O universo e o sistema solar 2

13
O Universo e o Sistema Solar No universo existen miles de millóns de galaxias, cada unha delas formada por millóns de estrelas, gas e po interestelar.

description

Información básica para alumnos de 1º ESO

Transcript of O universo e o sistema solar 2

O Universo e o Sistema Solar

No universo existen miles de millóns de galaxias, cada unha delas formada por

millóns de estrelas, gas e po interestelar.

A nosa galaxia é a Vía Láctea

Trátase dunha galaxia espiral e nela atópase o Sol con todos os seus planetas.

O Sistema Solar está formado polo Sol, os planetas e os demais corpos que o rodean

Principais corpos que rodean ó Sol• Planetas: Mercurio, Venus, Terra, Marte,

Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.• Asteroides: Cinto de Asteroides, Cinto de

Kuiper e Nube de Oort .

Os planetas divídense en dous grandes grupos:

• Os interiores, ou terrestres (semellantes á Terra) : Mercurio, Venus, Terra e Marte.

• Os exteriores ou xigantes: Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.

Os asteroides son corpos rochosos que forman aneis arredor do Sol

Cando un asteroide se desvía da súa órbita e cae sobre un planeta ou satélite recibe o

nome de meteorito.

A maioría dos meteoritos que caen sobre a Terra desintégranse ó entrar na

atmosfera. Algúns pode chegar á súa superficie e producir cráteres.

En febreiro de 2013 caeu un meteorito sobre Rusia, na zona dos Urales.

Burato feito polo meteorito ao caer nun lago xeado.

Os asteroides do Cinto de Kuiper e da Nube de Oort conteñen moito xeo.

• Se un deles sae da súa órbita e se acerca ó Sol, recibe o nome de cometa.

• Un dos cometas máis coñecidos é o cometa Halley, que aparece cada 75 anos.

As estrelas parecen formar figuras que reciben o nome de constelacións.

Algunhas, dende moi antigo, servíronlle ó ser humano para orientarse ou coñecer os cambios de estacións.

Todas as estrelas parecen dar unha volta cada 24 horas.

• Só unha, a Estrela Polar, parece fixa e pode ser utilizada para orientarnos.

• A estrela polar sitúase na constelación da Osa Menor.

Como atopar a Estrela Polar

Podemos guiarnos empregando a constelación da Osa Maior ou a de Casiopea.