Fentos

Post on 24-May-2015

107 views 1 download

Transcript of Fentos

AS PLANTASAS PLANTASpteridofitaspteridofitas

Plantas coas células organizadas en tecidos, con raíz e vasos internos, sen verdadeiras follas.

Realizan a fotosíntese.

LICOPODIOFITOS (Lycopodiophyta)Lycopodium, Selaginella Isoetes

MONILOFITOS (Monylophyta) Fentos, equisetos…

SOROS grupos de esporanxios, que conteñen as esporas.

FRONDEparte aérea, laminar, de cor verde. Realiza as funcións de respiración e nutrición e serve de soporte aos órganos reprodutivos.

TALOXeralmente rizoma.

RAÍCES

FENTOS, FELGOS, FIEITOS

Os fentos tiveron a súa orixe hai 300-400 millóns de anos.

Coñécense unhas 12.000 especies de pteridofitas, a maioría de ambientes tropicais e zonas de montaña húmidas.

En Galicia existen máis de 50 especies diferentes que colonizan os hábitats máis diversos.

Culcita macrocarpa, o fento máis grande que se atopa en Galicia. Moi escaso e protexido.

rizomas

frondes agromando

REPRODUCIÓN

soros

esporanxios

esporas

prótalo

Fórmanse as esporas no interior dos esporanxios.

Da fecundación fórmase o embrión dunha nova planta.

No prótalo fórmanse os órganos reprodutores femininos (arquegonios) e masculinos (anteridios) e fecúndanse coa axuda da auga.

As esporas que caen en zonas húmidas xerminan e producen un prótalo.

1

2

3

4

Soros e esporanxios

Colandriño, capileira(Adiatum capillus veneris)HÁBITAT: lugares húmidos e sombrizos, con moita auga.En Galicia atópase nos cantís da Mariña lucense.

Fento negro(Asplenium adiatum nigrum)HÁBITAT: lugares húmidos e sombrizos en fendas de rochas, muros e noiros.

Douradiña, herba de ouro(Asplenium ceterach)HÁBITAT: fendas de rochas enlugares húmidos e sombrizos.

Fento mariño(Asplenium marinum)HÁBITAT: fendas de rochas nos cantís mariños.

Língua de cervo, cerviña(Asplenium scolopendrium)HÁBITAT: lugares húmidos e frescos, bosques…

Fento das boticas, coandro(Asplenium trichomanes)HÁBITAT: fendas de rochas e muros

Entiño(Asplenium billotii)HÁBITAT: fendas de rochas, valos e noiros de lugares sombrizos.

Fento femia, fenta(Athyrium filix-femina)HÁBITAT: bosques de ribeira húmidos e sombrizos.

Blechno, fenta, fento pente(Blechnum spicant)HÁBITAT: zonas de bosques húmidos e sombrizos.

Fento do botón, píxara(Woodwardia radicans)HÁBITAT: bosques húmidos e sombrizos

No extremo das frondes produce uns bulbos que emiten raíces.

Criptogama crispaHÁBITAT: fendas de rochas e pedregais de alta montaña.

Fento do cabeliño(Culcita macrocarpa)HÁBITAT: lugares moi húmidos e sombrizos.

Cabriña(Davalia canariensis)HÁBITAT: lugares húmidos e sombrizos sobre toros de árbores ou rochas.

Dryopteris aemulaHÁBITAT: bosques e rochedos en lugares moi húmidos.

Dryopteris dilatataHÁBITAT: rochedos e noiros en bosques húmidos e sombrizos

Fento macho(Dryopteris filix-mas)HÁBITAT: bosques e pedregais húmidos e frescos.

Dentabrú, palla real(Osmunda regalis)HÁBITAT: beiras sombrízas de ríos e regatos

Fento dos valos(Polypodium vulgare)HÁBITAT: fendas de rochas, valos, toros de árbores, de lugares húmidos.

Fento común(Pteridium aquilinum)HÁBITAT: bosques e campos con solos profundos e frescos

Anogramma leptophyllaHÁBITAT: noiros, fendas e valos de lugares húmidos e sombrizos.

Cheilathes hispanicaHÁBITAT: valos e fendas de rochas en lugares asollados.

Hymenophyllum tunbriguenseHÁBITAT: rochedos e toros de bosques de ribeira húmidos e sombrizos.

Língua de serpe menor(Ophioglossum lusitanicum)HÁBITAT: lugares asolagados temporalmente

EQUISETOS-RABOS DE CABALORizomas con caules erguidos e ramificados en verticilos. Esporanxios terminais.

Rabo de cabalo(Equisetum telmateia)HÁBITAT: beiras de regueiros e prados húmidos.

Herba canuda(Equisetum palustre)HÁBITAT: lameiros e lugares asolagados.

LICOPODIOFITOS (Lycopodiophyta)Unhas 1200 especies. Son as plantas vasculares máis antigas que existen na actualidade.

Licopodio árboreo do CarboníferoLycopodium annotinum

Huperzia selagoHÁBITAT: fendas de rochas en zonas húmidas.

Selaginella

Isoetes …HÁBITAT: lugares asolagados

ALGÚNS USOS DOS FENTOS-Mediciñal-Decoración e xardinería-Estrado das cortes do gando

Lophosoria quadripinnata: en Chile cómense os brotes tenros en ensaladas.

Nephrolepis

Dicksonia do xardín do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla

FENTOS ARBÓREOS

xardín do castelo de Soutomaior

Azolla, un fento acuático que se emprega nos acuarios e estase a converter nunha praga nos nosos ríos

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet.Debuxos: Mon Daporta