A vide-o viño (primaria)

Post on 24-May-2015

1.136 views 27 download

Transcript of A vide-o viño (primaria)

videvid

common grape vine

A vide é unha planta perenne, leñosa e trepadora.

Orixinouse no norte de África e na actualidade está extendida por todos os continentes e pode vivir nos solos máis variados.

TALO(cepa)

RAÍCES

ponlas, brazos ou vides

follas

froitos

TALO Leñoso e retorcido, pode chegar a medir ata uns trinta metros, aínda que case nunca llo permiten os labores de poda. A tona é de cor castaña escura e despréndese en tiras.

Nos nós xorden as xemas que son a orixe de todos os órganos: follas, gaviláns, acios... Cando están pechadas chámanse ollos e cando se abren gomos.

A gomariza (ponlas herbáceas dun ano, que ao lignificaren chámanse vides ou videiras) ten nós ben marcados dos que xorden as follas, os gaviláns, as xemas e os acios.

FOLLASCaedizas, alternas, simples co limbo de forma palmeada e con moitas varacións segundo a caste. A beira é serrada e o seu tamaño oscila entre 15 e 30 cm de longo (correspondendo 1/3 ao rabo) e entre 10 e 20 cm de ancho.

cabernet

folla redondaespadeiro

Os gabiáns que saen dos nós e opostos ás follas, enrólanse aos soportes para suxeitar a planta.

FLORESPequenas e agrupadas en acios compostos (panículas). Cada flor está formada por un cálice verde ancho na base e un pistilo rodeado de cinco estames amarelos.

Á floración coñecese co nome de purga.

FROITOS (uvas ou bagos).Bagas esféricas ou oblongas coa tona lisa e a polpa carnosa, con varias sementes (pebidas) pequenas e leñosas. Son de cor e tamaño diferentes segundo o tipo e a variedade, desde case negras ata verde-amarelas.

CICLO ANUAL-VIDEFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

A VITICULTURAOS TRABALLOS

PLANTACIÓN: Preparación do solo (limpeza, fertilizado...)Colocación de elementos de soporte (postes, arames...) e das plantas.

MARCOS DE PLANTACIÓN

cepas soltas

arxóns parras

preparando unha parra

PODA Eliminación das vides non axeitadas e recorte das outras ata o nivel preciso para manter o desenvolvemento da vide e a produción de uva nos niveis óptimos.Realízase despois da caída da folla, durante o descanso invernal da planta, entre os meses de novembro e febreiro.

ATADO

máquina de atar

atado con bimbias

FERTILIZACIÓN:Con produtos orgánicos, fertilizantes minerais, foliares...

PROTECCIÓN CONTRA PRAGAS E ENFERMIDADESAs pragas máis importantes que padecen as vides son producidas por fungos (oídio ou polvillo, mildeu, escoriose, botrite ou podremia...), ácaros (araña vermella), insectos (pulgóns, mosquilla, avelaíñas, pedroulo...), virus, bacterias...Existen multitude de produtos fitosanitarios que se presentan en forma de po para esparexer, po mollable e líquidos.

OS LABORES DO SOLOCavas para eliminar malas herbas, airear a terra...

A VENDIMA Recolleita da uva madura. Xeralmente faise nos meses de setembro e outubro.

En Galiza cultívanse máis de 200 variedades de vides, das que 77 (41 de tinto e 36 de branco) son autóctonas.

caíño

godello

albariño

mencía

PRINCIPAIS ZONAS DE CULTIVO DA VIDE EN GALIZA

DENOMINACIÓNS DE ORIXE PROTEXIDAS: O Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Monterrei e Ribeira Sacra

VIÑOS DA TERRA: Val do Miño Betanzos.Barbanza e Iria

RÍAS BAIXAS-O SALNÉS

RÍAS BAIXAS-O ULLA

RÍAS BAIXAS-O O ROSAL

O RIBEIRO

VALDEORRAS

RIBEIRA SACRA-Sil

RIBEIRA SACRA-Miño

VAL DO BIBEI-XARES

VAL DE MONTERREI

USOS DAS UVASConsumo en fresco, elaboración de zumes, viño, vinagre, licores, confituras, aromatizantes...Pasas (uvas secas).

ESCOLMA LITERARIA

¡O espadeiro! ¡Asios mouros, cepas tortasfollas verdes, douradas e vermellas,gala nas terras vivas de Castrelo,nos Casteles de Ouviña e nas areas de Tragove e Sisán, do mar de Arousae o Umia cristaíño nas ribeiras!¡O espadeiro amante! ¡O viño doce!¡Alegría de mallas e espadelas,compañeiro das bolas de pan quentee as castañas asadas na lareira!

RAMÓN CABANILLAS

TRADICIÓN ORAL

REFRÁNS:

•Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.•O que en marzo non poda perde a vendima toda.•Gomo de marzo, non vai ó cabazo.•O vello pon a viña, o mozo vendímaa.•Nin viña no baixo, nin trigo no cascallo.•Casas cantas mores, viñas cantas podes.•San Miguel das uvas, tarde vés e pouco duras.•Amoria madura, pinta a uva.•Polo San Mateu vendima ti, vendimo eu.•Vendima enxoito se queres coller bo mosto.•Boca que canta non come uvas.•En agosto, nin viño nin mosto.•No San Martiño xa se coñece o bo viño.•Chuvia de agosto, mel e mosto.

ADIVIÑAS:

Unha vella xorobada, ten un fillo enredador, unhas netas moi fermosas e un xenro predicador (A CEPA)

Estou encarnado e ben maduriño, antes do outono de min farán viño (O ACIO DE UVAS)

Dous irmáns son, un vai á misa e o outro non (VIÑO E VINAGRE, VIÑO BRANCO E TINTO)

Unha vella moi enrugada, leva no cú unha palla atrancada(UVA PASA)

CANTIGAS

Vendimai, vendimadeiras,na vendima do meu pai.Vendimai e comer uvasque outra cousa non a hai.

Meu amor eu quero viño,a iauga non sei beber,a iauga ten samesugas,teño medo de morrer.

MONTAXE: Adela LeiroTEXTOS: Adela Leiro, Hernando MartínezFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Juan Maceira, InternetDEBUXOS: Mon DaportaDecembro 2014