Aire e auga

Post on 16-Feb-2017

858 views 0 download

Transcript of Aire e auga

Aire e auga

Ciencias Naturais1º E.S.O.

Que é o aire?...

• O aire é unha mestura homoxénea de gases.

• É incoloro, inodoro e insípido.• Na súa composición predomina o

nitróxeno. • O segundo gas máis abundante é o

osíxeno e o resto corresponde a outros gases como argón, dióxido de carbono.

Composición da atmosfera secaNitróxeno

Osíxeno

Hidróxeno

Iso si está limpo, e se non o está?

• Contaminación: cando certas sustancias que forman parte do aire acadan concentracións elevadas ou cando aparecen na súa composición sustancias que non o constitúen de xeito natural, dise que a atmosfera está contaminada, e pode supoñer riscos para a saúde e os ecosistemas.

Pero se o aire é gas, por que non “escapa”?

• Os gases tenden a expandirse o máximo posible (lembra: as súas partículas están en continuo movemento e poden variar a distancia entre elas).

• A Terra, debido á súa masa, exerce unha forza chamada forza da gravidade sobre toda masa nas súas proximidades.

• Os gases do aire son atraídos pola Terra e a forza de gravidade mantenos formando unha capa gasosa que nos rodea, chamada ATMOSFERA.

Capas da atmosfera

•Na troposfera hai circulación de aire en xeral, pero na estratosfera soamente circulación horizontal.•Na troposfera teñen lugar os fenómenos meteorolóxicos.

MeteoroloxíaNunha estación meteorolóxica medimos:

Presión co barómetro

Temperatura co termómetro

Humidade co higrómetro

Velocidade do vento co anemómetro

Dirección do vento co cataventos

Precipitacións co pluviómetro

Que é a auga?• A auga é un composto químico

(sustancia pura) formado por dous elementos químicos, hidróxeno e osíxeno. Represéntase por H2O.

A auga pura é un líquido insípido, inodoro e incoloro

formado exclusivamente por partículas de auga.

Propiedades especiais da auga

• Altos valores de tensión superficial, fenómeno polo que un líquido tende a comportarse como se fora unha delgada película elástica.

.

Isto permite a certos insectos desprazarse pola

superficie da auga sen afundir.

• Puntos de fusión e ebulición anormalmente altos (a auga é líquida a temperatura ambiente, cando lle correspondería ser un gas).

• Bo disolvente (“disolvente universal”): disólvense ben os sales, azúcares, ácidos e gases como osíxeno e dióxido de carbono; e mal sustancias como as graxas. Debido a isto, a auga participa como disolvente en múltiples funcións asociadas coa vida.

Propiedades especiais da auga

• Alta capacidade calorífica, debido á cal se quenta e arrefría máis lentamente que a area. Esta propiedade inusual fai que a auga “modere” as temperaturas terrestres.

• Densidade da auga líquida a 1 atm e 3’8 ºC é de 1 g/mL, maior que a de auga sólida, fenómeno que se coñece coma dilatación anómala da auga. Esta propiedade fai que se manteña a vida nos medios acuáticos en zonas frías no inverno, xa que o xeo flota sobre a auga líquida.

Propiedades especiais da auga

Estas propiedades especiais da auga explícanse tendo en conta a unión entre as diferentes partículas de auga, formando unha estructura compacta:

Propiedades especiais da auga

Enlace ponte de hidróxeno

A auga pura, onde?

• A auga natural, tanto na atmosfera como na superficie ou subterránea, sempre contén minerais disoltos e gases como resultado da súa interacción coa atmosfera, minerais das rochas, materia orgánica e organismos vivos.

Onde hai auga na Terra?...Podemos bebela?

Auga salgada – 97%:• Océanos e mares• Auga subterránea salgada• Lagos de auga salgada

Auga doce – 3%:• Xeos – 79%• Auga superficial doce (lagos auga doce, ríos, embalses, torrentes..) – 1% Auga subterránea doce – 20 %

As tres cuartas partes de planeta son AUGA…pero soamente o 0’01% é apto para o consumo humano!!!

A auga flúe…a onde vai?

Ciclo da auga

Tamén contaminamos a auga?

Quen contamina o aire e a auga?

Que problemas temos debido á contaminación?

• Choiva ácida• Aumento efecto invernadoiro• Destrución da capa de ozono• Contaminación acústica• Contaminación lumínica

E agora, como solucionamos isto?

Depuramos o aire Filtros de polvo, polen, bacterias…por exemplo, nos

sistemas de ventilación. Filtros electrostáticos, onde as partículas emitidas

polas centrais térmicas son cargadas eléctricamente e despois quedan retidas en placas tamén cargadas.

Catalizadores de automóbiles, onde sustancias como platino, paladio ou rodio fan que os gases contaminantes se transformen parcialmente en gases non contaminantes.

E agora, como solucionamos isto?

Potabilización de auga

E agora, como solucionamos isto?

Vale, pero consumimos auga…gastamos demasiada?

Boas prácticas para aforrar auga1. Non baleires a cisterna nos inodoros con dobre pulsador.2. No xardín, regar as plantas por goteo e non con mangueira.3. Controla que non haxa perdas por averías.4. Emprega o lavaplatos (cheo). Se lavas a man, non deixes a billa aberta.5. Non deixes a billa aberta para lavar os dentes.6. Enche a lavadora para empregala ou usa os programas de media carga. O uso de electrodomésticos coa máxima eficiencia enerxética aforra auga e electricidade.7. Ducharse en lugar de bañarse.