Características xerais da arquitectura románica

Post on 24-May-2015

965 views 2 download

description

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde se amosan as principais características da arquitectura románica

Transcript of Características xerais da arquitectura románica

A ARTE ROMÁNICA

A ARQUITECTURA:

CARACTERÍSTICAS XERAIS

ALGUNHAS LECTURAS PREVIAS

“A diferenza máis notoria entre a arquitectura románica e a dos séculos que a precederon é o enorme incremento da construción de edificios. Un monxe do século XI, Raoul Glaber, resumiu o fenómeno ao dicir, en tono triunfal, que o mundo se estaba a revestir dun “ branco manto de igrexas”. Estas igrexas non só eran máis numerosas cás da Alta Idade Media, senón que eran, ademais, polo xeral, máis grandes, máis ricamente articuladas e de aspecto “máis romano”, xa que as súas naves estaban cubertas por bóvedas en vez de por tellados de madeira, e os seus exteriores, ao contrario dos templos paleocristiáns, bizantinos, carolinxios e otonianos, amosaban ao mesmo tempo ornamentacións arquitectónicas e escultóricas.”

JANSON, H. W. Historia general del arte. La Edad Media, 1986.

Basílica de Santa Sabina, s. V (Roma)

San Sernin de Toulouse s. XI (Francia)

“A Idade das Tebras non borrara de ningún xeito da súa memoira a lembranza das primeiras igrexas, as basílicas, e as formas que utilizaron os romanos nas súas construcións. A planta polo xeral era a mesma: unha nave central que levaba a unha ábsida ou a un coro e dúas ou catro naves laterais. (...) Algúns arquitectos preferían a idea de construír igrexas con forma de cruz e, así, agregaron o que recebe o nome de cruceiro entre o coro e a nave. A impresión xeral que producen estas igrexas románicas é, porén, moi distinta da que producían as antigas basílicas. Nas máis primitivas empregáronse columnas clásicas que sostiñan cornixas rectas”.

Nas igrexas románicas xeralmente atopamos arcos semicirculares que descansan sobre piares robustos. A impresión de conxunto que estas igrexas producen, tanto dende dentro como dende fóra, é de compacta solidez. Existe unha escasa ornamentación, mesmo poucas xanelas, pero si firmes e continuas paredes e torres, que nos lembran as fortalezas medievais. Estes poderosos e case que retadores cúmulos de pedra erguidos pola Igrexa,(...) parecen expresar a propia idea da Igrexa militante, é dicir, a idea de que aquí, sobre a Terra, a misión da Igrexa é a de combater as forzas das tebras até que a hora do triunfo resoe o día do Xuízo Final.”

GOMBRICH, E. H. Historia del Arte, 1989.

CASTELOS

MOSTEIROS IGREXAS

A ARTE ROMÁNICA E AS SÚAS TIPOLOXÍAS ARQUITECTÓNICAS

“Os bispos e os nobres, que eran os novos señores feudais,comezaron pronto a exercero seu poder fundando abadíase mosteiros.” E. H. Gombrich

Na arte románica, todo o conxunto arquitectónico responde a unha concepción unitaria: a escultura e a pintura están

supeditadas á construción arquitectónica

As principais creacións arquitectónicas desta época son osmosteiros e as igrexas. Dentro das igrexas destaca a tipoloxíaDenominada ”igrexas de peregrinación”

A ARQUITECTURA ROMÁNICA: O MOSTEIRO E A IGREXA

O mosteiro: a concepción e a función doespazo arquitectónico

O templo: a concepción espacial A planta do templo O alzado do templo Os sistemas de cuberta e

os sistemas de soportes As fachadas ou portadas

Que imos analizar?

O MOSTEIRO ROMÁNICO

O mosteiro, coma tipoloxía arquitectónica, está concebido para resolver as necesidades materiais e espirituais dun grupo humano, que decide abandonar a sociedade para entregar a súa vida a Deus. O modelo ideal cristaliza na Idade Media, cando os mosteiros receben doazóns cuantiosas dos laicos, como xeito de glorificar a Deus e de expiar os seus pecados. A extensión da orde beneditina por toda a cristiandade, dende o centro francés de Cluny, contribuirá á difusión do novo estilo

Dependencias do mosteiro

claustro

Igrexa abacial

O CLAUSTRO ROMÁNICO

Trátase dun patio adosado ao templo, arredor do cal se constrúe unha galería cuberta sostida por arcos de 1/2 punto que descansan sobre columnas, polo xeral pareadas.O claustro, ricamente decorado, ten cada vez máis importancia como espazo para a meditación espiritualOs capiteis das columnas adoitan decorarse con pasaxes evanxélicas con abundantes motivos simbólicos.

A ORDE DE CLUNY• O duque Guillermo I de Aquitania fundou no ano 910 o mosteiro de Cluny, de monxes beneditinos, que acadaron unha grande autonomía tanto dos bispos coma dos reis. Os monxes negros, chamados así pola cor do seu hábito, estenderon a súa influencia por toda Europa, apoiados polos reis

• A igrexa abacial de Cluny tiña tres longas naves e un transepto de nave única. Ao abovedaren as naves e levantar unha torre sobre o cruceiro, configurouse a igrexa románica propiamente dita

• Ao sur da igrexa estaban organizadas, arredor do claustro, as principais dependencias do mosteiro, como a sala capitular, o refectorio ou comedor. Na parte superior estaban os dormitorios dos monxes. Os obradoiros, a hospedaría e as outras dependencias estaban separadas da igrexa abacial

Conxunto da abadía de Cluny (Francia)

LA ORDEN DE CLUNY• El duque Guillermo I de Aquitania

fundó en el año 910 el monasterio de Cluny, de monjes benedictinos, que alcanzaron gran autonomía tanto de los obispos como de los reyes. Los monjes negros, llamados así por el color de su hábito, extendieron su influencia por toda Europa, apoyados por los reyes.

• La Iglesia abacial de Cluny tenía tres largas naves y un transepto de nave única. Al abovedarse las naves y levantarse una torre sobre el crucero se configuró la iglesia románica propiamente dicha. Al sur de la iglesia estaban organizadas, en torno a un claustro, las principales dependencias del monasterio, como la sala capitular, el refectorio o comedor. En la parte superior estaban los dormitorios de los monjes. Los talleres, la hospedería y otras dependencias estaban separadas de la iglesia abacial.

• La influencia de este modelo se hará notar con rapidez en todos los reinos de la Península Ibérica.

O TEMPLO ROMÁNICO: VOLUMES EXTERIORES E SECCIÓN INTERIOR

reconstrución da Igrexa abacial de Cluny

O exterior da igrexa, cuxos muros posúen escasos vans e contrafortes, lémbranos unha fortaleza (a Igrexa como castelo de Deus

ou a fortelza da Fe cristiá), cuxa portada principal, na fachada oeste (símbolo da porta da Xerusalén celestial) , aparece flanqueada por

unha ou dúas torres

A ARQUITECTURA ROMÁNICA:CONCEPCIÓN ESPACIAL E VALORES DOMINATES

interior de San Sernin de Toulouse (Francia)

• A MONUMENTALIDADE:O interese por “imitar” osgrandes edificios romanosdá como resultado un espazo xerado pola suma de moitos espazos que, porén, dan coherencia e unidade ao edificio.O uso dun módulo arquitectónico (patrón de medidas) que se repite, é a causa desta coherencia espacial

• A PROPAGANDA: Vehículo para a Igrexa Católica (a Igrexa militante)

• A PERDURABILIDADE:O carácter eterno da relixión cristiá esixe construcións robustas e duradeiras

A PLANTA DO TEMPLO ROMÁNICO

Basilical

Cruz latina

Poligonal

A PLANTA DO TEMPLO ROMÁNICO: A CRUZ LATINA

Eixe lonxitudinal: o camiño cara a DeusA cabeceira adoita ser semicircular. A nave do

transepto acentúa a separación entre o espazo dos fieis e o espazo sagrado do presbiterio

Planta basilical de tres ou cinco naves rematadas con ábsidas semicirculares, de influencia romana e que segue a tradición

paleocristián

Aínda que tamén poden atoparse outras plantas poligonais, como a da igrexa de Eunate (Navarra), relacionadas coa orde dos Templarios e con

ritos funerariosEstas plantas seguen os modelos de planta centralizada típicos da

Antigüidade

O TEMPLO ROMÁNICO CON PLANTA EN CRUZ LATINA: ELEMENTOS CONSTITUÍNTES DO EDIFICIO

O corpo lonxitudinal estrutúrase nunha nave central secundada por dúas ou máis naves laterais máis baixas

O espazo interior articúlase a partir de tramos, espazos definidos,Polo xeral por unha unidad de bóveda

CABECEIRA

transepto

PORTADAPRINCIPAL

CORPOLONXITUDINAL

presbiterio

xirola

ábsidaabsidiolo

ou capela radial

ciborio

cruceiro

portadalateral

torre

arcadas

tribuna

OS ELEMENTOS CONSTITUÍNTES DENDE O EXTERIOR

Baixo o presbiterio adoita situarse a cripta, un espazo circular,abovedado, que permite entrar por un lado e saír polo outro.Este recinto acollía os sepulcros ou as reliquias e era tan importanteque chegou a condicionar a reordenación da igrexa. As reliquias eran moi veneradas; procedían de Roma e os mosteiros adoitaban posuílas tras pagar altos prezos por elas. Era tal o fervor que, ás veces, para velas, os fieis debían agardar días enteiros

A CRIPTA

ALZADO DO TEMPLO ROMÁNICO

O emprego de cubertas de pedra abovedada, máis resistentes ao lume cás de madeira, supuña importantes desafíos técnicos que tiñan que resolverAs bóvedas de pedra exercen dous tipos de presión: vertical e lateral O peso vertical é absorbido polos muros interiores e o lateral polos grosos muros exteriores e os contrafortes que os reforzan, todos eles con profundos cimentos

Vans(permiten a entradade luz)

Tribuna(segundo andar sobreas naves laterales)

Arcadas

Os muros interiores que se abren á nave central teñen dous niveis (arcadas e tribuna) ou tres niveis (arcadas, tribuna e xanelas). No primeiro nivel as arcadas descenden en piares cruciformes ou columnas queimprimen un ritmo característico ao espazo interiorA tribuna, galería situada sobre a nave lateral, ábrese tanto á nave central como ao exterior e proporciona luz Indirecta á nave central, polo xeral en semipenumbra

OS SISTEMAS DE CUBERTA: XERALIDADES

A nave central adoita se cubrir con BÓVEDA DE CANÓN

As naves laterais con BÓVEDA DE ARESTA

A xirola con BÓVEDA DE ARESTA

As ábsidas cúbrense con BÓVEDAS DE CUARTO DE ESFERA

O cruceiro adoita cubrirse con CÚPULA sobre trompas ou pechinas

OS SISTEMAS DE CUBERTA E SOPORTES NO TEMPLO ROMÁNICO: A BÓVEDA DE CANÓN

Grosos muros de carga

Contrafortesexteriores

Arcos feixóns

Bóveda de pedra

Vans estreitose abucinados

O desenvolvemento das bóvedas de pedra é un dos grandes logrosdo Románico. As bóvedas de canón sobre arcos feixóns, de reforzo,Convértense na alternativa ás cubertas de madeira, húmidas e inflamables

Arcos formeiros

A BÓVEDA DE ARESTA

(o cruzamento de dúas bóvedas de

canón xenera este tipo de bóveda)

A nave central adoita estar cuberta con bóveda de canón, mentres que as laterais están con bóveda de aresta

OS SISTEMAS DE SOPORTES INTERNOS

As pesadas bóvedas de pedra sostéñense por medio de grosos muros, reforzados exteriormente por contrafortes, grosos piares e columnasO típico pilar románico ten a sección cadrada ou rectangular, en cuxas frontes atopamos adosadas semicolumnas que recollen o peso dos arcos feixóns que sosteñen a bóveda e dos arcos formeiros. Os primeiros aparecen volteados en sentido transversal ao eixe da nave, e os segundo en sentido lonxitudinal Exteriormente os pilares correspóndense cos contrafortesA evolución do piar tendeu á complexidade a medida que se lle ían adosando pilastras e columnas, dando lugar a piare de sección cruciforme ou poligonal. Os capiteis utilízanse coma soporte para, por medio de relevos, narrar pasaxes bíblicas

Van abucinado

A necesidade de construír grosos muros para soster a pesada cubertade pedra, impedía abrir grandes vans; por isto, o abucinamento dos vans foi unha solución orixinal e práctica para iluminar os escurosinteriores do templo románico

O ARCO DE MEDIO PUNTO: ELEMENTOS QUE O CONSTITÚEN

A ANIMACIÓN EXTERIOR DO MURO

NA IGREXA ROMÁNICA, un exemplo

A austeridade ornamental era a norma no exterior do

edificio; porén, algúns elementos arquitectónicos e, sobre todo, a decoración escultórica das fachadas, contribúen a animar tanta

sobriedade

Igrexa de San Tirso, en Sahagún (León). S. XII

A ANIMACIÓN DEL MURO

PILASTRAS ADOSADAS

ARCOS CEGOS

GALERÍAS de arcadasde medio punto

Faixa de pequenos arcos cegos ou lombardos

O PÓRTICO ROMÁNICO

A FACHADA OU PORTADA DO TEMPLO ROMÁNICO

pórtico abucinado

arquivoltasColumnas adosadas

tímpano

parteluz