As miñas viaxes 1

Post on 15-Mar-2016

240 views 8 download

description

O primeiro libro de Efrén

Transcript of As miñas viaxes 1

C

CEIP SACO E ARCE

AS MIÑAS VIAXES EFRÉN POLO MUNDO

[Escribir el nombre del autor]

B I B L I O T E C A E S C O L A R

BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP SACO E ARCE

Efren, o esquio de Toen

Chámome Efrén

e , como tod@s sabedes

son un esquío.

Nacín no Colexio de Toén

e alí vivo porque me encanta

andar entre os nen@s e .....

aínda que non me vexan....

¡estou ahí!

E acompáñoos en todas

as actividades que

preparan : A vendima,

o Magosto, o Samaín,

o Entroido...

Xa sabedes que os esquíos

somos moi áxiles e non nos

gusta estar quietos...

Pois a min gústame andar por

tódolos recantos da escola

e o sitio que máis me gusta é

a Biblioteca, porque alí hai moitos

libros e, escollo un,

séntome no meu sillón,

acendo a lámpada, poño as

gafas e paso momentos

moi divertidos e emocionantes...

Ademais, tamén aprendo

moitas cousas!

E a vós, ¿gústanvos

os libros?

Como me encanta viaxar,

estou indo a clases de idiomas e,

de paso, para practicar,

leo moitos libros.

¿Sabedes por que me gusta viaxar?

Porque así teño moitos amigos

en moitos países diferentes e,

como nos meses de verán

os nen@s están de vacacións

e eu bótoos moito de menos,

pois... collo a miña mochila e ...

voume de viaxe.

Así, cando volvemos a vernos...

no outono, sempre teño algo

para ensinarlles

Comecei viaxando

ao pais máis cercano a Galicia.

¿Sabedes cal é?

Pois...Portugal ¡claro!

Estaba visitando

unha das bibliotecas de Lisboa

e coñecín a un esquío coma min.

Chámase Efreninho

e levoume a escoitar uns fados

mentres ceabamos unhas

riquísimas castanhas e noces.

Outro verán fun a Francia.

Alí coñecín unha rapaza

monísima.

Chamábase Efrenelle

e era un esquío gris.

Ensinoume París,

viaxamos polo río Sena

nun barco

e fomos á Torre Eiffel

e ó Museo do Louvre.

¡Mamaíña!

¡Cantos cadros hai nese museo!

En París comemos

noix e marrón glacé

Tamén teño un amigo en Escocia,

aínda que é de Irlanda.

Chámase Freddy O’Frenny

Vive nun castiñeiro nun bosque

ao lado do lago Ness .

Sempre me di que teño que visitalo

en Outono, que a paisaxe é preciosa

Pero no outono eu teño

moito traballo: ¡ hai que

volver á escola...!

Un día que iamos paseando,vimos

o monstro do lago asomando a cabeza.

Saqueille unha foto pero...

¡saíu un pouco movida!

Freddy cociña moi ben e fai

unhas chestnuts e nuts asadas...

¡deliciosas!.

Cando fun a Roma,

estaba eu admirando as pinturas

da Capela Sixtina e coñecín

a Peppino Efrennini.

Vivía en Venecia

e alí fomos os dous a pasar

unha fin de semana.

Viaxamos polos canais

nunha góndola e,

aínda que non era entroido,

nós disfrazámonos igual.

Despois fomos comer unha

pizza con noci e castagnas

que estaba ¡para chupar os dedos

O pasado verán

fun a Dinamarca e alí

coñecín a Hans C. Efrensen .

Levoume a visitar

a sereíña do conto

de Andersen que

está mirando o mar.

¡Que bonitiña é!

Semella estar agardando

a que chegue o seu príncipe

e poder írense os dous

ao fondo do mar...

O danés non é un idioma

moi sinxelo pero

¿ a que non sabedes que

palabras aprendín a dicir?

Pois, ¡claro!

Kastanjen e Nøden

Tamén teño ganas de ir

A Romanía, porque

de alí viñeron varios dos

nenos e nenas do noso cole.

¡É unha sorte! Porque así

xa non teño que

mercar un diccionario de romanés...

¡So teño que preguntarlles

a eles para aprender

as palabras que me interesan!

E vós preguntarédesvos...

¿cales son esas palabras?

Pois... ¡claro!

Nuca e castane

¿A que non sabedes o nome

dun conde moi famoso que

din que viviu nunha rexión

de Romanía chamada

Transilvania...?

Como vedes,

viaxando,viaxando,

aprendín a dicir

noces e castañas

nunha chea de idiomas.

E como son

a miña comida favorita...

Agora estou moi ocupado

buscando un diccionario

de xaponés porque este verán

¿adiviñades a onde vou ir?

... Pois a Xapón ¡claro!

Xa vos deixarei ver

as fotos cando regrese…

¡ADEUS!

¡Ata que escriba

outro libro...!

Espero que

vos divertirades

coas miñas aventuras .

¿Non vos gustaría

coñecer máis cousas

dos paises

que eu visitei?

Animádevos.

Todo está nos libros…

Este libro fixémolo na

Biblioteca Escolar do

Ceip Saco e Arce

Toén para celebrar o Día

do Libro.