Familias!! - edu.xunta.gal...Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO! MARIA ....

Post on 20-Jan-2021

2 views 0 download

Transcript of Familias!! - edu.xunta.gal...Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO! MARIA ....

Familias!! Preséntovos unhas novas propostas con todo o meu cariño para os vosos pequenos e pequenas e para vós! ☺ Quería compartir convosco que todas estas propostas son orientacións, ideas que vos aporto…pero que vós podedes adaptalas e modificalas segundo a vosas circunstancias ☺ • GRAFOMOTRICIDADE DIVERTIDA. Nesta ocasión imos practicar a

grafomotricidade empregando pasta de comer. Podemos pegar sobre unha base de cartón macarróns e os nenos e nenas teñen que ir ‘’cosendo’’ facendo o trazo que lle indiquedes, pode ser horizontal, vertical, diagonal e se queredes facelo máis complicado se eles volo piden pode ser en zigzag, en cadrados… como se vos ocurra! Iso si, deixade espacio entre os macarróns.

• MANDALAS DA NATUREZA. Como xa quedan pouquiños días para por

fin poder sair a dar un paseo, invítovos a que se tedes a natureza (un bosque, un río, un monte…) preto, que recompiledes pedras, follas, flores… e fagades todos xuntos unha mandala para dar gracias á natureza, porque a pesar de todo o que nos está pasando segue estando aí para nós e ofrecéndonos sempre o mellor que ten. Podemos facer a mandala na nosa casa ou donde nos apeteza e ao rematala é unha boa dinámica dar as gracias. Déixovos algunhas propostas!

No caso de que non poidades recompilar este tipo de material, podemos facer unha mandala con cousiñas que teñamos no noso fogar ☺

Deséxovos unha marabillosa fin de semana!

DISFRUTADE MOITO!

MARIA