Os fentos do salnés

6
Curso abalar I.E.S de Vilalonga Fentos de Galicia

Transcript of Os fentos do salnés

Page 1: Os fentos do salnés

Curso abalar I.E.S de VilalongaFentos de Galicia

Page 2: Os fentos do salnés

● Os fentos son plantas superiores, é dicir con raíz, talo e follas auténticas. Preséntan dúas fases a esporofítica (visible) que é a planta produtora de esporas, e a

gametofítica (moi pequena ou mesmo subterránea) que produce gametos.

Page 3: Os fentos do salnés

Para que se poida completar o ciclo vital dun fento precísase da presenza de auga na fase da planta produtora de gametos. Os gametos masculinos ou espermátidas teñen que nadar desde os anteridios (órganos masculinos) pola superficie desta planta gametofito, ata os arquegonios (órganos femininos) para poder fecundar o óvulo. Por iso para o éxito biolóxico dos fentos é fundamental a presenza de auga no medio.O Salnés é unha terra húmida agás no verán, época na que a sequía pon limitacións ao desenvolvemento dalgunhas especies.

Anteridio

Arquegonio

Page 4: Os fentos do salnés

Pese a que outras zonas de Galicia presentan máis especies de fentos, (alta montaña,

Norte e oeste da provincia de Coruña, zona central da provincia de Lugo), no Salnés

Podemos atopar as especies máis abundantes do norte da Península Ibérica

e algunhas especies de distribución máis restinxida e recluídas nalgúns enclaves

concretos que iremos revelando nesta montaxe.

Page 5: Os fentos do salnés

As especies de distribución máis ampla

O pteris aquilinum ou fento común é, como dí o seu nome, o máis común dos fentos. No Salnés está distribuído por aquí e acolá, abundando algo máis nas zonas máis afundidas do terreo, nas vaguadas dos montes e en zonas asombradas. É indiferente a fertilidade e pedregosidade do terreo. Os seus rizomas enterrados e fortes, resultan un problema para a súa eliminación

Page 6: Os fentos do salnés

O fento das pedras (Polypodium interjectum) é unha especie abondosa en muros e pedreiras. É un fento fácil de atopar en calqueira zona do Salnés. Destaca unha poboación de grande beleza nas pedras do espigón do espigón do muelle de Tragove en Cambados.