Aulas de 3 anos - edu.xunta.gal...El pez arcoiris. El monstruo de colores. El monstruo de colores va...

Post on 16-Jul-2020

15 views 0 download

Transcript of Aulas de 3 anos - edu.xunta.gal...El pez arcoiris. El monstruo de colores. El monstruo de colores va...

Aulas de 3 anos

Estimadas familias, neste PDF tedes unha proposta de estruturación

temporal:

Primeiro:

ASEMBLEA: reunión dos membros da familia. Decidimos as actividades que

imos facer ó longo do día, anotamos o número de persoas que estamos na

casa e escribimos o seu nome (coa vosa axuda). Marcamos o día no

calendario e miramos que tempo fai.

Para iniciar o día, do mesmo xeito que facemos na aula, podemos cantar

cancións coma:

- “Buenos días”

- “Los días de la semana”

- “Como está el clima”

Segundo:

Traballo individual na mesa (podedes escoller unha das actividades

propostas para cada día.

Escribir o nome dos/as compañeiros/as coa vosa axuda, contar o

número de nomes que foron capaces de recordar.

Facer colares de pasta, podemos empregar 2 cores e facer unha serie

Debuxar en bandexa de sal ou area as vogais (A,E,I,O,U).

Traballar a grafía do nº 1 e 2 repasando os trazos.

Debuxo libre da primavera (ficha 1 do PDF)

Plantar unha faba… nun vaso de iogur e facer a ficha “Vamos a

Plantar” (ficha 2 do PDF).

Buscar as diferenzas entre varios obxectos da casa.

Adiviñanza (ficha 3 do PDF).

Colorear os alimentos de cor laranxa (ficha 4 do PDF).

Facer un debuxo do corpo (ficha 5 do PDF).

Colorear, recortar (coa vosa axuda), e pegar o puzle na orde

correcta (ficha 6 do PDF).

Terceiro:

Merenda, xogo libre.

Cuarto:

Momento do conto: podedes empregar os contos clásicos que teñades na

casa ou ben contos como:

A Cebra Camila.

Cocorico.

La oruga glotona.

El pez arcoiris.

El monstruo de colores.

El monstruo de colores va al cole.

Nadarín.

La ovejita que vino a cenar.

A que sabe a lúa?

Tito malabarista.

O coelliño branco.

La casa de la mosca chosca.

Las jirafas no pueden bailar.

Cómo atrapar a un monstruo.

!Oh! Un libro con sonidos.

A vaca que puxo un ovo.

Primeira semana na escola das vacas.

La mejor sopa del mundo.

Te quiero casi siempre.

Quinto (elixir de forma rotativa entre psicomotricidade, música, outras

actividades dos recantos, Praxias, experimentos ou valores).

Psicomotricidade (ver o blog dos Mestres de EF). Para relaxarse e

volver á calma podemos utilizar o seguinte recurso: “El cuento de las mariposas”

Con relación a Música podedes acceder á páxina web de “La gallina

pintadita”, “Pica Pica”, “Cantajuegos”, entre outras, que aos nenos e

nenas gústanlles moito. A profe de Música envía as seguintes propostas

de actividades musicais para que podades facer estes días:

- Notas y silencios

- La negra, la blanca y la redonda

- La música de silencio

- Llegó la primavera

- La casita de las notas

- Son las notas musicales

- La carrera musical

- Ejercicio musical para niños/as

- Patrones rítmicos para niños/as

- El cascanueces

- Musicograma de la Marxa de Radetzky

- Cabeza, hombros, rodillas y pies

- Las partes del cuerpo

- Cantajuego Volumen 1

- Cocorico en galego- Canción e conto

Outras actividades que desenvolven na aula nos recantos como:

Imprimir un debuxo e facer un collage, empregando anacos de

xornais, revistas…

Modelar con plastilina (letras, números, churros…).

Ordenar cousas por tamaño.

Contar e clasificar xoguetes.

Disfrazarse coa roupa das persoas adultas.

Podemos aproveitar estes días para realizar exercicios coa boca

(Praxias). Aquí tedes algúns enlaces:

- “Peppa Pig”

- “El mono”

- “Los Minions”

Un aspecto moi importante en educación infantil é promover a

investigación-acción e para isto, entre outras actividades, facemos

experimentos. Propoñemos varios experimentos que podedes realizar nas

casas:

Experimento 1: “Leite de cores”. Para realizar o experimento precisamos

leite, colorante alimentario, xabón de fregar os pratos e

“bastoncillos”. O experimento consiste en botar leite nun recipiente e

engadir colorante alimentario. A maxia chega cando botamos o xabón no

bastoncillo e achegámolo ao recipiente. Vemos o que sucede e falamos do

que aconteceu.

Experimento 2: “O camiño das cores”. Para realizar este experimento

precisamos 3 frascos, colorante alimentario, auga e papel tipo

servilleta ou similar. Enchemos de auga os frascos dos extremos e

deixamos libre o do centro. Tinguimos a auga co colorante alimentario e

poñemos o papel que vai dende o frasco coa auga ata o frasco baleiro.

Esperamos un pouco e de paso traballamos a paciencia, e vemos que

sucede. Ao igual que no experimento anterior falamos do que aconteceu.

Para traballar os valores aproveitamos as diferentes situacións do día

a día, mediante contos (como os que reflectimos anteriormente) ou por

medio de anacos de películas ou cortos infantís. Deixamos algúns

enlaces que poden ser interesantes para ver en familia estes días e

falar do que acontece neles:

- Pajaritos

- Cuerdas

- Presto

- Monsterbox

Sexto

Recollemos e lembramos as actividades feitas.

Algunhas páxinas web que lles gustan son:

https://arbolabc.com/

http://recursostic.educacion.es/infantil/fantasmin/web/

https://www.elbuhoboo.com/

https://www.juegosinfantilespum.com/

http://www.cristic.com/

Para obter recursos podedes empregar:

https://www.orientacionandujar.es/ (contidos de todo tipo)

https://es.ixl.com/math/ (para traballar conceptos matemáticos)

https://www.imageneseducativas.com/

https://www.pequeocio.com/

Poderedes mandar se queredes as actividades feitas ás seguintes

direccións de correo:

Alumnado 3 anos A (Mónica): mescariz@edu.xunta.es

Alumnado 3 anos B (Nieves): fachalandrade@edu.xunta.es

!!MOITÍSIMO ÁNIMO !!

NIEVES, MÓNICA, MARTA E PATRICIA

ADIVINA Y HAZ EL DIBUJO DE LA SOLUCIÓN

ADIVINANZA

TENGO LA CARA AMARILLA

Y EL VESTIDO BLANCO

SI ME QUIERES CONOCER

ME ENCONTRARÁS EN EL CAMPO

NOME:___________________________

DIBUJO: ASÍ SOY YO

NOME_______________

COLOREA O DINOSAURO, RECORTA AS PEZAS E PEGAAS NA

ORDE CORRECTA:

NOME:___________________