A europa medieval entre os séculos xi e xv.

Post on 09-Jan-2017

194 views 5 download

Transcript of A europa medieval entre os séculos xi e xv.

Unidade 7. A Europa medieval entre os séculos XI e XV.

• Dende os seculos XI ao XIII produciuse unha época de prosperidade en Europa: finalizan as invasións bárbaras, o que permitiu a reactivación das rutas comerciais; progresou a agricultura e renaceron as cidades; no aspecto político prodúcense cambios, pois os reis loitarán por recuperar o poder; no ámbito social, un novo grupo xurdiu nas cidades, a burguesía.

• A principios do século XI, a Europa cristiá é un mosaico de estados e reinos.

• Destacan no centro os grandes reinos feudais do centro de Europa: Reino de Francia e o Imperio Xermánico, que estaban divididos en territorios dominados por señores feudais ( duques, condes, marqueses, baróns …).

• No norte estaban os normandos, que se asentarán noutros territorios como Inglaterra, (1066 Guillerme o conquistador vence na batalla de Hastings e proclámase rei de Inglaterra. Leva o feudalismo),sur de Italia ou Sicilia, cesando os seus ataques e deixando de ser un perigo.

• No sur, nas ribeiras do Mediterráneo o Islam e o cristianismo dispútanse o Imperio Bizantino e os musulmás seguen a dominar a maioría da Península Ibérica, na que os reinos cristiáns comezan a xurdir: Galicia e León, Castela, Aragón, Navarra … o Islam e o cristianismo dispútanse tamén o Imperio Bizantino.

geacron

AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS. • A expansión agraria e as súas consecuencias. • Entre os séculos XI e XIII a economía

europea, experimentou un forte crecemento debido sobre todo á aplicación de novas técnicas agrarias.

• Como innovacións técnicas destacaron: • A rotación trienal, consistente en dividir o

terreo en parcelas: nunha cultivábase cereais, noutra cultivaban leguminosas,e a outra se deixaba sen cultivar, en reposo ou barbeito.Así, a parcela que non se cultivaba daba mellores colleitas despois dun período de descanso.

• Tamén se seleccionaban as sementes.

• Usábase o arado de veso con rodas ,que permitía remover mellor a terra.

• Ademais o arado era tirado por unha parella de animais (vacas, bois ou cabalos) unidos pola coleira (peza de coiro que unía os pescozos e non danaba ao animal), e as ferraduras metálicas, protexían os cascos dos animais,deste xeito os animais tiraban con máis forza arrastraban mellor o arado.

• Tamén melloraron os instrumentos agrícolas como o emprego da gadaña e a xeneralización do muíño de vento e o perfeccionamento do muíño de auga.

• As consecuencias destas innovacións técnicas foron o aumento da produción, o incremento do espazo cultivado; a mellora da alimentación e as condicións de vida das xentes.

• Todo isto provocou o crecemento da poboación europea (que pasou de 36 a 80 millóns de persoas entre os séculos XI e XV); o renacemento do comercio, e a expansión das cidades.

A ARTESANÍA E A SÚA ORGANIZACIÓN.

• Nas cidades, os artesáns ( carpinteiro,

ferreiro, tecedor, …) traballaba no seu pequeno obradoiro con ferramentas sinxelas, e cunha produción pequena que vendía directamente ao público.

• Todos os artesáns dun mesmo oficio organizábanse en asociacións chamadas gremios .

• O gremio controlaba todo o proceso de produción, os prezos, a calidade do produto, o número de artesáns … Deste xeito evitaban a competencia. Ninguén podía traballar na cidade nun oficio sen pertencer ao gremio correspondente. Na organización interna dos gremios diferenciábanse tres categorías de artesáns: mestre , era o dono do obradoiro ,para alcanzar esta categoría debía pasar un exame consistente en elaborar unha “obra mestra” ;oficial ,artesán experto que traballaba por un salario , e aprendiz , traballaba sen soldo, vivían e comían na casa do mestre, (chegaba a pagar pola aprendizaxe do oficio )

O AUXE DO COMERCIO. • O incremento da produción agraria e

artesanal provocou un importante auxe do comercio, cuxos centro foron as cidades. Distinguíase:

• O comercio local, que se realizaba nas vivendas-taller dos artesáns e nos mercados urbanos semanais.

• O comercio a longa distancia, nas ferias e cidades con grandes portos.

• As feiras eran reunións de comerciantes, que tiñan lugar unha vez ao ano.

• Nas cidades con grandes portos no Mediterráneo como Venezia, Xénova, Marsella ou barcelona, comerciaban con Bizancio e o imperio musulmán, dos que adquirían produtos de luxo(seda, porcelana, especias..).No norte de Europa, cidades como Colonia ou Hamburgo comerciaban con cereais, la, ferro, viño, madeira ou escravos.

As rutas comerciais no S XIII ( Fonte kalipedia.com )

• Para que o comercio se puidera desenvolver era necesario que a moeda volvera a circular. E para iso nace a figura do cambista e banqueiro.

O REXURDIR DAS CIDADES. • CAUSAS

• A partir do século XI renaceu a vida urbana en Europa. A causa principal foi o aumento da produción agraria, que produciu excedentes que os campesiños podían intercambiar por outros produtos nos mercados, estimulando así o comercio e a artesanía.

• Por un lado rexurdiron as antigas cidades romanas que decaeron tras a caída do imperio romano. Noutros casos xurdiron novas cidades a partir de mercados establecidos xunto aos castelos dos señores e mosteiros; xunto aos cruzamentos de rutas ou xunto aos portos.

• fóronse formando barrios de artesáns e comerciantes, os burgos, que acabaron rodeándose de murallas e converténdose en cidades. A palabra burgo usouse para designar á cidade, e aos seu habitantes chamáronnos burgueses.

3.2 AS FUNCIÓNS URBANAS

• Administrativas, moitas acollían a sede dun condado.

• económicas Foron importantes centros económicos onde se desenvolveu a artesanía e o comercio.

• culturais. construíron escolas, universidades, • Relixiosas. Moitas acolleron a sede dun

bispado. catedrais e igrexas. • Eran ademais espazos de liberdade, pois se

un servo fuxido lograba permanecer un anoe un día nelas, convertíase nun cidadán libre do señor feudal.

O GOBERNO DA CIDADE • Nun principio, as cidades dependían dun señor laico ou

eclesiástico, pero os abusos destes, levaron aos seus habitantes a crear asociación chamadas comunas, que conseguiran dos señores ou do rei unha carta comunal ou foro. Este documento permitíalles formar un goberno autónomo e garantía os seus dereitos.

• O goberno da cidade recaía nun consello comunal elixido polos cidadáns, que se ocupaba de recadar impostos e do aprovisionamento e a defensa da cidade. Este consello era dirixido por un alcalde ou burgomestre,e reuníanse no concello.

• As familias mais ricas foron acaparando o goberno da cidade, constituíndo o patriciado urbano.

4. A SOCIEDADE • Patriciado urbano, era un grupo minoritario,

integrado polos ricos comerciantes, banqueiros e os dirixentes dos principais gremios, acaparaban o goberno da cidade.

• O pobo común, resto da poboación urbana. Estaba constituído por un grupo intermedio, formado polos mestres dos gremios e pequenos comerciantes; a masa urbana, formada por oficiais e aprendices dos gremios, criados..; e os pobres e marxinados que vivían da mendicidade.

• xudeus, que vivían xuderías ou alfamas. Dedicábanse ao comercio, artesanía especializada, á medicina ou eran prestamistas.

• As mulleres, adoitaban compartir o oficio do seu pai ou esposo, , foron taberneiras, artesáns, ourives, prateiras, pintoras, albaneis, lavandeiras parteiras..

Afianzamento do poder real • Apoio das cidades e vilas.O rei, para gañar o seu

apoio, concede ás cidades e vilas privilexios económicos e políticos. Así, por exemplo concede unha carta de poboamento dun lugar: carta pobra ou un propio goberno independente do señor feudal: o municipio ou concello,que elixe aos seus propios gobernantes.

• Os parlamentos . asembleas convocadas polo rei e nas que se reunían os nobres, o alto clero e os burgueses. A función principal era aprobar novos impostos e axudas ao reino. Segundo os países recibían diferentes nomes: Cortes en Castela e Aragón, Estados Xerais en Francia, Dieta no Sacro Imperio Xermánico ( Alemaña ) ou Parlamento en Inglaterra. Con estas convocatorias, os reis pretendían rabaixar o poder dos nobres ao contar co apoio dos burgueses.

A RELIXIOSIDADE MEDIEVAL

• Na Idade Media, a cristiandade enfrontouse a dous inimigos: os musulmáns e as herexías.

• Os musulmáns establecéranse en Terra Santa, nos lugares onde se establecera a vida de Cristo. Para expulsalos organizáronse as cruzadas, expedicións militares convocadas polo Papa nas que participaban cabaleiros e combatentes dos reinos cristiáns de Europa, estaban dirixidas por nobres e reis como Ricardo Corazón de León de Inglaterra ou San Luis de Francia. Houbo ata oito cruzadas que se desenvolveron entre 1096 e 1274.

• As terras conquistadas en Terra Santa, eran custodiadas e defendidas polas ordes militares, tropas formadas por monxes guerreiro como a orde dos Hospitalarios ou os Templarios.

• https://www.youtube.com/watch?v=A4Bfe0QxRQs

• As herexías eran doutrinas contrarias ás ensinanzas da Igrexa. Para combatelas, creouse en 1230 un tribunal especial, a Inquisición, que xulgaba os delitos contra a fe.

• Ademais intensificouse e novas ordes relixiosas como dominicos e franciscanos, predicaban nas cidades. Estas recibiron o nome de ordes mendicantes, porque vivían da mendicidade.

A CULTURA • Escolas urbanas , podían ser: catedralicias,

controladas pola Igrexa e centradas nos estudos relixiosos, ou municipais públicas, con maior diversidade de estudos(Lectura, Escritura, Dereito, medicina..).

• As universidades xurdiron como asociación de mestres e estudiantes. Os estudos dividíanse en catro facultades ou especialidades:Artes liberais, Medicina, Dereito e Teoloxía.

• O ensino era en latín e seguía un método, a escolástica, que consistía en ler un texto, formular un problema, discutir sobre el e adoptar unha decisión.

• As universidades mais famosas foron as de Oxford(1096), Bolonia(1088) e París(1150);na Península Ibérica destacou a de Salamanca(1218).

A BAIXA IDADE MEDIA, A CRISE DO SÉCULO XIV.

• CAUSAS

• As guerras foron frecuentes e afectaron a amplas zonas da Europa Occidental. A máis coñecida e tamén longa foi a Guerra dos Cen anos ( 1337 – 1453 ) entre Francia e Inglaterra polo intento dos ingleses de ocupar o trono francés. Nela xurdíu a figura de Xoana de Arco. En Galicia provocou moita inestabilidade o enfrontamento entre os irmanastros PedroI o cruel e Enrique de Trastámara.

• A fame: No S XIV as condicións climatolóxicas foron moito máis duras, o clima arrefriou , apareceron veráns moi chuviosos que apodrentaban as sementes con que os cultivos de cereais se perdían. Isto provocou anos de malas colleitas e con elas a fame a partir de 1315.

• Epidemias afectaban mais á xente mal alimentada,así, a peste negra procedente de Asia, asolou Europa de 1347 a 1352. Unha terceira parte da poboación europea desapareceu nuns poucos anos.

• CONSECUENCIAS • A poboación europea, descendeu de 73 millóns

de habitantes en 1300, a 45 millóns en 1400. • A economía decreceu xa que a produción

agraria se reduciu por falta de mande obra e baixou a demanda de produtos artesanais.

• Na sociedade producíronse revoltas e conflitos. No campo os campesiños rebeláronse contra os señores, que trataban de compensar as perdas, aumentando as esixencias ao campesiñado(Guerras Irmandiñas, payeses de Remensa). Nas cidades os grupos populares subleváronse contra o Patriciado urbano(conflicto de la biga y la busca) e asaltaron as xuderías, ao culpar aos xudeus de todas as calamidades.