A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Post on 11-Jul-2015

91 views 7 download

Transcript of A auga na cultura galega. Auga e paisaxe

Tanto a auga da na pedra que acaba por amolecela.

Non hai pedra por dura que sexa que non amoleza.

Galicia é un territorio moi antigo onde as rochas están moi presentes. A acción erosiva da chuvia ao longo dos tempos puxo ao descuberto unha gran cantidade de formacións rochosas que antes se atopaban debaixo da superficie e creou nelas unha gran variedade de formas que, nalgúns lugares, representan auténticos monumentos naturais.

Monte Pindo

A peneda é dura e a auga é miúda,máis caíndo, caíndo, fai cavadura.

A pedra é dura e a pingueira miúda,

máis caíndo a cotío fai cavadura.

As correntes de auga excavan profundos canóns ou cavorcos e forman pozas e pilancóns nas rochas do leito dos ríos.

Un cavorco ou barranqueira é val estreito e fondo escavado pola auga das doiras (regos temporais de augas revoltas)

En ningún lugar se fai tan atractiva a auga como en combinación coa pedra. A pedra fai cantar a auga, a auga dalle forma á pedra, e xuntas danse voz e vida. Un murmurio que sempre nos atrae.

A auga da chuvia, pouco a pouco forma na pedra pías, cacholas, penas furadas…

Fendas e fisuras producidas pola auga nun penedo granítico.

Desde tempos moi antigos a xente puxo ás pedras traballadas pola auga nomes propios ou asociados a crenzas, mitos e lendas.

O Xigante do Pindo

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Pena, penedo : pedra grande

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Laxe : pedra grande aplanada

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Con : rocha que sobresae do terreo ou da auga.

Serra da LastraA erosión deixa ao descrubesto cristas formadas polas rochas máis resistentes (cuarcitas)

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Lastra : rocha plana que sobresae verticalmente do terreo

NOMES DAS ROCHAS TRABALLADAS OU DESCUBERTAS POLA AUGA:Pelouro , seixo ou coio : pedra redondeada pola auga. As grandes chámanse callaos e as pequeniñas xogas .Coído ou boleira : agrupación de coios na beira da auga.

“O Avión”, nos Penedos de Traba e Pasarela

“O Bico”, nos Penedos de Traba e Pasarela

“A Cachucha”, nos Penedos de Traba e Pasarela

Penedos de Traba e Pasarela

“Pedra do Brazal”, en Dumbría

Penedo do Paxaro en San Xillao.

Pedra traballada pola auga en Campinas (Paderne)

Monstruo no Monte Louro (Muros)

Cabeza de Can no Castrove (Meis)

Pedra Cabaleira na Lanzada (O Grove)

Pedra dos Tres Pés no Forgoselo

Namorados

Caudillo

Oso

Rochas na costa de Camariñas

Covas na serra da Lastra

Cova de Santalla (Samos)

Desde tempos remotos as pedras con formas curiosas, en dificil equilibrio ou con ocos, e aquelas nas que se formaban pías e cacholas que retiñan auga, deron lugar a gran cantidade de lendas e ritos relacionados co amor, a fecundidade ou a curación de diversas enfermidades físicas ou psíquicas.

Hai penas para curar o tangaraño, as dores dos ósos, os males da cabeza... Outros penedos teñen poderes maléficos e neles nacen os malos ventos ou viven seres malignos.

PEDRAS ABALADOIRAS, PEDRAS DO EQUILIBRIO, PEDRAS CABALEIRAS, PEDRAS CABALGANTESTéñense empregado para probar a fidelidade das mulleres, a virxinidade das mozas, a culpabilidade dos reos… Segundo abalen ou non responden ás preguntas que se lles fagan.

BERCES/CAMASSon pedras que combaten a infertilidade tendo relacións nelas. Noutras déitanse as mulleres a tomar o luar para ter bos partos-Camas do Santo: nelas suponse que estivo deitado algún santo: Santiago en Padrón, Santo Amede en Tállara, San Lourenzo no monte Aloia,…

Berce da Virxe (A Lanzada)

CORGOS, PÍASA auga das pías cura enfermidades das persoas e animais.-A auga da Pioca de Santa Mariña de Augas Santas cura aos doentes dos ouvidos.-Nalgúns lugares relaciónase a forma do manancial coa doenza que cura a auga. En Paderne de Allariz hai un manancial cunha rocha en forma de orella. Crese que a auga cura enfermidades dos ouvidos.

PENADAUGA, Nas proximidades da igrexa de Santa Sabela de Escuadro. Un santuario de tradición moi antiga. A xente acode a curar distintos males (especialmente as espullas) coa auga que se acumula no alto da pedra, nunha gran pía natural, e vai esbarando polo seu interior.

PENEDOS DAS RODAS Nas proximidades de Rábade (Lugo), contan que unha ten ouro e a outra xofre. Non se poden romper porque non se sabe cal é a do ouro e xofre extenderíase queimando todo.

PEDRAS FURADASPedra do Arangaño, en Perrelos (Sarreaus). Segundo a tradición os nenos entarangañados facíanse pasar polo burato da pedra para que curasen e despois deixábase alí a roupa.

COVA DA SERPENa Pena Furada, na serra da Cova da Serpe. Segundo a lenda nesta cova vivía unha gran serpe que comía ao gando e ás persoas. Outra versión di que a serpe baixaba polas noites á aldea e mamaba leite das vacas.

PENA DA MOURAConta a lenda que a pena era transportada na cabeza por unha moura e ao pousala no chan comezou a medrar. A base sobre a que descansa sería a rodela que levaba a moura na cabeza.Outra lenda di que agocha un tesouro.

PORTALÉN (PORTA DO ALÉN)É unha entrada ao Máis Alá. A persoa que quere falar cos defuntos ten que atravesar a porta de norte para sur, e entón pode entrar en contacto co mundo do Alén. Despois ten que gardar silenzo, se non a súa voz vólvese ronca ou pode sufrir males peores. Tamén hai que deixar un prato con comida para os defuntos.

PRINCESAS PETRIFICADASNo coto do castelo (Vilamartín de Valdeorras) hai tres princesas encantadas que foron convertidas en pedras polos mouros cando fuxían con elas perseguidos por Roldán e os seus cabaleiros.

PRINCESAS PETRIFICADASEn Puxares (Quiroga) había tres costureiras moi bonitas. Roldán namorouse delas. Para darlle largas dixéronlle:

“Temos de ir contigo ás FranciasCando veña o río XaresPor diante da nosa casa”

Foi tal a ansia de Roldán que cambiou o curso do río Xares. O veciños cantaban:

Costureiras de PuxaresVinde lavar as perniñasÁs augas do río Xares.

As costureiras fuxiron e pedíronlle axuda ao demo que as convertiu en pedras.

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaMaio 2013