Fontes, pozos, lavadoiros

Post on 25-Jul-2015

289 views 4 download

Transcript of Fontes, pozos, lavadoiros

A auga da chuvia e a neve ao fundirse vai enchoupando a terra pouco a poco e formando milleiros de veas que circulan polo seu interior e que ao saír logo á superficie dan lugar a mananciais, illós e minas.

Auga corrente non mata á xente, auga parada, tenna matada.

Lagoa de Fonmiñá, unha das fontes do Miño

Os lugares onde abrolla a auga (illós, ínsuas, pozas, lameiros, fontes, mananciais…) foron sempre moi buscados por ser puntos de referencia para o asentamento das persoas e as súas actividades, e por eso foron sempre coidados e respectados.Para mellorar o su rendemento e facilitar o seu aproveitamento realízanse obras nas que a pedra ten un protagonismo especial.

Para concentrar a auga que abrolla realízanse excavacións horizontais (minas) ou verticais (pozos). A obra complétase cunhas paredes que impiden a perda de auga, ao tempo que facilitan a súa recollida.

minas

Os pozos antigos revestíanse interiormente de pedra e, en ocasións, contaban con chanzos ou escadas para poder baixar a eles e realizar traballos de limpeza e mantemento.

Maqueta dun pozo castrexo.Museo Arqueolóxico da Coruña Pozo no castro de San Cibrao das Las.

Os pozos de abastecemento das casas rodéanse, como protección, con peitorís de pedra cilíndricos ou prismáticos.

Nalgunhas zonas os pozos van cubertos cun tellado posto sobre catro esteos ou unha caseta pechada, cun pousadoiro para o caldeiro ou balde, ao pé da que pode haber tamén unha pía ou lavadoiro.

Pozo público en Chagoazoso

Pozo público en Laza

Debuxos de Xaquín Lourenzo (Xocas) con distintos tipos de pozos e sistemas para elevar a auga

Maruxiña vai na fontemoito tarda que non ven, ou rompeu o cantariñoou moitos amores ten.

As fontes concentran a saída da auga nun punto (cano ou picho). As obras son moi variadas, desde as máis sinxelas, cunha parede e uns canos aos que se lle engaden, ás veces, pías ou depósitos para retela; ata as fontes monumentais dos mosteiros e cidades nas que o aspecto artístico e construtivo ten tanta ou máis importancia que o utilitario.

Fontes de manancial ou minas. Teñen un depósito onde se estanca a auga que pode estar reforzado con muros e cuberto.

Fontes de cano.A auga condúcese por canos. As máis simples consisten nunha simple canle que se sitúa na boca da mina (ás veces unha tella ou unha folla de verza) e as máis complexas son as fontes monumentais con varios canos.

TIPOS DE FONTES

Fontes de augas férricas: O Courel e Barreiros

San Lourenzo (Lousame)

Perrelos

Penacova

Rianxo

A “fonte de cabaliño” consiste nun muro, xeralmente de pedra ben traballada, cun cano que se ensancha para beber a xente e que verte noutros depósitos con distinta función: pías para beber o gando lavadoiros…

A Torre (Amil-Moraña)

Sergude (Boqueixón)

Rubiá dos Mixtos (Baltar)

Calvos de Randín A Gudiña

Meaño

Ferreira (Guntín)

Capela de Armada (Sobrado dos Monxes)

Bastabales (Padrón)

Bastabales (Padrón)

Pazo de Fefiñáns (Cambados)

Vilaza (Monterrei)

Fonte do carme (Padrón)

Castroagudín (Vilagarcía de Arousa)

Cea (Vilagarcía de Arousa)

Cabreiroá (Verín)

Mondoñedo

Praza de Ázcárrega (A Coruña)

Ourense

Praza do Ferro (Ourense)

Teucro (Pontevedra)

San Francisco (Pontevedra)

Santa María (Pontevedra)

As Platerías (Santiago de Compostela)

Fonte das Nereidas (Mosteiro de Samos)

Lavamáns do interior do mosteiro de Samos

Arredor das nacentes de auga xurdiron numerosas crenzas e tradicións, en especial aquelas que nunca secan ou que teñen augas con propiedades especiais. En moitas delas realizábanse rituais que a igrexa cristianizou construíndo na súa proximidade santuarios.

Santa Minia

Os Miragres (Amil)

CRENZAS:-Existen numerosas fontes miragreiras asociadas a santuarios (Santo André de Teixido, A Escravitude, Santa Mariña de Augas Santas, As Ermidas, A Lama, Amil, A Fonsagrada...) 

Santuario da Nosa Señora do Val de Poulo (Gomesende)

A “Fonte Sacra” da Fonsagrada Conta a lenda que unha noite chegou un peregrino moi canso ao que ninguén daba refuxio. Unha viúva moi pobre acolleuno na súa casa e deulle o único que tiña para comer, pan negro e nabos. Cando volveu de buscar unha xerra de auga da fonte atopou con que a auga se convertera en leite e na mesa tiña un bolo de pan e o peregrino dasaparecera. Desde aquela a fonte chámase “Fonse Santa” e dalle nome á Fonsagrada.

Santa Mariña de Augas Santas: conta a lenda que cando á santa lle cortaron a cabeza, ao cair dou tres golpes no chan dos que naceron tres fontes que aínda agora teñen auga.

Cando estés no San Andrés de Teixido terás que beber auga da fonte dos tres canos. Podes botar as farangullas do pan para saber se casarás logo segundo naden ou afundan.

CRENZA:-Na fontes de algúns santuarios móllanse os panos para pasar pola imaxe do santo ou santa e logo pola cara. Déixanse a secar polas árbores e valos. 

Fonte de Santa RosaBarreiros

CRENZAS:-Coller auga nove veces dunha fonte que nunca secou para curar certos males (ouvídos, ollos...) ou para facer a auga da noite de San Xoán.-Hai que coller auga de sete fontes, antes de raiar o sol, para curar enfermidades ou para levedar mellor o pan.

CRENZAS:-Nas fontes habitan mouras, fadas e espiritus encantados e hai agochados tesouros, sobre todo nas que hai a carón dos castros e mámoas.-Cando un forasteiro bebe auga, ou lava as mans en determinadas fontes (Verín, Ourense...) casa no lugar.

Acibeiro

“Habitan, á beira das fontes campesiñas, fadas loiras, que penteian eternamente cabelos dourados, como a dona Ana Manana, á que a de se invocar tres veces, perto do pozo de Meimón, na estrada de Ourense a Castrelo, ou trasnos pícaros que tecen de bulras ás mozas augadoras… (Luís Seoane, 1973)

O Carballiño

Os lavadoiros son construcións, xeralmente de pedra, formada por un ou dous pilóns, lixeiramente máis baixos que o terreo circundante, rodeados dun piso empedrado. A maior parte van cubertos. Moitas veces van asociados a unha fonte e complétanse con pías para beber o gando. Tamén se poden construír na canle dun río.

CANTIGA POPULAR:Maruxiña, tí é-lo demosempre me andas tentando.se na fonte, se no río.sempre te encontro lavando.

Ata hai pouco tempo os lavadoiros eran centros de reunión e lugares de intercambio de información veciñal.

Lavadoiro que aproveita auga dunha fonte termal. Baños de Molgas

Lavadeiro con auga das fontes termais (Custis)

Río da Chanca (Meaño)

Calvos de Randín

Casa da Capitana (Cambados)

San Fiz (Maside)

Ponte Norte

Meis

Arnoia Augasantas

Castro (Laza) Cerdedo

Pazo de Oca

Mondoñedo

Campaña (Valga)

Río Zas

Río Verdugo (Ricovanca)

Mociñas de Vilanova vinde lavar ao meu río,que anque o río non é meunace no meu señorío.

Montaxe e fotos: (XEA) Adela Leiro, Mon DaportaFebreiro 2013