Lenda da árbore de nadal

Post on 22-Aug-2015

1.163 views 3 download

Transcript of Lenda da árbore de nadal

LENDA DA ÁRBORE DE NADAL

Patricia Pena Barbeito, mestre de AL

Érase unha vez un leñador moi pobre, moi pobre, pero moi bo e traballador

que vivía cos seus fillos e a súa muller nunha pequena cabaña do bosque.

O día de Nadal saeu da súa casa para ir a cortar leña pero fíxoselle noite polo camiño.

O leñador non sabía como volver á casa porque non se vía nada, así que pensou que aquela noite de Nadal ía

durmir alí no monte.

E doulle moita pena porque quería estar coa súa familia.

De súpeto, un claro se abriu no bosque e a través dunha árbore as estrelas

ilumináronlle o camiño.

A árbore faloulle:- Es un home moi honrado leñador,

córtame e as estrelas iluminarán a túa volta á casa.

E así foi como coa árbore e as estrelas o bo leñador puido regresar á súa casa

coa súa familia.

Aquela noite, ademais todos riron e bailaron á luz das estrelas e arredor da árbore.

Por iso agora poñemos unha árbore de Nadal chea de luces de cores, para

lembrar a ese bo leñador que quedou a escuras no monte e que chegou á

casa coa luz das estrelas.

A ÁRBORE DE NADAL É UN PINO.. A VER SE COÑECEDES AS SEGUINTES ÁRBORES!

A QUE DA MAZÁS CHÁMASE…

A QUE DA PERAS…

A QUE DA NOCES…

A QUE DA CASTAÑAS…

A QUE DA LIMÓNS…

AGORA IDES DICIR VOS MÁIS FROITAS E DECIMOS AS ÁRBORES QUE AS DAN.

E AGORA IMOS FACER NÓS UNHA ÁRBORE DE MANS E ÍMOSLLE POÑER AS LUCES DE ESTRELAS