade completa-la formación recibida no Maior. Desde o punto de vista lingüístico,
a onomástica pode considerarse como unha póla do léxico, pois tódolos elementos
onomásticos foron extraídos nalgún momento do conxunto do léxico común. Agora ben,
ten implicacións directas coa dialectoloxía (o que se ve de maneira moi evidente no caso
da toponimia, pero tamén cos apelidos), coa historia externa da lingua (pois
historicamente a onomástica (tanto a toponimia coma os nomes persoais e os apelidos
sufriron moi directamente os condicionantes polos que atravesou a lingua en xeral e, por
outra parte, a imposición dos nomes persoais é froito das circunstancias sociais), coa
historia interna (será necesario coñece-los testemuños onomásticos desde a Idade Media
ata agora, así como as evolucións fonéticas e morfolóxicas), coa morfoloxía (participa
de características do léxico xeral, amais de ter outras propias) e coa estandarización do
léxico (desde os últimos anos do século pasado estase procedendo á fixación da
toponimia e da onomástica persoal).
Trátase esta dunha disciplina que se caracteriza polo seu carácter multidisciplinar (pois
interesa á historia, á demografía, á vertebración do territorio, á xenealoxía, ó
movemento das poboacións, etc.), e que aquí se abordará fundamentalmente pola súa
vertente lingüística, tendo en conta as diversas facetas anteditas.
2
A seguir, represéntase nun diagrama as principais correlacións coas diferentes materias
do grao.
3. Obxectivos e competencias
Os obxectivos principais son coñecer a xeración e desenvolvemento dos sistemas
onomásticos e adquirir coñecementos metodolóxicos para realizar un traballo de
recollida toponímica.
Como competencias xerais podemos indicar algunhas de tipo instrumental (pois terán
que utilizar ordenadores e diversos corpora en internet, exercitar a súa comunicación
verbal e a escrita na redacción e exposición dos seus exercicios), sistémicas (pois
demostrarán a súa creatividade e os seus estándares de calidade na realización dos seus
traballos individuais) e interpersoais (pois terán que actuar cos seus compañeiros na
exposición pública dos traballos e fomenta-las habilidades sociais ó faceren as enquisas
toponímicas).
4. Contidos
1. Conceptos básicos de onomástica
2. Conformación e desenvolvemento do sistema toponímico e do sistema
antroponímico
3. Aspectos sociolingüísticos: deturpacións, cambios, estandarización
4. Métodos de investigación toponímica (fontes, enquisa, interpretación)
Morfosintaxe histórica da lingua galega
Onomástica
Historia da lingua galega
Planificación e normalización lingüística
Fonética e fonoloxía históricas do galego
(Maior plus)
Dialectoloxía galega
Sociolingüística galega
Léxico e terminoloxía
Léxico e terminoloxía do galego
3
Conceptos básicos de onomástica
Posición da disciplina na lingüística
Clasificación
Aproximación bibliográfica
As fontes
A conformación do sistema onomástico en Galicia
1. Trazos fundamentais da toponimia galega
2. A conformación do corpus antroponímico: a Idade Media
3. A consolidación definitiva do nome complexo, a influencia da igrexa católica e a
castelanización (ss. XVI a XX)
Onomástica
Antroponimia
Oficial
Nomes
Apelidos
Non oficial
Alcumes
Hicoporísticos
Nomes de casa
nicks
Toponimia Os outros
nomes
Nomes de empresa
(brandnames)
Nomes de animais
Nomes de vacas
Nomes de mascotas
(pet names)
gatos
cans
.....................
barcos ...........
4
4. A situación actual: o marco legal dos nomes, dos apelidos e dos topónimos
5. A antroponimia non oficial (hipocorísticos, alcumes, nomes de casa, nicks).
Exercicios
1. Iniciación á investigación etimolóxica: na relación dos topónimos do concello
propio dispoñible no Nomenclátor de Galicia, localiza:
a. topónimos transparentes
b. topónimos de posesores e haxiotopónimos
c. topónimos prerromanos
2. Nos topónimos transparentes fai a clasificación semántica e identifica os
procedementos morfolóxicos na súa formación (maioritariamente, sufixos).
3. Recollida e investigación antroponímica (alcumes, nomes de casa, hipocorísticos,
nicks, enquisa sobre as motivacións nos nomes…).
Métodos de investigación toponímica
1. Coñecemento previo do territorio partindo da documentación existente
2. Enquisa de campo
3. Ficha de cada topónimo (transcrición fonética, tipoloxía xeográfica, información
suplementaria: etimoloxías populares, lendas…)
Propostas de clasificación semánticas dos topónimos
Tódolos estudios toponímicos se acercaron ó significado do especificativo propoñendo
clasificacións semánticas ou lóxico-semánticas. De seguido figuran algúns modelos
empregados en distintos estudios de toponimia peninsular (Marqués Balea 2003):
Terrado
(1999: 84)
García Arias
(1995: 61)
Trapero
(1995: 81-82)
Bernat Agut/Guardiola Noguera
(1995: 467-469, 505-506)
Vertentes
Chairas
Depresións
Elevacións
Cavidades
Orotoponimia
Litotoponimia
Elevacións do terreo
Depresións do terreo
Cavidades do terreo
Vertentes do terreo
Chairas
Topónimos definidores da forma de relevo Horizontalidade do terreo
Prominencias en xeral
Cimas e prominencias afiadas
Prominencias macizas
Outras prominencias. Prominencias menores
Depresións
Paredes verticais e paredes incli-nadas
Diferencia de altitude. Situación e tamaño
Exposición e orientación
Cursos de
auga
Masas de
agua
Mananciais e
pozos
Hidrotoponimia
Hidrónimos Augas correntes
Augas non correntes Murmullo, movemento,
temperatura e cor da auga
A intervención humana
Outros hidrónimos
5
Botánica Fitotoponimia
Vexetación e fauna A vexetación: termos xerais. Colectivos de
vexetación variada
As árbores: especies naturais, colectivos de
especies concretas
As árbores: especies cultivadas, árbores
froiteiras
Arbustos, plantas e herbas
Especies cultivadas de arbustos e
Fauna Zootoponimia
plantas
Animais en xeral: topónimos que se refiren ós
animais colectivamente e ás características
propias dos ani-mais
Mamíferos
Aves e paxaros
Outros animais
Hábitat
humano
Denominacións dos
núcleos de poboación
O home e as actividades humanas (1): O
corpo humano, hábitat e vías de
comunicación O home: o corpo humano, alimentación
A casa e as partes da casa
Agrupamentos ou núcleos de poboación
Partes de agrupamentos. Topónimos urbanos
Motivos afectivos das casas e agrupamentos
Outros edificios e construccións
As vías de comunicación
Pasos e pontes
Límites administrativos
Valoración
Valoración aspectual
do terreo (calidade,
estética, cronoloxía,
térmica, dimensión,
forma, tamaño)
Características do lugar. Outras
motivacións semánticas Forma e dimensión do lugar
Características visuais
Outras características sensoriais
Localización temporal
Situación xurídica, importancia
Obxectos ou elementos caracte-rísticos do
lugar
Efectos de fenómenos
Outros
Relación
antroponí-
mica
Antroponimia
Etnotoponimia
Haxiotoponimia
O home e as actividades humanas:
topónimos procedentes de antropónimos.
Expresión da propiedade Topónimos formados sobre nomes persoais
Topónimos formados sobre apelidos
Topónimos formados sobre apodos
Topónimos formados sobre xenti-licios
Propiedade dun título, cargo, dignidade
Expresión da propiedade mediante o oficio
Propietario colectivo
Relación
local
6
Ecotoponimia
Ergotoponimia
Cromotoponimia
Cor do terreo
Vías de
comunicación
Orientación e
posición do terreo
Peculiaridade das
formas do terreo
Denominación das
terras de cultivo
Composición e tipos
de terreo
Propiedade da terra
O chan. Composición do terreo As rochas e pedras en xeral
Clases de rochas
A terra
Outros terreos
O mundo cárstico
Outros topónimos relacionados coa
composición do chan
O home e as actividade humanas (2):
Topónimos procedentes de activades
productivas e de relacións sociais. Relacións institucionais e xurídicas
Topónimos relacionados coa agri-cultura
A gandería e o aproveitamento dos bosques
Metereoloxía
Industria e artesanía
Comercio e actividades sociais
Feitos históricos
A relixión
Outros
A toponimia Localización. Situación en relación a outros
lugares
Nomes que indiquen dirección, destino ou
procedencia
Relación de extensión ou inclusión
Relación de proximidade
5. Planificación temporal dos contidos e indicacións metodolóxicas
Nas aulas teóricas exporanse os contidos que proporcionarán as ferramentas básicas
para coñece-los sistemas onomásticos, a partir das fontes respectivas e das posibilidades
en internet. Ó longo da materia iranse propoñendo pequenos traballos de recollida e/ou
interpretación semántica e etimolóxica, que terán como culminación a realización dun
traballo sobre toponimia. As titorías personalizadas terán como obxectivo resolver
problemas metodolóxicas que se vaian presentando na realización deste traballo.
6. Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación será continua e terá en conta os seguintes aspectos:
Asistencia, participación nas aulas e realización dos exercicios encomendados para
o seu comentario na aula (70%)
Realización dun traballo obrigatorio que se acordará en cada caso de acordo coa
profesora. Algunhas propostas:
7
estudo antroponímico (histórico ou actual, de nomes ou apelidos, antroponimia
non oficial),
outros nomes (de animais, de barcos, de bares, etc.),
investigación etimolóxica dalgún concello,
onomástica literaria,
compilación da microtoponimia dunha área determinada nunha base de datos, a
súa organización e interpretación.
Avaliaranse, amais dos contidos, a estrutura (presentación, desenvolvemento,
conclusións, bibliografía), a calidade lingüística, a utilización dos materiais
bibliográficos e as convencións de ortografía técnica (30%)
A realización satisfactoria da avaliación continua poderá eximir os estudantes do exame
final. De tal maneira, estes coñecerán o resultado numérico da súa avaliación
previamente á realización do dito exame final, e terán a posibilidade de presentarse a el
de aspiraren a mellorar a cualificación recibida. Tanto na convocatoria de maio coma na
de xuño cumprirá presenta-lo traballo obrigatorio.
7. Bibliografía básica e complementaria
Xeral
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2008): “250b. Historia interna del gallego: onomástica”, en
Gerhard Ernst et al. (eds.): Romanische Sprachgeschichte: ein internationales
Handbuch zur Geschichte der romanischen Sprachen = Histoire linguistique de la
Romania: manuel international d’histoire linguistique de la Romania. Berlin / New
York: Walter de Gruyter, vol. 3, 3168-3177.
Santamarina, Antón (2005): “Viaxe pola onomástica galega”, A Trabe de Ouro 62
11-38.
Machado, José Pedro (1984): Dicionário Onomástico Etimológico da Língua
Portuguesa. Lisboa: Confluéncia, 3 vols.
Antroponimia
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2003): “Onomástica persoal”, en Silverio Cañada (editor):
Gran Enciclopedia Galega, vol. 33, 118-120.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007a): “A escolla dos nomes en Galicia a finais do século
XX”, en Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.): Actas do I Congreso Internacional
de Onomástica “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de
setembro de 2002. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica /
Instituto da Lingua Galega, 99-114.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007b): “Aproximación á configuración lingüística dos
apelidos en Galicia”, Verba 34, 285-309.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007c): “Farruco, Paco, Fran: datos históricos e
evolución dos hipocorísticos en Galicia”, Revista Galega de Filoloxía 8, 11-56.
Boullón, Ana (2008): “Galician and the Spanish Language in Twentieth-Century
Galician Personal Names”, Onomastica Canadiana 90, 1, 21-44.
8
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2009): “Sobre a estandarización da antroponimia: proposta
para os apelidos”, Boletín da Real Academia Galega 370, 117-152.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2017): “La antroponimia en Galicia en el siglo XVIII”,
Namenkundliche Informationen 109/110, 78-107.
Boullón Agrelo, Ana Isabel / Luz Méndez (eds.) (2017): Estudos de Onomástica Galega II. Os
nomes e os apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. Xornada de estudo, Pontevedra,
30 de setembro de 2017. Real Academia Galega.
<https://academia.gal/documents/10157/704901/Estudos+de+Onomastica+Galega+II_Os+n
omes+e+apelidos.pdf>
Ferro Ruibal, Xesús (dir.) (1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.
Méndez Ferrín, Xosé Luís (2007): Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo:
Xerais.
Tato Plaza, Fernando R. (1992): “Notas de onomástica a propósito dos alcumes en A
taberna do galo”, en Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro, vol. I. Santiago:
Universidade de Santiago de Compostela, 361-374.
Toponimia
Ares Vázquez, Nicandro (2012, 2013): Estudos de toponimia galega. A Coruña: Real Academia Galega. 2 vols. [Compilación dos seus estudos toponímicos publicados ata o momento]
Bascuas, Edelmiro (2002): Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Anexo 51 de Verba. Universidade de Santiago de Compostela: Santiago de Compostela.
Bascuas, Edelmiro (2014): Novos estudos de hidronimia paleoeuropea galega. Vigo: Universidade de Vigo.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (2010): “Toponimia de Galicia. Estado da cuestión”, en Mª
Dolores Gordón Peral (ed.): Toponimia de España. Estado actual y perspectivas de
la investigación. Berlin / New York: Walter de Gruyter, 31–58.
Boullón Agrelo, Ana Isabel (ed.) (2017): Estudar toponimia. Aproximacións metodolóxicas e interpretativas. Anexo 75 de Verba. Anuario Galego de Filoloxía. Universidade de Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións. [Conten: Antón Santamarina: A historiografía da
toponomástica na Romania 9; Paulo Martínez Lema: A clasificación semántica da toponimia 37;
Carlos Búa: Veigha: léxico e fonética da Galicia prelatina?. 57; Gonzalo Navaza: Toponimia miñorá:
Miñor, Nigrán, Gondomar, Baiona. 81; Antón Palacio Sánchez: Antropónimos en topónimos galegos
115; Gonzalo Hermo González: Achegas metodolóxicas para a investigación lingüística en;
toponimia medieval 137; Alba Nogueira López: O réxime xurídico da toponimia en Galicia:
distribución; competencial, organización e conflitos xudiciais .157; Bibliografía esencial da
toponimia galega169]
Cabeza Quiles, Fernando (2014): A toponimia celta de Galicia. Noia, A Coruña : Toxosoutos.
Ferro Ruibal, Xesús (ed.) (2016): Estudos de onomástica galega, Microtoponimia : experiencias de recolla, didáctica e documentación. Xornada de estudo, Pontevedra, 17 de setembro de 2016. A Coruña: Real Academia Galega.
Marqués Valea, Xulia (2003): A toponimia na escola. Guía para a recollida,
catalogación e estudio dos nomes tradicionais de lugar. [Santiago de Compostela]:
Xunta de Galicia.
Marqués Valea, Xulia (2004): A toponimia de Trabada. Xunta de Galicia.
Méndez Fernández, Luz (2000): ¿Por que se chama así este sitio? O significado dos
nosos nomes de lugar. Santiago de Compostela: Ed. Lea.
9
Méndez, Luz (2016): Toponimia de Agolada. A Coruña: Real Academia Galega.
Moralejo Álvarez, Juan José (2008): Callaica Nomina: estudios de onomástica gallega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Moralejo Lasso, Abelardo (1977): Toponimia gallega y leonesa, Santiago: Pico Sacro.
Navaza, Gonzalo (2006): Fitotoponimia galega. A Coruña: Fundación Barrié.
Biblioteca Filolóxica Galega do Instituto da Lingua Galega.
Navaza, Gonzalo (2007): Toponimia de Catoira. Catoira: Concello de Catoira.
Nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela:
Consellería da Presidencia, 2003. [http://www.xunta.es/nomenclator/index.htm]
Piel, Joseph M. (1947): “Nomes de ‘possessores’ latino-cristãos na toponimia asturo-
galego-portuguesa”, Biblos 23, 143-202, 283-407. Coimbra. 19502.
Piel, Joseph M. (1949/1950): “Os nomes dos santos tradicionais hispânicos na
toponímia peninsular”, Biblos 25 (1949), 287-353, 26 (1950), 281-314.
Piel, Joseph M. / Dieter Kremer (1976): Hispano-gotisches Namenbuch. Heidelberg:
Carl Winter.
Rivas, Elixio (1982): Toponimia de Marín. Anexo 18 de Verba. Santiago: Universidade
de Santiago de Compostela.
Santamarina, Antón (1988): “Efectos do contacto lingüístico na toponimia galega”, en Homenaxe a Joseph Piel. Tübingen: Niemeyer, 87-96. Versión española: “Problemas para la restauración de topónimos gallegos”, en E. Knörr / M. Á. Líbano (eds.): Actas de las I Jornadas de Onomástica, Toponimia. Vitoria-Gasteiz, abril de 1986. Bilbo-Bilbao: Real Academia de la Lengua Vasca / Euskaltzaindia, 1991, 237-246.
Terrado Pablo, J. (1999): Metodología de la investigación en toponimia, Zaragoza: INO
Reproducciones.
Vázquez García, Carlos (2014): Toponimia do concello de Lugo. Tese de doutoramento.
Universidade de Santiago de Compostela. http://dspace.usc.es/handle/10347/12006
Sobre o Proxecto Toponimia de Galicia
Informe sobre o Nomenclátor e o Proxecto Toponimia de Galicia. Xunta de Galicia,
2005. http://toponimia.xunta.es/gl/publicacions/amosar/id/80
Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.): Actas do I Congreso Internacional de
Onomástica “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de
setembro de 2002. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica /
Instituto da Lingua Galega, 2007. http://ilg.usc.es/agon/indice-das-actas-do-i-
congreso-internacional-de-onomastica-galega-%E2%80%9Cfrei-martin-sarmiento/
Feijoo Ares, Vicente: “A toponimia nas montañas do sueste ourensán”, pp. 773-780.
López Boullón, Xosé Ramón et alii: “Metodoloxía da enquisa toponímicoa: materiais e
procedementos”, pp. 753-765.
López Boullón, Xosé R.: “Toponimia en Santiago de Compostela, un núcleo urbano no
mundo rural”, pp. 767-772.
Vázquez López, Fernando: “A toponimia na Terra Chá lucense no Concello de Guitiriz”, pp.
786-793.
10
Repertorios toponímicos
Madoz, Pascual (1845-1850): Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus
posesiones de Ultramar. Madrid: Est. Literario Tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti.
[Galicia: 6 vols.]
Carreras Candi, Francisco (dir.) (1862-1937): Geografía general del Reino de Galicia. Rep.
facsímile: Barcelona: Edit. Alberto Martín, 1936. 13 vols.
Catastro de Ensenada. http://pares.mcu.es/Catastro/servlets/ServletController
Nomenclátores
Nomenclátor de Galicia. 2003. Xunta de Galicia. https://www.xunta.gal/nomenclator
Información xeográfica de Galicia: http://mapas.xunta.gal/aviso-acceso-cdix
Onomástica literaria
Angueira, Anxo (2014): “Literatura, paisaxe e toponimia: outra vez Sarmiento”, Madrygal 17, 153-161. file:///D:/Usuario/Downloads/46290-74653-2-PB.pdf
Cochón, Iris (2009): “Onomástica e poesía: a antroponimia como indutora de ficcionalidade”, en Esther Corral Díaz / Lydia Fontoira Surís / Eduardo Moscoso Mato (eds.): "A mi dizen quantos amigos ey". Homenaxe ao profesor Xosé Luís Couceiro. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 103-110.
Cochón, Iris (2008): “Lírica reversible. Toponimia y poesía contamporánea”, D’Achille, Paolo (ed.): Lessicografia e onomastica 2. Atti delle Giornate internazionali di Studio. Università degli Studi Roma Tre. 14-16 febbraio 2008. Roma: Società Editrice Romana, 655-670.
Fernández Salgado, Xosé Antonio (2016): “Significado e función dos antropónimos en Majina, a primeira novela galega”, Revista Galega de Filoloxía 17, 53-75.
Lema Suárez, Xosé María (2017): “A onomástica da novela Costa do Solpor”, en Boullón Agrelo, Ana Isabel / Luz Méndez (2017): Estudos de Onomástica Galega II. Os nomes e os apelidos: aspectos legais, sociais e lingüísticos. Xornada de estudo, Pontevedra, 30 de setembro de 2017. Real Academia Galega, 109-126.
Nogueira, María Xesús (2004): “Achegamento á onomástica na narrativa galega de Alvaro Cunqueiro”, en Rosario Alvarez Blanco / Francisco Fernández Rei / Antón Santamarina (eds.): A lingua galega, historia e actualidade. Actas do I Congreso Internacional, 16-20 de setembro de 1996, Santiago de Compostela. Organizado polo Instituto da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Consello da Cultura Galega, vol. III, 637-649.
Palacio, Antón (2004): “Os sobrenomes como materia literaria en Cunqueiro”, en A. I. Boullón Agrelo (ed.): Novi te ex nomine. Estudos filolóxicos ofrecidos ao Prof. Dr. Dieter Kremer. Biblioteca Filolóxica Galega do Instituto da Lingua Galega. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 519-540.
Fontes para o estudo da onomástica histórica
Coleccións de documentos medievais da área que se estea a estudar.
Séc. XVIII: Catastro de Ensenada (1751-3): http://pares.mcu.es/Catastro/ Os
repertorios de habitantes dalgunhas poboacións están publicados (Santiago,
Pontevedra, Cangas, Betanzos, Ferrol, Sober, Tui…)
Séc. XIX: o Diccionario de Madoz correspondente ás provincias galegas
Madoz, Pascual (1845): Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y
sus posesiones de Ultramar: Galicia. Madrid. 6 vols. [Ed. facsímile: Santiago de
Compostela: Libros Galicia, 1986]
11
Séc. XX, a Geografía General del Reino de Galicia, elaborada por E. Carré Aldao
(A Coruña, vol. V, V, VI, VII), Manuel Amor Meilán (Lugo, vol. VIII, IX), Vicente
Risco (Ourense, vol. X, XI) e Gerardo Alvarez Limeses (Pontevedra, vol. XII e
XIII).
Carreras Candi F. (dir.) (1936): Geografía general del Reino de Galicia. Barcelona.
[Ed. facsímile: A Coruña : Ediciones Gallegas, 1980]
Traballos que proporcionan unha guía para práctica conseguir estas documentacións
(en liña: https://academia.gal/documents/10157/704901/Estudos+de+Onomastica+Galega_Microtop
onimia.pdf):
Méndez, Luz (2016): “Toponimia e documentación. Recursos documentais na rede”, en
Xesús Ferro Ruibal (ed.): Estudos de onomástica galega, microtoponimia:
experiencias de recolla, didáctica e documentación. Xornada de estudo,
Pontevedra, 17 de setembro de 2016. A Coruña: Real Academia Galega, 147-163.
Navaza, Gonzalo (2016): “Recursos documentais na rede e toponimia local”, en Xesús
Ferro Ruibal (ed.): Estudos de Onomástica Galega. Microtoponimia: experiencias
de recolla, didáctica e codificación Xornada de estudo. Pontevedra, 17 de setembro
de 2016. A Coruña: Real Academia Galega / Deputación Provincial de Pontevedra,
189-199.
Recursos en internet
AGOn (Asociación Galega de Onomástica): http://ilg.usc.es/agon/presentacion/
Aquén (http://sli.uvigo.es/toponimia)
Cartografía dos apelidos de Galicia:
http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp
Sistema de información xeográfica de identificación de parcelas agrarias: http://emediorural.xunta.es/visorsixpac/
Ficha de investigación toponímica:
https://www.edu.xunta.es/polomonte/protocolos_pdf/18_toponimia.pdf
Nomenclátor de Galicia. Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, 2003 (NG).
http://www.xunta.es/toponimia
Proxecto Toponimia de Galicia (PTG): http://sitgaideg.xunta.es/buscadoravanzado/
Talasonimia: http://www.minhor.org/publicacions-do-iem/20-talasonimia