As viaxes de Gulliver

43
ENROLÁDEVOS CON GULLIVER As Viaxes de Gulliver, de Maxime Aulio baseado na obra literaria de Jonathan Swift Estíbaliz Espinosa David Seisdedos OSG CURSO 2011/2012

description

Guía didáctica "As viaxes de Gulliver

Transcript of As viaxes de Gulliver

Page 1: As viaxes de Gulliver

ENROLÁDEVOS CON GULLIVER

As Viaxes de Gulliver, de Maxime Aulio baseado na obra literaria de Jonathan Swift

Estíbaliz Espinosa David Seisdedos

OSG CURSO 2011/2012

Page 2: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 2

OBXECTIVOS XERAIS Percepción • Desenvolver a capacidade de percepción e análise da contorna e do feito artístico ata alcanzar unha observación sistemática e autónoma das características máis significativas que permita captar aspectos da mesma, menos visibles e rechamantes, pero que se acheguen a un enfoque máis obxectivo da realidade. Fomentar unha actitude crítica e de defensa contra as agresións sonoras ambientais. • Iniciar ao alumn@ no coñecemento das prácticas culturais contemporáneas e das manifestacións artísticas da contorna, así como as doutros pobos e épocas. • Proporcionar ao alumn@ a posibilidade de gozar como espectador dun contacto directo e sensible coa realidade, de descubrir e compartir a práctica e os proxectos artísticos: asistir a un concerto. • Favorecer no alumnado a realización de comentarios argumentados sobre algún dos elementos expresivos e estéticos que interveñen nunha manifestación musical. • Profundar na análise dos parámetros de son cun crecente grao de complexidade, recoñecendo diferenzas mínimas de alturas (ata un semitono), algún dos valores rítmicos, cambios pouco evidentes de intensidade e dalgúns instrumentos musicais utilizados habitualmente en diversas manifestacións musicais (música culta, folclórica, rock, etc.) e no recoñecemento auditivo de diversos instrumentos.

Expresión • Favorecer na o alumn@ a participación activa na realización de producións artísticas de forma cooperativa, como a instrumentación para un texto. • Mellorar o control na expresión e emisión vocal (respiración, dicción, entonación, resonancia da voz). • Ampliar o repertorio de cancións coa aprendizaxe doutras de maior dificultade polas súas características e incluíndo formas polifónicas sinxelas e cancións a dúas voces. • Realizar movementos que requiran a coordinación de dúas ou tres partes diferentes (por exemplo mans e pés) para a execución de diferentes valores rítmicos ou elementos do ritmo (pulso, acento, subdivisión). OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DO PROXECTO Linguaxe musical • Coñecer e interpretar fórmulas rítmicas e compases de maior complexidade. • Recoñecer, na organización de frases e temas musicais, a forma dunha peza. • Discriminar auditivamente os instrumentos utilizados por unha banda

Formación vocal e instrumental • Perfeccionar as técnicas de respiración e coñecer a fisioloxía do aparello fonador. • Coñecer as principais agrupacións instrumentais, a clasificación e familias.

Page 3: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 3

• Recoñecer as características formais e tímbricas dalgúns instrumentos históricos. • Entoar frases e temas musicais que identificou no transcurso dunha audición.

Linguaxe corporal • Interpretar, coas distintas partes do corpo, estruturas rítmicas complexas (síncopas, tresillos, ligaduras e puntillos, etc.) individual e colectivamente, formando composicións polirrítmicas. • Realizar danzas históricas, como elemento de reforzo ao coñecemento das manifestacións artístico-culturais dun momento histórico concreto e á comprensión de estruturas musicais, frase, timbre, etc.

Artes e cultura • Coñecer as principais características estilísticas da historia así como aos autores da música «culta» occidental. • Favorecer o gusto por escóitaa da música antiga e clásica, recoñecendo os principais estilos, xéneros (cantata, sinfonía, etc.) e formas musicais. CONTIDOS • Audicións como punto de referencia para crear.Modelos para imitar na creación musical. • Aproximación á linguaxe musical: signos convencionais e grafías contemporáneas. • Creación musical: a obra musical como unidade de ideas e formas. • Agrupacións vocais: a capella, con acompañamento instrumental. Polirritmias vocais. • Clasificacións de instrumentos segundo as diferentes culturas. Instrumentos populares. Instrumentos na música culta. • Os instrumentos na cultura musical. Funcións. Construción de instrumentos que permitan un uso afinado. • Creacións e montaxes con elementos acústicos, electrónicos e informáticos. • Montaxes de coreografías como interiorización da forma da música. Danzas do mundo. • Espazo, orde e ritmo: utilización do movemento no espazo ; coreografías con precisión rítmica. • Coñecer cancións de distintos lugares e estilos como medio de comunicación, valorando as súas posibles achegas á invención e ao enriquecemento cultural. • Diferenciar instrumentos musicais e observar as súas características máis significativas, para ser capaz de clasificalos segundo as súas cualidades. • Facer montaxes propios e creacións desde a práctica instrumental. • Usar as tecnoloxías da información e a comunicación como recurso para traballar na área. • Utilizar estratexias de comprensión lectora das mensaxes transmitidas por diferentes textos.

Page 4: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 4

• Inventar coreografías que se correspondan coa forma interna da obra musical e leven unha orde espacial e temporal. • Respectar, valorar e gozar as producións propias, as dos demais e as manifestacións artísticas do patrimonio cultural.

Page 5: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 5

O QUE IDES ESCOITAR E VER O DÍA DO CONCERTO Datas: o Concerto de As Viaxes de Gulliver, de Maxime Aulio, interpretado pola banda Municipal de A Coruña celebrarase do 26 ao 31 de marzo de 2012 no teatro Rosalía de Castro de A Coruña, dentro do programa do Departamento Didáctico da OSG. Posta en escea: a dramatización terá como eixo vertebrador as cartas, postais, emails que Lemuel Gulliver lle envía á súa irmá Mirabel dende as diferentes illas que percorre por mor de sucesivos naufraxios. A narradora das historias será a propia Mirabel Gulliver, que nos lerá as cartas do protagonista entre cada un dos movementos da peza. Agardamos a participación activa dos alumnos asistentes, especialmente no momento en que deben cantar para apoiar aos membros da banda nos movementos 5º e 6º da obra [4 compases]. A duración total do espectáculo será duns 55’.

Page 6: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 6

CON TEXTO: AS OBRAS MUSICAIS DERIVADAS DUN TEXTO LITERARIO A música e a literatura manteñen unha estreita e harmónica relación dende hai anos: dende a música incidental creada para representacións concretas [obras de teatro, ballets, cine] ata a música programática, composta por algún motivo extramusical, un poema, unha historia ou unha emoción. Convén lembrar que boa parte da música é abstracta. Mesmo cando intentamos describir o que nos suxire ou o que pretende expresar o compositor, corremos o risco de nos trabucar. A literatura de viaxes, polos seus trazos evocadores e fantasiosos, foi elixida en non poucas ocasións como un material literario moi musicable: dende a Scherezade de Rimsky Kórsakov –baseada nas viaxes de Simbad, das Mil e Unha Noites- ata o Holandés Errante de Wagner, mesmo a íntima Viaxe de Inverno de Schubert, que tomou como referenza un pomea romántico. A obra que nos ocupa segue un percorrido descritivo das viaxes similar a un mosaico de sons, timbres e harmonías que se suceden como postais de viaxe, sensacións e situacións. É, polo tanto, unha obra moi colorida e cinematográfica. Un caleidoscopio das viaxes do cirurxián Lemuel Gulliver.

Page 7: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 7

Aquí xace o corpo de Jonathan Swift, Deán desta catedral, nun lugar no que a ardente indignación non pode xa lacerar o seu corazón. Vai, viaxeiro, e intenta imitar a un home que foi un irreductible defensor da liberdade.

O QUE PUXO A LETRA E O ESPÍRITO: O AUTOR Jonathan Swift

O epitafio de Swift vai dirixido a un viaxeiro imaxinario, como o propio

Gulliver nacido da súa fértil fantasía. Toda súa vida Swift foi crítico co sistema social e político que lle tocou vivir, en contra das hipocrisías e da Monarquía, e un firme defensor da liberdade civil.

Naceu o 30 de novembro de 1667. Se hoxe aínda vivise contaría con 344 anos.

Era de Dublín, cidade fundada polos vikingos. Alí tamén se creou a fábrica de cervexa Guinness uns anos despois da morte de Swift. Sabedes que outro idioma se fala en Dublín, ademais do inglés? E como se di Dublín nese idioma?

Criouse cuns tíos porque era orfo de pai. Estudou Teoloxía e fíxose pastor da igrexa de Kilroot.

A súa obra máis coñecida é Viaxes a Varios Lugares Remotos do Planeta, que coñecemos simplemente polo apelido do seu protagonista, Lemuel Gulliver: As Viaxes de Gulliver. Escribila levoulle 6 anos.

Morreu en 1745, na mesma cidade que o viu nacer.

Page 8: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 8

O QUE PUXO SON E RITMO: O COMPOSITOR Maxime Aulio

É un compositor moi novo: naceu en 1980 en Chartres, sede dunha magnífica catedral gótica.

Estudou órgano, percusión e corno no

Conservatorio Nacional da Rexión de Toulouse, e defínese na súa autobiografía como un compositor autodidacta e ecléctico.

Estou dirección de orquestra co ilustre Jean-Sebastien Beret, do Conservatorio de París.

No ano 2000 compón As Viaxes de Gulliver, a súa obra máis interpretada no mundo enteiro, unha suite de sete movementos baseada na célebre sátira social de Jonathan Swift. Trátase da súa segunda obra como compositor, tras o seu debut con Profecías. Tiña 20 anos.

Aulio é un compositor moi prolífico sen deixar de amosar unha especial inclinación pola fantasía nas escollas temáticas das súas composicións, así como unha coidada sensibilidade para elixir os instrumentos solistas que levan o peso da naración orquestral.

Outras das súas obras para instrumento solista e orquestra son Il Signore Fagotto (para fagot), Bilbo o Hobbit (para trompa) ou Libertalia (para euphonium).

Como compositor e estudoso da música, amosou interese pola historia das orquestras de vento en Francia o cal orientouno consecuentemente cara as bandas militares. Gañou o concurso de Director Militar da Armada Francesa, posto que desempeña na actualidade ao tempo que segue a compór por encarga.

Page 9: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 9

AS VIAXES DE GULLIVER- de SWIFT A AULIO Non é raro que dentro de calquera biblioteca haxa un lugar especial e aparte para os libros de viaxes.

Pero ollo, non todos tratan sobre o mesmo... No noso século XXI aproxímanse máis a crónicas xornalísticas, antropolóxicas e mesmo xeopolíticas (Ryszard Kapucinksy, por exemplo), e unha parte tamén importante céntrase en información turística: ónde ir, qué ver, ónde comer, ata qué comprar. No século XVIII de Swift, un século de perrucas brancas e os inicios dos inventos tecnolóxicos contemporáneos, estes libros servían para poñer un espello deformado diante da propia sociedade do autor. Polo xeral, relatan viaxes imaxinarias como a escrita por Cyrano de Bergerac (Viaxe aos estados e imperios da lúa) ou o Barón de Munchaussen, escrito por Raspe. Moitas destas viaxes imaxinarias aproveitan a distancia e os países inexistentes para criticaren sociedades ou costumes ben coñecidos polos lectores. As Viaxes de Gulliver parten deste espírito fundamentalmente satírico: serán as conversas de Gulliver cos diversos emperadores e reis das illas nas que involuntariamente acaba, as que revelen a podre política inglesa do momento. Tras a derradeira viaxe á sofisticado pobo dos Houyhnhnms, Gulliver non quererá volver a saber nada dos homes. Será un misántropo e acabará os seus días retirado do mundo. Con todo, cómpre ter en conta que Maxime Aulio toma os motivos máis aventureiros para a composición da súa obra, deixando de lado as implicacións filosóficas e pesimistas da obra orixinal de Swift. A súa versión musical é vitalista e impetuosa, con certos momentos enigmáticos, aproveitando a sonoridade dos metais, o ritmo da percusión e os fraseos fantasiosos das madeiras. A obra explora as peripecias da viaxe e os descubrimentos que fai Gulliver en cada unha das illas, de aí que cada movemento atravese moitas atmosferas diferentes que dan conta da súa riqueza sonora: dende o perigo ata a curiosidade, o grandioso e o diminuto, o vertixinoso e o flotante, o misterioso, o galopante... Unha obra optimista e vibrante, na que facilmente vemos a Gulliver.

Page 10: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 10

Page 11: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 11

Maxime Aulio compuxo As Viaxes de gulliver para a banda do Conservatorio National da rexión en Toulouse (Francia), dirixida por Jean-Guy Olive. A primeira performance tivo lugar en Toulouse

Page 12: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 12

ESQUEMA E INSTRUMENTACIÓN DA OBRA A obra de Aulio é unha suite dividida en 4 movementos, dos cales o 3º presenta subdivisóns. O esquema é como segue: Movemento I : 1. A Viaxe a Liliput Movemento II : 2. A Viaxe a Brobdingnag Movemento III : 3. A Viaxe a Laputa 4. A Viaxe a Balnibarbi ; A Academia de Lagado 5. A Viaxe a Glubbdubdrib, a illa dos meigos e feiticeiros 6. A Viaxe a Luggnagg ; Os Struldbruggs Movemento IV : 7. A Viaxe ao País dos Houyhnhnms A duración total é de 19’.

Page 13: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 13

O QUE VOS SUXERIMOS FACER NA AULA: PROPOSTAS DIDÁCTICAS ANTES DO CONCERTO 1.- A remexer á biblioteca! Todo o mundo sabe que Gulliver visitou a illa de Liliput, e outra illa habitada por xigantes. Pero esas só foron dous dos moitos lugares que visitou na novela de Swift. Propoñévosvos que vaiades á biblioteca do voso centro escolar ou da vosa cidade, busquedes As Viaxes de Gulliver no arquivo e atopedes o nome de 3 lugares máis dos visitados polo personaxe. Non vale buscalo en internet. Tendes que buscalo no libro da biblioteca (ou se o tendes na vosa casa, mellor). Os libros morden e son moi contaxiosos. Ide con ollo.

2.- Que vén sendo unha banda de música Hoxendía tamén pode referirse a unha banda de rock, ou de pop-rock ou algunha das súas variantes, sen embargo orixinalmente as bandas de música non empregan amplificación eléctrica de son, micrófonos, mesas de mestura, etc. e contan cun maior número de instrumentos. Proceden das agrupacións que marchaban ao aire libre en desfiles, festas, etc. Dividíronse en militares e civís xa no século XVIII.

Page 14: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 14

Unha banda non ten sección de cordas ou se ten esta é moi reducida: só violoncellos e contrabaixos. Normalmente tampouco hai piano. Pola contra, unha orquestra sinfónica sostén boa parte do peso do seu son en violíns, violas e cellos. E normalmente non conta con saxofóns, fliscornos ou máis de dous clarinetes. Na seguinte actividade online podedes xogar a colocar os intrumentos da orquestra sinfónica: http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/27077/mapa_de_la_orquesta_sinfonica.htm Imos crear a nosa propia Banda de Música! Seguindo o esquema anterior, cada alumno/a asumirá o papel dun instrumento que pertence a unha Banda de Música, e colocará na aula dependendo do instrumento escollido. Deberá imitar con movementos a utilización do instrumento: soplará nas frautas, cornos ou trompas, moverá o arco dos contrabaixos ou tocará con pauciños imaxinarios os metalófonos ou timbais.

Page 15: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 15

3.- Cantemos como meigos e inmortais Dous dos movementos da obra, o 5º e o 6º, Viaxe a Glubdubdrib e Viaxe e Luggnagg respectivamente, inclúen algúns compases de coro cantado polos músicos da banda. Propoñévosmos que preparedes estas secuencias cantadas para sumarvos a eles o día do concerto. Esta é a partitura do 5º movemento:

Esta é a partitura do 6º movemento:

Lembrade que para cantar é preciso tomar aire un par de compases antes. Utilizamos como referenza os compases nos que tocan o piccolo e as madeiras. A nosa melodía será similar á interpretada polas madeiras. Aquí podedes escoitar e ver o 5º movemento, a Viaxe a Glubbdubdrib. Nesta illa, Gulliver atópase con Meigos e Feiticeiros: http://www.youtube.com/watch?v=f2I1CRmWlZI Aquí, a partir do minuto 1:52, podedes ver e escoitar a Viaxe a Luggnagg, na que viven os Inmortais. Tamén podedes coñecer ao compositor, que é o primeiro trompa nesta gravación. A que é ben noviño? http://www.youtube.com/watch?v=7L63Bbz5HMY

Page 16: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 16

DESPOIS DO CONCERTO 1.-ACTIVIDADES LILIPUTENSES Audición: Viaxe a Liliput: http://www.youtube.com/watch?v=mprrBvaS2Mw&feature=related

1.- As chemineas do barco orquestral Na gravación de internet que escoitades, cal é o primeiro instrumento que soa? Ese instrumento emite notas curtas e graves, como se algo moi pesado empezase a camiñar. Inicia o tempo do movemento e suxire o comezo da aventura de Gulliver. Neste caso trátase do instrumento máis grave da familia do vento metal, aínda que o mesmo apoio armónico pode ser interpretado polos contrabaixos. Proporciona as bases harmónicas do son da banda, por contraposición aos instrumentos melódicos como clarinetes, fliscornos ou oboes, situados máis preto do director e do público. Aquí podedes ver as partes das que consta este xigantón: http://cmapspublic3.ihmc.us/rid=1GRMRBT6Y-9KYHJQ-HNW/Partes%20de%20la%20tuba.jpg

Page 17: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 17

Parécese a unha cheminea de barco? E o seu son? De todos os xeitos, lembremos que Gulliver emprende a súa viaxe nun barco de vela a principios do século XVIII. Non había chemineas! Enrólate na aula! Se queremos iniciar esta viaxe con Gulliver, deberedes transformar a vosa aula nun barco de vela, utilizando todos os medios que tendes á vosa disposición (mesas, cadeiras, roupa) . Unha vez creado o barco cada alumno/a se enrolará nel asumindo un papel dentro da tripulación. 2.- Instrumentos máis pequenos Gulliver chega á illa de Liliput e alí traba amizade cos membros da Corte, entre os que é coñecido como o Home Montaña, xa que mide uns 30 metros para eles. Entre os instrumentos da orquestra hai algúns moi pequenos, tanto que un liliputense tal vez podería tocalos. Nomea os seguintes instrumentos pequenos e clasifícaos segundo as familias de vento-metal, vento-madeira, percusión ou corda:

Page 18: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 18

3.- Lume!!! Declárase un incendio nas habitacións da Emperatriz liliputense. A Gulliver se lle ocorre apagalo... cun chorro de ouriños directamente dirixido a el. Que instrumentos da orquestra poderían arder máis facilmente debido aos materiais cos que se fabrican? Hai “orquestras” que xamais se incendiarían. Por exemplo, este home-orquestra que produce cáseque sinfonías con... copas de auga. Imposible arder. http://www.youtube.com/watch?v=CMudYNhuqOE&feature=related 4.- Para ser cortesano en Liliput... Os cargos na corte de Liliput se elixen de xeito un pouco... absurdo. Aqueles que desexen obter un posto han facer equilibrios por riba ou por debaixo dun sabre. Os que o logren, noraboa. Os que non o logren... quedan convertidos en salami!!! Unha célebre danza denominada Danza do Sabre, composta por Kachaturian, posterior a Swift, ilustra un baile oriental así denominado. A obra é moi coñecida polo seu ritmo moi marcado e o colorido instrumental (xilófono, timbais...) Para entrardes na corte de Liliput teredes que escoitar a música e seguir o ritmo dela. http://www.dailymotion.com/video/xeeur9_aram-kachaturian-sabre-dance_lifestyle

Page 19: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 19

Baile do Sabre: Colocamos dúas baquetas no chan formando un X, a xeito de sabres cruzados. Tamén valen dous paus longos, regras ou estacas de madeira. Dividimos a clase entre percusionistas e bailaríns:

os percusionistas tocarán o ostinatto rítmico da peza. Aqueles que se confundan, serán cortados en toradas de salami

os bailaríns deberán saltar sobre as baquetas do chan sen tocalas. Han colocar os pes entre os espazos do X e saltar cambiando de espazos cada vez, sen tocar as madeiras. Se non... salami!

Page 20: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 20

2.- ACTIVIDADES XIGANTISMAS Audición: Viaxe a Brobdingnagg: http://www.youtube.com/watch?v=mprrBvaS2Mw&feature=related ( a partir do minuto 5:12)

1.- Naufraxio no cabo de Boa Esperanza Nesta segunda viaxe, o barco no que navega o cirurxián Gulliver naufraga logo de rebasar o cabo de Boa Esperanza, un mítico porto que os antigos mariñeiros coñecían como Cabo das Tormentas.

Os que saiban...

en que continente en que hemisferio

se atopa o Cabo das Tormentas poderán poñer un pendente na orella, tal e como facían os antigos mariñeiros e piratas. Así marcaban que deran a volta a un lugar perigoso, aínd aque hai lendas que aseguran que cunha orella furada vían mellor e máis lonxe. Vós que credes?

Page 21: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 21

Para ser auténticos piratas o que hai que facer é deixarse de lerias e tocar isto sen se trabucar!! Queredes intentalo? A ver a qué vos soa coa frauta! Aquí tendes o musicograma: http://www.youtube.com/watch?v=KRqR9Iz9Ycc

Page 22: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 22

2.- A música tamén faise grande ou pequena Ao escoitarmos música de calquera tipo (rock, clásica, jazz, blues, punk...) ás veces temos a sensación de que se fai diminuta, apenas se escoita (como Alicia no País das Marabillas cando comía fungos ou Gulliver no páis dos xigantes, Brobdingnagg) e outras parece que fose esmagarnos co seu peso e forza. A intensidade é o grao de forza co que tocamos ou cantamos o son dunha melodía. Usamos unhas palabras italianas para sinalala no papel das partituras. Ás veces se lle chama matiz. Unha intensidade pequena é pianissimo ou piano. Unha intensidade forte é fortissimo ou forte. Unha intensidade que vai de menos a máis é crescendo. Unha intensidade que vai de máis a menos é________________ Como cres que se representa? Estas dúas últimas intensidades tamén se chaman dinámicas. Escoita o crescendo dende o minuto 5:18 deste movemento: http://www.youtube.com/watch?v=D-7sD2sBqXA 3.- Fanfarrias Pón a orella de novo no comezo deste movemento: notas curtas, brillantes e rápidas. Tocan unha fanfarria. Que sensación che transmite a ti este tipo de música?

agobio

delicadeza

maxestuosidade

burla

Page 23: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 23

4.- Souvenirs de Gulliver e souvenirs musicais: leitmotivs Desta illa, Gulliver tráese algúns recordos de volta ao seu país, Inglaterra: aguillóns de avéspora, un peite fabricado con pelos, unha moa xigante ou unha sortella que a el lle serve de colar. Os souvenirs son recordos que traemos das nosas viaxes. A palabra souvenir en francés significa lembranza. Todos/as temos recordos gardados das viaxes que marcan as nosas vidas, a outras cidades, a outras comunidades, a outros países, a nosa aldea, á praia..... Cada alumno/a deberá traer un recordo, e contar na aula como foi a súa viaxe.

A música repítese: tamén ten momentos de souvenir, nos que lembra pasaxes xa tocadas (retrousos, estribillos, reexposicións) ou secuencias que, tocadas en certos instantes, lémbrannos unha sensación ou un personaxe concreto. Iso chámase leitmotiv. En calquera película, por exemplo na saga de Harry Potter, existen leitmotivs para os diferentes personaxes e situacións: Harry, Hedwig a coruxa, a escola Hogwarths, etc. Neste vídeo os compositores explican eses leitmotivs como recordos (souvenirs) da intervención dun personaxe: http://www.youtube.com/watch?v=GrFl196Xf7w

Page 24: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 24

http://www.youtube.com/watch?v=Z7rmbgQ7nss

Page 25: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 25

3.- ACTIVIDADES FLOTANTES Audición: Viaxe a Laputa http://www.youtube.com/watch?v=D-7sD2sBqXA (a partir do minuto 3:45) 1.- Outras illas flotantes Na película de Hayao Mizayaki O castelo do ceo, a acción desenvolve nunha illa flotante chamada - igual que a visitada por Gulliver- Laputa, ás veces tamén chamada Laput. Poden ver un fragmento desa película aquí:

Hai unha película recente protagonizada por criaturas azuis nunha lúa chamada Pandora, que inclúe paisaxes de illas flotantes alí denominadas Montañas Aleluia. Saberás o nome desa película?

A illa que visita Gulliver móvese por un imán que se aloxa dentro da Cova dos Astrónomos. É dicir, flota por magnetismo. Iso é case ciencia-ficción

Page 26: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 26

2.- Sensación musical de ingravidez O compositor logra a sensación de ingravidez iniciando o movemento coas frautas e clarinetes que realizan un tremolo sobre unha nota tenida. Pón a orella no minuto 3:43: http://www.youtube.com/watch?v=D-7sD2sBqXA&feature=related

O carácter das pezas moitas veces lógrase polas harmonías e intervalos empregados. Un intervalo é a diferenza de altura entre dúas notas. Escoitade estes intervalos e cualificádeos cun adxectivo. Por exemplo:

Intervalo de sétima: melancólico

Link dos intervalos: http://www.bbc.co.uk/schools/gcsebitesize/music/flash/mu02017.swf Na época medieval, chamaban diabolus in musica a un tipo de intervalo pouco empregado daquela. É o tritono ou cuarta aumentada [ou quinta diminuída]:

Page 27: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 27

Atrevédevos a tocalo cun carillón ou outro instrumento melódico? Escoitade cómo pode soar aquí: http://www.youtube.com/watch?v=HQdCRy5bbX0 Normalmente, algo tan marabilloso como voar non se resolve con intervalos melancólicos ou diabólicos. Escoitade estas bandas sonoras de películas nas que que voa. Adiviñaredes de cales?

http://www.youtube.com/watch?v=EAI3N61zY9k&feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=9Hy6S7urCZM

http://www.youtube.com/watch?v=YaPaw9whEdc&feature=related

Page 28: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 28

http://www.youtube.com/watch?v=YNj3BL5X1qc 3.- Palabras tabú Imos xogar ás palabras tabú. Tabú quere dicir “prohibido”, é unha palabra de orixe tahitiana (da illa de Tahití, no Pacífico). Para xogarmos, dividimos a clase en dous grupos, A e B. O profesor dálle a foto [ou o nome escrito nun papel] de tres instrumentos a cada grupo [un total de 6 diferentes: piano, timbais, gong, trompa, oboe, harpa]. Xogamos cun cronómetro e damos 2 minutos de tempo para a quenda de cada grupo. Un xogador do grupo A ten que explicarlles o instrumento ós seus compañeiros sen utilizar as palabras prohibidas. Por exemplo: Piano. Palabras Prohibidas ( Teclas, Cola, Corda). O mesmo os do B. Gaña o grupo que máis acerte. 4.- ACTIVIDADES PARA A ACADEMIA DE LAGADO Audición: A Academia de Lagado http://www.youtube.com/watch?v=D-7sD2sBqXA 1.- A autoridade soa grave No minuto 6:00 desta grabación escoitades un instrumento grave que indica autoridade: http://www.youtube.com/watch?v=D-7sD2sBqXA&feature=related

Page 29: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 29

Con este exercicio probaredes a calificar como graves ou agudos os son que vos suxiren: http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/6570/sonidos_graves_y_agudos_.htm E agora probade a responder isto: que instrumentos escollerías para representar estes sentimentos? ira

congoxa

sorpresa

medo

curiosidade 2.- Campás tubulares O uso das campás tubulares, xunto a un tempo brillante e dinámico, proporcionan a sensación de solemnidade neste movemento. As campás tubulares non son instrumentos moi habituais na orquestra, pero tampouco raros: simplemente supoñen unha adaptación do son das campás das igrexas, que seguen a usarse en momentos solemnes. Hai instrumentos estraños ou creados a partir de elementos insólitos e reciclados, como estes fabricados por un grupo cómico arxentino chamado Les Luthiers? A todo isto, que é un luthier?

cellato

Page 30: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 30

latín ou violín de lata

tubófono silicónico cromático

narguilófono Se queredes ser luthiers, fabricade instrumentos a partir de elementos reciclados das vosas casas. Eis van algunhas suxestións do que podedes empregar:

latas de café botellas recheas con pedriñas ou legumes ½ cocos baleiros rolo de papel de cociña recheo de lentellas e tapado nos extremos con globos

Page 31: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 31

3.- Ler en espello Esta é unha postal de Gulliver enviada segundo algúns trucos aprendidos nesa Academia tan tola. Para descifrala so tendes que usar ese obxecto común nas nosas casas, nas que adoita pendurar dalgunha parede...

A música tamén pode invertirse. Escoita este fragmento musical do revés e dinos se o recoñeces: http://www.youtube.com/watch?v=dl94WhnKs7E&feature=related

Page 32: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 32

5.- ACTIVIDADES FEITICEIRAS Audición: Viaxe a Glubdubdribb http://www.youtube.com/watch?v=7L63Bbz5HMY&feature=related 1.- Dramatización na aula. Imos facer un conxuro Utilizando os seus conxuros, os feiticieros de Glubdubdribb facían aparecer persoeiros do pasado. Un feiticeiro dirá o conxuro. Unha vez pronunciado, e cun toque de pandeiro, os alumnos/as sairán un por un, dramatizando un persoeiro do pasado e explicando á clase a sua elección. Para complicalo un pouco, pódese obrigar aos alumnos a que sigan unha métrica cando se presenten, por exemplo un simple pareado. Por exemplo: Darwin vén sendo o meu nome e dixen que un mono era o home. Estás no país dos meigallos anda con allo e con ollo non sexa que che parta un raio e vaias quedar feito un croio. Aquí non che valen as figas nin nada do que digas. Así que escoita, cara-troita: Podemos facer que apareza calquera do pasado agás que sexa un pesado. Tocamos os nosos pandeiros e que se presente un persoeiro!!

Conxuro do feiticeiro

Page 33: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 33

2.- Cantades como un coro de magos Pola vosa idade, entre 11 e 12 anos, vós constituídes un coro de voces brancas. A vosa voz irá cambiando cos anos e dentro de un tempo poderedes saber se a vosa tesitura é de:

As voces agudas len a súa partitura en clave de

As voces graves len a súa parte en clave de Desafiámosvos a que cantedes cos membros da banda este fragmento:

Lembrade: 1.-para cantar collemos aire dous compases antes da nosa entrada 2.- intentamos dosificar o aire a través do diafragma, situado no ventre, facendo forza cara abaixo

Page 34: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 34

3.-intentamos proxectar a nosa voz cara a parte traseira dos nosos dentes superiores, para así acadar un pequeno efecto micrófono Que sabes das voces humanas? Aquí podedes responder algunhas das cuestións sobre o canto coral e os tipos de voz: http://dl.dropbox.com/u/11848977/quiz/las%20voces%20humanas.html 3.- Repasemos as notas musicais Imos repasar os nomes das notas musicais con este exercicio online. Tendes que pinchar as notas que vos solicitan no recadro superior da partitura. Probade co Himno da Alegría, de Beethoven. Moi atentos: http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/17763/partitura__himno_de_la_alegria.htm

Page 35: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 35

6.- ACTIVIDADES INMORTAIS Audición: Viaxe a Lugnagg http://www.youtube.com/watch?v=7L63Bbz5HMY&feature=related (minuto 1:47) 1.- O tempo da música. O vello é lento Maxime Aulio establece un tempo lento para representar a vellez dos habitantes inmortais da illa de Lugnagg. O tempo é a velocidade de interpretación da música. Mídese con este aparello chamado...?

Aquí podedes escoitar diferentes tempos: http://www.sfskids.org/flash/tempo/tempo.swf?dom=3 Para practicalo suxerímosvos facer un xogo: Dáme tempo Escoitades os tempos propostos na páxina web coa orquestra que toca. Se non podedes acceder á páxina, un alumno en clase fará de metrónomo levando o ritmo cunhas claves ou unha caixa chinesa. Haberá seguir un destes cinco tempos: Adagio- Andante- Moderato-Allegro- Presto Pódese facer con alumnos voluntarios. Os que se presten ao xogo deberán, por quendas, realizar unha actividade seguindo o ritmo marcado. Por exemplo: bater un ovo con tempo adagio; lavar os dentes con tempo presto; escribir a ordenador con tempo andante... 2.- Coro. Tonalidades O fragmento de coro que cantades nesta parte está en tonalidade menor.

Page 36: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 36

Esta escala está en tonalidade maior. Fixádevos ben na armadura de clave. Podedes tocala con frauta ou vocalizala coa sílaba la:

Aquí podedes escoitar a escala de RE Maior: http://www.bbc.co.uk/schools/gcsebitesize/music/flash/mu02007.swf Estoutra escala é menor. Probade agora a vocalizala tamén.

Oídea aquí: http://www.bbc.co.uk/schools/gcsebitesize/music/flash/mu02030.swf

Sabíades que as tonalidades musicais son moi amigas

das cores a través do fénomeno coñecido como sinestesia? Para Alexander Scriabin a tonalidade maior que acabades de cantar representaba a cor

dourada.

Page 37: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 37

3.- Instrumentos medievais Explora e adiviña o nome destes instrumentos que son vellos pero, como os habitantes de Lugnagg, inmortais. A meirande parte úsanse aínda para tocar música antiga ou tradicional: Ollo: colóusenos unha imaxe de algo que non é un instrumento musical. Sabes que é e para que servía?

Page 38: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 38

7.- ACTIVIDADES DACABALO Audición: Viaxe ao País dos Houynhmhns http://www.youtube.com/watch?v=7L63Bbz5HMY&feature=related

1.- Torneo Medieval Esta é unha actividade que se debe facer nun espazo do centro sen mobiliario (Ex-Ximnasio). Os alumnos/as xuntarán por parellas, tomarase o papel de cabalo e outro de xinete. Cando se inicie o torneo todos os/as cabaleiros/as tentarán que os xinetes caian do seu cabalo ata que só quede un xinete sobre a sua montura. 2.- Onomatopeias Swift escolleu a palabra Houyhnmhns para designar aos habitantes do derradeiro país visitado por Gulliver. En realidade, esta palabra é unha onomatopeia elixida polo seu parecido fonético co rinchar dos cabalos. Unha onomatopeia é unha palabra que intenta imitar un son.

Page 39: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 39

Entre os instrumentos musicais atopamos bastantes onomatopeias ou palabras orixinadas nunha onomatopeia: gong, tambor [tamtam], chirimía, pandeiro [pan], crótalo, axóuxere... Este tipo de palabras existe en todos os idiomas. En inglés, por exemplo, o repeniqueo do teléfono é ring e petar nunha porta dise knock. Procura as onomatopeias que usamos para nomear estes sons:

pequenos toques dunha campaíña que fai unha ra nun estanque fever a auga moi fortemente son da rotura dun anaco de madeira alguén afundindo en auga son do rato do ordenador cando pinchamos nalgún lugar da pantalla

3.- Cabaliños musicais

Os cabalos son animais moi relacionados coa música: cunha parte do seu corpo fabrícase un accesorio importante dunha familia de instrumentos. Saberías...?

con que parte do cabalo e que familia instrumental?

Bota un ollo a este xeroglífico:

Page 40: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 40

4.- Galopa, jaca Escoitade este fragmento sobre cabalos. Trátase da Obertura de Guillermo Tell, de G. Rosinni. Coñécese co nome de Galope. http://www.youtube.com/watch?v=xoHECVnQC7A Fixádevos nos puntiños enriba das notas: indican un stacatto ou picado. A nota tócase máis rápido do que indica a súa figura. Esta expresión dálle o dinamismo do golpe dos cascos do cabalo no chan:

Podedes seguir o ritmo con algún dos instrumentos de percusión de altura indeterminada: pandeiro, caixa, bombo. Comezade a partir do compás 18.

Page 41: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 41

BOA VIAXE HAVE A GOOD JOURNEY

GO DTÉ TÚ SLÁN BON VOYAGE YOI RYŌKO O

BONUM CURSUM

Page 42: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 42

Page 43: As viaxes de Gulliver

“As viaxes de Gulliver” OSG curso 2011/2012 Página 43

BIBLIOGRAFÍA AA.VV. , Xograr, 6º primaria, Ed. Galinova. Julia Bernal Vázquez, María Luisa Calvo Niño, Didáctica de la música, la expresión musical de la educación infantil, Aljibe Eds., 2000 Jos Wuytack, Pedagoxía musical Pep Alsina, Frederic Sesé, La música y su evolución, Ed. Grao, Barcelona, 1999 Pilar Pascual Mejía, Didáctica de la Música, Ed. Pearson, Prentice Hall, Madrid, 2006 Pierre Charvet, Como falar de música clásica aos nenos, Ed. Nerea, San Sebastián, 2010 MUSICOGRAMAS EN REDE http://www.youtube.com/watch?v=661mqZqrQww O VOO DO MOSCARDÓN http://www.youtube.com/watch?v=KRqR9Iz9Ycc PIRATAS DEL CARIBE http://www.youtube.com/watch?v=B2gSAVOXhZU&feature=related DANZA DE ROSSINI http://www.youtube.com/watch?v=a5ZASTfieAg PANAMÁ WEBGRAFÍA [ademais da incluida na guía] http://didactalia.net/comunidad/materialeducativo http://cmapspublic.ihmc.us/servlet/SBReadResourceServlet?rid=1221000026482_904397365_22019&partName=htmltext