A enerxía - lopezmourenza.files.wordpress.com · - Eléctrica: É a propiedade que ten a enerxía...

Post on 11-Apr-2018

223 views 3 download

Transcript of A enerxía - lopezmourenza.files.wordpress.com · - Eléctrica: É a propiedade que ten a enerxía...

A enerxía

Noa e Lucía

Que éNormalmente solemos observar cambios nos obxectos que nos rodean. A enerxía é a propiedade que fai que ocorran estes cambios.

Tipos - Mecánica: É a propiedade que ten a enerxía de facer que os corpos se poñan en movemento.

- Sonora: É a propiedade que ten a enerxía de facer que os corpos produzan son.

- Luminosa: É a propiedade que ten a enerxía de transmitir- se en forma de luz.

- Calorífica ou térmica: É a propiedade que ten a enerxía de transmitirse en forma de calor.

- Eléctrica: É a propiedade que ten a enerxía de viaxar polos corpos mediante un circuíto eléctrico.

- Química: Esta enerxía atópase soamente nalgunhas substancias.

- Nuclear: É a propiedade que teñen algunhas substancias, como o uranio ou o plutonio que son radioactivas.

Propiedades- Transfírese: Pasa duns obxectos a outros.

- Transfórmase: Transfórmase duns tipos a outros.

- Transpórtase: Trasládase duns lugares a outros.

- Almacénase: As pilas e baterías, por exemplo, almacenan enerxía.

A calorÉ unha forma de enerxía, que polo tanto, produce cambios.

A temperaturaÉ unha propiedade relacionada co intercambio de calor.A temperatura mídese cun termómetro; a súa unidade é o grado.Cando un corpo quente xúntase cun frío, o que ten maior temperatura transmítelle calor, ata que os dous queden ca mesma temperatura.

A transmisión da calorA calor circula de xeito distinto dependendo dos materiais.

CONDUTORES ILLANTES

Os materiais condutores da calor transmiten a calor rapidamente.

Os materias illantes da calor transmiten a calor lentamente.

A dilatación dos corpos

DILATACIÓN

É o aumento de tamaño que experimenta un corpo cando sobe a temperatura.

CONTRACCIÓN

Ocorre cando baixa a temperatura e reduce o tamaño do corpo.

As transformacións da enerxíaA calor está presente en todas as transformacións da enerxía. En todas, unha parte dela transfórmase en calor.

Calor Luz

As centrais eléctricasÉ onde se produce a electricidade.Producen a corrente eléctrica grazas a un xerador. Para facer xirar o xerador empréganse turbinas, que son hélices que xiran grazas a enerxía mecánica.

TiposCentrais hidroeléctricas: Utilizan a enerxía mecánica da auga para facer xirar unha turbina.

Centrais eólicas: Empregan a enerxía mecánica do vento para facer xirar unhas hélices.

Centrais térmicas: Aproveitan a enerxía química almacenada nun combustible para producir vapor.

Centrais nucleares: Aproveitan a calor que xera a enerxía nuclear para producir vapor de auga que fai xirar a turbina.

Centrais solares térmicas: Empregan a calor do sol para producir vapor de auga.

Centrais solares fotovoltaicas: Empregan unhas placas solares que producen corrente eléctrica cando reciben luz.

O transporte da enerxía eléctricaDesde as centrais eléctricas, a enerxía transpórtase ata os lugares en que se consome por medio da rede eléctrica.Os cables nas cidades adoitan estar suxeitos en torres de alta tensión.

A consumiciónOs dous tipos máis importantes son:

- A enerxía eléctrica: Consúmese nos fogares, industrias, transportes...

- Dos combustibles: Son a gasolina, o gasóleo e os gas natural. Isto pode causar moitos problemas.

Problemas- O esgotamento de recursos: Os combustible fósiles son fontes de enerxía non renovables, polo tanto, se acabará esgotando. Para evitalo é necesario aforran enerxía.

- O quecemento global: Grazas o dióxido de carbono que hai na atmosfera, a calor do Sol non poda saír. A este fenómeno se lle chama efecto invernadoiro.Co aumento de dióxido, a temperatura aumentou. A isto se lle chama quecemento global.

A chuvia ácida: Cando se queima carbón ou combustible, o fume emítese a atmosfera e algunhas substancias mestúranse ca auga das nubes, e isto da lugar a chuvia ácida, que dana as plantas os lagos e algúns monumentos.

Os residuos radioactivos: Estes, emiten unhas radiacións que, se chegan os seres vivos pódenlle causar enfermidades.Ademais estes residuos tardan miles de anos en perder a súa perigosidade.