manual toma mostras palleiro 25092017 · 2017. 9. 25. · MANUAL TOMA DE MOSTRAS CAN DE PALLEIRO...

Post on 04-Aug-2021

4 views 0 download

Transcript of manual toma mostras palleiro 25092017 · 2017. 9. 25. · MANUAL TOMA DE MOSTRAS CAN DE PALLEIRO...

Páxina 1

MANUAL TOMA DE MOSTRAS

CAN DE PALLEIRO

XANEIRO 2017

Páxina 2

ÍNDICE

1. TOMA DE MOSTRAS, MANEXO E ENVÍO DAS MOSTRAS .............................................. 3

1.1. Material ..................................................................................................................... 3

1.2. Valoración e identificación do paciente .................................................................... 5

1.3. Técnica extracción de sangue .................................................................................... 6

1.3.1. Emprego da palomilla + xiringa (recomendada en cachorros) .............................. 8

1.3.2. Emprego da agulla + xiringa ................................................................................... 8

1.4. Xestión dos residuos .................................................................................................. 9

1.5. Envío da mostra ......................................................................................................... 9

Páxina 3

1. TOMA DE MOSTRAS, MANEXO E ENVÍO DAS MOSTRAS

1.1. Material

• Agullas 23G cor azul

• Palomillas 23G cor azul

• Xiringas de 3 corpos de 3 ml

• Tubos EDTA 4 ml de tapón lila

• Peladora

• Goma elástica

• Buceira (de distintos tamaños en función do tamaño do can). Nos cachorros, non é preciso empregar.

• Lector de microchips

Páxina 4

Páxina 5

1.2. Valoración e identificación do paciente

Antes de realizar a extracción de sangue, debemos valorar o estado do paciente para garantir que se atopa en condicións óptimas para realizar a extracción de sangue (valoración de mucosas, estado de hidratación –pliegue- e ánimo). Se o cadro clínico do can non é o axeitado, non realizaremos a toma de mostra xa que podería empeorar o seu estado. Deixaremos constancia disto na ficha de toma de mostras.

Se o estado do paciente é o correcto, procederemos a ler o seu microchip na zona do pescozo para identificar a mostra de sangue.

Páxina 6

1.3. Técnica extracción de sangue

Para obter unha mostra de sangue en cans e gatos recomendase punzar as venas cefálicas , safenas ou xugulares. No caso dos cans de palleiro, empregaremos as venas cefálicas.

Páxina 7

Para realizar a extracción, o dono/responsable do animal debe suxeitar ao can en

posición decúbito esternal. O dono/responsable do animal suxeitará o pescozo e a cabeza do animal cunha man e coa outra toma a articulación do cóbado do membro torácico que lle quede máis cómodo, tratando de estender o antebrazo do can, e impedindo que o can retroceda e ou mova a extremidade.

Páxina 8

Realizamos a preparación aséptica (rasurado e lavado cunha gasa empapada en alcol ao 70%) da rexión dorsal do terzo medio distal do radio e cúbito, que é a zona que imos a punzar. O dono/responsable do animal que está suxeitando o brazo do can aplica unha ligadura (goma elástica ou ca man) sobre a articulación do cóbado para interromper o retorno venoso e facer resaltar a vena, durante un máximo de dez segundos antes da venopunción. Si se fai por máis tempo, prodúcese un falso aumento do hematocrito. Para extraer a mostra deberase tomar cunha man o membro torácico do can, de xeito que se eviten movementos indesexables.

1.3.1. Emprego da palomilla + xiringa (recomendada en cachorros)

A venopunción realízase introducindo a agulla da palomilla , co bisel da mesma apuntando cara enriba, nun ángulo de 45 grados aproximadamente, sobre a vena cefálica que se atopa resaltada pola presión. Unha vez atravesa a pel, o tecido subcutáneo e a parede do vaso sanguíneo, realizarase unha lixeira aspiración do émbolo, para verificar que efectivamente introduciuse a agulla no vaso sanguíneo, e seguiremos aspirando aos poucos para evitar a coagulación da sangue ata encher un mínimo de 2ml da xiringa. Unha vez teñamos o volume de sangue preciso, comprimimos a vena cunha gasa que deixaremos suxeita con esparadrapo na zona de punción para facer hemostase antes de extraer a palomilla e así evitar un sangrado espontáneo. A continuación extraemos a palomilla aspirando coa xiringa para recoller o volume de sangue do recorrido da palomilla. Unha vez teñamos todo o volume de sangue na xiringa, extraemos a xiringa da palomilla e transferimos o seu contido ao tubo sen tapón, deixando deslizar a sangue pola parede do tubo para evitar a hemólise. Inmediatamente despois tapamos o tubo e mesturamos suavemente co EDTA K3/K2 cun movemento de sube e baixa unhas 10 veces, evitando axitar vigorosamente para manter sen hemólise a mostra. Se hai presenza de coágulos na mostra, deberase realizar novamente. Titorial de apoio: https://www.youtube.com/watch?v=4qCFAmpH2EY

1.3.2. Emprego da agulla + xiringa

A venopunción realízase introducindo a agulla, co bisel da mesma apuntando cara enriba, nun ángulo de 45 grados aproximadamente, sobre a vena cefálica que se atopa resaltada pola presión. Unha vez atravesa a pel, o tecido subcutáneo e a parede do vaso sanguíneo, realizarase unha lixeira aspiración do émbolo, para verificar que efectivamente introduciuse a agulla no vaso sanguíneo, e seguiremos aspirando aos poucos para evitar a coagulación da sangue ata encher un mínimo de 2ml da xiringa. Unha vez teñamos o volume de sangue preciso, comprimimos a vena cunha gasa que deixaremos suxeita con esparadrapo na zona de punción para facer hemostase antes de extraer a agulla e así evitar un sangrado espontáneo. A continuación extraemos a agulla e transferimos o seu contido ao tubo sen tapón, deixando deslizar a sangue pola parede do tubo para evitar a hemólise. Inmediatamente despois tapamos o tubo e mesturamos suavemente co EDTA K3/K2 cun movemento de sube e baixa unhas 10 veces, evitando axitar vigorosamente para manter sen hemólise a mostra. Se hai presenza de coágulos na mostra, deberase realizar novamente.

Páxina 9

1.4. Xestión dos residuos

• Palomillas e agullas: ao colector de residuos punzantes

• Xiringas e tubos desbotados: nas bolsas para residuos sanitarios non específicos

• Luvas de latex/nitrilo e gasas: nas bolsas para residuos sanitarios non específicos

Non debemos deixar ningún residuo no lugar da toma de mostras.

1.5. Envío da mostra

Os tubos de mostra irán rotulados co número que lle asignemos en función da orde da

extracción (1 , 2 , 3 , -.....) e a maiores indicaremos o número de microchip, para evitar erros na trazabilidade da mostra. Os tubos transportaranse en caixas con gradillas de poliespan para evitar golpes, rotuladas coa seguinte información:

• Semana extracción da mostra: semana 4

• Día da extracción: 30/1/2017

• Equipo: 246-258

• Rango mostra: 1���� 10

• Concello: Oleiros

• Análise solicitado: AFILIACION XENETICA (F) CAN DE PALLEIRO

O envío da mostra para sangue enteira con anticoagulante deberá estar refrixerada

entre 4 e 8ºC. No caso de que non se poda enviar refrixerada, evitarase a súa almacenaxe a altas temperaturas.

As mostras deberán ir acompañadas pola ficha de toma de mostras correctamente cuberta.

Páxina 10