Post on 22-Jan-2020
Do 1 ao 8 de xuño
- 1 -
1. INFORMACIÓN EN MATERIA DE EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS
PARA PERSOAL LABORAL POR PROMOCIÓN INTERNA E OUTRAS MATERIAS
2. PROPOSTA (I) DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE
TRASLADOS DE PERSOAL FUNCIONARIO E PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA
3. A DERRADEIRA PROPOSTA SOBRE A SEGUNDA ACTIVIDADE NO SPDCIF SEGUE A
EXCLUÍR O PERSOAL TEMPORAL
4. FORMACIÓN EGAP: ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA EMPREGADOS PÚBLICOS
5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA
6. O SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO
7. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA HABITUAL PARA PERSOAL DA DEPUTACIÓN
8. CSIF ACCIÓN SOCIAL: OFERTAS PARA AFILIADOS
9. CONVENIO AECC-CSIF GALICIA: ESTAR EN FORMA NON CUSTA TANTO
- 2 -
1. INFORMACIÓN EN MATERIA DE EMPREGO PÚBLICO: CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA
PERSOAL LABORAL POR PROMOCIÓN INTERNA E OUTRAS MATERIAS
Información en materia de empleo público de la reunión mantenida ayer con la dirección xeral de Función
Pública:
El próximo lunes o martes se remitirán las convocatorias de Oposición de Personal Laboral (7)
para que se efectúen alegaciones y que se corresponden con los procesos de Promoción Interna
de la OPE 2016.
Se pregunta al DXFP sobre el contenido de una disposición de los PPGGEE que excluye de la
condición de Empleado Púbico, entre otros, al personal de Consorcios. DXFP responde que ese
tema ha sido ya modificado a instancias de la Conselleria de Facenda y de la propia Presidencia
de la Xunta.
Igualmente, en referencia a los PPGGEE, desde CSIF se interpela sobre la disposición que introducía
un “termino” para el Cese del personal interino – en concreto 3 años-. DXFP contesta que el artículo
era demasiado indeterminado y que “cree” que ha sido modificado en el sentido de excluir dicho
termino general.
Finalmente el DXFP comunica que la mayoría de tomas de posesión, tanto Acceso Libre como
Promoción Interna, tendrán lugar a lo largo del mes de junio, siendo el A1, el que acumula mayor
retraso.
Preguntado sobre la posibilidad de ofertar niveles, señala que en PI, aquellos aspirantes que reúnan las
condiciones para permanecer en su plaza, así lo harán. A este respecto señala, que la intención es ofertar
tanto Puestos Base como Niveles que hayan quedado vacantes del Concurso. Que no obstante, si las
circunstancias y el número de plazas lo permiten, se intentará que las plazas de elección de destino
se limiten a plazas no ocupadas (ni en comisión, ni por interinos, ni por indefinidos). Que se está
estudiando esta situación.
Finalmente, se proponen reuniones para la próxima semana en temas de Veterinarios y Consorcio
I+B.
- 3 -
2. PROPOSTA (I) DE FUNCIÓN PÚBLICA SOBRE BAREMOS PARA CONCURSOS DE TRASLADOS
DE PERSOAL FUNCIONARIO E PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA
Primeira proposta de Función Pública de baremos para concursos de traslados de persoal
funcionario e persoal laboral
Tras trasladarnos na propia reunión celebrada o pasado luns (5 de xuño) o documento de traballo sobre
‘Baremo de Concurso para persoal funcionario e laboral’, por parte da DXFP manifestouse e que é un
documento de traballo e moi aberto en canto ás negociacións, sempre que se respecten os seguintes dous
principios:
Legalidade (conformado pola LEPG, Decreto de Provisión e V Convenio).
Simplicidade (tendo en canta as funcionalidades que permita a aplicación e o que informe o Servizo
de Informática da Consellería) co obxectivo de lograr unha redución dos tempos de Resolución.
Destácanse do documento facilitado as novidades máis destacables:
Todos os cursos son computables. As horas poderíanse baixar ata 12.
O límite temporal establécese en 2 anos, dado que se van a celebrar 2 concursos anuais, pero
ábrese a posibilidade de ampliar o devandito prazo.
Suprímense as diferenciacións por curso.
Por parte de CSIF e con carácter previo á vista de que os dous principios negociadores son simplicidade e
legalidade, maniféstase que está moi ben a simplicidade na tramitación, pero a “forma” non pode prevalecer
sobre o “fondo” no sentido de que queden aspectos sen baremar en aras a priorizar os prazos de resolución.
En canto ao principio de legalidade anunciado polo DXFP e dado que tamén se atopa anunciada a derrogación
do Decreto 93/91, de Provisión, por un novo Decreto, nun prazo suponse que breve, reflexiónase sobre a
posibilidade de basear este documento nas previsións que conteña a nova norma regulamentaria, en lugar
de basearse (Grao Persoal, Titulacións..), nunha Norma con máis de 25 anos de vixencia e destinada a ser
derrogada este ano.
O DXFP responde que o contido do novo Decreto será moi pouco “intervencionista” deixando moi aberta a
posibilidade de negociar as Bases dos Concursos.
CONCURSOS DE TRASLADOS
DOCUMENTO DE TRABALLO SOBRE UNHA PROPOSTA DE BAREMO PARA PERSOAL FUNCIONARIO E
PERSOAL LABORAL
OBXECTIVOS
Simplificar os trámites e procesos propios da xestión dos concursos.
Reducir tempos de resolución.
Adxudicación de prazas máis xusta agrupando nun único proceso de asignación de postos as fases inicial
e de resultas.
Diminuír o número de reclamacións.
Potenciar a automatización dos procesos de cálculo.
Facilitar a emisión de certificados de experiencia.
- 4 -
PERSOAL FUNCIONARIO
PROPOSTA DE BAREMO ADMINISTRACIÓN XERAL PARA POSTOS NON ADSCRITOS A ESCALAS
1. Antigüidade (servizos prestados nas Administracións públicas):
Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como funcionario/a: 0,15 puntos.
A puntuación máxima da base XXX.1 será de 5 puntos.
Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co establecido
na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na Administración pública.
2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:
2.1 Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de experiencia que se especifique adquirida coa condición de funcionario/a en postos de traballo pertencentes á mesma área funcional ca do posto solicitado: 0,25 puntos.
2.2 Por estar en posesión da titulación académica que especificamente se mencione na RPT para o posto de traballo: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha.
2.3 Por estar en posesión do nivel de coñecementos da lingua estranxeira que se especifique para o posto de traballo, acreditado segundo o Marco Europeo Común de Referencia para as linguas (MECR): 1 punto. No caso de que se mencione máis dun idioma só se valorará un.
2.4 Por estar en posesión do permiso de conducir valorable para o desempeño do posto de traballo: 0,75 puntos.
Para o suposto de coñecementos de idiomas acreditados por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou
homologados as equivalencias deberán ser aportadas polas persoas interesadas para os efectos de que este apartado sexa obxecto de valoración.
A puntuación máxima da base XXX.2 será de 3,5 puntos.
3. Grao persoal.
Polo nivel 10 de grao consolidado e formalizado recoñecido: 1 punto.
Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,15 puntos
A puntuación máxima da base XXX.3 será de 4 puntos.
No suposto en que os/as funcionarios/as non teñan recoñecido ningún grao persoal ou este sexa inferior a 10 computarase, para os efectos de puntuación nesta epígrafe, o nivel mínimo correspondente ao intervalo de niveis do grupo ao que pertenza o funcionario.
4. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido dende o último posto de traballo obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación laboral e igualdade de xénero.
4.1. Traballo desenvolvido.
4.1.1. Só se computará o traballo desenvolvido coa condición de funcionario/a nos distintos grupos.
4.1.2. A determinación da puntuación realizarase a partir do cálculo do nivel de destino medio dos postos de traballo desempeñados como persoal funcionario durante a totalidade dos períodos de traballo desenvolvidos. Para os efectos de determinar o nivel de destino medio a contabilización dos períodos de traballo desempeñado realizarase en días.
Se o nivel medio de destino obtido consecuencia do cálculo tivese un valor decimal superior a 0,5 este redondearase ao alza.
Polo nivel 10 de destino medio: 1 punto.
Por cada unidade de nivel que exceda de 10: 0,10 puntos
- 5 -
A puntuación do traballo desenvolvido realizarase atendendo ao posto ou postos de traballo efectivamente desempeñados, computándose, para estes efectos, o traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos ou adscrición provisional.
4.2. Tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo:
Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala dende o que participa: 0,15 puntos.
Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.
4.3. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero
4.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o posto de traballo do cónxuxe ou parella de feito sempre que o solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade. Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XXX.5
4.3.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o centro de estudos en que estea matriculado un/unha ou máis fillos/as menores de doce anos, sempre que o/a solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade.
Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XXX.6.
A puntuación das alíneas 4.3.1 e 4.3.2 outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo.
4.3.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ou fracción de mes aos/ás funcionarios/as que estean gozando ou gozasen nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes unha excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia, de ser o/a participante
funcionario/a da Administración da Xunta de Galicia incluído no ámbito de competencias da Dirección
Xeral da Función Pública, apreciarase de oficio.
A puntuación da alínea 4.3.3 non poderá superar os 0,6 puntos
A puntuación máxima da base XXX.4 será de 5,5 puntos.
5. Cursos de formación e perfeccionamento.
Valorarase a asistencia durante os últimos dous anos a cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública, escolas oficiais de formación do Estado e das restantes comunidades autónomas,
e cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP).
Para cada curso de duración igual ou superior a 20 horas lectivas valoraranse con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1 punto por curso.
Para os efectos de puntuación deste apartado estimaranse como valorables as probas de avaliación de carácter libre organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.
Non se valorará:
A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares. Os módulos ou partes integrantes dun curso.
A puntuación máxima da base XXX.5. será de 4 puntos.
6. Grao de coñecemento do idioma galego
a) Curso de CELGA 3 ou equivalente: 0,75 puntos.
b) Curso de CELGA 4 ou equivalente: 1,50 puntos.
- 6 -
c) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas ou CELGA 5: 2,25 puntos
d) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xurídica galega: 3 puntos
En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.
Só se lle concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións homologadas polo órgano competente en materia de Política Lingüística.
O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.
A puntuación máxima da base XXX.6 será de 3 puntos.
7. Polo grupo á que pertence o funcionario e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:
- Subgrupo A1: 5 puntos
- Subgrupo A2: 4 puntos
- Subgrupo C1: 3 puntos
- Subgrupo C2: 2 punto
- Agrupación profesional de persoal subalterno: 1 punto.
8. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo anterior.
Todos os méritos recollidos na base III computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación de instancias.
En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo a orde establecida nas diferentes epígrafes desta base.
De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo, a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día XXXX (DOG nº XX, do XXXX). En último lugar o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.
9. A puntuación mínima para poder adxudicar os postos que se ofertan nesta convocatoria é a que para cada un deles se especifica no anexo I.
Méritos SUG. 1 2 3 4 6 7 8 TOTAL
PUNTOS
PUNTUACIÓNS
MÁXIMAS
A1
5 3,5 4 5,5 4 3
5 30
A2 4 29
C1 3 28
C2 2 27
AP 1 26
PORCENTAXE
DAS
PUNTUACIÓNS
SOBRE O TOTAL
A1 16,67 11,7 13,3 18,33 13,3 10,0 16,7
100%
A2 17,24 12,1 13,8 18,97 13,8 10,3 13,8
C1 17,86 12,5 14,3 19,64 14,3 10,7 10,7
C2 18,52 13,0 14,8 20,37 14,8 11,1 7,41
AP 19,23 13,5 15,4 21,15 15,4 11,5 3,85
- 7 -
PERSOAL LABORAL
PROPOSTA DE BAREMO
1. Antigüidade (servizos prestados nas Administracións públicas):
Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como persoal laboral: 0,15 puntos.
A puntuación máxima da base XX.1 será de 5 puntos.
Para estes efectos computaranse os servizos recoñecidos polo órgano competente de conformidade co
establecido na Lei 70/1978, do 26 de decembro, de recoñecemento de servizos prestados na
Administración pública.
2. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:
2.1 Por cada ano ou fracción superior a 6 meses da experiencia que se especifique na RPT como
mérito para desempeñar o posto de traballo: 0,20 puntos.
2.2 Por estar en posesión da titulación académica que especificamente se mencione na RPT para o
posto de traballo: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación só se valorará unha.
2.3 Por posuír os coñecementos que se especifiquen, acreditados mediante a asistencia a cursos
durante os últimos 2 anos, por cada curso de duración igual ou superior a 20 horas lectivas
valoraranse con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1 punto por curso.
Para o suposto de coñecementos de idiomas acreditados por medio de títulos expedidos por centros
oficiais ou homologados as equivalencias deberán ser aportadas polas persoas interesadas para os
efectos de que este apartado sexa obxecto de valoración.
De non especificarse o curso en concreto no anexo I, só se terán en conta aqueles cursos organizados e
impartidos directamente polos organismos relacionados na base XX.4
Os coñecementos non se valorarán como mérito cando figuren no anexo I como requisito imprescindible
para acceder ao posto.
A puntuación máxima da base XX.2 será de 3,5 puntos
3. Traballo desenvolvido, tempo transcorrido dende o último posto de traballo obtido con
carácter definitivo e medidas de conciliación laboral e igualdade de xénero.
3.1 Traballo desenvolvido.
3.1.1 Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como persoal laboral en idéntica
categoría profesional: 0,50 puntos.
3.1.2 Por cada ano de servizos ou fracción superior a 6 meses como persoal laboral en distinta
categoría profesional: 0,25 puntos.
A puntuación máxima da base XX.3.1 será de 15 puntos.
3.2 Tempo transcorrido dende a última adxudicación dun posto con carácter definitivo.
Por cada ano ou fracción superior a 6 meses de tempo transcorrido dende a última adxudicación dun
posto con carácter definitivo no grupo e categoría dende o que participa: 0,20 puntos
Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último posto adxudicado con
carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso, e os dous primeiros anos se o último posto
adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.
- 8 -
A puntuación máxima da base XX.3.2 será de 5 puntos
3.3 Medidas de conciliación e de igualdade de xénero
3.3.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o
posto de traballo do cónxuxe ou parella de feito sempre que o solicitante non teña destino
definitivo nesa mesma localidade. Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa
solicitude de participación no concurso nos termos establecidos na base XX.5
3.3.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na localidade onde radique o
centro de estudos en que estea matriculado un/unha ou máis fillos/as menores de doce anos,
sempre que o/a solicitante non teña destino definitivo nesa mesma localidade.
Esta circunstancia xustificarase documentalmente xunto coa solicitude de participación no concurso
nos termos establecidos na base XX.6.
A puntuación das alíneas 3.3.1 e 3.3.2 outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo.
3.3.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ou fracción de mes persoal laboral que estea gozando
ou gozase nos cinco anos anteriores ao remate do prazo de presentación de solicitudes unha
excedencia para o coidado de fillos/as ou familiares. Esta circunstancia de ser o/a participante
persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia incluído no ámbito de competencias da
Dirección Xeral da Función Pública, apreciarase de oficio.
A puntuación da alínea 3.3.3 non poderá superar os 1,1 puntos
A puntuación máxima da base XX.3 será de 21,1 puntos.
4. Cursos de formación e perfeccionamento.
Valorarase a asistencia durante os últimos dous anos a cursos organizados e impartidos directamente
pola Escola Galega de Administración Pública, escolas oficiais de formación do Estado e das restantes
comunidades autónomas, e cursos impartidos no marco do Acordo de Formación para o Emprego das
Administracións Públicas (AFEDAP).
Para cada curso de duración igual ou superior a 20 horas lectivas valoraranse con 0,01 puntos cada hora
de formación, ata un máximo de 1 punto por curso.
Para os efectos de puntuación deste apartado estimaranse como valorables as probas de avaliación de
carácter libre organizadas pola EGAP ao consideralas equivalentes a un aproveitamento polas horas
previstas dos correspondentes cursos organizados e impartidos directamente pola EGAP.
Non se valorará:
A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.
Os módulos ou partes integrantes dun curso.
Os cursos valorados na base XX.2. Se non fosen valorados por ter acadada a puntuación
máxima da dita base aumentarán a puntuación da base XX.4 sempre que reunisen os requisitos
ao efecto.
A puntuación máxima da base XX.4. será de 4 puntos.
5. Grao de coñecemento do idioma galego
a) Curso de CELGA 3 ou equivalente: 0,75 puntos.
b) Curso de CELGA 4 ou equivalente: 1,50 puntos.
c) Curso de nivel medio de linguaxe administrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe
administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo superior dos estudos de galego das
escolas oficiais de idiomas ou CELGA 5: 2,25 puntos
- 9 -
d) Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe
xurídica galega: 3 puntos
En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, só se computará o superior.
Só se lle concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos,
estudos ou titulacións homologadas polo órgano competente en materia de Política Lingüística.
O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.
6. Xornada inferior á ordinaria en cómputo anual.
Pola ocupación dun posto a tempo parcial ou fixo descontinuo cando se opte a un posto con xornada
completa doce meses ao ano: 3 puntos
7. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación obtida
de acordo co baremo anterior.
Todos os méritos recollidos na base XX computaranse ata a data de finalización do prazo de presentación
de instancias.
En caso de empate nas puntuacións acudirase para dirimilo á outorgada polos méritos alegados seguindo
a orde establecida nas diferentes epígrafes desta base.
De persistir o empate, resolverase pola orde alfabética do primeiro apelido, e de ser igual polo segundo,
a partir da letra resultante no sorteo que tivo lugar o día XXXX (DOG nº XX, do XXXX). En último lugar
o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.
Nos concursos de traslados abertos a persoal laboral estes se resolverán mediante a aplicación aos
aspirantes do baremo de méritos e tendo en conta a preferencia ou preferencias establecidas no Convenio
colectivo.
O persoal laboral poderá concursar a todas as categorías do mesmo grupo sempre que o/a interesado/a
posúa a titulación e demais requisitos para poder participar
MÉRITOS ID.
GALEGO 1 2 3 4 5 6 TOTAL
PUNTUACIÓNS
MÁXIMAS
CELGA 1 5 3,50 21,1 4 0,75 3 37,35
CELGA2 5 3,50 21,1 4 1,50 3 38,10
NMLAG 5 3,50 21,1 4 2,25 3 38,85
NSLAG 5 3,50 21,1 4 3,00 3 39,60
PORCENTAXE
DAS
PUNTUACIÓNS
SOBRE O TOTAL
CELGA 1 13,39 9,37 56,5 10,7 2,01 8,03
100% CELGA2 13,12 9,19 55,4 13,1 3,94 7,87
NMLAG 12,87 9,01 54,3 12,9 5,79 7,72
NSLAG 12,63 8,84 53,3 12,6 7,58 7,58
- 10 -
3. A DERRADEIRA PROPOSTA SOBRE A SEGUNDA ACTIVIDADE NO SPDCIF SEGUE A EXCLUÍR
O PERSOAL TEMPORAL
O xoves 8 de xuño é o día elixido pola administración para levar á votación do Comité Intercentros a
súa proposta de Acordo para aplicar a segunda actividade no SPDCIF.
Para CSIF, nesta proposta persisten grandes eivas:
NON TERÁ DEREITO A SEGUNDA ACTIVIDADE O PERSOAL INTERINO
Aínda que se lle fixo o “maquillaxe” de quitar o termo “fixo” no ámbito de aplicación, o certo é que tal e
como informou o Director da Función Pública, as posibles solicitudes do persoal temporal serán
denegadas.
Hai que chegar á cláusula Undécima do acordo para ler; “No prazo de seis meses da publicación do presente
acordo a Comisión valorará segundo os informes xurídicos pertinentes a proposta do pase a segunda
actividade, de ser o caso, do persoal laboral” …(se refiren os temporais)
CSIF manifestou nas diferentes reunións que a xurisprudencia determina a aplicación do principio de
igualdade de trato ao persoal temporal ó servizo das administracións públicas. E que neste caso
non existe ningunha razón obxectiva que impida o desfrute da segunda actividade ao interinos do SPDCIF.
USO DE PRAZAS VACANTES
CSIF xa manifestou o seu rexeitamento da pretensión de usar
para a segunda actividade prazas vacantes de RPT das
categorías de emisorista, vixilante e operador. E polos mesmos
motivos rexeitamos que se usen vacantes existentes de outras
categorías, inda que non sexan do SPDCIF. Asemade, neste última
caso, as súas función no serían as reflexadas no acordo.
NON SE INCLUEN OS “APTOS CON RESTRICCIÓNS” OU “NON APTOS”
Dende a CSIF consideramos que o acordo da segunda actividade debe regular ditas situacións. E
habilitarse a cobertura das prazas dos traballadores que no poidan actuar en tarefas de extinción
e establecer o seu pase temporal a unha actividade adaptada as súas condicións.
NON SE GARANTE A COBERTURA DO 100% DAS PRAZAS
A cláusula novena di literalmente; “O Posto deixado vacante polo empregado que pasa a segunda actividade
será obxecto de cobertura regulamentaria consonte o establecido no Convenio Colectivo Único do persoal
laboral da Xunta de Galicia”, o cal non significa que se chame por listas a tantos interinos coma persoal
acollido á segunda actividade.
Por todo elo, para a CSIF o acordo proposto non só non cumpre cós mínimos exixibles a unha norma
que debe regular a aplicación da segunda actividade a TODO o persoal do SPDCIF, se non que
ademais consideramos que vai en contra das recentes sentencias xudiciais dos tribunais europeos
ó discriminar o persoal interino pola súa condición de precariedade.
Acordo segunda actividade e Anexo I Catálogo de funcións
Anexo II. Postos vacantes
Anexo III. Solicitude de segunda actividade
MÁIS: La Xunta quiere impedir el acceso a la segunda actividad a los interinos del SPDCIF
Sin avance en las negociaciones de la segunda actividad en el SPDCIF
- 11 -
4. FORMACIÓN EGAP: ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA EMPREGADOS PÚBLICOS
EGAP - DOG, 5 DE XUÑO
Resolución do 29 de maio de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal
ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas
instrumentais do sector público autonómico.
DESTINATARIOS:
Empregados públicos e as empregadas públicas destinados: Na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
Nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico
enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de
decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e
do sector público autonómico (…)
PRAZO DE INSCRICIÓN
Ata o 15 de xuño ás 14:00 horas no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula
(Só admitirá un máximo de cinco solicitudes en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa
coincidente)
AREAS FORMATIVAS
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas
Unión Europea
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa
Presidencia da Xunta de Galicia: (Axencia Turismo de Galicia, Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Secretaría Xeral para o Deporte)
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: (Secretaría
Xeral de Igualdade. Asesoría Xurídica Xeral e Servizo de Prevención de Riscos Laborais)
Consellería de Facenda
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Consellería de Infraestruturas e Vivenda
Consellería de Economía, Emprego e Industria (Economía e Emprego e Industria)
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Educación e Cultura)
Consellería de Política Social
Consellería do Medio Rural
Consellería do Mar
Consellería de Sanidade
EGAP - DOG, 7 DE XUÑO
Resolución do 23 de maio de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Responsabilidades
administrativas e penais de autoridades e funcionarios.
DESTINATARIOS
Persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, estatal, autonómica ou local, persoal ao servizo
da Administración de xustiza, así como da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector
público de Galicia, e interesados en xeral.
PRAZO DE INSCRICIÓN
Ata o 20 de xuño ás 23:00 horas no enderezo http://egap.xunta.gal/matricula
- 12 -
5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NAS ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA
Concello Boletín Data Denominación dos
postos Nº
Sistema de
selección Prazo
Amoeiro BOPOU 7-X Auxiliar administrativo 1 Ver bases 5 días hábiles
Arteixo BOPAC 5-X Policía local 2 Oposición 20 días naturais
publ. no BOE
Arzúa DOG 1-X Técnico de normalización
lingüística – A1 1 Oposición 10 días hábiles
Arzúa DOG 1-X Operarios servizos varios 2 Oposición 10 días hábiles
Arzúa DOG 8-X Auxiliar da radio municipal 1 Oposición 10 días hábiles
Baltar BOPOU 5-X Chofer máquina rozadora
Auxiliar axuda no fogar
1
7 Concurso 5 días naturais
Bergondo BOPAC 7-X Socorristas 2 Concurso 5 días hábiles
Os Blancos BOPOU 2-X
Encargado bar piscina
Monitor de tempo libre
Xefe brigada contraincendio
Peón-condutor
Peón brigada
1
2
2
2
6
Ver bases 5 días hábiles
Bola BOPOU 2-X
Xefe brigada contraincendio
Peón-condutor
Peón brigada
1
1
3
Ver bases 5 días hábiles
Brión BOPAC 6-X
Oficial 3ª condutor
Peón de obras
Oficial 3ª albanel
2
5
2
Concurso 5 días naturais
Cabanas BOPAC 6-X Capataz limpeza
Peón limpeza de praias
2
8
Concurso-
oposición 5 días hábiles
Cabanas BOPAC 7-X Técnico de turismo 1 Concurso 5 días hábiles
Calvos de
Randín BOPOU 7-X
Condutor vehículo
Peón forestal
5
12 Concurso 10 días hábiles
- 13 -
Auxiliar axuda a domicilio 5
Cangas BOPPO 7-X Director e motinor de tempo
libre Lista Ver bases
Cangas BOPPO 8-X
Socorrista
Patrón embarcacións
Limpador de Praia
25
3
25
Ver bases
A Capela BOPAC 1-X Técnico de turismo 1 Concurso 7 días naturais
Carballiño BOPOU 1-X Auxiliar policía local 4 Oposición 5 días
Castro de Rei BOPLU 2-X Arquitecto 1 Concurso-
oposición 10 días naturais
Cee BOPAC 7-X Capataz brigada incendios 1 Concurso-
oposición 10 días hábiles
Cee BOPAC 7-X Peón condutor
Peón brigada incendios
1
3
Concurso-
oposición 10 días hábiles
Cervo BOPLU 6-X Auxiliar de axuda no fogar Bolsa Ver bases 5 días naturais
Celanova BOPOU 8-X Animador turístico 1 Concurso-
oposición
O Corgo BOPLU 3-X Condutor vehículo
motoboba Bolsa Oposición 5 días hábiles
Cualedro BOPOU 6-X
Xefe de obra
Albanel
Tractorista
Albanel
1
2
1
2
Concurso-
oposición 5 días hábiles
Cuntis BOPPO 8-X Condutor recollida lixo 2 Concurso-
oposición 5 días naturais
Cuntis BOPPO 8-X
Capataz brigada incendios
Condutores motobomba
Peón
1
3
4
Concurso-
oposición 5 días hábiles
Entrimo BOPOU 2-X
Xefe de brigada
Peón condutor
Peón forestal
2
2
6
Concurso 5 días naturais
- 14 -
Entrimo BOPOU 8-X Peon servizos varios 2 Concruso 5 días naturais
Friol BOPLU 7-X
Xefe de brigada
Peón condutor
Peóns
Condutor motobomba
1
1
3
3
Concurso-
oposición
6 días naturais
A Gudiña BOPOU 2-X
Xefe brigada contraincendio
Peón-condutor
Peón brigada
1
1
3
Ver bases 5 días hábiles
Irixoa BOPAC 6-X
Xefe brigada incendios
Peón condutor
Peón brigadistas
1
1
3
Ver bases 12 días naturais
Láncara BOPLU 7-X Auxilar de axuda a domicilio 1 Ver bases 10 días naturais
A Laracha BOPAC 2-X Peón limpeza de praias 10 Oposición 5 días hábiles
Laxe BOPAC 5-X Peón limpeza de praias 11 Concurso-
oposición 5 días hábiles
Lobeira BOPOU 6-X Auxiliar de animación socio-
cultural 1 Ver bases 5 días hábiles
Manzaneda BOPOU 8-X Socorrista piscina 1 Ver bases
Marín BOE 3-X
Oficial albanel
Capataz servizo de obras
Mestre xardineiro
Conserxe
1
1
1
1
Concurso-
oposición
(Promoción
interna)
20 días naturais
Meira BOPLU 1-X Diplomado traballo social Bolsa Concurso-
Oposición 10 días naturais
Mondoñedo BOPLU 8-X Operario de servizos
múltiples 1
Mondoñedo BOPLU 31-M Servizo atención domicilio Bolsa 5 días hábiles
Monfero BOPAC 1-X Socorristas acuáticos Bolsa Oposición 10 días naturais
Monfero BOPAC 1-X Técnico en animación
sociocultural Bolsa
Concurso-
Oposición 10 días naturais
- 15 -
Monterroso BOPLU 5-X
Xefe brigada incendios
Peón condutor
Peón brigada
1
1
3
Ver bases 5 días naturais
Monterroso BOPLU 8-X Motobomba
Oímbra BOPOU 2-X
Monitor/a de o programa de
conciliación
da vida laboral e familiar
1 Concurso 5 días hábiles
Monterrei BOPOU 3-X Auxiliar de axuda no fogar Bolsa Ver bases 5 días hábiles
Mugardos BOPAC 2-X Arquitecto Bolsa Oposición 10 días naturais
Muiños BOPOU 7-X Socorrista piscina 1 Concurso-
oposición 5 días hábiles
Paradela BOPLU 31-M Operario condutor
motobomba 3
Concurso-
oposición 10 días naturais
O Páramo BOPLU 8-X Limpadores Bolsa
Pedrafita do
Cebreiro BOPLU 8-X
Informador turístico
Condutor motobomba
Xefe brigada municipal
1
1
1
A Pobra BOPAC 2-X Técnico de medio ambiente 1 Concurso-
Oposición 5 días naturais
A Pobra BOPAC 5-X
Operario de servizos varios
Operario de limpeza viaria e
espazos naturais
Operario de xardíns
Bolsa Concurso-
Oposición 10 días naturais
Poio (Bases
xerais)
Poio
(Convocatoria)
BOPPO 8-X Peón de servizos varios
Limpeza
5
5
Concurso-
oposición 15 días hábiles
Pontedeume BOPAC 1-X Salvamento e socorrismo
acuático 5
Concurso-
Oposición 7 días naturais
A Pontenova BOPLU 2-X Profesores de música 4 Concurso-
Oposición 7 días naturais
Porqueira BOPOU 6-X Socorrista 1 Concurso 5 días hábiles
- 16 -
Riós BOPOU 6-X
Peón agrícola forestal
Xefe de brigada incendios
Peón condutor
Peón prevención incendios
Psicólogo
Monistor de ludoteca
Persoal apoio ludoteca
3
2
2
6
1
1
1
Concurso-
oposición
5 días hábiles
Concurso
SADA BOPAC 8-X Técnico en normalización
lingüística 1 Oposición 10 días naturais
San Amaro BOPOU 3-X
Peón de servizos varios
Peón de servizos
Xefe de brigada incendios
Peón condutor
Peóns
1
2
1
1
3
Concurso 5 días hábiles
Sandiás BOPOU 2-X Trabajador/a Social Bolsa Concurso 7 días hábiles
Santiago de
Compostela BOPAC 2-X
Inspector principal Pol. Loc.
Inspector policía local
Oficial policía local
Policía
Administrativo admón.xeral
Técnico de xestión
2
3
6
8
18
4
Bases da oferta de emprego dos
anos 2015-2016
Santiso BOPAC 7-X Técnico de turismo 1 Concurso-
Oposición 10 días naturais
Sober BOPLU 1-X
Auxiliar de deportes
Peón servizos múltiples
Auxiliar de protección civil
Socorrista
Bolsa Ver bases 10 días hábiles
Teo BOPAC 8-X Técnico de turismo 1 Oposición 10 días hábiles
Trasmiras BOPOU 6-X Socorrista piscina municipal 1 Concurso 5 días naturais
Trasmiras BOPOU 7-X Chofer de máquina mixta
Peón servizos varios
1
1 Concurso 5 días hábiles
- 17 -
Trasmiras BOPOU 8-X
Xefe de brigada incendios
Peón condutor
Peón de brigada
2
2
6
Concurso 5 días naturais
Vilagarcía BOPPO 1-X Xefe da brigada incencdios 1 Concurso-
oposición 10 días naturais
Vilariño de
Conso BOPOU 8-X
Xefe de brigada
Peón condutor
Peón forestal
1
1
3
Concurso 5 días hábiles
Vilariño de
Conso BOPOU 8-X Condutor motobomba 3
Concurso-
oposicón 5 días hábiles
Viveiro BOPLU 2-X
Técnico superior en
información e
comercialización turística
1 Ver bases
Xermade BOPLU 31-M
Xefe de brigada
Peón condutor
Peón brigada
1
1
3
Ver bases 5 días naturais
Zas
Zas BOPAC 2-X Peón de obras e servizos
1
Ver bases 8 días naturais
1
Zas BOPAC 6-X
Xefe brigada incendios
Peón condutor
Peón brigada incendios
1
1
3
Ver bases 10 días naturais
Zas BOPAC 8-X Auxiliar administrativo 1 Concurso-
Oposición 10 días naturais
Deputación
Lugo BOPLU 31-M
Técnico Xestión
medioambiental – A2 1
Concurso-
Oposición
Mancomunidad
e Conso-
Frieiras
BOPOU 2-X
Xefe de brigada incendios
Peón condutor
Peón prevención incendios
3
3
9
Ver bases 5 DÍAS HÁBIES
Autoridade
Portuaria de
Vigo
DOG 6-X Oficial de mantemento 3 Concurso 20 días naturais
- 18 -
6. O SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO
QUE É O SÍNDROME DO PROFESIONAL QUEIMADO?
O síndrome do traballador queimado ou síndrome de “Burnout” é un transtorno emocionalo de creación
recente vinculado ao ámbito laboral, ao estrés causado polas condicións do traballo e ao estilo de vida do
empregado.
Os indicios máis comúns son a depresión e/ou ansiedade, chegando a afectar a vida social e familiar do
traballador. Soe darse con maior asiduidade en persoas que elixiron a súa profesión de maneira vocacional.
SÍNTOMAS
- Baixo rendemento
- Sentimento de afogamento, fracaso e impotencia
- Baixa autoestima
- Pouca realización persoal
- Estado permanente de nerviosismo
- Dificultade para concentrarse
- Comportamentos agresivos
- Dor de cabeza
- Taquicardia
- Insomnio
CAUSAS E FACTORES DE RISCO
Causas
Os principais detonantes do síndrome do profesional queimado son o contorno e as condicións laborais. Si
o traballador está exposto de maneira continua a:
- Altos niveis de estrés e/ou esixencia,
- Carga de traballo excesiva,
- Pouca autonomía,
- Malas relacións no traballo,
- Ausencia de apoio no seu contorno,
- Falta de formación para o desempeño de tarefas,
- Etc
Factores de risco
- Falta de organización no traballo
O exceso de burocratización sen apoio específico; a falta de tempo para organizar as tarefas (que levan
a que o traballador nunca salga a súa hora e teña que levar o traballo a casa) o non contemprar as
sustitucións por baixas temporais poden elevar os niveis de estrés e, a larga, propiciar o síndrome.
- Altas expectativas interpersoais
Moitas veces, as nosas expectativas non se axustan a realizade e poden xerar certo grao de frustación.
Si esas expectativas son moi altas e non se cumpren, o traballador pode desenvolver síntomas de
ansiedade, apatía ou tristeza.
- 19 -
- Calidades persoais
Determinadas persoas son máis propensas a padecer o síndrome do traballador queimados que outras.
Ante unha situación estresante, as persoas conformistas, inseguras e dependentes teñen máis
posibilidades de sufrir depresión.
ESTRATEXIAS DE PREVENCIÓN
As estratexias relacionadas coa prevención ante unha situación ameazante teñen como finalidade, na
maioría dos casos, manexar a resposta ao estrés. Están clasificadas en tres categorías:
Individuais ou interpersoais
Este tipo de síndrome ten a súa orixe no deterioro das relacións interpersoais de carácter profesional que
se establecen no contorno laboral, por iso é moi importante saber coidalas.
Débese buscar o apoio social no traballo: contar con relacións interpersoais de calidade é unha das principais
necesidades do ser humano. Segundo Pines (1983) existen seis formas de ofrecer apoio social (escoita
activa, apoio técnico, crear retos, implicarse…). Pero tamén é importante adestrar as habilidades sociais:
debemos aprender a ofrecer e recibir apoio social no traballo, xa sexa de forma individual ou grupal.
Aprender en grupo pode conformar un importante marco de referencia para o individuo, de feito facilita que
os comportamentos aprendidos perduren. Ademais, pode constituír un escenario natural para avaliar as
habilidades sociais en un contexto onde ofrecer apoio e axuda mutua.
Organizacionais
A implicación da organización da empresa/administración en desenvolver
programas de prevencións dirixidos a mellorar o ambiente e o clima da
organización é moi importante pois o foco do síndrome do profesional
queimado sitúanse no contexto laboral.
Algunhas medidas a tomar en conta:
- Promover o traballo en equipo para mellorar o clima laboral
- Aumentar o grao de autonomía e control do traballo
- Dispor de análise e definición dos postos de traballo
- Establecer liñas claras de autoridade e responsabilidade
- Aumentar a recompensa aos traballadores
- Definir competencias e responsabilidades de forma precisa e
realista
- Mellorar as redes de comunicación e promover a participación
- Fomentar a colaboración na organización
- Fomentar a flexibilidade horaria
- Promover a seguridade no emprego
COÑECES CSIFAyuda?
O obxectivo do proxecto CSIFAyuda é asesorar, apoiar e axudar aos traballadores e/ou seus familiares
dende a perspectica sindical, xurídica e psicosocial en situacións de:
- Acoso laboral e acoso sexual
- Violencia no traballo
- Drogodependencias e outras adicións
- Acoso escolar ou bulling
- Outros riscos psicosociais: burnout, estrés laboral…
- 20 -
Con CSIFAyuda realizamos unha actuación preventiva e informativa para evitar futuros casos de conflitos
psicosociais. Avanzamos para conseguir organizacións saudables e nas que exista a cultura do respecto.
CSIFAxuda colabora con asociacións e entidades especializada como ANAMIB, Asociación Proxecto Home,
PRIDICAM, Fundación Anar, etc. que aportan:
- Posibilidades de adquirir habilidades sociais e de convivencia, xunto con ferramentas útiles para
afrontar as situacións conflitivas a través da formación
- Especialización dos delegados de CSIF nas problemáticas asociadas e a súa xestión
- Ofrecer un apoio integral ao traballador con axuda psicolóxica, grupos de apoios, xornadas e
encontros…
Si sofres algunha destas situacións e coñeces a alguén que as estea sufrindo podes poñerte en contacto:
- Co teu delegado de prevención ou delegado sindical de CSIF
- Cumprimentando o formularios en www.csif.es/node/2019852
- Ou enviándonos un correo a csifayuda@csi-f.es
-
7. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA HABITUAL PARA PERSOAL DA DEPUTACIÓN
DEPUTACIÓN DA CORUÑA - BOPAC, 8 DE XUÑO
Aprobación das Bases de convocatoria das axudas para adquisición de
vivenda habitual do persoal desta Deputación Provincial, convocatoria 2016
FONDO DE ACCIÓN SOCIAL
EMPREGADOS PÚBLICOS
XUNTA DE GALICIA
- 21 -
Ofertas en estudio de graos e postgrao
Temarios para oposicións na Administración de Xustiza
Descuentos en clases para preparación de oposicións
Entradas para cines, teatro e outras actividades de ocio e aventura
Descontos en servizos médicos, saúde, beleza e benestar
Escapadas de fin de semana
Restaurantes, hoteles, balnearios, spa…
Viaxes
Parques temáticos
Tarxetas para carburantes
Entidades bancarias
Para máis información: CSIF NACIONAL
- 22 -
9
- 23 -