A pataca (primaria)

Post on 24-May-2015

34 views 5 download

Transcript of A pataca (primaria)

patacapatata

potatoe

A pataca é orixinaria dos Andes Chilenos e Peruanos. A primeira mención ao cultivo de patacas en Galicia é do século XVI no Mosteiro de Herbón, pero comezou a estenderse no século XVIII.

É un dos cultivos máis difundidos e que máis superficie ocupa en Galicia, e o primeiro en volume de produción (arredor de 600.000 tn).

Talos subterráneos nos que almacena substancias de reserva (tubérculos).

Talos aéreos: herbáceos, cilíndricos, con costelas, de cor verde.

FOLLASAlternas, compostas, de cor verde escura co envés veludo.

FLORESSimples, completas, de cor branca ou rosa. Aparecen agrupadas en cimas no alto dos talos aéreos.

FROITOSBagas esféricas de 1 a 2 cm de diámetro, de cor azul-violeta escura, con varias sementes pequenas de cor branca.

Toda a planta é tóxica agás os tubérculos, e mesmo istes se se expoñen á luz e se volven verdes.

CICLO ANUAL-PATACAFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Xeralmente plántase na primavera (marzo-abril) usando cachelos (anacos de tubérculos con ollos ou xemas) e páñase en agosto-setembro.

Nas zonas costeiras (A Mariña e Rías Baixas) cultívanse patacas do cedo que se plantan en xaneiro-febreiro e recóllense an abril-maio.

Pataca agrelada. O desenvolvemento das xemas latentes que teñen os tubérculos son a orixe das novas plantas.

sementeira de patacas na Limia con máquina

sementeira á man

Trátanse contra o escarabello e o mildeu e nos sitios secos réganse.

larvas de escaravellos comendo nas follas de pataca

colleita con máquinas na Limia

colleita á man

SELECCIÓN E ENVASADO

No mundo coñécense varios milleiros de variedades de patacas, só no Perú hai máis de 3.000.

USOSOs tubérculos (patacas) empréganse como alimento directamente ou transformadas en multitude de produtos: fariñas, purés, petiscos...

A pataca ten numerosos usos industriais: almidóns como xelificantes, para fabricar papeis e cartóns, colas, cosméticos, alcohol, licores, plásticos...

A pataca como inspiración

A pataca galega de consumo da variedade Kennebec está acollida a unha Indicación Xeográfica Protexida que inclúe a producción das zonas de Bergantiños, Lemos, Terra Cha-A Mariña e A Limia.

TRADICIÓN ORAL

REFRÁNS

-Onde non hai mata non hai pataca.-Canta a bubela, pataca á terra, canta o cuco, pataca ao suco.-Quen queira comer patacas no maio, que as semente encetado o ano.-As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.

ADIVIÑA

Que cousa cousiña éque ten ollos e non ve,ten pés e non andae por dentro toda é branca.(A pataca)

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet