Auga Para Vivir

Post on 24-May-2015

517 views 7 download

Transcript of Auga Para Vivir

Auga para vivirAuga para vivir

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

GAÑADORES DO CONCURSOGAÑADORES DO CONCURSO- DEBUXO-PINTURADEBUXO-PINTURA

- FOTOGRAFÍA- FOTOGRAFÍA

INFANTILINFANTIL1º CICLO DE PRIMARIA1º CICLO DE PRIMARIA

MARCOS BARREIRO, Infantil 3 anos

LUCÍA COUSO, Infantil 4 anos

MANUEL BIETO GONZÁLEZ , Infantil 5 anos

MARÍA ABALO , 1ºA

ANDREA PEREIRA, 1ºB

UXÍA TOLEDO, 2º B

2º e 3º CICLO DE 2º e 3º CICLO DE PRIMARIAPRIMARIA

3. REFLEXO DA VIDA. A auga asume todas as formas, ríese, agóchase, disfrázase e convértese, pero segue conservando a súa importancia. A auga é o reflexo da vida. Aprende a respetala.

YERAY BUGALLO, 4ºA

2. Gotas de auga, ríos de vida. A foto foi feita nun manantial moi pequeniño, non así polo seu tamaño é menos

importante, xa que a súa vez vai a unha presa e ésta última vai a un río, todo o seu arredor e vida, e toda esa vida é a nosa vida. Sen dúbida, nin nós, nin as plantas, nin o resto de seres vivos existiríamos sen auga.Resumíndo, hai que coidar moito algo que non nos custa nada e que a natureza nos dá sen ningún tipo de condición, polo que estamos na obriga de coidala para poder seguir vivindo.

AARON REY, 5ºB

1. O MEU MUÍÑO. Na miña casa empregamos a forza da auga de forma natural para obter un produto básico sen danar o medio ambiente.

Tomando como exemplo aos nosos antepasados deberiamos utilizar os recursos naturais sen agredir o noso planeta.

MARÍA TORRES, 3º B

SECUNDARIASECUNDARIA

3. A auga é a vida e a morte de moitos seres, é a semente que xermola o ben e o mal, trae a vida consigo e lévaa do mesmo xeito, inunda a vida dos demais co amor que temos pola nosa terra, polo noso mundo, pola nosa vida, pola alegría que sentimos ao caer ese líquido transparente polos nosos dedos e por iso... pensaba nunha palabra mentres caía das miñas mans, pero de repente, a palabra saíu de entre os meus dedos... AUGA!!!!!!

Auga para a vida / Auga para a alegría / Auga para a ilusión / Auga para a sorte / Que emana o noso amor

VANESSA MÍGUEZ, PATRICIA E NOELIA PEQUEÑO, MANUEL A. PINTOS, 2ºB

2. O DESXEO. A diminución da extensión do xeo e das capas de neve sobre a superficie terrestre é unha evidencia do cambio climático.As capas de xeo que actualmente permanecen nas partes máis frías do planeta (nos polos e nas montañas máis altas) estanse a derreter pouco a pouco, o que aumentará o nivel medio do mar, inundando permanentemente amplas zonas costeiras. Ademais, está afectando ó aumento da temperatura dos océanos, á frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos e á algúns cambios nos ecosistemas.… SAMER ABDULKADER, 2ºA

1. A AUGA DE TODOS

Non deixemos que todo acabe

con unha simple gota de auga,

cando non precises usala non a

despreces e cando a teñas que

usar, usa a que necesites. A

auga é de todos e todos temos

o mesmo dereito a usala.

SONIA FONTENLA, 4ºA

Pais/ profesoresPais/ profesores

3. UNHA LAGOA DE VIDA. No medio dunha eira. Moi preto da casa. Eu son unha lagoa á que aquí chaman ‘O Lago’. Vexo e escoito a unha pomba torcaza, que ten o niño nun piñeiro decorativo, alí, ó meu carón. Tamén escoito ás ranciñas que choutan e croan un pouco máis abaixo nun regueiro grande, que baixa do outro lado da casa. A miña auga sae, e dálle de beber ás galiñas, ós cans e a calquera que teña sede, pois eu diría que: ‘xa lle gustaría a moitos ter auga coma esta de aquí’.

A min cóntanme, os animais que pasan por aquí, sobre todo voando, que en moitos lugares xa non poden beber, porque morrerían, debido ás barbaridades que fan os humanos. Os humanos non de dan conta de que así morrerán moitas plantas e animais, pero tamén van morrer eles, por moi listos que se crean por ser humanos.

SOCORRO FERNÁNDEZ

2. AUGAMAR. De que color é o mar? Azul, branco, verde... Infinitos son os colores da mar salgada onde unha incriblemente fermosa medusa nos impide bañarnos. É o seu medio, nós só somos uns convidados ocasionais. É AUGA e é MAR. Mirádea ben, pero ollo! nin a rocedes. Perseo foi quen de cortarlle a cabeza. Nós só somos uns vulgares mortais. Conformémonos con mirar, sen medo a converternos en pedra. Tanta beleza ben merece correr o risco. H. A. FERNÁNDEZ

1. PINGAS DE (IN) CULTURA

Gotas de auga que desafían a lei da gravidade pegándose á planta. Sinxelo e fermoso.

Ao fondo un monstro de cemento desenfocado, non necesariamente feo, pero si desmesurado e innecesario, ameaza con medrar e afogar moitas das pequenas pingas de auga que forman a nosa cultura.

No ‘país dos mil ríos’ falta auga e sobra cemento. Faltan linguas azuis e brancas coma o mar e os regatos, e sobran linguas bífidas coma os guindastres que encoran o noso futuro.

HELADIO A. F. MANSO