Familias!! - edu.xunta.gal ... Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO!...

Click here to load reader

  • date post

    20-Jan-2021
  • Category

    Documents

  • view

    0
  • download

    0

Embed Size (px)

Transcript of Familias!! - edu.xunta.gal ... Deséxovos unha marabillosa fin de semana! DISFRUTADE MOITO!...

  • Familias!! Preséntovos unhas novas propostas con todo o meu cariño para os vosos pequenos e pequenas e para vós! ☺ Quería compartir convosco que todas estas propostas son orientacións, ideas que vos aporto…pero que vós podedes adaptalas e modificalas segundo a vosas circunstancias ☺ • GRAFOMOTRICIDADE DIVERTIDA. Nesta ocasión imos practicar a

    grafomotricidade empregando pasta de comer. Podemos pegar sobre unha base de cartón macarróns e os nenos e nenas teñen que ir ‘’cosendo’’ facendo o trazo que lle indiquedes, pode ser horizontal, vertical, diagonal e se queredes facelo máis complicado se eles volo piden pode ser en zigzag, en cadrados… como se vos ocurra! Iso si, deixade espacio entre os macarróns.

  • • MANDALAS DA NATUREZA. Como xa quedan pouquiños días para por

    fin poder sair a dar un paseo, invítovos a que se tedes a natureza (un bosque, un río, un monte…) preto, que recompiledes pedras, follas, flores… e fagades todos xuntos unha mandala para dar gracias á natureza, porque a pesar de todo o que nos está pasando segue estando aí para nós e ofrecéndonos sempre o mellor que ten. Podemos facer a mandala na nosa casa ou donde nos apeteza e ao rematala é unha boa dinámica dar as gracias. Déixovos algunhas propostas!

  • No caso de que non poidades recompilar este tipo de material, podemos facer unha mandala con cousiñas que teñamos no noso fogar ☺

    Deséxovos unha marabillosa fin de semana!

    DISFRUTADE MOITO!

    MARIA