A cadeira vermella conto ilustrado

14
e a cadeira vermella Mahán

Transcript of A cadeira vermella conto ilustrado

Page 1: A cadeira vermella conto ilustrado

e a cadeira vermella

Mahán

Page 2: A cadeira vermella conto ilustrado

Aínda que non pareza verdade, hai 61 millóns de nenos e nenas que

non van ao colexio e a metade deles/as están na África Subsahariana.

Mahán e a cadeira vermella

Page 3: A cadeira vermella conto ilustrado

No colexio ao que vai Mahán, un neno de África, só vai un neno

ao día á clase, porque só hai unha cadeira. E sabedes de que cor é?

Pois é vermella!!!

Mahán e a cadeira vermella

Page 4: A cadeira vermella conto ilustrado

Mahán e os seus amigos, cando non ían á escola, quedaban na casa

traballando e non sabían nin ler nin escribir.

Mahán e a cadeira vermella

Page 5: A cadeira vermella conto ilustrado

Cando Mahán ía á clase, a profesora só lle ensinaba a escribir, pero

moi pouco, xa que case non sabía nada.

Mahán e a cadeira vermella

Page 6: A cadeira vermella conto ilustrado

Pero Mahán era moi listo e sabía que había moitos nenos e nenas

que tampouco ían ao colexio. Na súa aldea as nenas non podían ir

á escola porque estaban todo o día traballando.

Mahán e a cadeira vermella

Page 7: A cadeira vermella conto ilustrado

Ata que un día a Mahán ocorréuselle unha fantástica idea. Pediulle

ao seu pai, que era carpinteiro, que lle fixese unhas cantas cadeiras.

Carpintería

Mahán e a cadeira vermella

Page 8: A cadeira vermella conto ilustrado

Mahán e a cadeira vermella

Ao día seguinte, levounas á escola. O seu pai fixera unha chea de-

las!!! Mahán pintáraas todas de cor vermella e así el e os seus ami-

gos poderían ir todos os días á escola a aprender!!!

Page 9: A cadeira vermella conto ilustrado

Os veciños de Mahán animáronse a facer máis cadeiras e os nenos

pintáronas todas de cor vermella.

Mahán e a cadeira vermella

Page 10: A cadeira vermella conto ilustrado

Un día os homes foron a outras aldeas a levalas e a animar á xente

para que fixesen máis cadeiras vermellas.

Mahán e a cadeira vermella

Page 11: A cadeira vermella conto ilustrado

Pero aínda hai moitos nenos e nenas que non van á escola...

Mahán e a cadeira vermella

Page 12: A cadeira vermella conto ilustrado

Sabedes que hai que facer??? Pois claro, hai que facer máis cadeiras

vermellas. Veña!!! Animádevos!!! Así todos poderemos estudar como

Mahán, que agora é o máis listo da súa aldea, e aínda así segue a

construír cadeiras vermellas!!!

Mahán e a cadeira vermella

Page 13: A cadeira vermella conto ilustrado

Mahán e a cadeira vermella

E lembrade: se algún día vedes unha cadeira vermella, acordádevos

de que hai moitísimos nenos e nenas que non van á escola.

Page 14: A cadeira vermella conto ilustrado

Mahán e a cadeira vermella

Texto:

María Primoy Cuenca

Deseño e maquetación:

Verónica Dopico Cancela

Ilustracións:

María Primoy Cuenca

Diana Caruncho Souto

Paula Deive Martínez

Adrián Marcos Rivera

Aitor Rodríguez Faraldo

Andra Varela Amado

CPI Virxe da Cela. Monfero. Abril 2013