Espazo Natural Río Arnoia

Post on 11-Apr-2017

199 views 4 download

Transcript of Espazo Natural Río Arnoia

Río Arnoia

Superficie: 3.552,3 haTipo de protección: LIC

O espazo protexido abrangue a case totalidade do curso do río Arnoia desde Calvelo (Baños de Molgas) ata a desembocadura no Miño, un curtos tramos nos afluentes Tioira, Meván e Gato, as Brañas de Calvelo, os montes de Requeixo e Casnaloba, o val entre Allariz e Freixo, os cavorcos de Escudeiro e o val do río e afluentes na Arnoia.

RÍO ARNOIAÉ o río que drena cunca máis ampla da provincia de Ourense. Nace na serra de San Mamede, e xúntase co Miño en Quinteiros (Arnoia), despois dun percorrido de 87 km.

O río Arnoia acolle interesantes espazos naturais e importantes manifestacións artísticas e etnográficas: pontes, muíños, curtidurías... Foi intensamente aproveitado para mover todo tipo de mecanismos tradicionais e máis tarde para xerar enerxía eléctrica en minicentrais.

CONCELLOS: Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca, Celanova, Cartelle, Ramirás, Gomesende, Cortegada e A Arnoia.

Brñas de Calvelo (Lama Má, Baños de Molgas)

Brñas de Calvelo (Lama Má, Baños de Molgas)

Xocín (Lama Má, Baños de Molgas)

Ponte de Froufe (Vide, Baños de Molgas)

O Arnoia en Baños de Molgas

O Arnoia en Baños de Molgas

O Arnoia na área de lecer de Baños de Molgas.

O Arnoia na área de lecer de Baños de Molgas.

O Arnoia en Baños de Molgas

O Arnoia en Baños de Molgas

O Arnoia en Baños de Molgas, coa ponte medieval construída sobre unha de orixe romana, ao pé das fontes termais.

Fontes termais e balneario reflectido nas augas do río Arnoia.

O río Arnoia nas fontes termais, en augas altas.En Baños de Molgas, á beira do Arnoia abrollan dous mananciais de augas termais a Burga e a Fonte quente. Son augas untuosas ao tacto, bicarbonatadas-sódicas, con calcio e silicatos cunha temperatura de entre 28ºC e 49,5ºC. Estas termas foron usadas polos romanos e por aquí pasaba a Vía Nova que comunicaba Braga con Astorga.

O Arnoia en Baños de Molgas.

Canón do Arnoia en Xunqueira de Ambia.

Muíño e atranco na Ponte de Pedra (Xunqueira de Ambía).

Atranco e fervenza na Ponte de Pedra (Xunqueira de Ambía).

Ponte de Pedra (Xunqueira de Ambía).

“Ponte romana” (Xunqueira de Ambía).

Área recreativa e praia fluvial de O Veiro en Xunqueira de Ambía. Conserva un antigo vao, unha pontella de pedra e un atranco.

O Arnoia no Veiro (Xunqueira de Ambía), no verán.

O Arnoia no Veiro (Xunqueira de Ambía), no inverno.

O Arnoia en Xunqueira de Ambía.

O Arnoia en Xunqueira de Ambía.

O Arnoia no linde entre Allariz e Xunqueira de Ambía.

Presa da antiga central do Rexo (Valverde de Requeixo, Allariz).

O Arnoia na Acea de Meire (Allariz).

Ecoespazo do Rexo en Requeixo de Valverde (Allariz). Acolle unha intervención pictórica e escultórica do artista Agustín Ibarrola, sobre un espazo natural acondicionado. É un lugar de ocio que integra unha intervención artística, unha minihidraúlica, unha explotación piloto de ovino de leite e unha queixaría.

O Arnoia no Rexo (Allariz).

O Arnoia no Rexo (Allariz).

O Arnoia no Rexo (Allariz).

O Arnoia en Allariz, en Acea Rica. Unha agradable zona de baño e lecer onde se conservan os restos de varios muíños ou aceas, algún de gran tamaño.

Acea Rica (Allariz).

O Arnoia en Allariz. Atranco da Acea Rica.

O Arnoia en Allariz.

Ponte vella de Allariz, de construción medieval. Nas proximidades atópanse outras das zonas de lecer de Allariz, O Arnado e A Alameda.

O Arnoia en Allariz.

O Arnoia en Allariz.

Muíño do Burato, hoxe convertido en museo activo. Unha mostra da recuperación de construcións e actividades tradicionais ligadas ao río Arnoia que fixo o concello de Allariz.

O Arnoia e o Museo do Coiro (Allariz)

Museo do Coiro, en Allariz. Este museo está integrado nunha rede de instalacións relacionados co aproveitamento do río Arnoia recuperadas como elementos culturais.

Pontella do Briñal sobre o Arnoia (Allariz).

Pontella sobre o Arnoia en Ponte Hermida (entre A Merca e A Bola).

O Arnoia en Ponte Hermida.

O Arnoia en Ponte Hermida.

Presa da central de Rubillós.

Pontella sobre o Arnoia entre Santa Baia de Urrós (Allariz) e Zarracós (A Merca)

O Arnoia en Rubillós.

Canón do Arnoia no lugar de Muíño dos Mouros en Rubillós, onde se atopa a central da Merca. Seguindo a canle que alimenta a central pódese percorrer o canón ata a presa, e baixar ao río en diferentes lugares para ver de preto as fervenzas que forman os atrancos de moitos muíños (todos abandoados), os rápidos e pozas do propio río e as pontellas.

O Arnoia en Rubillós.

O Arnoia en Rubillós.

O Arnoia en Rubillós.

Ponte romana do Freixo (entre Celanova e Cartelle). Declarada monumento histórico-artístico. Por ela pasaba un dos ramais secundarios da Vía romana XVIII do Itinerario Antonino.

O Arnoia no Freixo (Celanova)

Área de lecer da Pontenova (entre Ramirás e Cartelle)

O Arnoia na Pontenova (entre Ramirás e Cartelle)

Área recreativa da Pontenova (entre Ramirás e Cartelle)

Área recreativa da Pontenova (entre Ramirás e Cartelle)

Desembocadura do río Gato no Arnoia (Cartelle)

Fervenzas no canón do río Gato (Cartelle)

Canón do Arnoia entre os concellos de Gomesende. Cortegada, Cartelle e A Arnoia. O río escava un fondo canón con rochedos e grandes bosques de cerquiños, érvedos e sobreiras.

Fervenza da Peneda. O río salva unha altura de 7-8 m nun penedo granítico para caer nunha inmensa poza. Toda a zona atópase moi afectada pola existencia de varias instalacións de centrais eléctricas no cauce e nas marxes do río.

O Arnoia na Peneda. Na Peneda o río Arnoia ten unpercorrido con grandes desniveis nos que son frecuentes as fervenzas, rápidos e pozas.

O Arnoia na área de lecer do Inquiau (A Arnoia)

O Arnoia na área de lecer do Inquiau (A Arnoia)

Ponte Arnoia (A Arnoia)

O Arnoia na área de lecer das Poldras (Outeiro Cruz-A Arnoia).

O Arnoia na área recreativa das Poldras (Outeiro Cruz-A Arnoia).

O Arnoia pouco antes de se xuntar co Miño.

O Arnoia no seu encontro co Miño.

FLORA:A vexetación da zona é a típica das ribeiras. Ao ser un río de percorrido longo atopamos áreas con características moi variadas. Ao longo do curso atopamos bosques de ribeira con salgueiros, amieiras, freixos, avelairas, loureiros, sanguiños, estripos, carballos, cerquiños... e unha gran variedade de fentos, brións e outras plantas de zonas húmidas (xuncos, espadainas, lirios amarelos, espigas de auga, oucas, lentellas de auga, pe de boi, anémonas, narcisos...). Nas zonas máis encaixadas mantéñense áreas de bosque autóctono.

Amieira (Alnus glutinosa) e detalle de froitos e flores inmaduras.

Espadaina (Typha latifolia). Atópase á beira das augas quedas.

Platanaria (Sparganium neglectum)

Brións e saxífragas no toro dunha árbore, na zona húmida e sombriza do bosque de ribeira

Narciso (Narcissus triandrus)

Narciso (Narcissum bulbocodium)

Anémone de bosque (Anemona nemorosa)

Fento (Blecnum spicant)

FAUNANo río podemos atopar peixes (troitas), reptis (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga... Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxas...), lesmas, sapos, insectos...

Eiruga de esfinxe dos salgueiros (Smerintus ocellata).

Os patinadores ou zapateiros (Gerris lacustris) desprázanse sobre a fina película superficial da auga grazas aos peliños das súas patas.

Os gaiteiros (Pyrrhosoma ninphula) poñen os ovos na auga onde se desenvolven as crías ata que acadan a forma de adulto.

Rá (Pelophylax perezi) e lentellas de auga. Nas zonas remansadas, tanto estas pequenas plantas que viven aboiando, como as ras, atopan lugares tranquilos protexidos da corrente.

Merlo rieiro (Cynclus cynclus).

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta. Xuño 2013