Post on 28-Mar-2016
description
Xogo de rol
“Nai so hai unha“
Vázquez Augusto, Silvia.
Sistema educativo e educación en valores - - Mestrado para o profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación
Profesional e Ensino de Idiomas - - Univerisdade de Vigo - - Falcultade de Educación de Ourense - - Curso 2011-2012
.
ÍNDICE
Páxina
1. Introdución .................................... .............................. 2
2. Destinatarios................................... ............................. 2
3. Contido ........................................ ................................ 3
4. Obxectivos ..................................... ............................. 3
5. Descrición do xogo ............................. ....................... 4
6. Personaxes ..................................... ............................ 4
7. Espazos ........................................ ............................... 6
8. Tempo .......................................... ................................ 7
9. Recursos ....................................... .............................. 7
10. Conclusións ................................... ............................ 8
11. Bibliografía .................................. .............................. 8
-1-
1. INTRODUCIÓN
A miúdo os xoves de hoxe en día cometen excesos, moitas veces sen
seren conscientes do dano que poden causar a xente que os rodea ou
das consecuencias ás que os poden levar. Por isto sería interesante
moitas veces cambiar de rol e porse na pel dos demais ou vivir unha
situación extrema, incluso esaxerada ata a súa consecuencia final.
Estas vivencias pódense
conseguir mediante un
xogo de rol que é “unha
técnica de dramatización
en grupo que ten a
finalidade de ensanchar o
campo de experiencias dos
individuos, ben poñéndoos en contacto cunha realidade distinta da
habitual, ben nunha situación que lles facilite o acceso a
pensamentos, sentimentos ou sensacións que normalmente
permanecerían fora do seu campo de conciencia” (Fabra,1992, p. 75).
É dicir, é un xogo de simulación baseado en personaxes e situacións
normativas aínda que as veces é difícil distinguir entre realidade e
ficción. (Navarro, 2002).
A través desta actividade tentaremos facer vivir o alumno implicado
unha situación que normalmente realiza, pero dende o punto de vista
dos que reciben as consecuencias da súa actuación.
2. DESTINATARIOS
Este xogo irá dirixido a alumnos de ensinanza secundaria, é dicir, a
rapaces de entre 12 e 16 anos que teñen problemas de autocontrol e
violencia, normalmente verbal, sobre todo no ámbito das súas
familias.
-2-
3. CONTIDOS
Nos últimos tempos son moitas as nais e pais que, desesperados,
acoden a escola solicitando axuda para controlar ós seus fillos. En
moitos casos non atopan resposta algunha, pero a dicir verdade
poderíase sacar desta situación unha oportunidade para facilitar a
cooperación entre as familias e os profesores.
Ademais, poderíase aproveitar para inculcarlle ós alumnos valores
como o respecto as persoas maiores, o autocontrol, a madurez, a
responsabilidade, a sensatez,... e sobre todo, deixarlles entrever que
todo o que fan as súas nais/pais e polo seu ben.
Todo isto poderiámolo conseguir facendo que o alumno/a representara
durante un período de tempo o
papel das súa nai, sendo algún
dos seus compañeiros o que
exercera o papel fillo rebelde.
4. OBXECTIVOS
• Permitirlle ós alumnos rebeldes
verse na pel das súas
nais/pais.
• Facerlles ver o positivo das
acción das súas nais/pais.
• Favorecer unha actitude
respectuosa dos fillos cara os pais.
• Axudar ós alumnos a madurar e medrar como persoas.
• Inculcarlle ós alumnos valores como a responsabilidade, a
sensatez ou o autocontrol.
• Incentivar a colaboración entre familia e escola.
-3-
5. DESCRIPCIÓN DO XOGO
O argumento do xogo sería o seguinte:
A nai dun
alumno do
noso centro
ven a recoller o
seu fillo ó
instituto coma
todos os días.
Ó chegar
atópase con
que o seu fillo
pídelle permiso
para quedar cuns amigos que van á sala de videoxogos. Ela négase
a darlle permiso xa que é día de semana e o rapaz inda non fixo os
deberes nin estudou para o exame que ten o día seguinte. Ó pouco
comeza a rifa á cal se unen a avoa do rapaz máis o seu irmán
pequeno, que estaban no coche, alertados pola algarabía. O rapaz
comeza a usar os seus argumentos estériles de costume alentado
polo apoio dos seus compañeiros. Finalmente chama o seu pai quen
se presenta no centro aumentando aínda máis a dificultade da
situación.
6. PERSONAXES
Para realizar este xogo de rol teremos cinco papeis principais, sendo o
rapaz coa problemática que desempeñará o papel de nai. O resto dos
alumnos participarán co papel de compañeiros de clase.
As fichas destas personaxes son as seguintes:
-4-
Pai
Señor de mediana idade e divorciado, que non
entende a actitude da súa muller.
Segue a consentir os seus fillos sen darse conta
que lle está quitando autoridade a súa dona
diante dos rapaces.
• O rol de nai e pai inverteranse dependendo de se o suxeito en
cuestión é rapaza ou rapaz.
-5-
Fillo rebelde
Adolescente en plena etapa de rebeldía que
acusa a súa nai de tódolos seus problemas
usando argumentos tan esteriles como: para
que me tiveches, mátame, voume suicidar,
senón nacera, voullo dicir o papa, ….
Irmán pequeno
Neno de aproximadamente 9 anos que
considera o seu irmán como un ídolo, polo que
en moitas ocasións adopta a súa actitude
argumentando “se el fai..... eu quero.....”
Resto dos compañeiros
Adolescentes que o único que queren e que o
seu amigo os acompañe, polo que lle ofrecen a
nai todo tipo de escusas e promesas para
convencela.
7. ESPAZO
Esta actividade poderíase realizar no espazo da aula normal de titoría.
Só sería preciso dispoñer as mesas e as cadeiras de tal xeito que
permitiran a realización do role-play.
-6-
8. TEMPO
Para realizar este xogo necesitaríamos da última parte dunha sesión
de titoría (uns 20 minutos) para presentar o xogo, repartir as
personaxes, e dar indicacións sobre o material que precisarían para
caracterizar a cada personaxe. Por suposto, o rol de pai/nai
corresponderíalle ó alumno problemático en cuestión. Logo, nunha
segunda sesión procederíase á realización do xogo de rol cunha
posterior posta en común do extraído da dramatización, deixando
claros os valores que pretendíamos transmitir.
Se dispuxésemos de tempo suficiente poderíamos adicarlle un par de
sesións a crear un escenario que favorecera a motivación ,
colaboración e implicación dos alumnos.
9. RECURSOS
Dramatización
DESCRIPCIÓN
Perrucas
Maquillaxe
Vestiario
Zapatos
Accesorios
Escenario
Rolo de papel
Pintura de dedos
Pinceis
Madeira
-7-
10. CONCLUSIÓNS
Os role-play son un recurso educativo moi ilustrativo, polo que poden
acercar ó alumno a realidade en moitos ámbitos, axudándolles a
percatarse das consecuencias dos seus propios actos e a adquirir
inconscientemente diferentes valores.
Só fai falla unha pouca de imaxinación para crear diferentes
escenarios que nos permitan traballar con diferentes valores e
situacións.
Calquera situación observada nos alumnos pódese extrapolar a un
xogo de rol permitíndolle ó alumno darse conta da realidade da súa
actuación sen entrar en conflito con el nin coa súa familia.
11. BIBLIOGRAFÍA.
• Fabra, M. L. (1992). Técnicas de grupo para la cooperación.
España: Editorial CEAC.
• Navarro, V. (2002). El afán de jugar. Teoría y práctica de los
juegos motores. Barcelona: INDE Publicacións.
-8-