A auga na cultura galega. Auga que corre

Post on 08-Jul-2015

130 views 5 download

Transcript of A auga na cultura galega. Auga que corre

Galicia ten milleiros de ríos e regatos, milleiros de lugares nos que a auga se atopa en contacto íntimo e inseparable co cerne da terra nai, contacto que os convirteu en inseparables e complementarios e orixe de multitude de formas mudables e cambiantes.

Un río é unha corrente permanente de auga que discorre por un leito fixo.

Os REGATOS, REGOS ou REGUEIROS son ríos de pouco caudal.

As NACENTES, MANANCIAIS, ILLÓS... son lugares onde a auga infiltrada abrolla á superficie.

Vaias por onde vaias, sobre todo entre outono e primavera, atopas un curso de auga, grande ou pequeno, de discorrer maino ou bravío.

Río Xesta

O río ábrese camiño pendiente abaixo e vai formando vales.

Canón do Sil

Canóns impresionantes coas rochas espidas, testemuñas da acción do río durante milleiros de anos.

Zonas remansadas, onde a auga descansa e acolle multitude de formas de vida.

O río vai traballando no seu leito e xogando coas pedras.Golpéaas, rómpeas, púleas, escavaas, forma coviñas, olas ou pilancóns, arrástraas e logo deposítaas noutros lugares convertidas en coios, pelouros ou areas.

Cando a inclinación da pendente é moi pronunciada o río corre con moita velocidade formando rápidos e fervedoiras.

O efecto da abrasión crea pozas, pilacóns ou olas de xigante, furados máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións producidos por pedras que, empurradas pola corrente, xiran dentro deles.

Nas zonas de grandes desniveis o río déixase caer formando FERVENZAS, CADOIROS, SEIMEIRAS, PINCHEIRAS, FREIXAS...recunchos acolledores ou espectaculares.

Sería case imposible inventariar as fervenzas que hai en Galicia, desde os pequenos regos ata os grandes ríos, raro é o lugar onde non se atopa algunha. E froito desa gran abundancia e variedade é tamén a diversidade de nomes que podemos atopar percorrendo o país: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, chorredeiras, cadoiros, saltos, cataratas, cachóns, abanqueiros, cachoeiras, cascadas, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, censas, caeiras, pincheiras (no Courel), seimeiras (na Fonsagrada), pesqueiras (nos Ancares)...

Río Casteligo

Cadoiro do Toxa Seimeira de Vilagocende

Na base das fervenzas, en moitos casos, fórmanse pozos, pozas ou olas.

A xente adoita darlles nome como Pozo Negro, Pozo do Demo, Pozo do Inferno, Pozo Sangoento… e moitas veces atópanse lendas asociadas de tesouros afundidos, campás, tinas de ouro, persoas ou carros de bois e de meigas, fadas, lumias, mouras e outros espiritus que moran no fondo.

Pozo Sangoento onde vive a Serpe Bichoca. Río Seixo, afluente do Lérez (Cerdedo).

Olasno Río Belelle

Ola do Pombar. Río Quiroga.

Unha escorregadoira é unha laxe pola que esbara a auga.

Un piago ou pego é un lugar profundo no río

Pozo do Pego. Río Ulla en Touro

Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son crecidas (enchentes) e baixadas anormais de caudal (secas).

Variacións de caudal no Sil.

Enchente no Umia

Onde o río perde forza deposita os cantos, coios ou pelouros

Ao chegar ao mar os ríos forman esteiros , amplos espazos nos que os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar arrástraos. Coa marea baixa quedan o descuberto os ariños, lombos ou bancos de area

Esteiro do Umia

As DOIRAS ou TORRENTES son cursos de auga temporais, mentres duran as choivas.

Os cavorcos son excavacións estreitas e profundas producidas polas correntes de auga temporais

O RITO DA INMERSIÓNEn Galicia nas épocas de seca o pobo adoita pedir chuvia por medio de oracións, procesións e rogativas a certos santos considerados “portadores de auga”. Nalgúns lugares acostúmase a meter o santo no río ou simúlase facelo. No río Deva, os veciños de San Breixo de Deva levan ao San Bartolomeu, en Cuntis meten a Santiago Apóstolo no río Gallo, en santa Mariña de Ribeira (A Estrada) levan a imaxe de San Vicente ao río Ulla para mollarlle os pés.

SERES MÍTICOS RELACIONADOS COS RÍOSExisten lendas que falan de homes e mulleres peixe no río Miño. Tamén se citan as lavandeiras, as feiticeiras, os encantos, as lamias e os xacios e xacias.

O RÍO DO ESQUECEMENTONa antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadear o río Limia perdería a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.

ADIVIÑAS É longo coma un camiñoe vai fozando coma un cochiño.(o río)

Son dúas irmánse nunca xuntas as verás(as beiras do río)

Atrás dun penedoparíuno súa nai;correu pola terrae casouse no mar

Por un carreiriñomoi mal empedrado,ando e non me molloe sempre vou mollado(o río)

DITOS E REFRÁNS-Nin casa á beira do río, nin viña á beira do camiño-Deica xaneiro, calquera burro avanta o regueiro, pero de xaneiro en diante, non hai can que o avante.-Febreiro, barranqueiro, cada suco seu regueiro.-O que ao río achega, o río o leva.-Auga que vai río abaixo para arriba non ha de volver.

CANTIGAS

Eu pasei o río a nado,Maruxiña, por te ver,eu pasei o río a nadoa piques de me perder Sempre te encontro lavandono río Lérez lixeiro,quen me dere ser o ríoonde te lavas primeiro.

Funme botar a durmirao pé da auga que corre,a auga foime decindoquen ten amores non dorme. Para tomar aires purosquero as alturas dos montes;o río para bañarmeque auga trae de moitas fontes  

Pasa río, pasa río,có teu maino rebulir;pasa pas’ antr’ as froliñascolor d’ ouro e do marfil,e quen c’ os teus doçes labiostan doçes cousas lle dis.Pasa, pasa, máis non vexanque te vas á ó mar sin fin,poqu’ entonces ¡ay probiñas,canto choraran por ti!…Pasa, pasa, caladiño,co teu manso rebulir,camiño dó mar salado,camiño dó mar sin fin;e leva estas lagrimiñas,si as de chegar por alí,pretiño dos meus amores,pretiño dó meu vivir.

ROSALÍA DE CASTRO, en “Cantares Gallegos”.

Os regueiros do Meda e do Albelae os rianchos que descen do Oribioó xuntarse nas agras de Lózara

trenzaron o río;este rideiro río de Samosque nas laxes rompendo camiñoa bulir e furar mato adiantede touza en lameiro, choutando a rebrincos,apañando pingotas de orballo,zugando nas néboas, bebendo chuviscos,inza o peito e estirándose, a pulos,vai pasando de neno a mociño.

...RAMÓN CABANILLAS

O Río e as Nereidas

PANOS brancos esfiañados da nebraouveando polos vales polos soutos i as devesas marelasen busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acollai os faga acougar!

Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do airepolas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!

TRONOU ventou e choveo.Bicouse a terra co ceo.A noite que onte caiusólo foi pra quen a oíu.Ameteu o río ameteron as fontesi os fontegallos dos montes.Naz a auga a goforón.Regan os prados a cachón.... UXÍO NOVONEYRA

Prados do río!Pincheiras a cachón i a fío!Niste pao sentadocando viña de nino co gadofacía cintos de xunco trenzado. UXÍO NOVONEYRA

CARROZO: regueiro de moito desnivel, encaixado.

O ruxir do carrozoo ceo do fondo do pozo.Todo sabe e deixa verque vai chover. UXÍO NOVONEYRA

“O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen mil anos. Sigue rolando, moendo o tempo e luindo pelouros con feroce teimosía; dabúa, ruxe, agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no arrimo desta orela, destas pedras carricentas postas polo xenio andeiro dos romanos”

XOSÉ NEIRA VILAS “Querido Tomás”

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaFebrero 2013