O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Post on 14-Apr-2017

9.696 views 3 download

Transcript of O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

O MIÑO CANLE DE LUZ

E NÉBOA

Manuel María, 1996

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIROOuteiro de Rei (6-10-1929)a Coruña (8-9-2004)

Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos.Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.

O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta.

“¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”

AVISO…O autor procurou, na medida das súas escasas e limitadas forzas, con este libro, dicirlle ao Miño, na actualidade tan agredido, o seu apaixoado amor, contando e cantando, como pode e sabe, os traballos e os días do noso Grande Río. Non en vano as súas caudalosas augas arrolaron o noso berce, asombraron a nosa infancia, puxéronlle alegre e desbordada música ás poderosas paixós e desasosegos da nosa adolescencia e xuventude e, nos anos da nosa madurez, o seu monótono rumor encheu a nosa melancónica nostalxia, pois a vida non nos permitiu permanecer ao pé do Miño natal como era o noso desexo, para, á súa beira, ir gastando as nosas horas medidas polas mansas ou alporizadas ondas.…

Frontis e oferenda A ti, ouh Vida, agradézoche, dun xeito humilde,reverente, sincero e infinitoque me naceras chairego e acenderas en mino amor a Galiza e á súa fala aínda vivapese a tanta tristeza, vergoña e xenocidio.Moitísimas gracias por poder ser amigodo leve e delicado Regato do Cepeloe do Miño caudal de paso firme e lento:necesaria e máxica voz marabillada.…..

O deus Minius, nas orixes do tempo,percurou, con teimuda paixón,o lugar máis fermoso do universo:non atopou nada que puideracompararse, nin de lonxe, con Galiza.Despois de contemplala longamentenamorouse dela para sempre.Co desexo total de posuílafíxose poderosísimo lóstregoe caeu sobor da terra, feríndoaco seu divino lume.

Biografía do Miño

Monumento ao Pai Miño en

Fonmiñá

A terrarecibiuno, humilde e conmovida,abriulle os brazos, o corazón,todo o seu ser…

E fundíronsenunha aperta perfecta, indisolúbel.O lóstrego volveuse auga cantora,materia de orballos e de bágoas.A terra ofrendoulle ao apaixoado ríoo seu corpo xentil e feminino.E o río deulle á terra xenerosaa súa forza de deus omnipotente.

Poderoso Pai Miño, antergo e humano Deus:rexeitas os olimpos, ti vives con nós-e en nós- na terra carnal de cada díae agroma brincador, alegre, rumorosono Pedregal de Irimia, austero e grave.

Sendo infante, no convento de Meira,aprendes –rosa rosae- un impuro latínlabrego e bárbaro e conservas fielmenteun misterioso, nobre, escuro acento.

Na infinita Terra Chá de lentos ritmosoficias a liturxia dos salgueiros,da delicada e xentil abidueira,dos ameneiros, freixos e carballos

no medio dun silencio irreprochábele dun ceo tan gris que sobrecolle:as cousas escóitante asombradase o universo non ousa respirar.

Cando chegas a Lugo, feito un home,salvadas as portas da muralla,

urbanízastee, usando as leis de Roma,gobernas caneiros, pontes, muíñose os diversos mundos subacuáticos.

Estudias, en Lucus Augusti, cortesía,as túas ondas camiñan cara ao marlevando no seu leve e ferido corazóna música de Montes e a de Freire,pois Pimentel delicadamente revélacheque a vida sen beleza é imposíbel.

O Camiño de Santiago ao cruzar Portomaríninfundiuche, para sempre, o don de linguas.(Portomarín das anguías e o augardente,agora un limo, un lodo baixo a augaanque o seu fantasma tome o solno desolado cume dun outeiro).

Na Ribeira Sacra, as ondas e a paisaxefanse ascético prego enfebrecido.

E chegando a Ourense –a Atenas nosa-,logo de recibir o Sil de longo curso,

doutóraste no irrenunciábel e fondoamor a esta Galiza incomprensíbelescoitando a Cuevillas, Risco, Otero,Curros Enríquez, Lamas, Blanco Amor…

Con que emoción contemplas Ribadaviasempre a fuxir de ti, tan recatada

e saúdas, en Francelos, a San Xes!

Espellas e arquivas, cheo de tenrura,a irreprochábel melancolía de Monção.

…e en Tui comezas a prepararte xapara morrer:

recólleste e meditasos claros milagres de San Telmo,considerando, calado e reverente,a purísima inocencia de San Paio

mentres un non saber, salgado e luminoso,che vai enchendo de sombra o corazón.

O tempoO tempo do Miño é xusto o tempo de Galiza:néboas, montes, choivas e carballos,nacemento da luz, tanguidos de campanase os cruceiros erguidos amparando os camiños.…

...O tempo do Miño non ten traxedias nin berros:só penascos, castiñeiros, orballos, lúas,chorimas, acios como os das videsdos retábulos barrocos acesos de ouros vellos.

Un tempo humilde, natural e gloriosode pontes, caneiros, barcas, muíños,espadanas, galiñoas e batuxos lixeiros.…

Poema dos afluentes Ouh Miño solemne, caudal e poderoso,capitán dos mil ríos,presidente de todos os regatos,dono e señor das augasque fertilizan e purificano ser e o existir do meu país! …Longo e Meira, a penas dous suspiros:nenúfar e espadana en Fonmiñá…Anllo, Lea, Támboga…!

Meu Ladrasonoroso! Río de Robra ou Santa Martaque me levas o Regato do Cepelo…!Narla, Mera, Chamoso dos ferreiros,Neira, Ferreira, Asma e Búbal…!

Fonmiñá

O Ladra en Begonte

LEXENDARIO SIL DE LONGA HISTORIA!

Barbantiño que arquiváchela voz dedon Ramón Otero Pedrayo de Trasalba:palabra de Galiza eternizada,imprescidíbel verba, luz de vida.

Arnoia! Avia que pasas lentamentemarabillando ao Ribeiro e dándolleun equilibrio xusto aos viños seus!

Meus ríos máxicos da Galiza do Sulá que tamén lle chaman Portugal:Sucastro, Furna e Coura: quenencheu de melancolía ao cabaquinho…?

O Coura en Vilardemouros

Cereixo, Deva, Tea, Louro…!Tamuxe epilogal soñando atlánticos!

O Sil Porque eu nacín tan lonxequero morrer galego.…Formo e conformo a paisaxe,arrolo o viño na vide,conmigo levo a saudadede moitos pobos e vilas:…Chego, por fin, a Os Pearespara poder descansar:o Miño bótame ao lomboe sen máis… lévame ao mar!

Fala o arado…Eu, arado vello, fun carballoerguido, potente e estantíoe nacín á beira do Pai Miño.Eu, meus amigos,tamén sei facer pequenos ríos!

Poema das illas …Pequenos paraísos, ínsuas miñas,por exércitos de ondas defendidas,feitas de escura terra emocionada,de tenras herbas, verdes e miúdas,de frondosas e sonoras arboredashabitadas por aves cantadorasque misturan os seus chíoscos murmurios das augas misteriosas.…

Seivane

Santa Comba

Todas as árbores, narcisos de verdor,a espellarse no río docemente.As follas, leves como pétalos,navegando nas ondas.…

Poema da paisaxe do Miño

As avesque moran ou voan sobre o ríomesturan o seu canto co murmuriodo caudal poderoso, proclamandoo instintivo gozo de vivir.…

…As nubes pasaxeiras sempre a ollara súa propia imaxe reflectidana corrente que vai ao infinito.

As pontes antergas e modernasseguen ensinando xeometríaás claras e fuxitivas linfas:o círculo perfecto e o cadrado,símbolos do ceo e máis da terra.

Os caneiros, totalmente esbroados,noutro tempo unha música comoo escuro fungar dos rumorosos.

E agora só o silencio, imposto á forza,polas monstruosas presas dos encoros.

Poema das néboas miñotas Esta néboa que nace no corazón do ríoe sube ao azul como unha ofrenda:será cecais corpo de canción,palabra de amor irreprimíbelque a auga lle di ao universo…?Ou poderá ser o mesmo río saíndo de si mesmo para darseao mundo que está no seu entornofacéndose suspiro,

confundíndoseco azul transparente e rematandosendo un leve tremor emocionadoperceptíbel somentes para aquelesque só abren os ollos ás lembranzas?…

Muíño…Falade dos grandes muíños do pai Miñocheos de fachenda, gravidade e poder:as enormes aceas de xigantescas moastriturando fanegas e fanegas de grao limpocunha grande lentitude: ignoraban o tempo.…

Homes…Vós, barqueiros, troiteiros, muiñeiros, almas núas, puras, neboentas,caste que escoitábades a música das ondase coñecíades o arado, a barca, o batuxo,as redes, as nasas, as cordas e os trasmallos:recoñézovos: sei que estadescoa alma chea de sombra sen cantar muiñeiras.…

Proclama aos peixes do río Miño Meus amadísimos peixes, ordenadosen tribos, provincias e naciós:salmós, troitas, anguías, escalos, sábalos, lamprease aínda o recente blas-blas……Coidade dos fondos subacuáticose non deixedes luxar endexamais a pureza das augas cristalinas.…

Terras …Terras polas que o Miño pasa silencioso:aínda que vos bica non vos falou de amor,…Oh terras de sol, de viño e pan levar,onde nace o millo, o cardo e medra a aceda!Terras do Miño, feridas de soidadesque levades a alma asinaladacoa mágoa indeleble de estar quedas:Por qué quedades silenciosas, terras,se a vosa tristeza vai morrer ao mar…?

Poema aos viños do Miño Meus amados viños das ribeiras do Miño:en vós bebo o misterio da terrae todos os segredos deste mundo.…

Poema á Ribeira Sacra…Esta é a Ribeira sacra onde os homesergueron fogar, roturaron o chaoe regárono con suor días tras díapara que agromara a vide xenerosa,o millo, o centeo e máis o trigoe floreceran cerdeiras e mazairas…

...a flor románica engalana estes eidose aínda o vento leva o seu recendo.Ribas de Miño, Nogueira, Diomondi,A Cova, Eiré, Atán, San Fiz de Cangas,Pombeiro, Ribas de Sil, Santa Cristina… Terras e homes da Ribeira Sacra:o Sil e o Miño danvos a súa auga,fonte de vida que endexamais se gasta!

Sto. Estevo de Ribas de Miño

Romanza do río MiñoOuh Miño, meu río Miño:levas cantigas por ondase muiñeiras nos beizos,dormes cos ollos abertos,rízache as barbas o ventoe algunhas veces as bágoasorbállanche o sentimento.…

Asasinos da vida, da beleza, dos donsmarabillosos para uso e gozo do homee de todo canto vive neste mundo.…Requírovos no nome do amor máis puro:respectade ao Miño, linfa inocente, casta,divinidade anterga e indefensa,arteria caudal da nosa patria,Grande Pai Fluvial do Reino noso,Pastor de Ríos que dixeron os poetas!…

Desacordo contra os contaminadores do Miño

Derradeira elexía …Este é o Miño que sabe da luz, dos arados,das silveiras, das abidueiras, dos carballos,dos freixos, dos paxaros, do silencio e da morte.Ignorou sempre os heroes, as mitoloxías alleas,a brutalidade, a mentira e as guerras:as súas ferrerías odiaron as espadas,forxaron rellas para os arados, ferramentaspara traballar a terra día tras día,ano tras ano, xeración tras xeración.Este é o Miño manso, canso e silenciosoque soporta como o boi o xugo,o aldraxe infamante e sen nome dos encorose as contaminacións fedorentas e letais.

Ouh meu río Miño, martirizado Deus:escoitará alguén o latexo,estremecido e maino, das túas ondas?En que desolado corazón ecoaráa túa música monótona e eterna …?

Monumento a Manuel María á beira do Miño, na carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei).

Manuel MaríaLetras Galegas 2016

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.Textos: Manuel María Xaneiro 2016

Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.