Crónica presentación memoria cruz vermella

Post on 24-May-2015

412 views 9 download

Transcript of Crónica presentación memoria cruz vermella

PRESENTACIÓN MEMORIA CRUZ VERMELLA BETANZOS

“A Asamblea Comarcal da Cruz Vermella Española en Betanzos, en agradecemento ao

CPI Virxe da Cela de Monfero a súa iniciativa solidaria, colaborando nas campañas solidarias

realizadas durante o ano 2013, en Betanzos a 25 de abril de 2014”.

Este é o texto que ilustra o diploma que foinos entregado no acto da presentación da

Memoria Anual 2013 da Cruz Vermella de Betanzos, que tivo lugar o pasado venres 25 de abril

na Sala Xulio Cuns (Edificio do Liceo, Betanzos), e que estaba relacionado coa actividade que

desenvolvimos no pasado curso académico 2012-2013 na nosa escola: o V Rastro Solidario.

Naquela ocasión, os 742 cartos recadados foron ingresados na conta bancaria da Cruz

Vermella, que estaba a facer unha fantástica e admirable labor para loitar coa pobreza e a

exclusión social na nosa contorna máis próxima. Para reforzar esta actividade e sensibilizar ao

noso alumnado, contamos tamén cun obradoiro impartido polos técnicos/as e voluntarios/as

desta organización (venres 22 marzo 2013).

Tal como mostra esta fotografía, as coordinadoras de Monferosolidario subiron ao

escenario a recibir este galardón de mans do Alcalde de Betanzos, e xa o temos enmarcado e

exposto na entrada do edificio de secundaria.