Post on 24-Jun-2020
ÍNDICE
1.- LIMIAR
2.- EDUCACIÓN INFANTIL 4º (A e B)
3.- EDUCACIÓN INFANTIL 5º (A e B)
4.- EDUCACIÓN INFANTIL 6º (A e B)
5.- EDUCACIÓN PRIMARIA 1º (A e B)
6.- EDUCACIÓN PRIMARIA 2º (A e B)
7.- EDUCACIÓN PRIMARIA 3º (A e B)
8.- EDUCACIÓN PRIMARIA 4º (A e B)
9.- EDUCACIÓN PRIMARIA 5º (A e B)
10.-EDUCACIÓN PRIMARIA 6º (A e B)
11.-AUDICIÓN E LINGUAXE , PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
12.-FOTOS GRUPO
13.-FORMACIÓN E PROXECTOS
14.-ANPA
CARTA DO EQUIPO DIRECTIVO
Chega un ano mais a revista CONTACTO CHOUZO as vosas mans e isto
quere dicir, entre outras cousas, que o curso remata. Un ano no que nos tocou un
cambio no equipo directivo. Dende el queremos deixar unha mensaxe de optimismo
e poder dicirvos que apesares das nosas incertezas como equipo inexperto nestas
tarefas, seguiremos traballando os vindeiros anos se é posible máis preto de vos e
a carón de quen tome esta responsabilidade, coa finalidade de poder dar aos nosos
nenos e nenas unha formación de acordo coas espectativas postas en nós o primeiro
día que decidíchedes que este fora o voso colexio.
Como cada ano despedimos ás familias e ao alumnado da promoción 2012-2018, que
remata o derradeiro curso da etapa educativa que se imparte no noso centro.
Confiamos que a maioría valore positivamente o seu paso polo colexio. Para todos,
os nosos mellores desexos de éxito no futuro.
Outra despedida habitual todos os cursos é a de aquelas compañeiras que se
xubilan. A todo o profesorado que ao longo deste curso nos acompañou e que agora
tomou a decisión de rematar a súa traxectoria profesional, grazas polo voso
esforzo na mellora do centro e sobre todo desexamos que agora comecedes unha
nova etapa na que disfrutedes tanto como facíades na nosa profesión. Amosamos
agradecemento así mesmo, a aquelas mestras e mestres que por razóns persoais ou
profesionais estarán noutro centro o vindeiro ano. Imos estrañarvos moito.
Agradecemos a todo o persoal non docente, o seu bo facer que axuda a marcha
desta gran familia que somos o Chouzo.
Queremos dar tamén as grazas ao ANPA pola vosa dedicación a todos os que
convivimos no Chouzo, por manter abertas as canles de comunicación entre as
familias e a dirección do centro e pola vosa colaboración e apoio.
E como non todo van ser despedidas queremos dar a benvida ás familias que no
vindeiro curso 2018-2019 iniciarán o seu camino no noso centro. Esperamos non
defraudar a confianza que depositades en nós.
Para rematar, se nolo permitides, gustaríanos pedirvos, como recoñecemento a
tanta xente que participou na elaboración desta revista,un pouco do voso tempo
para que dediquedes a ollar esta revista en familia.
Feliz verán e gozade coa lectura!
O NOSO PRIMEIRO ANO NO COLE
SOMOS OS NENOS E NENAS DE 4º EDUCACIÓN INFANTIL. NESTE CURSO
COMEZAMOS A NOSA ANDAINA NO COLE E, SEN DÚBIDA, FOI UNHA GRANDE
AVENTURA. AO COMEZO A ALGÚNS NOS CUSTOU UN POUQUIÑO ISO DE “DEIXAR ATRÁS” AS
NOSAS FAMILIAS PERO AGORA PASARÍAMOS HORAS E HORAS XOGANDO COS NOSOS
COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. SOMOS UN NIVEL MOI UNIDO, COMPARTIMOS PROXECTOS,
TRABALLOS, VISITAS, XOGOS, BICOS……. VELAQUÍ ALGUNHAS INSTANTÁNEAS DOS PRIMEIROS
MESES. A QUÉ CRECEMOS UN MONTÓN??
APRENDEMOS EN FAMILIA
NO SEGUNDO TRIMESTRE PÚXEMOS EN MARCHA UNHA INICIATIVA EN
COLABORACIÓN COAS FAMILIAS PARA FAVORECER A COHESIÓN ENTRE A CASA E O COLEXIO.
DESTE XEITO AS FAMILIAS DAS DÚAS AULAS ACHEGÁRONSE AO COLE PARA COMPARTIR CON
NÓS CONTOS, EXPERIMENTOS, COMPARTIR OS SEUS COÑECEMENTOS MÉDICOS….. O MELLOR
DE TODO, AS CARAS DE ILUSIÓN DOS CATIVOS E CATIVAS!!!. FOI TAL O ÉXITO DESTA
ACTIVIDADE QUE MOITAS FAMILIAS REPETIRON A EXPERIENCIA. VELAQUÍ ALGUNHAS IMAXES.
MOITÍSMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
PROXECTOS
AO LONGO DO CURSO TRABALLAMOS SOBRE DOUS PROXECTOS “O HOSPITAL” E “OS ROBOTS”, ESTE ÚLTIMO ENMARCADO DENTRO DO PROGRAMA EUROPEO ETWINNING. PRMIEIRO PLANTEXAMOS QUE SABÍAMOS SOBRE CADA UN DOS TEMAS E QUE NOS GUSTARÍA
SABER, PEDÍMOS COLABORACIÓN AS FAMILIAS, BUSCAMOS MATERIAIS E LIBROS DE
CONSULTA E COMEZAMOS A INVESTIGAR.
INVENTOS E EXPERIMENTOS
ESTE ANO O PROXECTO DE CENTRO VERSOU SOBRE OS INVENTOS E EXPERMIENTOS. DENDE O MES DE ABRIL TIVEMOS A VISITA DE COMPAÑEIROS/AS DO COLE E FAMILIAS QUE NOS SOPRENDERON CON ESA MÁXIA QUE OS MAIORES CHAMAN CIENCIA. FOI TODA UNHA AVENTURA!!!!
SOMOSOLACSE DE
5AIBAMOSAZERUNIVETO
DE CAMISETAS
FOTOLITOS
IZIMOSO DIBUJOS
CORATULADORNEGRO I DE SPUES
PITURA
ECHAMOSLAPITURA
EN UNA PLANTILLA
CON MARCO
AL FiNAL
PLANCHAMOS LAS
CAMISETAS CON UNA
PLANCHA GIGANTE I
KEDARON CHULAS
5º DE EDUCACIÓN INFANTIL 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL
NESTE CURSO NA NOSA AULA FIXEMOS UNHA PEQUENA PLANTACIÓN.
COMO MASCOTA DA CLASE TAMÉN CREMOS UN PUNKI-VERME SEMENTANDO BERROS NUN MONICREQUE CHEO DE TERRA FEITO CUN CALCETÍN.
TAMÉN ESTIVEMOS XOGANDO COA CIENCIA, VIÑERON OS ALUMNOS MAIORES A EXPLICARMOS DIFERENTES EXPERIMENTOS:
EDÉN, RUTH E PAULA FIXERON UNHA PASTA QUE SE POÑÍA DURA OU BRANDA SEGÚN SE MANIPULASE.
ANA E CLAUDIA FIXERON XOGOS CON GLOBOS E PATACAS.
NAILA, MARIÑA, GABRIEL E RODRIGO ELABORARON LEITE DE CORES
PABLO, O PAI DE SOFÍA, DEMOSTROUNOS QUE O AIRE TAMÉN OCUPA ESPACIO AÍNDA QUE NON O VEXAMOS E DE DEIXOUNOS UN OVO METIDO EN VINAGRE PARA QUE OBSERVARAMOS QUE PASABA.
XULIA, LUCÍA, ANDREA E SABELA EXPERIMENTARON CON IMÁNS.
DESPOIS DESTAS EXPERIENCIAS NÓS TAMÉN LANZÁMONOS A FACER CIENCIA:
GAEL FIXO UNHA DEMOSTACIÓN DA ELECTRICIDADE ESTÁTICA E MANUEL DO RESULTADO DA MEZCLA DE ACEITE E AUGA
UXÍA DEMOSTROUNOS QUE OS OVOS FLOTAN NA AUGA SALGADA E AFÚNDENSE NA DOCE, E CLAUDIA FIXO SAIR LAVA DUN VOLCÁN.
DANIEL MOSTROU QUE PASABA CUN OVO E XABRÓN. E ÁLVARO CUN LÁPIZ E UN VASO DE AUGA ENSINOUNOS QUE É A REFRACCIÓN.
ESTE ANO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS HOMENAXEASE Á MARÍA VICTORIA MORENO, INVESTIGAMOS SOBRE A SÚA VIDA E TRABALLAMOS CATRO CONTOS DELA:
“A FESTA NO FAIADO”
“LEONARDO E OS FONTANEIROS”
“MAR ADIANTE”
“O CATAVENTOS”
POESÍA DE LORCA
Este curso decidimos celebrar o Entroido
disfrazándonos de MP4. Estivemos varios días
traballando no noso disfrace…
ENTROIDO
2018
PICAMOS
CON MOITO
COIDADO!
ELIXIMOS
CORES E
PINTAMOS
PREPARAMOS A
MONTAXE DO SÍMBOLO
DO PLAY, PAUSE…
… e así de simpático nos quedou!
Durante o día da celebración puxemos os nosos disfraces para
saír a rúa e, por suposto, fixemos unha pequena festa con música,
comida típica da data… pasámolo xenial!
1º A DE PRIMARIA CURSO: 2017-2018
Os nenos e nenas de 1ºA fixemos una chea de actividades.
Velaquí tendes algunhas delas.
O irmán de Inés explicounos a metamorfose dos vermes de seda
Dende ese momento tócanos a nós coidar deles. Cada día alimentámolos
dándolles follas de moreira que trae Inés.
Convidámosvos a visitalos!
Os martes no recreo practicamos PRANAYAMA coa profe Silvia
Tamén disfrutamos cos experimentos que traen os compañeiros/as
Na saída á exposición de QUESADA aprendemos moito sobre as súas
obras.
HOJITAS 2ºASomos os alumnos/as de 2ºA, queremos presentarvos a nosa prantachamada “HOJITAS” a cal coidamos regando e atendendo ao longode varios meses, agora forma parte do colexio e de nosas vidas, xa que irá medrando con nos ao longo dos anos, posto que a transplantamos e podemos observar como medra na entrada do centro.
Como científic@s divertid@s!!!
Experimentamos e aprendimos como actúa a electricidade estática, que é o que pasacando únense unha base e un ácido, como un ovo convértese despois de tres días en saltarín, como descubrir unha mensaxe segreda e ver a través dunha lupa así como coñecer que se ilumine unha bombilla con auga salgada e porque un líquido pasa dunha botella a outra sen tocaLo….todo isto e moito máis presentámolo en diferentes aulas, ás cales agradecemos a colaboración e a atención recibida. GRAZAS A TOD@S!
ALUMNADO DE 2º B PRIMARIA
INVENTO E INVENTOR Este curso continuamos no Proxecto “Inventos e experimentos” . O noso invento foi a lámpada incandescente do inventor Thomas Alva Edison. No Entroido o alumnado de segundo de primaria disfrazamonos de lámpada.
EXPERIMENTOS
Fixemos experimentos sobre a forza da gravidade, a electricidade estática e experiencias sobre as diferentes densidades.
A nosa aula tamén viñeron alumnas doutros cursos, como Ana e Claudia, a realizar variosexperimentos.
Mires onde mires atoparás reloxos.
Durante moitos anos a xente observaba a posición do sol. Có paso do tempo quixeron saber a hora exacta. Hai 5000 anos os chineses inventaron un reloxo de lume. Os babilonios hai 3000 anos usaban un de sol, pero só funcionaba os días soleados. En Grecia e Roma usábanse reloxos de auga. Hai 700 anos inventáronse uns que funcionaban cun engrenaxe de roda dentada. Dende hai 300 anos o aspecto dos reloxos variou moi pouco.
Nos fixemos os noso reloxos para medir o tempo
Tamén como din que “o tempo é un tesouro” temos o noso cofre do futuro. Nel metimos obxectos de moito valor para nós e un autorretrato de cada quen. O abriremos en 6º de primaria. Quen sabe si xa nesa época teremos un novo invento que nos permita viaxar polas distintas épocas…
Dentro de cada un de nós temos un inventor ou inventora. Gústanos manipular coas mates e as ciencias. Grazas aos país de Andrea Ricoy fixemos formigón na clase. Tamén disfrutamos doutros experimentos.
4º A:
NOS VALORAMOS, VALORÁMOSNOS….
Traballar en Valores é algo fundamental para educar aos nosos/as alumnos/as e futuros/as ciudadans da sociedade .
Nós este ano ademáis de aprender multitude de contidos en matemáticas,linguas, ciencias naturais e sociais, tamén aprendimos moito sobre,convivencia, autoestima, empatía, amizade, tolerancia….
Fixemos debates, traballos e sobre todo, dinámicas de traballo cooperativoque nos facilitaron moito todo esto.
MUNDO DE CORES: Repártense pegatinas de cores entre todos osalumnos/as, catro cores diferentes, sen falar teñen que facer grupos, peroun dos participantes ten unha cor diferente aos demáis. Estivemosdebatindo sobre a empatía, e como nos sentiríamos nos se quedásemos forado grupo.
A SILUETA:
Fixemos o noso autorretrato nun
folio, A3, despois pasamosnos todos
os debuxos de todos, a consigna
era,
poñer algo que nos inspirase
este compañeiro/a, una palabra que
o describa. Así aprendimos que os demáis nos poden ver de distinto xeito de
como nós pensamos que somos, vemos en que podemos cambiar, e cómo
sempre somos algo importante para a xente que nos rodea.
UNS INVENTOS MOI SABOROSOS:
ENTROIDO DE LARPEIRADAS EN 4ºB
Este ano a temática do Entroido no noso cole foron os inventos.
Para os cursos de 2º ciclo elixíronse dúas larpeiradas ben coñecidas. Os
nenos e nenas de 4º B puxéronse mans a obra e elaboraron os seus
propios disfraces. Diseño, creatividade, traballo en equipo, axuda e
cooperación foron a clave do éxito.
Averiguamos que o logotipo de Chupa Chups foi rediseñado por
Salvador Dalí, no ano 1968, quen colocou a forma da margarida á
composición tipográfica que hoxe coñecemos.
Tamén soubemos que as primeiras lamberetadas que semellan ao
que chamamos piruletas datan da Idade Media cando a nobleza
adoitaba comer azúcar cocido coa axuda de palillos ou mangos.
George Smith no ano 1908 tivo a idea de poñer o caramelo nun
pau para que fose máis doado de comer e púsolle o nome dun popular
caballo de carreiras da época, LLolllipop.
En 1958, Enric Bernats introduciu no mercado español o primeiro
caramelo con forma de bola e con pau da marca Chupa Chups que
fabricou a Granxa Asturias S.A. con sete sabores diferentes.
O desfile foi moi divertido. Parabens aos nenos e nenas de 4ºB polo
fantástico traballo!
Estudiar de forma divertda on Lapbook
Vouvos mostrar alguns exemplos de Lapbooks para estudiar Soci e Natu.
Invitovos a unha viaxe pola Idade Media.
Carla Francisco Lima 5º A
ESTUDIO DA DIETA DAS AVES GRAZAS ÁS EGAGRÓPILAS por Marta Robles
Bóla de restos de alimen-tos non dixeridos que re-
gurxitan algunhas aves. Ao estudalas podemos averi-
guar: *Cal é a dieta das
aves e como varía ao lon-go do ano. (Antes pa-ra estudialas matábanas) * Cal é a poboación
de micromamíferos, répti-
les ou insectos duna deter-
minada zona
Aprendimos a usar
útiles de laboratorio
-Material de escritu-
ra: bolígrafo, rotula-
dores indelebles,
lápiz y goma
- Papel secante,
-Lupa binocular,
-Guantes,
-Mascarilla,
-Pinzas de punta fina
-Cepillo
-Calibre
-Fichas donde anotar
los datos
CURUXA: ave do ano 2018
A Volvo Ocean Race é una competición a vela ao redor do mundo. A 2008-09 foi a décima edición e nela partici-pou Gonzalo Araújo. Os portos polos que transcurriu fo-
ron: Ciudad del Cabo (Sudáfrica), Kochi (India), Qing-dao China) , Boston (EEUU), Galway ( Irlanda), Go-
temburgo (Suecia) y San Petersburgo (Rusia).
Gonzalo contounos que cada barco ten un equipo de tripulantes que non so se adican a navegar se non que son expertos en matemáticas, electróni-ca, nutrición, mecánica, velas, e medicina... Tamén que , a bordo, non comen alimentos frescos, se non comida liofilizada (como a dos astronautas) e que ex-perimentan grandes va-riacións de temperatura ( dende –5ºC ata 40ºC ).
Os nenos e nenas de 6º A tamén nos unimos ao mundo dos
experimentos!!
Aquí Jorgiño, Jose e Tomás ,
totalmente centrados en ensinarlles aos mais peques…
Paula, Óscar e Diego tamén se atreveron coa electricidade,
funcionaría??
A estes grupos tíranlle máis as cousas da electricidade,
mecánica, bombillas , etc…
Aí tedes inspirados a Cosme, Dani R., Dani M. e Gael montando un
circuito eléctrico
Rut, Rodri e Edén coas mans na masa…..mellor
dito na “maicena” …irían facer unha empanada?
Non!!!! . A cousa iba de mesturas...
Derradeiros experimentos para nós no Chouzo!! Agora espérannosnovas aventuras nun novo cole, pero nunca esqueceremos todo o vivido
nestes anos!!!!!!
Feliz verán para todos!!!!!!!!!!!
Naila e Mariña cos nenos e nenas
de 4ºcurso, que miran embelesados a súa “leite de cores”
Vaia tres! Pancho, Perico e Andrés!!!!
Mauro, Marlon e Gabri e as súas mesturas raras!!! Miña nai!!!
Van todos os ingredentes ao mesmo tempo!!! Van pa cociñeiros…..
Ana e Claudia mostrando o seu arcoiris de cores aos nenos de 4º !!!!
FEIRA DA CIENCIA NA AULA DE 6ºBOs alumnos/as deste curso convertéronse durante uns días enauténticos científicos realizando experimentos con moita motivación econvidando ao resto dos cursos para facerlles unha demostración do seutraballo. Ademais tamén fixeron xuntos carteis e invitacións!!
O ovo queflota.
O xeo que voa.O
dinamómetro.
Este é o meuexperimento:O ovo saltarín.Unha maqueta
un pouco“movida”.
Debuxos quecobran vida.
A lámpada de lava.
Mesturatodo ben!
A botellainfla
globos.Espero que non
estoupe.
Xa verás como colla aire!
A bolsamáxica.
Imoscomprendera gravidade.
O Dr. Ferreiroseparou líquidos.
Auga e sala luz acenderá
Espero non mollarme.
As forzasatmosféricas son
maxia.
O reflexo non so é no
espello.
Acenderá ocircuito?
Comprobamos a densidade.
AULA DE P. T (PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA)
APRENDEMOSEXPERIMENTANDO,
XOGANDO,VERBALIZANDO,
PINTANDO,ESCRIBINDO, COCIÑANDO,
LENDOTEATRALIZANDO...
AULA DE P. T (PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA)
APRENDEMOSCONSTRUINDOCURIOSEANDO,
FALANDO,CHEGANDO A
ACORDOS,DECORANDO,ESTUDIANDO,
AULA DE P. T (PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA)
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO (2-ABRIL)
O MUNDO NECESITA DIFERENTES TIPOS DE MENTES PARA TRABALLAR XUNTAS
SOMOS PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES
PARA UNHA PERSOA CON AUTISMO: CAMIÑAR DE PUNTILLAS, DAR VOLTAS OUALETEAR, É PARTE DA SÚA ESENCIA, DEIXAO “ATUISTEAR”
AS VECES AS COUSAS QUE NON PODEMOS CAMBIAR, NOS TERMINAN CAMBIANDO A NÓS.GRAZAS POR TODO!!
FOTOS GRUPO
4º ED.INFANTIL A
4º ED.INFANTIL B
5º ED.INFANTIL A
5ºED.INFANTIL B
6ºED.INFANTIL A
6º ED.INFANTIL B
1ºA
1ºB
2ºA
2ºB
3ºA
3ºB
4ºA
4ºB
5º A
5º B
6ºA
6ºB
APRENDIZAXE COOPERATIVA
Este curso escolar desenvólvese un Plan de formación
permanente do profesorado (PFPP) en Aprendizaxe cooperativa
na aula. Trátase do 2º ano que o estamos a desenvolver no noso
centro en diferentes aulas de Educación Infantil e Primaria.
O profesorado emprega este modelo de ensinanza cunha dobre
finalidade: que o alumnado APRENDA OS CONTIDOS escolares
e que aprenda tamén a TRABALLAR EN EQUIPO e a SER
SOLIDARIOS, como uns contidos escolares máis.
Dinámicas de AC Folio xiratorio
Trátase de COOPERAR PARA APRENDER E APRENDER A
COOPERAR.
PRANAYAMA
NOS PERMITIMOS SER…
Queridas familias,
Os nosos fillos e fillas pasan no cole longas xornadas, dado o complicado mundo no que vivimos,
moitos nenos e nenas pasan máis tempo no cole que coas súas nais e pais. Isto é unha razón
máis que suficiente para que nos coles haxa anpas implicadas que velen polos intereses das
familias, que se preocupen en crear espazos para a conciliación familiar como é o taller de
xogos de madrugadores e de medio día, que rompan a cabeza buscando ocos e horarios para dar
a mellor cobertura de actividades extraescolares de calidade e sacar tempo de onde non o hai
para organizar festas e eventos que sirvan de punto de encontro entre as familias e a escola.
Porque familia e escola deben ir da man, xuntas debemos ser un equipo cuxo único obxectivo
sexa o de crear cidadáns libres, independentes, respectuosos, amables, cómplices,
compañeiros, porque os nenos e as nenas deben percibir o cole como un lugar seguro que lles
abra o apetito polo saber e se a familia e a escola van da man isto conséguese.
Todos e todas temos algo que achegar, porque "Moita xente pequena, en lugares pequenos,
facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo" e disto trátase, de facer do cole un cole
mellor, porque o cole é unha parte moi importante do mundo dos nosos nenos. Anímache a
colaborar no Anpa, como todos os anos pedimos axuda, voluntarios, ideas, todo suma!!!
Felices vacación e ata o próximo curso!!
III Dia da sustentabilidade
Voluntarios e voluntarias Pasaruas Entroido
Voluntarios e voluntarias Magosto
LETRAS GALEGAS 2018: Mª VICTORIA MORENO
CEIP EMILIA PARDO BAZÁN. Dinamización lingüística ceip.emilia.pardo@edu.xunta.es
R/ Camiño do Chouzo, 7 36208 VIGO. Tlfno: 886120077 http://bibliotecadochouzo.blogspot.com
http://chouzoanpa.blogspot.com