CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

12
LENDA DA CAPELA DE FONTELANZÁ

description

Desde o CPI de Xanceda (Mesía) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!

Transcript of CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Page 1: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

LENDA

DA

CAPELA

DE

FONTELANZÁ

Page 2: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

A capela de Fontelanzá

Todo comezou cando Don Blas de la Fuente, un home nacido en Lanzá (máisconcretamente en Fontelanzá) emigrou a Cuba para intentar gañar o pan. Alífoille tan ben que volveu para Galicia rico.

No seu viaxe de regreso, un compañeiro que volvía con el morreu e Don Blasherdou toda a súa fortuna. Así acumulou tal cantidade de ouro que, polo quese conta, despois de desembarcar na Coruña comprou tres mulas paratrasladar o seu diñeiro a Lanzá.

Unha vez chegado aquí, comezou a ter remordementos de conciencia polaapropiación dos bens do seu compañeiro morto. Por isto, considerándose endébeda con Deus, decidiu construír unha capela para remediar o seu erro. Asífoi como naceu a capela das Virtudes, xa que Don Blas de la Fuente cría queaqueles terreos eran de Lanzá. Cando se deu conta do seu erro amañounoconstruíndo outra capela, esta vez moi cerca da súa casa natal.

Dise que nesta capela había un cáliz de ouro do que agora non se sabe ondeestá. As malas linguas din que acabou nas mans do cura. O altar que había nacapela, que actualmente está na capela de Lanzá, foi realizado en madeira noano 1700, non se sabe moi ben se en Cuba ou en Bos Aires.

En canto a Don Blas, marchou para Madrid e, aínda que había dubidas sobrese estaría enterrado na capela de Lanzá ou en Madrid, a segunda opciónparece que é a máis probable. Créese esto porque un crego contratou a doushomes para que fixeran un buraco no chan da capela para atopar restos dohome. Esta operación levouse a cabo de noite e parece ser que non se atopounada.

Ultimamente nesta capela comezouse a celebrar unha festa,independentemente da que se celebra agora co data do San Mamede, pero sódurou catro anos. Esto foi debido a unha pelexa que se saldou coa morte dunveciño de Lanzá. Algúns anos despois deste acontecemento deixaron decelebrarse alí oficios relixiosos e a capela quedou abandonada. Hoxe en día xasó quedan as ruínas do edificio, e unha chea de misterios e preguntas que ómellor nunca chegaremos a resolver.

Page 3: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Antigo cruceiro que se atopa na entrada da igrexa de Lanzá.

Page 4: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Imaxe do cruceiro e pila bautismal que se atopaba antes nese mesmo lugaronde antes estaba a anterior capela que houbo. Detrás vese a nova capela

feita fai moi pouco.

Page 5: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Outra imaxe da pila bautismal onde antes se bautizaban os nenos na antigacapela. Tamén se observa o emprazamento actual do cementerio.

Page 6: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Entrada do recinto onde fai moitos anos se atopaba a escola, a casa do curae a fermosa capela.

Page 7: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

O arco que se mostra na imaxe e feito totalmente de pedra. Seguramente eunha das poucas cousas que se encontran en perfecto estado da antiga capela.

Page 8: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Entrada case derruída da casa do cura, era unha casa de dous pisos e si sehoubera conservado sería moi bonita.

Page 9: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza
Page 10: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza
Page 11: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Esta era a entrada da escola na que o cura era o profesor.

Page 12: CPI de Xanceda (Mesía) - Lenda da capela de fontelanza

Estas tres imaxes son dun dos lavadoiros que había en Lanzá. Este era moiamplo e en el lavaba a xente a roupa.