Post on 19-Jun-2015
description
Igualdade de xénero:
Xóvenes
Vanesa BúaNoelia Fiuza
Tania FilgueiraMaría Arboleda
Educación: Desigualdade nas aulas
Múltiples estudos deixan claro que, a pesar da
igualdade legal,as mulleres non disfrutan
das mesmas oportunidades cos homes no mundo
laboral, na administración...
Tampouco nas aulas.
Hai máis de tres décadas que os nenos e nenas estudan xuntos e estudan o mesmo, pero na escola non se lles trata por igual nin se
concede a mesma importancia ao saber deles que delas ; é sexista.
Coma sempre que se xeneraliza, esta
afirmación, ao pé da letra, non é certa.
Hai escolas que ensinan os nomes de tantos trobadores como de
trobadoras, que explican a xeometría a través da costura, que impiden que o fútbol acapare o espazo de xogo no patio o que inclúen as tarefas
domésticas e o coidado das persoas no seu currículo para ensinar a
superar estereotipos sobre o papel dos homes e mulleres.
Aínda así, a maioría das escolas teñen unha educación cun claro predominio masculino e pouca presenza das mulleres, tanto
nos contidos académicos como nas conversacións, o uso dos
espazos, a linguaxe...
Estereotipo de beleza feminino. Consecuencias?
No caso das mulleres novas, son os trastornos da alimentación os que máis preocupan. Os máis comúns son a anorexia e a
bulimia, e detrás deles escóndense as consecuencias da tiranía exercida polos estereotipos de mulleres belas, esveltas
e delgadas.
O que fai que nos preguntemos sobre o peso da imaxe nas mozas de hoxe e o papel dos medios de comunicación neste
asunto.
En ambos casos, estase ante dous trastornos alimenticios de xénero, que
afectan maioritariamente a rapazas novas, nas que calan fondamente as imaxes estereotipadas das mulleres
extremadamente delgadas.
A excesiva utilización do corpo feminino en televisión, internet ou a prensa, que mostra á muller sempre guapa,
asociada á delgadeza, así como a aparición de "top-
models" que manteñen o estereotipo,
contribuíu a disparar a incidencia deestes trastornos entre as mozas.
Un mundo deportivo masculino
No deporte son máis visibles as desigualdades de xénero, aínda que
están algo máis atenuadas polo aumento do número de mulleres
mozas que realiza actividades físicas, a súa maior participación nosdeportes tradicionais e a súa
presenza, como espectadoras, en encontros,
competicións e torneos.
A forza física é o principalargumento esgrimido polos mozos
para facer diferenzas entredeportes de rapaces e de rapazas.
Esta xustificación de carácter biolóxico perde peso cando se
recoñecea existencia de deportes que non precisan dunha maior resistencia,
motivo ante o que hai que recurrir ao compoñente cultural.
Establécese entón unha segmentación das actividades deportivas dende unha
perspectiva de xénero, ás que se alude en función das variables sociais ou culturais. .
Isto significa que o mantemento das diferenzas non está asociado ao biolóxico
senón ao cultural.
Baixo esa aparencia escóndense algunhas situacións discriminatorias na práctica das
actividades deportivas:
As rapazas adoitan abandonar na adolescencia a práctica de actividades deportivas pola falta de apoio quereciben da familia, a escola e a sociedade.
Poucas mozas practican deportes de elite. Escasean as mozas deportistas con
impactona sociedade e nos medios de comunicación.
Os mozos dominan os espazos dedicados ao deporte, como os polideportivos, ximnasios e pistas de atletismo.
Para os rapaces e as rapazas, a forte masculinización do mundo deportivo ten unha causa biolóxica, porque consideran
que o corpo é o principal potencial a desenvolver con este tipo de actividades e as diferenzas entre ambos os dous son
obvias.
Isto pode axudar a comprender por que elixen deportes distintos
e considérase que o corpo das rapazas está en desvantaxe.
Pero, por exemplo, o condicionante da forza física desínchase cando se
trata deactividades como o automobilismo,
onde prima máis a destreza e osreflexos.
Entón, a abafadora presenza masculina xustifícase dendeunha perspectiva cultural e
educativa.
COMPARACIÓN CON OUTROS XÓVENES EUROPEOS
EN QUE NOS DIFERENCIAMOS DOS XÓVENES FRANCESES?
IMAXE XERAL (a partir da nosa observación)
Maior aceptación da diversidade étnica: Variedade étnica e respeto hacia ela; reacción á xente de outras razas en postos de importancia...
Máis educados. Máis tolerantes. Máis recatados e introvertidos.
Menos efusivos. Máis humildes.
En Galicia hai moita desigualdade entre rapazas e rapaces. Pero isto no é irreversible, e, entre todos, podemos ir mellorando
esta situación.
GRAZAS