O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

55
O MIÑO CANLE DE LUZ E NÉBOA Manuel María, 1996

Transcript of O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Page 1: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

O MIÑO CANLE DE LUZ

E NÉBOA

Manuel María, 1996

Page 2: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIROOuteiro de Rei (6-10-1929)a Coruña (8-9-2004)

Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos.Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.

Page 3: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta.

“¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”

Page 4: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
Page 5: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

AVISO…O autor procurou, na medida das súas escasas e limitadas forzas, con este libro, dicirlle ao Miño, na actualidade tan agredido, o seu apaixoado amor, contando e cantando, como pode e sabe, os traballos e os días do noso Grande Río. Non en vano as súas caudalosas augas arrolaron o noso berce, asombraron a nosa infancia, puxéronlle alegre e desbordada música ás poderosas paixós e desasosegos da nosa adolescencia e xuventude e, nos anos da nosa madurez, o seu monótono rumor encheu a nosa melancónica nostalxia, pois a vida non nos permitiu permanecer ao pé do Miño natal como era o noso desexo, para, á súa beira, ir gastando as nosas horas medidas polas mansas ou alporizadas ondas.…

Page 6: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Frontis e oferenda A ti, ouh Vida, agradézoche, dun xeito humilde,reverente, sincero e infinitoque me naceras chairego e acenderas en mino amor a Galiza e á súa fala aínda vivapese a tanta tristeza, vergoña e xenocidio.Moitísimas gracias por poder ser amigodo leve e delicado Regato do Cepeloe do Miño caudal de paso firme e lento:necesaria e máxica voz marabillada.…..

Page 7: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

O deus Minius, nas orixes do tempo,percurou, con teimuda paixón,o lugar máis fermoso do universo:non atopou nada que puideracompararse, nin de lonxe, con Galiza.Despois de contemplala longamentenamorouse dela para sempre.Co desexo total de posuílafíxose poderosísimo lóstregoe caeu sobor da terra, feríndoaco seu divino lume.

Biografía do Miño

Monumento ao Pai Miño en

Fonmiñá

Page 8: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

A terrarecibiuno, humilde e conmovida,abriulle os brazos, o corazón,todo o seu ser…

E fundíronsenunha aperta perfecta, indisolúbel.O lóstrego volveuse auga cantora,materia de orballos e de bágoas.A terra ofrendoulle ao apaixoado ríoo seu corpo xentil e feminino.E o río deulle á terra xenerosaa súa forza de deus omnipotente.

Page 9: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Poderoso Pai Miño, antergo e humano Deus:rexeitas os olimpos, ti vives con nós-e en nós- na terra carnal de cada díae agroma brincador, alegre, rumorosono Pedregal de Irimia, austero e grave.

Page 10: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Sendo infante, no convento de Meira,aprendes –rosa rosae- un impuro latínlabrego e bárbaro e conservas fielmenteun misterioso, nobre, escuro acento.

Page 11: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Na infinita Terra Chá de lentos ritmosoficias a liturxia dos salgueiros,da delicada e xentil abidueira,dos ameneiros, freixos e carballos

Page 12: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

no medio dun silencio irreprochábele dun ceo tan gris que sobrecolle:as cousas escóitante asombradase o universo non ousa respirar.

Page 13: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Cando chegas a Lugo, feito un home,salvadas as portas da muralla,

urbanízastee, usando as leis de Roma,gobernas caneiros, pontes, muíñose os diversos mundos subacuáticos.

Page 14: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Estudias, en Lucus Augusti, cortesía,as túas ondas camiñan cara ao marlevando no seu leve e ferido corazóna música de Montes e a de Freire,pois Pimentel delicadamente revélacheque a vida sen beleza é imposíbel.

Page 15: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

O Camiño de Santiago ao cruzar Portomaríninfundiuche, para sempre, o don de linguas.(Portomarín das anguías e o augardente,agora un limo, un lodo baixo a augaanque o seu fantasma tome o solno desolado cume dun outeiro).

Page 16: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Na Ribeira Sacra, as ondas e a paisaxefanse ascético prego enfebrecido.

Page 17: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

E chegando a Ourense –a Atenas nosa-,logo de recibir o Sil de longo curso,

Page 18: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

doutóraste no irrenunciábel e fondoamor a esta Galiza incomprensíbelescoitando a Cuevillas, Risco, Otero,Curros Enríquez, Lamas, Blanco Amor…

Page 19: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Con que emoción contemplas Ribadaviasempre a fuxir de ti, tan recatada

Page 20: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

e saúdas, en Francelos, a San Xes!

Page 21: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Espellas e arquivas, cheo de tenrura,a irreprochábel melancolía de Monção.

Page 22: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

…e en Tui comezas a prepararte xapara morrer:

recólleste e meditasos claros milagres de San Telmo,considerando, calado e reverente,a purísima inocencia de San Paio

Page 23: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

mentres un non saber, salgado e luminoso,che vai enchendo de sombra o corazón.

Page 24: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

O tempoO tempo do Miño é xusto o tempo de Galiza:néboas, montes, choivas e carballos,nacemento da luz, tanguidos de campanase os cruceiros erguidos amparando os camiños.…

Page 25: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

...O tempo do Miño non ten traxedias nin berros:só penascos, castiñeiros, orballos, lúas,chorimas, acios como os das videsdos retábulos barrocos acesos de ouros vellos.

Page 26: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Un tempo humilde, natural e gloriosode pontes, caneiros, barcas, muíños,espadanas, galiñoas e batuxos lixeiros.…

Page 27: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Poema dos afluentes Ouh Miño solemne, caudal e poderoso,capitán dos mil ríos,presidente de todos os regatos,dono e señor das augasque fertilizan e purificano ser e o existir do meu país! …Longo e Meira, a penas dous suspiros:nenúfar e espadana en Fonmiñá…Anllo, Lea, Támboga…!

Meu Ladrasonoroso! Río de Robra ou Santa Martaque me levas o Regato do Cepelo…!Narla, Mera, Chamoso dos ferreiros,Neira, Ferreira, Asma e Búbal…!

Fonmiñá

O Ladra en Begonte

Page 28: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

LEXENDARIO SIL DE LONGA HISTORIA!

Page 29: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Barbantiño que arquiváchela voz dedon Ramón Otero Pedrayo de Trasalba:palabra de Galiza eternizada,imprescidíbel verba, luz de vida.

Page 30: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Arnoia! Avia que pasas lentamentemarabillando ao Ribeiro e dándolleun equilibrio xusto aos viños seus!

Page 31: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Meus ríos máxicos da Galiza do Sulá que tamén lle chaman Portugal:Sucastro, Furna e Coura: quenencheu de melancolía ao cabaquinho…?

O Coura en Vilardemouros

Page 32: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Cereixo, Deva, Tea, Louro…!Tamuxe epilogal soñando atlánticos!

Page 33: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

O Sil Porque eu nacín tan lonxequero morrer galego.…Formo e conformo a paisaxe,arrolo o viño na vide,conmigo levo a saudadede moitos pobos e vilas:…Chego, por fin, a Os Pearespara poder descansar:o Miño bótame ao lomboe sen máis… lévame ao mar!

Page 34: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Fala o arado…Eu, arado vello, fun carballoerguido, potente e estantíoe nacín á beira do Pai Miño.Eu, meus amigos,tamén sei facer pequenos ríos!

Page 35: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Poema das illas …Pequenos paraísos, ínsuas miñas,por exércitos de ondas defendidas,feitas de escura terra emocionada,de tenras herbas, verdes e miúdas,de frondosas e sonoras arboredashabitadas por aves cantadorasque misturan os seus chíoscos murmurios das augas misteriosas.…

Seivane

Santa Comba

Page 36: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Todas as árbores, narcisos de verdor,a espellarse no río docemente.As follas, leves como pétalos,navegando nas ondas.…

Poema da paisaxe do Miño

Page 37: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

As avesque moran ou voan sobre o ríomesturan o seu canto co murmuriodo caudal poderoso, proclamandoo instintivo gozo de vivir.…

Page 38: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

…As nubes pasaxeiras sempre a ollara súa propia imaxe reflectidana corrente que vai ao infinito.

Page 39: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

As pontes antergas e modernasseguen ensinando xeometríaás claras e fuxitivas linfas:o círculo perfecto e o cadrado,símbolos do ceo e máis da terra.

Page 40: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Os caneiros, totalmente esbroados,noutro tempo unha música comoo escuro fungar dos rumorosos.

Page 41: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

E agora só o silencio, imposto á forza,polas monstruosas presas dos encoros.

Page 42: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Poema das néboas miñotas Esta néboa que nace no corazón do ríoe sube ao azul como unha ofrenda:será cecais corpo de canción,palabra de amor irreprimíbelque a auga lle di ao universo…?Ou poderá ser o mesmo río saíndo de si mesmo para darseao mundo que está no seu entornofacéndose suspiro,

confundíndoseco azul transparente e rematandosendo un leve tremor emocionadoperceptíbel somentes para aquelesque só abren os ollos ás lembranzas?…

Page 43: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Muíño…Falade dos grandes muíños do pai Miñocheos de fachenda, gravidade e poder:as enormes aceas de xigantescas moastriturando fanegas e fanegas de grao limpocunha grande lentitude: ignoraban o tempo.…

Page 44: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Homes…Vós, barqueiros, troiteiros, muiñeiros, almas núas, puras, neboentas,caste que escoitábades a música das ondase coñecíades o arado, a barca, o batuxo,as redes, as nasas, as cordas e os trasmallos:recoñézovos: sei que estadescoa alma chea de sombra sen cantar muiñeiras.…

Page 45: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Proclama aos peixes do río Miño Meus amadísimos peixes, ordenadosen tribos, provincias e naciós:salmós, troitas, anguías, escalos, sábalos, lamprease aínda o recente blas-blas……Coidade dos fondos subacuáticose non deixedes luxar endexamais a pureza das augas cristalinas.…

Page 46: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Terras …Terras polas que o Miño pasa silencioso:aínda que vos bica non vos falou de amor,…Oh terras de sol, de viño e pan levar,onde nace o millo, o cardo e medra a aceda!Terras do Miño, feridas de soidadesque levades a alma asinaladacoa mágoa indeleble de estar quedas:Por qué quedades silenciosas, terras,se a vosa tristeza vai morrer ao mar…?

Page 47: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Poema aos viños do Miño Meus amados viños das ribeiras do Miño:en vós bebo o misterio da terrae todos os segredos deste mundo.…

Page 48: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Poema á Ribeira Sacra…Esta é a Ribeira sacra onde os homesergueron fogar, roturaron o chaoe regárono con suor días tras díapara que agromara a vide xenerosa,o millo, o centeo e máis o trigoe floreceran cerdeiras e mazairas…

Page 49: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

...a flor románica engalana estes eidose aínda o vento leva o seu recendo.Ribas de Miño, Nogueira, Diomondi,A Cova, Eiré, Atán, San Fiz de Cangas,Pombeiro, Ribas de Sil, Santa Cristina… Terras e homes da Ribeira Sacra:o Sil e o Miño danvos a súa auga,fonte de vida que endexamais se gasta!

Sto. Estevo de Ribas de Miño

Page 50: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Romanza do río MiñoOuh Miño, meu río Miño:levas cantigas por ondase muiñeiras nos beizos,dormes cos ollos abertos,rízache as barbas o ventoe algunhas veces as bágoasorbállanche o sentimento.…

Page 51: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Asasinos da vida, da beleza, dos donsmarabillosos para uso e gozo do homee de todo canto vive neste mundo.…Requírovos no nome do amor máis puro:respectade ao Miño, linfa inocente, casta,divinidade anterga e indefensa,arteria caudal da nosa patria,Grande Pai Fluvial do Reino noso,Pastor de Ríos que dixeron os poetas!…

Desacordo contra os contaminadores do Miño

Page 52: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Derradeira elexía …Este é o Miño que sabe da luz, dos arados,das silveiras, das abidueiras, dos carballos,dos freixos, dos paxaros, do silencio e da morte.Ignorou sempre os heroes, as mitoloxías alleas,a brutalidade, a mentira e as guerras:as súas ferrerías odiaron as espadas,forxaron rellas para os arados, ferramentaspara traballar a terra día tras día,ano tras ano, xeración tras xeración.Este é o Miño manso, canso e silenciosoque soporta como o boi o xugo,o aldraxe infamante e sen nome dos encorose as contaminacións fedorentas e letais.

Page 53: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Ouh meu río Miño, martirizado Deus:escoitará alguén o latexo,estremecido e maino, das túas ondas?En que desolado corazón ecoaráa túa música monótona e eterna …?

Page 54: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Monumento a Manuel María á beira do Miño, na carballeira de Santa Sabela (Outeiro de Rei).

Page 55: O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)

Manuel MaríaLetras Galegas 2016

Montaxe: Adela Leiro, Mon DaportaFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.Textos: Manuel María Xaneiro 2016

Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.