LIC Parga-Ladra-Támoga

Post on 18-Jul-2015

82 views 5 download

Transcript of LIC Parga-Ladra-Támoga

ESPAZOS NATURAISParga-Ladra-Támoga

EXTENSIÓN: 5.013,01 ha CONCELLOS: Abadín, Baleira, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba, Xermade.PROTECCCIÓN: LIC, ZEC VALORES NATURAIS: lagoas, bosques de ribeira, ríos, aves acuáticas, anfibios....

Abrangue parte do curso do Miño (entre Lugo e Xustás) e os seus afluentes Ladra (co Parga, Requeixo, Labrada e Trimaz), Támoga e Narla.O espazo protexido inclúe as lagoas de Cospeito, Santa Cristina, Reboredo, Pedroso, Codesido, Fontefría, Denune e Seixas, e as zonas húmidas de Lamas de Xermar e Xoibán.

PROPOSTA DE AMPLIACIÓN:-O río Miño ata Fonmiñá-O río Azúmara -O río Parga ata o nacemento-As veigas de Inundación e lagoas da Terra Chá

RÍOS

O miño en Xustás (Cospeito), no comezo da área protexida.

Río Miño .Fórmase coas augas que baixan dos montes de Meira e énchese, no seu curso alto, coas que recolle da Terra Cha e das serras que a circundan. Percorre a chaira cun curso lento formando meandros e illas.Despois de 307,5 km de percorrido desemboca na Guarda.Nesta parte do seu percorrido recibe pola dereita as augas do Anllo, Támoga, Ladra e Mera, e pola esquerda o Lea, Pequeno e Vilardón.

O Miño en Arcillá (Cospeito)

Cela, entre Rábade en Outeiro de Rei

O Miño en Rábade

O Miño en Rábade

O Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

Comfluencia do Ladra co Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

O Miño na ínsua de Seivane (Outeiro de Rei)

Carballeira na ínsua de Seivane (Outeiro de Rei)

Ínsua de Seivane (Outeiro de Rei)

Caneiro do Piago (Outeiro de Rei)

Caneiro do Piago (Outeiro de Rei)

O Miño en Piago (Outeiro de Rei)

O Miño en Ombreiro (Lugo)

O Miño en Ombreiro (Lugo), no inverno, con augas altas.

O Miño en Gondai (Lugo)

O Miño en (Lugo)

O Miño en Lugo, no remate da área protexida.

Río Támoga.Fórmase con varios regos que nacen no monte Monseibán (Serra do Xistral), pasa polos concellos de Abadín, Vilalba, Cospeito e Begonte e desemboca no Miño nas proximidades de Cela, facendo de fronteira entre os concellos de Outeiro de Rei e Cospeito. Drena a lagoa de Cospeito. Río Batán en Martiñá

Canle de regulación da lagoa de Cospeito

O Támoga en Támoga (Cospeito)

Río LadraFórmase pola confluencia dos ríos Trimaz , que nace nos montes de Xermade; do Madalena, que nace na Serra da Carba e do Fabilas. Pasa por terras de Vilalba, Begonte e Outeiro de Rei e desemboca no Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei).Os seus principais afluentes son o Labrada e o Parga.

O Ladra en Uriz

O Ladra en Begonte

Confluencia do Ladra co Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

Río Trimaz, unha das cabeceiras do Ladra, en Xermade. Os ríos da Terra Cha rebordan a miúdo durante a época de choivas.

O río Madalena é outra das cabeceiras do Ladra.En Vilalba hai unha área recreativa cunha praia fluvial, un paseo ata a vila e varios muíños restaurados.

O Madalena en Vilalba

O río Labrada é un afluente do Ladra que nace na Dorsal Galega.

O río Labradaen Cazás (Xermade).

Ponte de Saa sobre o río Labrada (Vilalba)

O Parga en San Alberte

O río Parga é un afluente do Ladra que nace na Cova da Serpe e xúntase a el en Begonte.

Presa de Marra no río Requeixo (Parga)

O Parga en Baamonde

O río Narla nace nos montes do Corno de Boi e recolle as augas do Cordal de Ousá. Percorre 24 km en terreos de Friol e Outeiro de Rei e xúntase co Miño en Ombreiro.

O Narla en Friol.

HUMIDAISO elevado nivel freático da zona e o chan arxiloso favorecen a aparición de lagoas e zonas húmidas de carácter estacional que forman a mellor rede de humidais de Galiza

Lagoa de CospeitoSituada ao pé de Feira do Monte (Cospeito). Está alimentada polo río Guisande. Ocupa unhas cinco hectáreas, aínda que no inverno aumenta moito a superficie. Era a lagoa máis grande da Terra Cha (57,5 ha) pero foi desecada arredor de 1960 polo IRYDA e recuperada parcialmente en 1981.Ten un sendeiro que a rodea, varios observatorios e un centro de interpretación.

A lagoa de Cospeito é un punto importante de cría de avefría, mergullón pequeno, pita de auga, demo negro... No inverno aparecen grandes grupos de anátidas (lavanco real, charneco, pato cullerete, pato asubión, pato rabudo, parrulo chupón, parrulo cristado, ganso...) e limícolas (avefría, mazaricos...). Tamén son frecuentes as cegoñas e as garzas.

Lagoas de Riocaldo ou Pedroso Conxunto de cinco lagoas con distinto grao de naturalización orixinadas polas explotacións mineiras, situadas a carón do río Ladra (Begonte).

Lagoa de Riocaldo

Lagoa de Caque ou Bardancos .Nas proximidades de O Castro (Castro de Rei)É a máis grande da Terra Chá, con 19 ha. Non está alimentada por ningún río. Foi parcialmente recuperada en 1988.

Lagoa do ReiSituada en Rábade. É unha importante zona de refuxio para as aves acuáticas. Está declarada Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral.

Veiga de PumarÉ unha zona húmida dunhas 30 ha situada na marxe dereita do río Miño, entre Oroxe e Pumar, alimentada polo Rego de Pumar e polas chuvias invernais. No verán desécase case totalmente. Alternan os espazos abertos e as áreas arboradas con bidueiros, salgueiros, ameneiros... e unha gran variedade de plantas das zonas húmidas xunto con pasteiros.

Alligal de CodesidoSituada en Santabaia (Vilalba). É un manancial de augas termais (arredor de 30º) acondicionado a xeito de piscina. Nos arredores hai unha extensa área que se inunda temporalmente coas augas do río Trimaz ocupada por prados húmidos e bosques de amieiras, bidueiros salgueiros e algún carballo.

Outros humidais:Lagoa da Carballosa (Cospeito) Lamas de Xermar. En Xermar (Cospeito)Lagoa de Seixas (Cospeito)Lagoas de Reboredo (Vilalba)Lagoa de Fontefría (Begonte)Lagoa de Denune (Begonte)Pozo de Ollo (Begonte)

Lagoa da Carballosa (Cospeito)

Lagoa da Fontefría (Begonte)

Lagoa de Denune (Begonte)

FLORA

A vexetación máis interesante é a ligada á auga. Ao longo do curso dos ríos hai bosques de galería con salgueiros, freixos, amieiras, bidueiros e nas proximidades carballos, castiñeiros... Nalgúns puntos do Miño podemos atopar o arbusto Euonymus europaeus.Hai un gran número de plantas pouco comúns de gran valor ecolóxico: Cladium mariscus, salgueiriño (Lythrum salicaria), Galium palustre, trevo de auga (Menyanthes trifoliata), frundio (Myrca gale), Ceratophylum demersum, Utricularia australis, Nymphoides peltata, Scirpus pugens, ambroíño de río, fento de lagoa (Thelypteris palustris), Pilularia globulifera, Isoetes fluitans, Lycopodiella innundata...

Salgueiros en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

Bosque na ínsua de San Roque en Outeiro de Rei

Froitos de Euonymus europaeus.

Especies que figuran no anexo II da Directiva 92/43/CEE: Eryngium viviparumLuronium natansNarcissus asturiensisNarcissus pseudonarcissus ssp. NobilisSphagnum pylaisii.

Narcissus asturiensis

Ambroíños enanos (Nynphoides peltata). Planta pouco común que se pode atopar nalgúns puntos do Miño. En Galiza está en perigo de extinción.

Isoetes fluitans, un fento que vive en augas limpas de corrente lenta.

Platanaria (Sparganium erectum). Medra en augas de pouco andar.

Espadaina ou palla real (Typha latifolia).

Chantaxe de auga (Alisma plantagoaquatica)

Herbas da prata (Ranunculus peltatus)

Frundio (Myrica gale).

Ludwigia palustris. Florece no verán en pozas e regatos de pouca corrente.

Utricularia (Utricularia australis) vive aboiando na auga das lagoas. Aliméntase de pequenos animais que captura cos sacos dixestivos

A fauna máis destacada deste espazo é a ligada aos medios acuáticos, sobre todo aves, anfibios e insectos.

Exemplar xuvenil de estroza (Hyla arborea)

FAUNA

Galiñola negra (Fulica atra)

AVES: destaca a presenza de aves acuáticas e asociadas ás zonas húmidas. Crían con regularidade: lavanco real, galiñola negra, galiña de río, mergullón pequeno, rascón de auga, mazarico curlí, avefría (un dos núcleos máis importantes de Galiza), merlo rieiro, sisón...; e ocasionalmente: parrulo cristado, cerceta real, cegoña branca.No inverno acolle importantes poboacións de: píllara dourada grande, pato cullerete, pato asubión, pato cincento, pato rabilongo, parrulo chupón, garza real, ánsar cincento. Nos pasos primaverais e outonais vense: cerceta de estío, liorteiro, bilurico alinegro, bilurico pintado, fulepas ...

As cegoñas (Ciconia ciconia) aliméntanse de animais que atopan nas numerosas “lamas” da Terra Chá.

Cabalo do demo (Onychogomphus uncatus)Todas as libeliñas, cabalos do demo, gaiteiros... desenvolven as súas fases larvarias na auga onde se alimentan de outros animais.

Mexillón de río (Margarita margaritifera) só se atopa en ríos coas augas limpas. Pode acadar máis de 10 cm de lonxitude

Especies que figuran no anexo II da Directiva 92/43/CEE.

Invertebrados:Coenagrion mercurialeOxygastra curtisiiMacromia splendensLucanus cervusEuphydryas auriniaElona quimperianaMargaritifera margaritifera

Peixes: Chondrostoma polylepis Rutilus arcasii

Anfibios: Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi

Réptiles: Lacerta schreiberi

Mamíferos: Galemys pyrenaicus Lutra lutra Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros

Caseto do caneiro de pesca de Meilán no río Miño (Lugo)

Arredor dos ríos desenvolveuse un aproveitamento tradicional que hoxe é un atractivo máis para visitar a zona: muíños, caneiros, casetos de pesca, embarcacións tradicionais...

O Miño en Santa Sabela (Outeiro de Rei)

Arredor dos ríos desenvolveuse un aproveitamento tradicional quer hoxe é un atractivo máis para visitar a zona: muíños, caneiros, casetos de pesca, embarcacións tradicionais...

Fento (Azolla filiculoides), unha planta de orixe norteamericana que invade tramos do Miño.

PROBLEMAS: Desecación, vertidos, extracción de áridos, introdución de especies invasoras...

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaXaneiro 2015