A POBOACIÓN MUNDIAL · • A composición da poboación (segundo a idade e o sexo), representase...

Post on 16-Jul-2020

3 views 0 download

Transcript of A POBOACIÓN MUNDIAL · • A composición da poboación (segundo a idade e o sexo), representase...

A POBOACIÓN MUNDIAL

A POBOACIÓN E AS FONTES DEMOGRÁFICAS

A Poboación mundial no 2015:

• Máis de 7 mil millóns de habitantes.

• Explosión demográfica no s. XX: caída da mortalidade e mantemento dunha alta natalidade.

• Grandes diferenzas entre continentes: África, Asia e América do Sur (alta natalidade e poboación xove); no mundo desenvolvido, crecemento máis baixo polo control da natalidade.

• Crecemento moi lento da poboación en España e Galicia ata o XIX, cun forte crecemento entre 1950 e 1980.

• Baixo crecemento e avellentamento no noso país desde finais do XX.

07

A evolución da poboación mundial

crecemento da poboación española

África é un dos continentes nos que os índices de natalidade son máis elevados.

As fontes demográficas:

• Instrumentos empregados polos demógrafos ou expertos no estudo da poboación para coñecer datos como o número de habitantes e a súa distribución e estrutura.

• Censos: documentos que recollen datos demográficos, culturais, económicos e sociais dos habitantes dun país (idade, sexo, estado civil, profesión, estudos…) En España realízanse cada 10 anos nos anos rematados en 1.

• Padróns municipais: recollen daatos da poboación du municipio, completando e actualizando o censo, realizándose en España cada 5 anos.

• Rexistros civís: proporcionan datos precisos dos nacementos, matrimonios, divorcios e defuncións da poboación.

07

Familia característica dos primeiros anos do século XX.

A DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN MUNDIAL

Reparto desigual da poboación: altas concentracións e densidades fronte a espazos pouco poboados ou case baleiros.

• Densidade de poboación: relación entre a poboación e o territorio que ocupa (división entre habitantes e km2: hab/km2). Pero son datos estatísticos que non reflicten a realidade (hai zonas que superan a densidade media e outras que están moi por debaixo)

• Densidade de poboación mundial: 48 hab/km2

• Densidade de poboación de España: 91,5 hab/km2

• Densidade de poboación de Galicia: 108,8 hab/km2.

07

Os factores da distribución da poboación:

• Factores físicos: o clima, a vexetación, a auga o solo….As rexións temperadas, con relevo suave de chairas e vales fluviais, abundantes en auga e con solos fértiles, atraen á poboación. Pola contra, os climas extremos, os altos cumios, a escaseza de auga…dificultan os asentamentos .

• Factores humanos: históricos (asentamentos de civilizacións antigas, procesos de revolución industrial), económicos (oferta de traballo), guerras e conflitos (provocan o despoboamento ou fuxida da poboación)

07

Diferencias na distribución da poboación

Distribución da poboación no planeta

Os factores físicos condicionan os asentamentos humanos.

A densidade de poboación no mundo (hab/km2)

As cidades máis importantes de India

condensan moita poboación.

As zonas desérticas e a falta de auga dificultan os asentamentos poboacionais.

Formigueiros humanos e baleiros demográficos:

Na distribución da poboación mundial contrastan rexións densamente poboadas e con grandes cidades, fronte a outras cunha poboación moi escasa.

• Formigueiros humanos: concentran a maior parte da poboación mundial, as cidades máis grandes e as rexións máis industrializadas. Asia oriental e meridional, Europa occidental, costa atlántica de América, Centroamérica e o Golfo de Guinea.

• Baleiros demográficos: rexións montañosas e de clima extremo. As rexións polares, a Antártida, os desertos áridos, as selvas ecuatoriais e as zonas montañosas.

07

OS MOVEMENTOS NATURAIS DA POBOACIÓN

A poboación cambia de forma natural ao aumentar ou diminuír (nacementos e mortes), polo que a diferenza entre natalidade e mortalidade chámase crecemento natural ou vexetativo.

• Taxa de natalidade: número de nacidos nun ano en relación á poboación total. Considéranse altas (normalmente, países menos desenvolvidos) cando superan o 30‰ e baixas ou moi baixas (países desenvolvidos) se son inferiores a 20‰ ou 10‰

• Taxa de mortalidade: número de falecidos nun ano en relación á poboación total. Considéranse altas (normalmente, países menos desenvolvidos) cando superan o 30‰ e baixas ou moi baixas (países desenvolvidos) se son inferiores a 20‰ ou 10‰

07

Recorda que estas fórmulas exprésanse en ‰ (tantos por mil)

• A mortalidade é máis alta nos países pobres ou en vías de desenvolvemento que nos países ricos, pola fame, a mala alimentación ou desnutrición, a falta de vacinas e medicinas, as dificultades económicas e o baixo nivel de vida.

• A mortalidade nos países ricos débese aos accidentes, ás enfermidades cardiovasculares e ao cancro (“os tres ces: carretera, corazón e cancro”)

• a esperanza de vida (duración media de vida dunha persoa nun determinado país), é moi diferente segundo o país: nos países ricos, é superior aos 75 anos, e nos pobres inferior aos 45 anos.

07

O crecemento natural ou vexetativo:

• É a diferenza entre o número de nacementos e defuncións. Calcúlase restando a taxa de natalidade e de mortalidade, e se expresa en % (25‰-10‰=15‰ ou 1,5%)

• O crecemento é positivo (nacen máis dos que morren) ou negativo (viceversa).

• Os países subdesenvolvidos teñen taxas de crecemento altas (>3%) e os países ricos moi baixas (<1%) ou negativas, polas baixas taxas de natalidade.

07

OS RÉXIMES DEMOGRÁFICOS

07 O réxime demográfico é o comportamento dunha poboación en relación coa natalidade, a mortalidade e o crecemento natural, distinguíndose entre o tradicional ou antigo (países subdesenvolvido), o de transición demográfica (países en vías de desenvolvemento) e o moderno (países ricos)

Característico nas sociedades occidentais anteriones ao s. XVIII e nos países subdesenvolvidos actuais, e que se caracteriza por:

• Altas taxas de natalidade (>30‰)

• Altas taxas de mortalidade xeral (>25‰) e de mortalidade infantil.

• Crecemento natural ou vexetativo medio (2-3% anual)

• Esperanza de vida baixa (45-60 anos)

• Predominio da poboación nova (entre 0-14 anos)

07

O réxime demográfico tradicional ou antigo

África é un exemplo de réxime demográfico tradicional.

Característico nas sociedades occidentais máis desenvolvidas no XIX e primeira metade do XX, e dos países en vías de desenvolvemento na actualidade. Caracterízase por:

• Altas taxas de natalidade (20-30‰), pero con tendencia ao descenso

• Considerable descenso das taxas de mortalidade (avances médicos..). Nos países en vías de desenvolvemento mantéñense altas as taxas de mortalidade infantil (50-100‰)

• Elevadas taxas de crecemento natural ou vexetativo (>3% anual)

• Aumento da esperanza de vida (60-70 anos)

• Predominio da poboación adulta (15-65 anos)

07

O réxime demográfico de transición

China é un exemplo de réxime demográfico de transición.

O réxime demográfico moderno

Característico nos países máis ricos e desenvolvidos, iniciándose a mediados do XX (en España, despois de 1975), e caracterizado por:

• Baixas taxas de natalidade (<15-9‰)

• Baixas taxas de mortalidade xeral e infantil (< 15-9‰)

• Baixo ou moi baixo crecemento natural ou negativo (polo descenso acusado da natalidade)

• Alta esperanza de vida (>70-80 anos)

• Poboación avellentada (maiores de 65 anos >12% da poboación total)

07

Os réximes demográficos

A ESTRUTURA DA POBOACIÓN

A poboación dun país ou rexión pódese analizar tendo en conta a idade e o sexo dos seus habitantes, a ocupación e a actividade económica, o nivel cultural, o desenvolvemento económico e social…..

A composición da poboación por idade e sexo

Tres grupos de idade nunha poboación:

• A poboación nova (0-14 anos)

• Poboación adulta (15-64 anos)

• Poboación vella (>65 anos)

Segundo a idade, a composición da poboación varía moito duns países a outros:

• Países con poboación nova (menores de 15 anos >35%)

• Países vellos (a poboación nova <5%)

• Países con poboación envellecida (os mozos <25% e os vellos >12% do total)

07

Estrutura da poboación segundo a idade

• Nunha poboación nacen máis homes que mulleres (máis nenos que nenas), polo que no grupo de adultos a proporción tende a equilibrarse e na poboación vella hai máis anciás que anciáns.

• A composición da poboación (segundo a idade e o sexo), representase de forma gráfica mediante as pirámides de poboación ou pirámides de idades.

• Cada poboación ten un comportamento diferente que depende das condicións económicas e sociais do país, sendo moi ampla a variedade de representacións, existindo tres tipos básicos de pirámides de poboación:

07

Tipos de pirámides de idades

Expansiva: ten unha base ampla que se reduce de forma progresiva e o cumio é estreito. Indica poboación nova, con alta natalidade, alta mortalidade (infantil) e baixa esperanza de vida. Típica dos países subdesenvolvidos.

Estacionaria: base máis ampla que o corpo central e cumio non tan reducido. Indica unha poboación de reducida taxa de mortalidade xeral, descenso da natalidade e aumento da esperanza de vida. Países en vías de desenvolvemento.

Decrecente : base estreita e o corpo central e o cumio amplos. Indica unha poboación con reducida taxa de natalidade e alta esperanza de vida. Correspóndese cos países desenvolvidos e cunha poboación envellecida.

A ocupación da poboación

Nunha poboación, segunda a actividade que desempeñen os seus habitantes, pódese diferenciar entre a poboación activa e a poboación inactiva:

• A poboación activa: aquela que está en idade e condicións de traballar (en España, a idade legal é de 16 anos). A poboación que está traballando denomínase poboación activa ocupada, e a que está buscando traballo, poboación activa desocupada ou en desemprego.

• A poboación inactiva: aquela que non realiza actividades económicas remuneradas ou que non recibe un salario pola súa actividade (estudantes, amas de casa, xubilados, incapacitados…)

07

A actividade económica da poboación

Segundo a actividade que desempeñe a poboación activa dun país, pódense diferenciar tres sectores económicos: primario, secundario e terciario:

• O sector primario: inclúe todas aquelas actividades polas que o ser humano explota os recursos da natureza (agricultura, gandaría, explotación forestal, pesca e minaría).

• O sector secundario: inclúe as actividades que transforman os recursos naturais en produtos elaborados (a industria e a construción)

• O sector terciario ou de servizos: o máis amplo e heteroxéneo, ao comprender todas as actividades que proporcionan servizos aos habitantes dun país (transporte, comercio, educación, sanidade, administración…)

07

OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS

Os desprazamentos da poboación

Ao longo da historia da humanidade a poboación desprazouse, por diversos motivos, duns lugares a outros do territorio.

Estes movementos da poboación no espazo denomínanse movementos migratorios ou migracións:

• Emigración: é a saída da poboación desde o seu lugar de orixe, cara a outras rexións ou países. A poboación afectada denomínase emigrante.

• Inmigración: é a entrada de poboación desde outras rexións ou países. A poboación afectada recibe o nome de inmigrante.

07

Tipos de movementos migratorios

Os tipos de movementos migratorios son moi variados, segundo as causas, a duración dos desprazamentos ou o destino:

• Movementos migratorios interiores: prodúcense nun mesmo país, ao desprazarse os individuos das zonas con menos recursos ás de maior actividade económica. Destaca o éxodo rural (saída da poboación das zonas rurais cara ás cidades).

• Movementos migratorios exteriores: prodúcense entre distintos países, ao desprazarse persoas de países menos desenvolvidos, en conflito ou inestables cara os países máis desenvolvidos e estables.

• Movementos migratorios temporais: de duración limitada (semanas, meses ou a diario) e volvendo a persoa ao seu lugar de orixe.

• Movementos migratorios definitivos: emigrante establécese no lugar de destino de forma definitiva.

07

Movemento migratorio temporal: traballadores marroquís na colleita de froita.

Desprazamento diario a unha cidade industrializada, exemplo de movemento migratorio temporal ou movemento pendular.

Inmigración controlada e inmigración ilegal

Os países receptores de poboación necesitan man de obra:

• Inmigración controlada ou legal: cando as empresas e os gobernos contactan coa poboación dos países de orixe dos inmigrantes para que veñan con contratos de traballo e non sexan explotados.

• Inmigración ilegal: os que chegan sen contratos laborais e sen permiso de residencia, introducidos polas mafias que poñen en perigo a vida de milleiros de persoas. Cando chegan, se son detidos polas autoridades, son devoltos ou expulsados. Os que non son detidos, son explotados por empresarios sen escrúpulos.

07

España, pola súa situación xeográfica, é un dos países de etrada de moitos inmigrantes dos países do Magreb e de África subsahariana.

07

Inmigrantes desembarcando nunha praia.

Causas da emigración:

• Causas económicas e sociais: falta de recursos, escaseza de postos de traballo, pobreza e miseria, salarios baixos, explotación laboral….

• Causas políticas ou bélicas: persecución por causas políticas, discriminacións relixiosas, raciais ou étnicas, guerras…….As persoas afectadas a nivel individual chámanse exiliados, e se se trata de grandes grupos, refuxiados.

• Causas naturais: catástrofes como volcáns, terremotos, maremotos, inundacións, secas prolongadas…..a poboación afectada vese obrigada a abandonar os seus fogares (refuxiados naturais)

07

Chabolas: Unha das caras da pobreza.

Campo de refuxiados en Sudán.

Musulmáns escapados de Birmania e que buscan refuxio (2015)

Refuxiados que escapan da guerra de Siria (2015)

Condicións extremas de vida a consecuencia da seca (Eritrea).

Saldo migratorio e crecemento real

• Na poboación dun lugar sempre hai emigrantes e inmigrantes (temporais ou definitivos)

• O saldo migratorio é a diferenza entre os emigrantes e os inmigrantes.

• Se os emigrantes son máis que os inmigrantes, o saldo migratorio é negativo (a poboación diminúe).

• No caso contrario, o saldo migratorio é positivo (a inmigración é superior á emigración e a poboación aumenta).

• O crecemento real dunha poboación é aquel que se produce tendo en conta o crecemento natural ou vexetativo e o saldo migratorio.

07

As correntes migratorias no mundo actual

No mundo actual existen importantes correntes migratorias intercontinentais (entre continentes) internacionais (entre uns países e outros) e tamén interiores (dentro dun país, entre unhas rexións e outras)

07

Áreas receptoras e emisoras de poboación

• Os avances nos medios de comunicación e nos transportes facilitan e favorecen os movementos migratorios actuais, facilitando o coñecemento de moitos países e permitindo masivos e rápidos desprazamentos a longa distancia.

• Os focos receptores de poboación son aqueles que atraen aos inmigrantes (posibilidades de traballo e mellora das condicións de vida)

• Os focos emisores son os lugares de procedencia da poboación emigrante.

07

• Áreas receptoras de poboación: países desenvolvidos cun alto nivel de vida. O seu saldo migratorio é positivo. Exemplos: EE.UU, Candá, a UE, Xapón, Corea do Sur, Arabia Saudita, Sudáfrica e Australia.

• Áreas emisoras de poboación: países pobres e subdesenvolvidos. Saldo migratorio negativo. Exemplos: a maior parte de Latinoamérica; case toda África, India, Indonesia, China….

07

Traballadores emigrantes

Distínguese entre: traballadores pouco cualificados e traballadores cualificados.

• Traballadores pouco cualificados: proceden dos países pobres e proporcionan man de obra barata aos países ricos. Cun baixo nivel de estudos e escasos coñecemento profesionais. Desempeñan os postos de traballo peor cualificados e peor remunerados.

• Traballadores cualificados: proceden dos países ricos, desprazándose dentro deles ou cara outros países ricos, buscando mellores oportunidades laborais. Teñen un alto nivel de estudos e unha alta especialización profesional, desempeñando os postos de traballo mellor cualificados e mellor remunerados.

07

A EVOLUCIÓN DOS MOVEMENTOS MIGRATORIOS EN EUROPA

Os países de Europa occidental son actualmente importantes focos receptores de inmigrantes africanos, asiáticos e latinoamericanos.

Pero entre os séculos XVI e XIX, os europeos foron os que emigraron cara outros continentes (especialmente, a América)

07

Europa: un continente de emigrantes

• Desde o descubrimento de América (1492) ata a I Guerra Mundial (1914), os europeos exploraron, colonizaron, conquistaron e ocuparon gran parte de América, Asia, África e Oceanía.

• No século XIX, co aumento da poboación europea e a escaseza de recursos, moitos europeos emigraron, sobre todo, a América, o Sur de África, Australia e Nova Celandia.

• Desde hai algúns anos, Europa occidental pasou a ser un importante foco de atracción de inmigrantes (case o 4% da UE é de orixe estranxeira).

• Os principais países europeos receptores son Suíza, Alemaña, España, Bélxica, Francia e Gran Bretaña, destinos de inmigrantes de Europa oriental, África, América Latina e Asia.

07

As correntes migratorias dos séculos XIX e inicios do XX

• O mesmo fenómeno pasou en España: de país de emigrantes convertiuse nun país de inmigrantes (máis do 9% da poboación é de orixe estranxeira).

• A emigración foi habitual en España ata datas moi recentes, polo pouco desenvolvemento económico e as grandes diferenzas sociais, sendo América Latina e Europa occidental os destinos escollidos.

-Importante éxodo rural (1960-1970), despoboándose o interior en beneficio de Madrid, País Vasco, Barcelona e Valencia.

-Emigración transoceánica (América), dende finais do XIX ata 1930.

-Emigración cara Europa occidental (1950- 1973)

07

As correntes migratorias internas en España. 1960-1970

• A emigración actual (s. XXI): continúa a emigración cara outras provincias no interior e a outros países (a raíz da crise do 2007).

• Cambia o perfil do emigrante: agora son técnicos, especialistas, investigadores….(man de obra moi cualificada e profesionalizada).

07

A inmigración en España:

A mellora da situación económica e social nas últimas décadas (España é un dos países máis desenvolvidos e cun nivel de vida e benestar social elevados), convertiron ao noso país nun receptor de inmigrantes

• Xubilados (alemáns e británicos), atraídos polo clima e que se establecen nas costas mediterráneas e nos dous arquipélagos.

• Traballadores cualificados (técnicos e profesionais de empresas multinacionais)

• Man de obra non cualificada procedente de Latinoamérica, África e Asia.

07

OS REFUXIADOS

Os numerosos conflitos existentes no mundo provocan o desprazamento forzoso dos chamados refuxiados.

Refuxiados e desprazados:

Son persoas desprazadas forzosamente

• Refuxiados: ACNUR (axencia da ONU para os refuxiados) define o termo como persoa desprazada fóra do seu país e sen poder voltar a el por persecución debido a motivos raciais, relixiosos, étnicos…..

• Desprazados internos: persoas que son vítimas de situacións semellantes ás dos refuxiados, pero sen abandonar o seu país.

• Refuxiados retornados: os que regresan pero deben iniciar de novo a súa vida.

07

19 millóns de persoas baixo a protección de ACNUR: 10 millóns de refuxiados e máis de 5 millóns de desprazados internos.

Os refuxiados no mundo

Causas e consecuencias dos desprazamentos de refuxiados:

A poboación mundial de refuxiados e desprazados é moi elevada, sobre todo as cifras de refuxiados en Asia e África, e desprazados en América Latina e o Caribe:

• Causas moi deversas dos desprazamentos forzosos: guerras civís (Colombia, Sudán, Siria…); os conflitos bélicos; a persecución de determinados colectivos; os desastres naturais.

• As consecuencias son dramáticas para os desprazados.

• Campos de refuxiados: instalacións levantadas e atendidas polas ONGs.

07

Consecuencias dos movementos migratorios

Os movementos migratorios provocan cambios demográficos, sociais e culturais moi importantes, tanto para os países emisores como para os receptores.

• Consecuencias para os países emisores: demográficas (diminución da poboación, sobre todo, nova; aumento da proporción de mulleres sobre os homes; diminución da natalidade e do crecemento natural, e envellecemento da poboación) e económicas (remesas enviadas dende o estranxeiro, redución das taxas de paro e das tensións sociais).

07

A inmigración deixa só a mulleres, nenos e anciáns nos países pobres.

Consecuencias dos movementos migratorios

• Consecuencias para os países receptores: demográficas (crecemento da poboación, da natalidade, rexuvenecemento) e económicas (aumento da poboación activa, da actividade económica, dos cotizantes á seguridade social). Os inmigrantes ocupan os traballos rexeitados polos traballadores do país.

• Mestizaxe de razas e culturas, moitas veces problemática e con conflitos sociais (rexeitamento dos inmigrantes e dificultades de integración destes)

• A política de inmigración é esencial en moitos gobernos: controlar o número de inmigrantes para que se axuste á demanda laboral, impedir a inmigración ilegal e a explotación laboral, así como os conflitos raciais e xenófobos, todo o cal é moi complicado.

07