CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo

Post on 10-Apr-2017

133 views 7 download

Transcript of CCSS. 6º Primaria. Tema 6. O diñeiro e o consumo

O DIÑEIRO E O CONSUMOCIENCIAS SOCIAIS6º PRIMARIA2015-2016

CÓMO APARECEU O DIÑEIRO?

O diñeiro é un medio de intercambio aceptada polas sociedades para comprar bens e para pagar servizos. Antes practicábase o troco, e dicir, intercambio de bens ou fabricaban por outros e así poder cubrir ás necesidades.

Hoxe en día, o diñeiro é fiduciario, é dicir, non corresponde a unha cantidade de ouro nin a ningún valor real. Son os gobernos os que deciden canto valen as moedas e billetes.

PARA QUE SERVE O DIÑEIRO?

O diñeiro ten as seguintes funcións: Úsase para indicar o valor das cousas. Serve para comprar cousas O diñeiro pódese aforrar para usalo máis adiante.

QUE É O CONSUMO?

O consumo é a adquisición de bens e servizos.

Distintas finalidades de consumo:

Primeira necesidade Comodidade e benestar

Durante o ano compramos bens ou usamos servizos indispensables para cubrir as nosas necesidades básicas. Estes son adquisicións e servizos de primeira necesidade.

Vivimos nunha sociedade de consumo onde compramos artigos moitas veces que non cobren as necesidades básicas. Son adquisicións que nos achegan comodidade ou benestar.

Debemos recordar que o consumo axuda á economia dun pais, pois as empresas producen e dan empregos.

O consumo excesivo é ben perigoso xa que provoca o esgotamento dos recursos empregados para a produción e ten efectos negativos sobre o medio causados pola contaminación das fábricas.

EN QUE GASTAMOS O DIÑEIRO?

As persoas deben calcular que facer co diñeiro que gañan. A elaboración dun presuposto de gastos axuda a non gastar mas do que se ingresa e a non endebedarse.

Diferentes tipos de gastos: Gastos fixos Gastos variables Gastos inesperados

GASTOS FIXOS

Son gastos que xa coñecemos, sabemos canto diñeiro suman e cando debemos de pagarlos.

Por exemplo: Renda da casa Recibo do teléfono Recibo da luz

GASTOS VARIABLES

Son aqueles que cambian cada mes e só podemos calculalos de forma aproximada.

Por exemplo: Facer un viaxe Ir a un concerto

GASTOS INESPERADOS

Son aqueles que non podemos prever con antelación.

Por exemplo: Reparación dun electrodoméstico

QUE FAGO CO QUE NON GASTO?

Se ingresamos máis do que gastamos podemos aforrar para afrontar un futuro gasto inesperado. Hai dous tipos de aforro:

Doméstico: é o diñeiro gardado na casa. É bo para os gastos próximos.

Bancario: cando depositamos o diñeiro no banco.

AS EMPRESAS

É unha organización creada para producir bens e servizos que obtén diso beneficios económicos.

Tipos de empresa: Pequenas e medianas empresas (PEME): Son

organizacións de reducido tamaño con menos de 250 traballadores. Poden ser: empresas familiares, cooperativas e algunhas sociedades limitadas

Grandes empresas: agrupan máis de 250 traballadores e establécense en distintos países coñecidas como multinacionais.

RESPONSABILIDADE SOCIAL DAS EMPRESAS

A empresa… Axuda ao enriquecemento da sociedade. Axuda ao desenvolvemento dos seus traballadores.

PUBLICIDADE COMERCIAL

É toda acción que unha empresa realiza para que o público coñeza os seus produtos e para lograr aumentar a demanda deles.

Utilízanse mensaxes en diferentes soportes, tamén é moi importante o soporte que se elixa.

A publicidade supón un custo para as empresas

IMPORTANCIA DA PUBLICIDADE

As empresas tamén teñen unha responsabilidade social cos seus anuncios xa que chegan a millóns e millóns de persoas.

Por iso deben de coidar o contido, o horario e os valores que queren mostrar