Centro de Información Europea - dacoruna.gal

Post on 24-Oct-2021

3 views 0 download

Transcript of Centro de Información Europea - dacoruna.gal

Novas

Conv

ocat

oria

s

Soci

os

Bols

as e

Vac

ante

s

Cida

daní

a Eu

ropa

a fo

ndo

Publ

icac

ións

Axe

nda

Centro de Información EuropeaBoletín Semanal nº 191 - 05/07/2018

Suscripción gratuita ao boletíneuropedirect@dacoruna.galwww.dacoruna.gal/europedirect

NovasOs cidadáns non comunitarios exentos de visado para entrar á UE terán que obter unha autorización • antes da súa viaxe a través do novo sistema ETIAS A Comisión Europea ha concedido unha axuda de emerxencia adicional de 45,6 millóns EUR a España • e Grecia para apoiar a estes países nos seus esforzos por afrontar os seus retos migratorios Comparecencia do presidente Donald Tusk ante o Parlamento Europeo sobre o Consello Europeo de • xuño O Parlamento Europeo aproba a creación do primeiro programa comunitario para impulsar a innova-• ción na industria europea de defensa, incluída a ciberseguridadEn caso de gran atraso dun voo, a compañía aérea á que incumbe pagar a indemnización debida aos • pasaxeiros non é a que deu en arrendamento a aeronave e a tripulación utilizadas, senón a que deci-diu realizar o voo

Convocatorias

Convocatorias recentes

Educación, Cultura, Audiovisual, Cidadanía (EAC)EACEA/05/2018: Apoio á distribución de películas non nacionais. Programa automático de distribución

EAC/S15/2018 Intercambios e mobilidade no deporte

EAC/S14/2018: Incentivación dos valores europeos a través de iniciativas deportivas a nivel municipal

EACEA-40/2017: Programa Europa cos Cidadáns: Redes de cidades. Segunda rolda

EACEA-40/2017: Programa Europa cos Cidadáns: subvencións de accións 2018. Irmandamento de cida-des. Segunda rolda

Enerxía (ENER)CEF-Energy-2018-2 Convocatoria de propostas no marco do programa plurianual de traballo para a concesión de subvencións no ámbito das infraestruturas enerxéticas transeuropeas do Mecanismo «Co-nectar Europa» no período 2014-2020

Xustiza e Consumidores (JUST)REC-RDAP-GBV-AG-2018: Convocatoria de propostas para previr e combater a violencia de xénero e violencia contra os nenos

REC-RDIS-DISC-AG-2018: convocatoria de propostas de apoio aos proxectos nacionais ou transnacio-nais de non discriminación e integración da comunidade romaní

REC-RDIS-NRCP-AG-2018: Convocatoria de subvencións restrinxida para apoiar as plataformas interna-cionais da comunidade romaní

REC-RRAC-ONLINE-AG-2018: Convocatoria de propostas para monitorear, previr e contrarrestar o dis-curso de odio en liñae

JUST-JTRA-EJTR-AG-2018: Subvencións para apoiar proxectos transnacionais de capacitación xudicial que cubran o dereito civil, o dereito penal ou os dereitos fundamentais

Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEME (GROW)COS-TOURSYN-2018-3-01: Apoio ao desenvolvemento e a promoción de produtos turísticos temáticos transnacionais: aproveitando as sinerxías entre o turismo e a industria cultural e creativa

Política Rexional e Urbana (REXIO)Interreg Sudoe. Terceira Convocatoria

Interreg Europe. Cuarta Convocatoria

Investigación e Innovación (RTD)RFCS-2018: Programa de Investigación do Fondo de Investigación do Carbón e do Aceiro – 2018

Saúde e Seguridade Alimentaria (SANTE)PJ-05-2018: Transferencia do programa italiano CARDIO 50 a outros países PJ-04-2018: Transferencia da iniciativa sueca Actividade Física Baixo Prescrición

Outras axudas

EXTRACTO da Orde do 1 de xuño de 2018, pola que se convoca para o ano 2018 a concesión de sub-vencións a entidades asociativas representativas do sector agrario e alimentario polo desenvolvemen-to de actividades de colaboración e representación ante a Administración Xeral do Estado e a Unión Europea, así como para a realización de Actividades Específicas de espacial interese para o sector agroalimentario español.

EXTRACTO da Resolución do 18 de xuño de 2018, do Fondo Español de Garantía Agraria, O. A. (FEGA) pola que se convocan axudas para a concesión de subvencións á execución de proxectos de innova-ción de interese xeral por grupos operativos da Asociación Europea para a Innovación en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas (AEI-Agri), no marco do Programa Nacional de Desenvolve-mento Rural 2014-2020, para o ano 2018.

EXTRACTO da Resolución do 19 de xuño de 2018 do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial, E.P.E. pola que se regula a concesión directa de axudas aos proxectos con participación española seleccionados na novena convocatoria do Programa Eurostars-2 (actuación Interempresas Internacional

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, convocatoria do ano 2018

ORDE do 26 de xuño de 2018 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións do Pro-grama de incentivos á formación de persoas traballadoras ocupadas en sectores estratéxicos para as empresas galegas, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Gali-cia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocatoria para o ano 2018 (código de procedemento IN853A)

SociosSVE. Portugal Trátase dun proxecto de Servizo de Voluntariado destinado a amantes do deporte. Forma parte deste proxecto e coñece a asociación histórica SPORT, ADEP– Associação Desportiva Penamacorense no corazón de Portugal.

Cidadanía. ChipreEste proxecto pretende apoiar a mocidade a participar de forma segura, desde unha perspectiva crítica e responsable nun mundo dominado polas redes sociais e á tecnoloxía dixital.

Investigación. Corea do SurUn instituto de investigación de Corea está a buscar unha empresa suíza ou francesa para desenvolver plataformas de IoT para Silver Town baixo os programas bilaterais de I + D do goberno coreano con Suíza e Francia.

H2020. GreciaUnha PEME de investigación grega prepara unha proposta de optimización de fabricación e operación dun sistema de aproveitamento da enerxía mariña derivada do océano e do vento. A proposta ocuparase da supervisión dos parques eólicos usando un sensor intelixente. A compañía está a buscar un operador de turbina eólica mariña para identificar necesidades e proporcionar datos operativos.

Eurostars2. Corea do SurUnha empresa coreana está a buscar un socio especializado en I + D para desenvolver un sensor de imaxes térmicas para dispositivos móbiles empregando tecnoloxía de micro termopila

Bolsas06/07/2018 Bolsas control analítico produtos obxecto de comercio exterior: A Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade convo-ca 24 bolsas de especialización en control analítico de produtos obxecto de comercio exterior, cuxa fina-lidade é promover a formación e o perfeccionamento técnico-profesional de titulados universitarios supe-riores, en materia de control analítico de calidade de produtos agroalimentarios e industriais, para facilitar así a súa incorporación ao mercado laboral.

13/07/2018 Axudas Campos de Traballo novos galegos no exteriorASecretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia convoca 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos, correspondentes ao programa Campos de Traballo para o ano 2018, que ten por finalidade facilitar á mocidade de Galicia no exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

22/07/2018: Correspondentes Erasmus en Flandes 2018/2019A Oficina de Turismo de Bélxica organiza o proxecto ‘Correspondentes Erasmus en Flandes’. Este proxec-to consiste en que estudantes españois que recibiron unha bolsa Erasmus para estudar en Flandes ali-menten un blog con todas as novidades e curiosidades da rexión que vexan no seu día a día, co obxectivo de difundir o ambiente universitario, cultural e xuvenil das cidades flamencas.

31/07/2018: Prácticas na Axencia Ferroviaria Europea Estas prácticas teñen como obxectivo ofrecer unha comprensión da axencia e o seu papel dentro das actividades da Unión Europea, permitindo aos bolseiros incrementar o seu coñecemento práctico nalgún dos campos de actividade do ERA e obter experiencia profesional.

31/08/2018: Prácticas e bolsas no Centro Europeo de Linguas Modernas (CELM)O papel principal do CELM, parte do Consello de Europa, para servir en xeral na implementación das po-líticas lingüísticas e a promoción de aproximacións innovadoras para a aprendizaxe e o ensino de linguas modernas. Estas prácticas ofrecerán a posibilidade de desempeñar tarefas necesarias nalgún campo específico deste catro: Web, DRC, Administración, Programa.

Premios e concursos

10/07/2018: Travel Filme Scolarship 2018World Nomads convida a aspirantes a cineastas de viaxes, de calquera nacionalidade, a unha viaxe de 12 días para coñecer a vida salvaxe e comunidades do Serengeti en Tanzania, baixo a titoría do cineasta de viaxes profesional Brian Rapsey.

15/07/2018: CedefopPhotoAward2018O concurso está dirixido exclusivamente a equipos de estudantes de formación profesional (tanto forma-ción profesional inicial como continua) da Unión Europea, Noruega e Islandia. Cada equipo elaborará un relato fotográfico orixinal composto de entre tres e cinco fotografas e dun texto dun máximo de 100 palabras.

15/07/2018: Premio Europeo da Mocidade (EYA)Destinado a emprendedores socialmente comprometidos e creativos, fundadores, deseñadores, produ-tores, desenvolvedores de aplicacións, xornalistas, escritores menores de 33 anos, que vivan nun dos estados membros do Consello de Europa ou a Unión polo Mediterráneo, Bielorrusia, Cósovo ou Siria.

31/08/2018: Concurso de Blog Europe in my region 2018Este concurso presentado pola Comisión Europea convida aos bloggers, maiores de 18 anos, a escribir e publicar posts sobre calquera proxecto financiado pola UE e aproveitar a oportunidade de gañar forma-ción en comunicación da UE e unha viaxe a Bruxelas.

31/08/2018: Concurso de Fotografía Europe in my region 2018Presentado pola Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, o concurso de fotografía “Eu-ropa na miña rexión” ten como obxectivo destacar o traballo que están a realizar proxectos en toda Euro-pa coa axuda de fondos da UE e explorar o significado destes proxectos para as comunidades locais.

VacantesProject Officer. GFIII. Axencia Executiva para a innovación e as redes (INEA). Bruxelas. Data límite: • 13/07/2018Evaluation Manager. GFIV. Axencia Executiva para a innovación e as redes (INEA). Bruxelas. Data lími-• te: 13/07/2018Commercial and High Accuracy Service Manager. AD8. Axencia do GNSS Europeo (GSA). Praga. Data • límite: 11/07/2018GSMC Operations Manager. AD8. Axencia do GNSS Europeo (GSA). Praga. Data límite: 11/07/201•  8Project Officer SES/SESAR. AD10. Axencia Europea de Defensa (EDA). Bruxelas. Data límite: 16/07/201•  8Head of Vulnerability Assessment Unit. AD12. Axencia Europea da garda de fronteiras e costas (FRON-• TEX). Varsovia. Data límite: 06/07/2018Recursos Humanos. AD6. Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA). Colonia. Data límite: • 17/07/2018Project Officer for Reporting Formalities. AD5. Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA). Lis-• boa. Data límite: 16/07/2018Data Scientists. AD6. Axencia Europea do Medicamento (EMA). Londres. Data límite: 06/07/201•  8Gender-based violence officer. AD5. Instituto Europeo de Igualdade de Xénero (EIGE). Vilnius. Data • límite: 09/07/2018Head of sector. AD8. Oficina Europea de Apoio ao Asilo (EASO). La Valleta. Data límite: 10/07/201•  8Xefe de Sector Italia. AD8. Oficina Europa de Apoio ao Asilo (EASO). La Valleta. Data límite: • 10/07/2018Xefe de sector Grecia. AD8. Ofician Europea de Apoio ao Asilo (EASO). La Valleta. Data límite: • 10/07/2018Capabilities Directorate Business Product Management. AD6. Oficina Europea de Policía  (EUROPOL). • Data límite: 06/07/2018

Senior Persoal Assistant to the Executive Director. AST4. Oficina Europea de Policía  (EUROPOL). Data • límite: 16/07/2018Asistente. National Desk. AST2. Unidade de Cooperación Xudicial da UE (EUROJUST). A Haia. Data • límite: 09/07/2018Albaneis de primeira con alemán m/f. Alemaña. Data límite: 280/6/201•  8Mecánicos coches. Suecia. Data límite: 20/09/201•  8

Pintores coche. Suecia. Data límite: 31/08/201•  8

Cidadanía

#CedefopPhotoAward: Promovendo a excelencia na formación profesionalA terceira edición do concurso fotográfico continúa querendo poñer en valor as experiencias de aprendizaxe dentro do ámbito da formación profesional

#CedefopPhotoAward é un concurso organizado polo Cedefop, o Centro Europeo para o Desenvolve-mento da Formación Profesional, cuxa sede está en Salónica (Grecia).

O concurso ten por obxecto mobilizar os estudantado de formación profesional, formación profesional ini-cial e continua e de aprendizaxe de adultos de toda Europa para que reflexionen sobre que significa para eles a formación profesional e compartan as súas experiencias de aprendizaxe diarias.

Formas parte dun equipo de estudantes de centros educativos da Unión Europea, Noruega e Islandia? Pertences a un grupo de provedores de formación profesional? Se a resposta é afirmativa entón podes participar!

Cada equipo enviará un relato fotográfico orixinal que capte a esencia da súa experiencia na aprendizaxe de FP, por exemplo unha foto que inmortalice unha experiencia vivida nunha mobilidade no estranxeiro,

unha instantánea que reflicta un proxecto ideado por estudantes de FP, ou simplemente unha imaxe que represente como cambiou a súa vida tras a experiencia da aprendizaxe en FP. O relato fotográfico ha de estar composto por tres imaxes como mínimo, e cinco como máximo, así como deberán ir acompañadas dunha descrición dun máximo de 100 palabras. Adiantamos que só se aceptará un relato único por equi-po, as normas completas poden consultarse aquí.

Concederanse tres premios aos tres mellores relatos fotográficos. O primeiro e segundo premio consisti-rán nunha viaxe a Viena para os dous equipos gañadores e o seu profesor/titor para a Semana Europea da Formación Profesional; asistirán a unha cea de gala (onde se mostrarán as dúas historias gañadoras) a noite do 8 de novembro e á cerimonia de entrega de premios o 9 de novembro de 2018. O terceiro premio será unha viaxe a Salónica para o equipo gañador e un profesor/titor para asistir á cerimonia de inauguración do Festival Internacional de Cinema de Salónica o 1 de novembro de 2018

As candidaturas deben enviarse por correo electrónico a cedefopphotoaward@cedefop.europa.eu con asunto «CedefopPhotoAward 2018», xunto ao formulario de participación antes do 15 de xullo ata as 23.59 horas CET .

Europa a fondo

Aberta a convocatoria EAC/S14/2018 destinada á incentivación dos valores europeos mediante iniciativas deportivas no ámbito municipalA través da convocatoria EAC/S14/2018 a Comisión Europea busca apoiar ás organizacións que fomenten iniciativas deportivas a escala local co obxectivo de difundir os valores positivos do deporte.Esta actividade executarase en dúas partidas, polo que se establecen dous obxectivos xerais específicos para cada unha. Para a partida 1 o obxectivo será fomentar a capacitación para apoiar ás organizacións que promovan valores comúns a través do desenvolvemento do deporte no ámbito municipal de toda a UE, mentres que para a partida 2, o obxectivo consistirá en apoiar a creación de redes de contactos e acti-vidades de intercambio de información entre municipios nas áreas relativas ao deporte.

Tamén no ámbito de actuación faise unha distinción entre ambas as parti-das. Para a partida 1 establécese que as organizacións deben levar a cabo actividades en polo menos dez muni-cipios, todos eles situados en distintos Estados membros da Unión. Para a partida 2, os organismos públicos soli-citantes deben establecer vínculos con polo menos nove entidades públicas, todos os participantes deben ter a súa sede en polo menos tres Estados membros distintos. Espérase que as actividades desenvolvidas na partida 1 teñan como resultado apoiar a organizacións que promovan valores comúns mediante o desen-volvemento do deporte e a actividade física no ámbito municipal en toda a UE, contribuír a que as orga-nizacións que promoven o deporte no ámbito municipal alcancen a sustentabilidade económica, animar ás organizacións a que desenvolvan un enfoque europeo para promover o deporte e a actividade física no ámbito local ou municipal e dar visibilidade aos esforzos realizados no ámbito municipal para fomentar

o deporte e a actividade física. Búscase que o resultado das actividades da partida 2 sexa o de fomentar a creación de vínculos entre cidades e municipios da UE, apoiar a difusión de boas prácticas e iniciativas adoptadas no ámbito municipal en toda a UE, promover o deporte para todos e incentivar valores comúns e incrementar a conciencia ao redor das estratexias aplicadas polas autoridades locais cun impacto posi-tivo no benestar dos cidadáns mediante a práctica de deporte e actividade física, incluíndo no marco da Semana Europea do Deporte e a campaña #BeActive.

Os candidatos solicitantes da partida 1 deben ser unha organización pública ou privada con personalida-de xurídica, como organizacións sen ánimo de lucro, autoridades públicas ou clubs deportivos, dedicada de for-ma activa aos deportes e a activida-de física e que organice actividades nestes ámbitos, ademais de ter a súa sede social en polo menos un Estado membro. Para a partida 2 esíxese que os candidatos sexan un organismo público, como cidades ou municipios, federacións ou asociacións de acti-vidades locais ou organizacións sen ánimo de lucro, con actividade no ám-bito local ou municipal nun dos vinte e

oito estados membros.

O orzamento total destinado ao cofinanciamento de proxectos desta convocatoria é de 1.000.000 euros, cunha porcentaxe máxima de cofinanciamento do 80% do total dos custos admisibles. Para a parte 1, financiarase un único proxecto cun importe máximo de 300.000 euros, mentres que para a parte 2 o im-porte máximo é de 700.000 euros, espérase financiar tres ou catro proxectos cun importe máximo por subvención de 230.000 euros.

As solicitudes poderán enviarse a través do formulario electrónico correspondente, utilizando unha das linguas oficiais da Unión Europea. A data límite para o envío destas é o 26 de xullo de 2018 ás 12:00 hora de Bruxelas.

Se desexa máis información sobre esta e outras convocatorias de financiamento europeo, pode consultar a páxina web de Europe Direct A Coruña.

Publicacións

“Xustiza e dereitos fundamentais”Dispoñible en español en PDF.

Síguenos en:

Axenda05/07/2018: xornada Photonics 4 Ceramics. Castelló•  .12/07/2018: Xornada sobre o Fondo de Garantía e o Subprograma MEDIA. Santiago de Compostela•  .15/23/07/2018: -5º Foro Internacional de EYP España – Galicia. Vigo/Santiago de Compostela•  .16/07/2018: Curso de formación de axentes sociais para a integración de refuxiados, dentro do • proxecto UNINTEGRA (USC). Facultade de ciencias Políticas.16-17/07/2018: Curso de Verán en San Lorenzo del Escorial. Organizado polo Consello Económico e • Social de España, en colaboración coa Universidade Complutense. Madrid.20/07/2018: Curso de formación de axentes sociais para a integración de refuxiados, dentro do • proxecto UNINTEGRA (USC). Facultade de ciencias Políticas.21-23/11/2018: Congreso Internacional da Asociación Española de Ciencias do Deporte. Universidade • da Coruña.