Nadarín. Día da paz 2014

16
NADARÍN 30 DE XANEIRO 2014 DÍA DA PAZ INFANTIL- CEIP O INCIO

Transcript of Nadarín. Día da paz 2014

Page 1: Nadarín. Día da paz 2014

NADARÍN

30 DE XANEIRO 2014

DÍA DA PAZ

INFANTIL- CEIP O INCIO

Page 2: Nadarín. Día da paz 2014
Page 3: Nadarín. Día da paz 2014

Nun recuncho perdido do mar vivía feliz un banco de peixes. Todos eran vermellos. Só un era negro como a cuncha de mexillón. Nadaba

mellor có resto dos seus irmáns e irmás. Chamábanlle Nadarín.

Page 4: Nadarín. Día da paz 2014

Un mal día, apareceu veloz entre as ondas un atún rabioso e moifamento. Dun bocado tragou todos os peixiños vermellos.

Soamente Nadarín deu escapado.

Page 5: Nadarín. Día da paz 2014

Fuxíu cara as profundidades. Estaba só, triste e asustado.

Page 6: Nadarín. Día da paz 2014

Pero o mar estaba cheo de fermosas criaturas e, nadando de marabillaen marabilla, Nadarín volveu ser feliz.

Ollou unha auga mar da cor do arco da vella…

Page 7: Nadarín. Día da paz 2014

Unha lagosta que pasaba remexendo a auga…

Page 8: Nadarín. Día da paz 2014

Estraños peixes movidos por un fío invisible…

Page 9: Nadarín. Día da paz 2014

Un bosque de algas que nacían de pedras de caramelo…

Page 10: Nadarín. Día da paz 2014

Unha anguía tan longa que se esquecía da cola…

Page 11: Nadarín. Día da paz 2014

E anémones que semellaban palmeiras de cor vermellaabanando no vento.

Page 12: Nadarín. Día da paz 2014

Entón agochado entre as sombras das rochas e das algas, descubríu

un banco de peixesigualiños a el.

“Vide nadar, xogar e VER cousas!”, dixocheo de felicidade.

“ Non podemos”, dixo un pequeno peixe vermello,“o gran peixe comeríanos”.“Pero non podedes quedaraí para sempre” dixo Nadarín.“Temos que pensar algo”.

Page 13: Nadarín. Día da paz 2014

Nadarínpensou, pensou e

pensou. De súpeto dixo:

”Xa sei!. Imos nadar todos xuntos coma se fosemos o peixe máis

grande do mar”.Ensinoulles a nadar ben xuntiños, cada

un no seu sitio.

Page 14: Nadarín. Día da paz 2014

E cando aprenderon a nadar coma se fosen un peixe

xigante, díxolles: “Eu serei o ollo”.

Page 15: Nadarín. Día da paz 2014

E nadaron na augafresca da

mañá, baixo o sol do mediodía, e así

escorrentaron o gran peixe.

Page 16: Nadarín. Día da paz 2014

FIN