Post on 13-Jan-2017
Sabedes como se chama o grande astro arredor do cal xiran os planetas?A resposta :é o SOL.
*O SISTEMA SOLAR
*O NOSO SISTEMA SOLAR*Unha ESTRELA é un corpo situado no espazo que
emite luz e calor. Arredor dela poden xirar outros astros, como os planetas, que son corpos esféricos que non producen luz.*As estrelas e os planetas que xiran ao seu redor forman
SISTEMAS PLANETARIOS. O noso é o sistema solar, e compóñeno o SOL , a Terra e outros sete planetas.*Á súa vez, o sistema solar e outros moitos sistemas
planetarios intégranse nunha GALAXIA chamada VÍA LÁCTEA.*A nosa galaxia é tan só unha das moitas que forman o UNIVERSO.
Os oito planetas que forman o sistema solar teñen caracteristicas comúns.Son corpos case esféricos que non emiten luz, e xiran sobre si mesmos e arredor do Sol.
Os planetas próximos ao Sol.Son pequenos e están formados por rochas.
Son Mercurio,Venus,a Terra e Marte.Os planetas afastados do
Sol.Son máis grandes e están formados por gases.
Son Xúpiter, Saturno,Urano e Neptuno.
* OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR
* ¿ QUE É UN ASTEROIDE ?
• Os asteroides son obxetos metálicos rocosos os cales varían en tamaño .
• A pesar de que xiran ao redor do Sol, son moi pequenos para ser considerados planetas. Pensouse que os asteroides son material residual da formación do noso sistema solar.
• A maioría son encontrados no Cinturón de Asteroides, un anillo en forma de dona que está entre as órbitas de Marte e Xúpiter.
* OS MOVEMENTOS DA TERRA
*O movemento de rotación realízase sobre un eixe imaxinario que divide á Terra en dous partes iguais. Tarda 24 horas (un día) e completar esta volta. Este movemento da lugar ao día e á noite.
*O movemento de translación da Terra orixina as estacións do ano. A translación é o movemento da Terra cando xira arredor do Sol. Tarda un ano en facer esta volta. Cada tres meses,cambia a estación do ano, o que provoca algúns cambios no tempo atmosférico.A inclinación do planeta e a incidencia dos raios do Sol sobre a Terra determinan as estacións.
Aquí é inverno no hemisferio
norte,que recibe menos horas de luz.En cambio, é
verán no hemisferio sur,pois os raios solares chéganlle dunha forma máis
directa.
Nesta posición é verán no
hemisferio norte.Como este se atopa
inclinado cara ao sol,os raios
solares chéganlle máis
directamente e durante máis
horas.
AS ESTACIÓNSDO ANO
PRIMAVERA
Na primavera as temperaturas soben e suavízanse.As precipitacións en forma de chuvia son abundantes, pero dimunúen a medida que avanza a estación.
VERÁNRexístranse as temperaturas máis altas do ano. O aire adoita estar seco e case non chove.
OUTONOAs temperaturas descenden e as precipitacións fanse máis abudantes.
INVERNODanse as temperaturas máis baixas do ano.As precipitacións vólvense habituais e poden ser en forma de neve.
* OS MOVEMENTOS DA LÚA
*É o satélite natural que xira arredor da Terra. Fai un movemento de rotación que tarda 28 días e outro de translación arredor da Terra que tarda o mesmo (28 días).*Debido á posición da lúa e a maneira que
percibe a luz do Sol, podemos ver as diferentes fases lunares:• Cuarto crecente• Lúa nova• Cuarto munguante• Lúa chea
*OUTROS CONCEPTOS
*Buraco negro: son buracos no espazo que arrastran material cara o seu interior. A maioría das galaxias poseen un no seu centro, como a nosa.*Buraco branco: é o buraco que expulsa a materia.
É o contrario do buraco negro.*Constelación: conxunto de estrelas situadas dunha
forma visible desde a Terra.*Meteorito:é un anaco dun cuerpo procedente do
espazo que entra na atmosfera a moita velocidade.*Cosmos: actualmente, utilízase como sinónimo de
universo.