Conto de nadal

Post on 27-Jun-2015

433 views 6 download

Transcript of Conto de nadal

Aquela tarde, Papá Noel estaba de mal humor. Doíalle a barriga

Comera tres veces patacas con maionesa.

Iso era DEMASIADO…

aínda para o estómago de Papá Noel.

1

2

3

Era a noite de Nadal e él tiña dor de

barriga.

Algo máis lonxe, no bosque… agochábase un lobo.

Tiña… FAME DE LOBO.

O pobre do lobo tremía co frío.Tiña o nariz conxelado, as orellas moradase as dedas dos pes tesas.

O frío facíalle chorar e as

bágoas que lle caían

dos ollos conxelábans

eantes de

caer ao chan.

De pronto, através do xeo que cubría os seus ollos viu unha silueta vermella que

se achegaba a él.

Cando a figura vermellapasou ao seu carón…saltou sobre ela dando un berro arrepiante.

¡AARRRRGGGG!

Cando a figura vermellapasou ao seu carón…saltou sobre ela dando un berro arrepiante.

¡AARRRRGGGG!

¡Terrible erro!

Como todo o mundo sabe, Papá Noel é coma un xigante, indestructible

e…

¡ABSOLUTAMENTE

INCOMESTIBLE!

¿E BEN?Estou esperando unha explicación

O lobo non quería confesar que

confundira a Papá Noel con

Carapuchiña Vermella, así que, para salvar a orella

díxolle que o confundira cun

porco.

¡A QUEN SE LLE OCORRE!

Papá Noel sacou as luvas, colleu ao lobo, puxoo debaixo do brazo e doulle tal mallerira que ata a neve caiu dos pinos.

Cando por fin aquilo rematou…

Ben, pois como castigo, este

Nadal vas facer un traballiño.

¿Así que tes fame?

Ehh, si, unha pouca

¿¿Qué??

Si, este ano ti vas facer o meu traballo.E non comerás nada ata que remates de entregar todos os regalos. Moito coidado que non che esqueza ningunha cheminea.

Sen preguntarlle ao lobo se estaba de acordo, Papá

Noel levouno á súa cova, púxolle un disfraz de Papá

Noel e… ¡hala!

Mandouno ao ceo co trineo, os renos, a cesta, as campaíñas e todo o

necesario para facer o seu traballo.

A Papá Noel todo lle saira ben.Agora podería descansar.

Cada vez tiña máis fame. Ata os renos se burlaban de él.

Entón deu comezo a noite máis espantosa que un lobo malvado poida imaxinar.

Un gran lobo malvado coma él, voando polo ceo disfrazado de Papá Noel. Era para tolear.

Ademáis, veríase obrigado a ser

amable cos nenos. Él que sempre desexou

comelos crus.

Ao chegar aos tellados, tiña que ler as cartas dos nenos.

E, en cada carta, os nenos enviaban bicos, apertas, mimos, felicitacións e máis bicos

En todas, menos nesta

Entón o lobo, case

chorando deslizou unha

bonita cabuxiña

branca pola cheminea

tendo moito coidado para non manchala

co feluxe.

A noite avanzaba. Cantos máis regalos e chuches repartía o lobo, máis fame tiña.

As tripas soábanlle unha barbaridade, e estaba terríblemente canso.

Por fin amenceu. O lobo acababa de terminar co reparto.

De volta á cova, nada máis entrar

Deixouse caer nun rincón e adormeceu.

O lobo empezou a roncar e a soñar con cestos cheos de salchichas, xamóns, casiñas de

mazapán e Papá-Noeis de chocolate

Papá Noel, mirandoo con cariño, pensou se non sería demasiado duro co castigo.

¿..?

ZZZZZZ

ZZZ

Cando o lobo espertou, viu que xunto ao lume da cheminea lle esperaba unha mesa perfectamente preparada.

Aquel ano, por primeira vez o lobo e Papá Noel celebraron o Nadal xuntos, ante a asombrada mirada dos renos que non

entendían nada daquela historia tan rara.